viernes, 26 de diciembre de 2008

PROPOSTAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "EU-IU" O “Fondo Especial de Investimento Local”


Os concelleiros de EU-IU no Concello de Cambre presentaron na Xunta de Voceiros do dia de onte, 14 propostas do Grupo Municipal, en torno ao Fondo de Investimento Local do Goberno Central destinado a financiar investimentos en proxectos e obras municipais co obxectivo de xerar emprego. O noso concello correspóndelle a cantidade de 3.984.537 euros. Estas propostas xa foron entregadas no rexistro do concello o pasado dia 12.

Este diñeiro debe ser gastado con dous criterios básicos: o primeiro, que haxa o maior consenso posible acerca dos proxectos a executar; o segundo, que se faga un control rigoroso do gasto vixiando que se consiga o obxectivo buscando de crear emprego.

A finalidade deste Fondo é a creación de emprego polo que sería conveniente establecer como prioritarias aquelas obras públicas que xeran maior número de empregos e non aquelas cuxo custo principal sexan materiais e maquinaria.

Doutra banda, EU pide que non se aproveite esta inxección de diñeiro tan importante para unha nova operación de clientelismo político por parte de ninguén. Para iso, hai que ser escrupuloso na contratación, dando traballo a través das listas do INEM ás persoas que máis o necesitan á marxe de cuestións políticas ou partidistas.

EU-IU considera que debería existir o máximo consenso na Corporación, para elaborar xunto aos técnicos municipais, unha serie de proxectos no municipio que aproveiten ata o último céntimo subvencionable para a creación ou mellora das infraestruturas de Cambre, e a creación de postos de traballo no municipio.



Entre as propostas que o grupo de EU-IU estudou como de interese xeral para o municipio, destacamos as seguintes actuacións:



1.- CONSTRUCCIÓN DUNHA PISCINA DESCUBERTA NAS INMEDIACIÓNS DO CAMPO DE FÚTBOL “DANI MALLO”

2.- BEIRARRÚAS E ALUMEADO NA VÍA QUE UNE OS LUGARES ENTRE DE FABÁS EN PRAVIO, E A CASTELLANA EN CAMBRE (AC-214)

3.-PROGRAMA DE REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DE FONTES E LAVADOIROS DO CONCELLO

4.- CUBERTA DAS INSTALACIÓNS POLIDEPORTIVAS DAS PARROQUIAS DE SANTA MARIA DE VIGO, E PRAVIO.

5.- PLAN DE ARREGLO E ASFALTADO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS, NEGOCIADO E PACTADO POLOS GRUPOS MUNICIPAIS.

6.- ACONDICIONAMENTO DO ESPACIO PÚBLICO E DO LOCAL SOCIAL DE MEIXIGO

7.- PROGRAMA DE ACONDICIONAMENTO E REPARACIÓN DE COLEXIOS

8.- REMODELACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO ESPACIO EXISTENTE NA PARROQUIA DE ANCEIS, FRENTE O PAZO DO “Conde de Torrepenelas”

9.- PROXECTO E REHABILITACIÓN DO PAZO DA CONCEPCIÓN NA PARROQUIA DO TEMPLE.

10.- CONSTRUCCIÓN DE INSTALACIÓNS PARA A PRÁCTICA DO DEPORTE DE DESLIZAMENTO (Skate)

11.- PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DE UN APARCAMENTO SOTERRADO NO Graxal (O Temple)




12.- POXECTOS PARA DOTAR DE BEIRRARRÚAS E SENDAS PEATONAIS AS PARROQUIAS DO CONCELLO, ONDE SEXAN NECESARIAS ESTAS INFRAESTRUCTURAS, CON DOTACIÓNS DE ILUMINACIÓN AXEITADA.

13.- ACONDICIONAMENTO DO ESPACIO EXISTENTE NA PRAZA DA IGREXA, DE Sta. Mª DO TEMPLE.

14.- COMPLETAR AS INFRAESTRUCTURAS EN MATERIA DE SANEAMENTO E SUMIDOIROS NAS DISTINTAS PARROQUIAS.


