domingo, 13 de septiembre de 2009

MOCIÓN SOBRE A ELABORACIÓN DE UNHA ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE O USO, CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS PÚBLICOS DO CONCELLO


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


A recuperación, vixilancia, conservación e mantemento do público, é un dos pilares da existencia do noso Grupo Municipal. A obligación de manter, recuperar e vixilar o noso patrimonio é unha obligación desta Corporación. O caso que nos ocupa e que o noso Grupo trae a ésta sesión plenaria trata sobre os camiños públicos do concello, que en algúns casos están ocupados e cerrados total ou parcialmente, unha petición clamorosa de moitos veciñ@s do noso concello, por suposto muy necesaria para poñer en valor a nosa riqueza, tanto para o uso da comunicación, recuperación de actividades como o senderismo o propio desenrolo turístico, etc.

A ploriferación cada vez maior de maleza, alambradas, vallas é obstáculos, fragmentan sen dereito numerosos camiños públicos sentíndose os usuarios na maioría dos casos, indefensos é desorientados ante feitos consumados, pola falta de información é de defensa decidida por parte da administración local.

Considera o noso Grupo que o marxe do proceso de inventariado que se está realizando na actualidade, e tendo en conta os múltiples problemas que se están producindo pola falta de unha normativa legal que determine a súa propiedade e uso dos mesmos, cumpre o noso xuizo a elaboración de unha Ordenanza que regule entre outras cousas, o control e uso do libre tránsito polos camiños de titularidade municipal, determinando a súa propiedade para evitar a perda e deterioro dos mesmos.

O crecente uso público dos camiños fai necesaria a regulación, con un triple fin, de preservar os valores do patrimonio natural de Cambre, facilitar un uso harmonioso para os usuarios é mantelos en bo estado. A Ordenanza en cuestión, debería recoller a titulo orientativo, unhas normas xerais de bo uso dos camiños, evitando vertidos de lixos, escombros, etc.



POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTE ACORDO:



UNICO.- Elaborar unha Ordenanza Municipal de camiños públicos que permita regular o seu uso e aproveitamento, garantindo a súa sinalización, conservación e protección deste tipo de bens do concello de Cambre.



CAMBRE, a 12 de setembro de 2009

miércoles, 9 de septiembre de 2009

DENUNCIA O VALEDOR DO POBO

O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, denunciará ante o Valedor do Pobo o incumplimento reiterado do Goberno Municipal, de non poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal; que a pesar de ser plantexado en dúas ocasións, mediante iniciativas plenarias polo noso Grupo, ata o dia de hoxe non fixo nada para dar solución o tema, a pesar dos compromisos e promesas.
O Consello Escolar Municipal e un órgano para a necesaria comunicación e asesoramento nos centros de ensino público do noso concello, co obxecto de facer unha política educativa impulsada dende os propios usuarios. Os recentes acontecementos xurdidos na Comunidade Escolar de Cambre, recomendan cando menos poñer en marcha coa máxima urxencia éste órgano de participación, co fin de evitar situacións de desamparo e problemas derivados da carencia de prazas tanto nos propios centros de ensino como nos comedores escolares, e a recentemente eliminación dun profesor de apoi para alumnos con problemas auditivos no colexio W. Fernández Flórez e o recorte de persoal de apoio no colexio Portofaro
EU-IU volve a observar como se incumplen os compromisos plenarios, en temas tan delicados como o ensino, e por conseguinte a posta en funcionamento do Consello Escolar Municipal, “cuio papel consideramos que é fundamental tanto para a participación como para servir de observatorio as necesidades educativas de Cambre”
Por todo o anterior o noso Grupo Municipal dirixiuse a institución do Valedor do Pobo, pregandolle teña a ben valorar a situación e, si o considera oportuno, tome as medidas que estime co fin de dar solución ao problema sinalado.
GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL

jueves, 6 de agosto de 2009

PROBLEMAS DE PRAZAS NO COMEDOR ESCOLAR NO COLEXIO Wenceslao Fernández Flórez de CAMBRE


O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, quere manifestar a súa solidariedade e apoio os pais/nais de alumnos que non teñen praza de comedor no colexio Wenceslao Fernández Flórez, un feito que se ben producindo ano tras ano, sin que as autoridades con competencias na materia fagan absolutamente nada para dar solución o problema.