As propostas realizadas, considera o noso Grupo que son realizables e necesarias, e contribuirán de un xeito importante a mellora da calidade de vida dos cidadáns, e dos veciñ@s de Cambre en particular.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

NOTA INFORMATIVA


Esquerda Unida de condena o asasinato dunha muller brasileira en mans da súa parella. O Grupo Municipal de Esquerda Unida-Esquerda Unida de Cambre condena rotundamente o asasinato dunha muller presuntamente a mans da súa parella, e expresa o seu pesar e solidariedade coa familia e os amigos da vítima.

Desde Esquerda Unida queremos recordar que con este asasinato son xa, no que vai de ano, 66 mulleres mortas a mans das súas parellas ou ex parellas. A violencia machista é unha secuela social que constata en todos os casos realidades inxustas derivadas dun sistema patriarcal, no que a muller queda en inferioridade con respecto ao home.

Para Esquerda Unida, estes asasinatos e todas as situacións de malos tratos son a proba de que queda moito por facer para chegar á igualdade entre mulleres e homes na nosa sociedade.

EU-EU- de Cambre reafirma o seu compromiso de traballar contra a secuela social da violencia machista, unha expresión da desigualdade, a impotencia e a inxustiza


"GRUPO MUNICIPAL DE CAMBRE"

domingo, 26 de octubre de 2008






MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” PARA ESCLARECER O ACCIDENTE DA FRAGATA EXTREMADURA.

XUSTIFICACIÓN:

O 19 de decembro do ano 2005, estoupaba unha caldeira na Fragata “Extremadura”, pertencente á armada española, provocando a morte de dous dos seus tripulantes. Os mozos galegos, Francisco Javier Pérez Castrillón e Eric Noval Gómez, este último veciño do concello de Cambre.
Tendo en conta o tempo transcurrido ainda non se despexaron todas as dúbidas respecto o accidente e ao estado da embarcación. En concreto nunca se aclarou porque non se evacuou a fragata á hora do accidente, nin tampouco as cuestións relacionadas coa temperatura da caldeira nos momentos do suceso.
Existen testemuña que sosteñen que nas horas previas ao accidente se detectaron niveis de contaminación por cloro moi superiores aos niveis permitidos e que incluso se advertiu desta circunstancia aos mandos da fragata. Cabe a hipótese, polo tanto, de que a causa da explosión puidese estar no quentamento excesivo da caldeira de popa que posteriormente estoupou. Entre estas testemuñas atopase a do cabo primeiro Jorge Gago, que viu como a súa contribución, esencial á clarificación dos feitos e á posibilidade real de facer xustiza foi respondida coa apertura dun expediente disciplinario.
A actitude do Ministerio de Defensa é cando menos sorprendente pois evita posicionarse escudándose na situación de “pendente de resolución xudicial” do caso e, ao mesmo tempo, ábrelle un expediente disciplinario ao cabo ferrolán Jorge Gago, unha testemuña clave neste proceso, o que pode chegar a entenderse como unha inxerencia que busca transmitir a mensaxe da obediencia e ao silencio
Entendemos que a Defensa como parte da administración pública debe rexerse polos principios de servizo, transparencia e responsabilidade. A disciplina militar non pode ser obediencia cega á xerarquía, subordinación acrítica e o mando autoritario despótico. As Forzas Armadas non poden quedar á marxe dos dereitos e deberes que teñen o resto de cidadáns e as administracións públicas.
Así mesmo, e xa que a día de hoxe moitos moz@s de Galicia recorren ao ingreso nas Forzas Armadas, como saída laboral, merecen unha consideración, como cidadáns e traballadores, propia dun estado democrático.
POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:1.- O Pleno do Concello de Cambre acorda instar ao Ministerio de Defensa a que proceda a realización dunha investigación seria e rigorosa que esclareza as causas do accidente da Fragata Extremadura.
2.- O Pleno do Concello de Cambre acorda instar ao Ministerio de Defensa á retirada do expediente disciplinario aberto contra o cabo da armada Jorge Miguel Gago Chao.



CAMBRE, a 25 de outono de 2008



















GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL . Praza Europa,nº 7. 15660 (CAMBRE)
eu@cambre.org Tlf.- 981-613313 Fax.- 981-655456



MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” SOBRE PARQUES INFANTÍES ADAPTADOS


XUSTIFICACIÓN:

Un concello accesible é o que se construíu tendo en conta as necesidades de todas as persoas. Ou o que leva a cabo as modificacións necesarias para que o sexa. O concello facémolo todas as persoas que habitamos nel, e aínda que tod@s temos os mesmos deberes, non sempre gozamos dos mesmos dereitos. Hai que promover o dereito a non sentirse diferente aos demais por culpa das barreiras sociais.

Conceptos como normalización, integración, inclusión, equiparación de oportunidades, favoreceron e potenciaron o progresivo desenvolvemento social e mellora da calidade de vida. A sociedade demanda novas actividades, servizos e infraestruturas para campos aínda por explorar, ou escasamente explorados.
Non só os comportamentos discriminan, tamén unha contorna non accesible, ou un servizo que non teña en conta as especiais dificultades dalgunhas persoas. Trátase de discriminacións indirectas pero moi efectivas que se padecen á hora de gozar de dereitos recoñecidos para todas as persoas. Así pois, non discriminación, accesibilidade e promoción de dereitos débense converter nunha mesma estratexia.

Os parques infantís convertéronse en espazos de lecer e encontro nos que os nen@s divírtense, desenvolven a súa psicomotricidade e cultivan outras habilidades, incluídas as sociais. Os que imos a estes lugares de xogo comprobamos en numerosas ocasións que o seu mantemento e conservación é manifestamente mellorable. Por encima da limpeza ou aspecto visual, (que tamén son importantes) debemos centrarnos na seguridade, considerando algúns defectos graves como, partes rotas, inestabilidade dalgúns aparellos, sistemas de fixación inadecuados, alturas demasiado elevadas sen protección, pavimentos inadecuados pola súa dureza…aspectos que deben ser vixiados de forma rigurosa.

Debemos plantexarnos unha nova planificación dos parques para que sexan máis seguros e accesibles. Un parque convencional, como o que temos en Cambre, deixa fóra sin posibilidade de acceder e xogar a moitas nen@s.


O eixo dun parque destinado a xogos infantís debe ser a integración das persoas con distintas capacidades cos que non teñen inconvenientes motrices ou mentais. Porque non se trata de deseñar parques específicos para nen@s con discapacidade, senón de crear lugares e estruturas seguras e divertidas para o xogo de tod@s. Neste sentido, EU-IU considera necesario deseñar espazos e estructuras dentro dos parques infantís que xa existen, para que a infancia con problemas de discapacidade teña a posibilidade de xogar. Serían espazos de xogo acolledores e integradores, onde cada un poida participar na medida das súas ganas e posibilidades.
Queremos parques infantís seguros e accesibles, e cando falamos de accesibilidade referímonos a que os nen@s con algunha discapacidade tamén poidan utilizar os parques, non se trata de favorecer o seu acceso e que queden á marxe, senón que se divirtan coas demais persoas que están utilizando os espacios de xogo.

Con esta iniciativa o grupo municipal de EU-IU quere contribuir a integración e a equiparación de oportunidades, diminuíndo a desigualdade causada por un entorno non accesible, á vez que conseguimos un acceso ao lecer normalizado. POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:

ÚNICO.- Que o Concello de Cambre incorpore estruturas e xogos adaptados e accesibles, que faciliten o acceso para que os nen@s, con e sen discapacidade, poidan utilizar as instalacións dos parques infantís e disfrutar de todos os espazos lúdicos do concello en igualdade de oportunidades.



CAMBRE, a 25 de outono de 2008











GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL . Praza Europa,nº 7. 15660 (CAMBRE)
eu@cambre.org Tlf.- 981-613313 Fax.- 981-655456



MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” SOBRE FINANCIACIÓN DOS CONCELLOS.


XUSTIFICACIÓN:

Desde fai máis de 30 anos os concellos do Estado español viñeron reclamando unha solución xusta en materia de financiamento, solución que lonxe de achegarse foise demorando dun modo inexplicable no tempo. Desde o inicio da democracia no noso país todas as forzas políticas incluíron entre os seus eixos programáticos e compromisos electorais, mellorar o financiamento municipal, e sempre a FEMP expuxo como prioridade resolver o marco competencial e de finanzamento dos concellos.

Non soamente foron os concellos, os partidos políticos, senón tamén o Congreso e o Senado, cámaras de representación da soberanía popular, quen en reiteradísimas ocasións aprobaron ao longo dos anos numerosas mocións, proposicións etc... instando ao goberno de turno a que resolvese o problema de financiamento deficitario dos concellos no conxunto do estado.