Para EU-IU o crecemento urbanístico e poboacional unido a falta de previsión por parte dos responsables municipais e o abandono da Xunta de Galicia, son os motivos fundamentais que producen esta consecuencia, baseda na carencia de prazas no comedor escolar para alumnos de 3 anos. Ista carencia supón un esforzo tanto para os propios nen@s como para as súas familias, que pode impactar negativamente na conciliación da vida laboral e familiar, o que resulta impropio en unha sociedade chamada moderna.
O noso xuizo, tanto a Consellería de Educación como a Delegación Provincial deben realizar coa máxima urxencia unha valoración das necesidades reais no servizo de comedor, co fin de que sexan plantexadas, dotadas e realizadas as ampliacións nas instalacións actuais, e así cubrir o servizo que sexa necesario en relación a demanda de infraestructuras nos colexios, e contribuir a situación de incertidume actual
Ainda que a solución desborda ampliamente as competencias e as posibilidades económicas de un concello como Cambre, o problema non exime tampouco o Goberno Municipal da responsabilidade, debendo responder coa máxima racionalidade e planificación.
O noso Grupo Municipal apoia e apoiará as familias en cantas movilizacións se realicen en demanda das xustas peticións. E recordalle os responsables do concello da necesidade de poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal.
Asdo: Grupo Municipal

lunes, 3 de agosto de 2009

NOTA INFORMATIVA DE “EU-IU” DE CAMBRE

EU-IU acusa o goberno de rentabilizar e capitalizar as súas propostas.

O Grupo Municipal de EU-IU quere manifestar a súa satisfación polo anuncio do novo goberno municipal de levar a cabo a proposta realizada por EU-IU sobre un Concurso de Ideas para o acondicionamento do Campo da Feira de Cambre e o seu entorno. Pero tamén “queremos denunciar a política oportunista do Goberno Municipal” nos últimos meses, baseada en alardear de obras e accións realizadas, a maioría delas presentadas pola nosa formación.

O recente anuncio do Acondicionamento do Campo da Feira, a cuberta da polideportiva de Pravio ou a creación de emprego foron iniciativas presentadas por EU-IU e posteriormente aprobadas, agora os responsdables do goberno alardean como si foran propostas que partiran dos seus propios grupos.

O Goberno de Cambre pretende paliar a carencia de propostas utilizando o traballo do noso Grupo, co fin de rentabilizalo en beneficio propio, motivado a súa incapacidade na xestión municipal.

EU-IU denuncia e denunciará esta política de malas prácticas que o único que fan e enturbiar mais ainda a vida municipal do concello, en función de intereses personais e partidistas que nada teñen que ver coa realidade existente do traballo institucional e corporativo en Cambre, considerando de frívola a súa maneira de actuar.

O noso Grupo lembrase que as súas propostas a parte de aprobalas, sean executadas, no caso do Campo da Feira pidelle o goberno que se teñan en conta os terminos nos cales foi aprobada a Moción presentada por EU-IU no pleno municipal do pasado mes de abril, relativa o asunto.

jueves, 30 de julio de 2009


MOCIÓN SOBRE ADHESIÓN A PROPOSTA DA UNIVERSIDADE DE GRANADA PARA A CONCESIÓN DO “PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS DA CONCORDIA 2009” AO POETA MARCOS ANA


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O premio Príncipe de Asturias da Concordia concédese a aquelas persoas, ou institucións cuxa labor contribúia á loita contra a inxustiza, a pobreza, a enfermidade, a ignorancia ou á defensa da liberdade.

A Universidade de Granada acordou en xaneiro de 2009 a presentación da candidatura ao Premio Príncipe de Asturias da Concordia a D. Fernando Macarro Castelo, por toda unha vida dedicada á loita polos Dereitos Humanos, por contribuír de forma exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre os homes e as mulleres e, polo seu empeño na reconciliación entre todos os españois e españolas. Marcos Ana (pseudónimo formado cos nomes dos seus pais) é unha lección viva de humanidade e dignidade.