Mais aínda, todos os Presidentes de Goberno, nas reunións mantidas cos representantes dos Concellos comprometéronse a abordar sen demora o marco competencial e de finanzamento dos concellos.
Durante 30 anos recoñeceuse a xustiza da reivindicación municipal, adoptáronse decisións institucionais que se incumpriron dun modo continuado polos gobernos do PP e do PSOE a nivel estatal.

Lonxe de avanzar na mellora do financiamento, nestes anos, producíronse decisións e feitos que foron agravando a situación ata límites insostibles. Os concellos, ante o deixamento doutras administracións, foron asumindo competencias impropias que se están financiando con recursos municipais cando deberían ser financiadas por outras administracións, se a iso unimos un financiamento insuficiente e inxusto, un modelo desigual, confuso e parcial, decisións como a retirada do IAE sen a compensación oportuna por parte do Estado e a crecente demanda social de servizos, podemos concluír que se chegou a unha situación realmente límite.
Así o entendeu a Asemblea da FEMP, celebrada o ano pasado, que centrou boa parte do seu debate e resolucións na necesidade de abordar sen mais demora este reto, esixindo ao goberno da nación e tamén aos gobernos autonómicos que asumisen as súas responsabilidades e que abordasen xunto aos concellos un novo marco de financiamento local que non podía illarse do debate do financiamento autonómico, senón camiñar de forma conxunta e que debia perseguir desde a corresponsabilidade competencial e financeira , o obxectivo de asumir os retos da cidadanía para o século XXI.
Os concellos, os pobos e as cidades , foron auténtico motor de cambio no noso país nos últimos 30 anos, poden e deben xogar un papel crave para conseguir a igualdade de oportunidades dos cidadáns e para incrementar a cohesión social, poden e deben ser a institución que con maior rapidez e eficacia poden dar resposta ás necesidades dos cidadáns, poden e deben ser espazos de convivencia e integración e son sen ningunha dúbida o primeiro lugar ao que acoden os cidadáns buscando solución aos seus problemas, unhas veces de competencia municipal e a maioría de veces de competencia doutras administracións. Para cubrir estes obxectivos son imprescindibles máis recursos. A pesar de todo isto, das reclamacións da FEMP, das aprobacións do Congreso e o Senado, dos compromisos das diferentes forzas políticas a situación dos concellos é hoxe lamentable, peor en porcentaxe de asignación de recursos que fai 25 anos. Hoxe a participación dos concellos no gasto publico estatal é inferior ao de fai 25 anos.
Desde EU traballamos, no marco da FEMP e a través da nosa representación nas institucións do Estado e das comunidades autónomas para que esta situación mellore, para que se aborde este tema con urxencia, fixémolo con lealdade, pero deixando claro que nesta materia non caben xa solucións a medias e que é o momento de abordar esta asunto xunto co novo modelo de financiamento autonómico. Cando o debate atopábase nesta fase vímonos sorprendidos polas propostas do Ministro de economía Sr. Solbes, que incluíu entre as propostas para o anteproxecto de orzamentos que presentará o Ministerio de Economía e Facenda unha REBAIXA dos recursos que van destinados aos Concellos para o ano 2009. É a primeira vez nos anos de democracia que a asignación municipal no marco do Orzamento Xeral Do Estado podería reducirse.

Faise esta proposta por parte do goberno no marco dun debate sobre a crise e a suposta necesidade de austeridade nas contas publicas, austeridade por certo que só se prevé para a administración municipal que está sufrindo dun modo considerable a redución dos seus recursos como consecuencia da crise económica e o parón da construcción.
Desde EU queremos mostrar o noso total desacordo con esta proposta por considerala inxusta, errónea desde o punto de vista político e social , por supor un claro incumprimento dos compromisos electorais do Goberno do PSOE e porque unha vez mais se está pretendendo que a parte mais fráxil da administración siga asumindo grandes retos con escasos recursos.
Todos sabemos que en épocas de crises é imprescindible que existan recursos suficientes para paliar as necesidades das clases populares que son victimas do paro, as hipotecas, o aumento dos prezos en produtos básicos etc... Tod@s sabemos que eses cidadáns ao primeiro lugar ao que acoden coa súa angustia e as súas necesidades é aos concellos.

Por iso reducir a aportación estatatal os concellos é sen dúbida reducir o gasto social que podería axudar a que non paguen a crise en solitario, unha vez mais, os de sempre.

POR TODO O EXPOSTO E ANTE A GRAVEDADE DA SITUACIÓN, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1.- Esixir ao Presidente de Goberno que retire a proposta de participación de ingresos do Estado prevista para os concellos, anunciada polo Ministerio de Economía e Facenda, por ser claramente insuficiente e que se comprometa a incrementar esta partida dun modo considerable respecto da aprobada nos orzamentos do 2008, de acordo coa FEMP.


2.- Esixir ao Presidente do Goberno que garanta un debate conxunto sobre financiamento autonómico e local que permita abordar o necesario financiamento local dun modo global e cun modelo concertado entre goberno central, gobernos autonómicos e concellos, cumprindo os mandatos realizados polo Congreso e o Senado en resolucións aprobadas nesta materia.

3.- Esixir ao Presidente de goberno que poña en marcha un novo modelo de financiamento local que garanta a suficiencia financeira das entidades locais, a igualdade dos municipios, a prestación de servizos básicos de calidade para tod@s os cidadáns con independencia do municipio (grande ou pequeno). 4.- Esixir ao presidente de Goberno o recoñecemento da débeda histórica municipal que se foi acumulando ao longo dos anos como consecuencia da asunción de competencias doutras administracións con recursos dos propios concellos e que están cuantificados en preto de 7000 millóns de euros, establecendo os mecanismos correspondentes para a súa compensación.

5.- Esixir ao Presidente de Goberno o compromiso para a aprobación dunha nova Lei de Goberno local, e unha nova Lei de financiamento Local, que co mais amplo consenso político, estableza o novo marco competencial municipal co financiamento adecuado e suficiente no presente período de sesións parlamentario . 6.- Esixir ás comunidades autónomas a posta en marcha de iniciativas dirixidas a abrir a participación dos Concellos nos ingresos das comunidades autónomas, con obxecto de cumprir o mandato constitucional de suficiencia financeira das corporacións locais que hoxe asumen sen compensación algunha competencias claramente autonómicas.
7.- Apoiar cantas iniciativas realice a FEMP para conseguir estes obxectivos, ante a insostenibilidad da situación de financiamento municipal existente neste momento, sen excluír as medidas de presión e reivindicativas que se consideren oportunas. 8.- Propoñer á FEMP a realización de plenos en todos os concellos do Estado na mesma data para mostrar o desacordo coa situación actual, esixir un acordo de financiamento xusto e suficiente e apoiar cantas medidas considérense oportunas para conseguir estes obxectivos.

Da presente moción daraselle traslado a:
-O Presidente do Goberno
-O Ministro de Economía
-Os Grupos parlamentarios do Congreso e Senado
-O Presidente da Xunta de Galicia e os Grupos Parlamentarios
-O movimento asociativo do Concello





CAMBRE, a 25 de outono de 2008

lunes, 22 de septiembre de 2008

GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL . R/ Parque Europa,nº 7. 15660 (CAMBRE)
eu-cambre@esquerdaunida.org Tlf.- 981-613313 Móbil.- 654-204413 Fax.- 981-655456


NOTA INFORMATIVA DE “EU-IU” DE CAMBRE


(Problemas nos centros de ensino de Cambre)


Os últimos acontecementos xurdidos nos centros de ensino do concello, recomendan cando menos poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal, co fin de evitar os problemas derivados da escasez de plazas escolares, deficit de plazas nos comedores, construcción de infraestructuras deportivas, etc.
Para EU-IU ponse unha vez mais de manifesto a negativa situación que se produce ante a inexistencia do Consello Escolar Municipal, organo de participación cidadán para a necesaria comunicación e asesoramento coa comunidade escolar do municipio, para planificar e dar as respostas necesarias en materia de programación, problemática educativa, seguimento, e estudios de necesidades.
EU-IU demandará do goberno do concello proceda urxentemente a poñer en funcionamento o CEM, que segundo a Lei de Consellos Escolares de Galicia tería que estar en funcionamento fai moitos anos. Ante esta situación o noso concello está incumplindo acordos e compromisos anteriores que indicaban a idoniedade da posta en funcionamento do organo mencionado.
A ausencia de participación e encontro en materia educativa coma é o CEM constitue, non só unha grave infracción legal, xa que a súa existencia e preceptiva e obriga os concellos a tomar iniciativas para a súa creación e posta en funcionamento, senón que supón un enorme perxuizo para a planificación educativa do Concello de Cambre, xa que impide a elaboración de proxectos comúns entre os diversos sectores das comunidades escolares diante dos problemas que van xurdindo, coma é o caso da actual situación de desamparo que están a sufrir os nen@s que non poden ser escolarizados perto dos seus domicilios ou que quedan fora do comedor escolar.
O noso Grupo esixe as administracións con competencias na materia, realicen as xestións oportunas para dar solución os problemas derivados da carencia de plazas, sendo un factor fundamental para acadar a conciliación familiar e laboral das familias afectadas. Asimesmo manifestamos o noso apoio as mobilizacións e a nosa solidariedade ante o problema plantexado



Asdo: Luis M. Taibo Casás. Voceiro do Grupo
GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL . R/ Parque Europa,nº 7. 15660 (CAMBRE)
eu@cambre.org Tlf.- 981-613313 Móbil.- 654-204413 Fax.- 981-655456




MOCIÓN PARA INTRODUCIR NOS PLIEGOS DE CONDICIÓNS PARA AS EMPRESAS QUE SUBCONTRATEN SERVIZOS CO CONCELLO, UNHA CLAÚSULA QUE GARANTICE UN SALARIO MÍNIMO DE MIL EUROS MENSUALES.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


Existe a responsabilidade dos poderes públicos de garantir unhas condicións de vida dignas aos cidadáns. Unhas condicións de vida que radican, nunha boa parte da súa esencia, na garantía dunhas condicións laborais e unha capacidade adquisitiva que permita, non só a mera subsistencia senón a posibilidade de desenvolvemento dun proxecto vital.

No actual momento, existen colectivos sociais que dadas as suas difíciles condicións económicas, están nun réxime de subsistencia con situacións alarmantes tendo en conta o incremento xeneralizado dos prezos dos produtos básicos, como a vivenda e en definitiva cunha crise económica que afectará en primeiro lugar a estes colectivos mais vulnerables.

Pero dentro deste sector tamén existen diferenzas, os chamados mileuristas que foron cualificados socialmente como persoas con dificultades económicas, sitúanse nun escalón por encima doutras traballadores que non se achegan a esa cantidade e cuia situación resulta cando menos preocupante.

Neste sentido, o Concello de Cambre, dentro do ámbito das súas competencias, non pode permitir que existan traballadores cuias retribucións laborais estean por baixo deses umbrales económicos, como actualmente sucede en servizos externalizados e en empresas que contratan co Concello para a prestación de servizos públicos correspondentes ao Consistorio. Así, a ausencia de límites de salarios mínimos nos pregos de condicións das contrátas municipais fai que as empresas compitan nas súas ofertas económicas rebaixando ou mantendo na miseria as condicións económicas dos seus traballadores producíndose ademais unhas diferenzas económicas moi acentuadas entre persoas que desempeñan traballos equivalentes para o Concello pero dependentes da empresa concesionaria do persoal propio do consistorio.



Por iso, é preciso que o Concello de Cambre introduza cláusulas de salvagarda social en todos os pregos de contratos coa administración, de forma que ningunha empresa que opte a eses concursos poida facelo retribuindo aos seus traballador@s menos de mil euros brutos ao mes.

POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN O PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Concello de Cambre incluirá en todo tipo de contratos públicos, pregos de condicións de concursos ou instrumentos equivalentes, a garantía de remuneración mínima de 14.000 euros brutos anuais para os traballadores que, desempeñando as actividades contidas en contrátas, concurso ou instrumento similar, dependan da empresa ou entidade que opta a mesma.

SEGUNDO.- O Concello de Cambre procurará con todos os medios ao seu alcance, que as contratas en vigor de servizos públicos externalizados, inclúan a garantía de remuneración mínima de 14.000 euros brutos anuais para os traballadores que, desempeñando as actividades contidas en contrátas, dependan da empresa ou entidade que presta a mesma.



CAMBRE, a 19 de setembro de 2008


Asdo: Grupo Municipal de EU-IU

sábado, 30 de agosto de 2008


NOTA INFORMATIVA DE “EU-IU” DE CAMBRE


RIA DO BURGO

O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, denunciou mediante un escrito presentado no rexistro do concello e na garda Civil (SEPRONA), sobre os olores nauseabundos na Ria do Burgo, concentrados nas inmediacións da Ponte Vella na parroquia do Temple.

Veciñ@s da zona e persoas que con frecuencia acuden o lugar, manifestaban as suas protestas ante os olores insoportables, procedentes posiblemente de algún colector ou tubería, causando un profundo malestar na cidadanía, a parte das graves consecuencias ambientais sobre o marisqueo, a pesca e o turismo.

Iste feito, según manifestacións dos propios veciñ@s ven producindose nos últimos dias de unha maneira alternativa, concentrandose de un xeito especial e intensivo na zona mencionada. O voceiro de EU-IU no concello solicitou do goberno municipal, “se poñan en marcha os mecanismos oportunos que permitan investigar a procedencia” dos olores e posibles verquidos, para tomar as medidas legais necesarias contra dos responsables para correxir o problema e proceder a elaborar un expediente en caso de que fose sancionable. Esta circunstancia agudiza o mal estado da Ria que resulta xa de por sí cando menos preocupante.

Para EU-IU “urxe” tomar medidas ante este tipo de situacións perxudicias para o medio ambiente e á saúde, o problema agravase coa subida das temperaturas en ésta época do ano, facendo que a situación se convirta insoportable en moitos casos, dando unha imaxe negativa do noso concello e ós conseguintes perxuizos polo motivo exposto.



Asdo: Grupo Municipal de EU-IU
MOCIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DE UNHA ZONA DE BAÑO E ESPARCEMENTO NAS INMEDIACIÓNS DA PONTE DAS INSUAS


XUSTIFICACIÓN:


As ribeiras do rio Mero en Cambre contaron o longo dos anos con moitos lugares que tradicionalmente foron utilizados como zonas de baño e recreo para os cambres@s, e moitos visitantes que disfrutaban do entorno e do paisaxe natural do rio, convertindo en un importante foco de atracción turística aportando beneficios económicos para o noso pobo.

As zonas mais concurridas eran: A Marisqueira, Pozo da Campana, Retorta, As Insuas, Muiños de Naia, O Noceiro, Cela ou a recentemente desaparecida no Muiño de Peiraio. Recuperar algunhas destas zonas debe ser un compromiso da Corporación Municipal de Cambre ante os seus veciñ@s; agora pode ser o intre apropiado para dar o impulso necesario para o desenrolo de un proxecto respetuoso co rio e o seu entorno ambiental.

Un dos lugares mais concurridos foron as “Insuas”, utilizada por moitas xeneracións de cambres@s, este lugar ben podería acondicionarse para unha primeira zona de baño e esparcemento, aproveitando o espacio natural de especial fermosura e riqueza paisaxística, compatible co espacio natural do río e as súas ribeiras.

Na actualidade asistimos a recuperación ambiental das ribeiras do río mediante o Proxecto de Obras Complementarias, e deberiamos aproveitar para reservar e posteriormente acondicionar as áreas destinadas as instalacións mencionadas.

POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU. PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Goberno Municipal Iniciará de inmediato os tramites e actuacións necesarias para a elaboración de un proxecto para a construcción de unha zona de baño e esparcemento nas inmediacións da Ponte das Insuas, mediante un proceso de información pública aberto ós colectivos e persoas interesadas.

SEGUNDO.- Que a Alcaldía en nome da Corporación Municipal de Cambre, inicie de inmediato as xestións necesarias para requerir e acadar dos organismos competentes e demais entes supramunicipais, plantexandolles a devandita demanda e a súa colaboración para a elaboración e execución do mencionado proxecto.

TERCEIRO.- Nos orzamentos municipais do próximo ano 2009, destinarase unha partida especifica para a elaboración do proxecto, a parte dos fondos que poidan achegarse de subencións ou axudas procedentes de outros organismos públicos, para a actuación proposta.

CUARTO.- Que, de toda resposta ou actuación posterior que se produzca en relación a presente moción, o Goberno Municipal manteña puntualmente informado o pleno.




CAMBRE, a 25 de agosto de 2008

Asdo: Grupo Municipal de Cambre