POR ESTAS RAZÓNS O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO MUNICIPAL A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Pleno do concello de Cambre ACORDA adherirse a proposta realizada polo Consello de Goberno da Universidade de Granada o día 26 de xaneiro de 2009, para que lle sexa concedido o Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2009, ao poeta MARCOS ANA.

SEGUNDO.- Trasladar o presente acordo á Universidade de Granada, á Fundación Príncipe de Asturias e ao poeta Marcos Ana.



Asdo: Grupo Municipal

lunes, 13 de julio de 2009

La Opinión

El PSOE ofreció sueldos a los ediles de EU-IU para entrar en el Gobierno
El portavoz de Esquerda Unida acusa al edil de Hacienda de realizar una "política de mercadeo" y de utilizar "el talón" para garantizar una mayoría numérica del nuevo Ejecutivo

El nuevo equipo de gobierno de Cambre, formado por nacionalistas y socialistas.

ANA BLASCO CAMBRE Una vez presentados los presupuestos de forma conjunta por nacionalistas y socialistas y tras el anuncio de la reedición del bipartito, pocas sorpresas cabían esperar del pleno celebrado ayer, en el que el documento contable de 2009 salió adelante con los votos a favor de los nuevos socios de gobierno y el rechazo de la oposición.

A la espera de que la dirección gallega del partido adopte una decisión sobre el futuro del edil Javier Varela Tejedor, el PSOE actuó ayer como un grupo unido en el que nadie violó la disciplina de voto. Sin embargo, algunos socialistas locales no las tienen todas consigo y, para no verse en inferioridad numérica en futuras ocasiones, se han puesto en contacto con Esquerda Unida para ofrecerle la entrada en el gobierno. "Se equivocaron con nosotros ofreciéndonos dedicaciones exclusivas -espetó el portavoz de EU-IU, Luis Miguel Taibo, al edil de Hacienda, Venancio Salcines-, es una política de mercadeo, quieren arreglar las cosas a golpe de talón". El líder de Esquerda Unida explicó que existían "demasiados malos antecedentes" como para apoyar al equipo de gobierno.

El BNG utilizó la misma razón de la mala actuación del Gobierno local, pero para sustentar otro argumento: "Teníamos unos índices de desgobierno e inoperancia preocupante al nivel que estamos de la legislatura, por lo que consideramos positivo hacer unos presupuestos ambiciosos y posibles, con un órgano gestor y la cooperación crítica de todos los grupos", indicó el portavoz del BNG, Xabier Iglesias. El debate de presupuestos se convirtió en un cruce de cifras y desmentidos en el que no faltaron los insultos entre el edil de Hacienda y el presidente del PP, Nicolás Cubeiro. "O tiene usted un serio problema de ignorancia o es usted un mentiroso compulsivo", le soltó Salcines a Cubeiro. El popular critica que la inversión real se haya reducido en un 40%, mientras que el Gobierno local habla de "potenciarla", algo que conseguirá gracias a la financiación supramunicipal.

La interventora municipal desmintió que los presupuestos fueran ilegales por no cumplir el principio de estabilidad que, según ella, se arreglará con ajustes en el capítulo de gastos. Salcines, por su parte, se enorgullece de que Cambre sea "uno de los municipios más saneados de Galicia" con más de cinco millones de euros de nivel de deudas, cuando la legislación fija el límite en catorce millones.

"Estaremos saneados, pero los vecinos están sin servicios", criticó el edil del Partido Galeguista, Manuel Marante, que criticó además que se dupliquen las dietas de asistencia justo cuando cuatro miembros del nuevo equipo de gobierno dejarán de cobrar sueldos y pasarán a percibir sólo asignaciones por acudir a órganos colegiados. "Ahora que algunos de vosotros cobraréis como la oposición, duplicáis las dietas, ¿no?", preguntó Marante. Precisamente, la partida destinada al gasto del gobierno fue a la que más tiempo se dedicó en el debate, donde Salcines explicó que con la reforma del Ejecutivo local el coste de las dedicaciones crecía en 8.000 euros, a pesar de que se rebajaron los salarios en un 5%.

viernes, 10 de julio de 2009


NOTA INFORMATIVA SOBRE O PLENO DOS ORZAMENTOS 2009

O Grupo Municipal de EU-IU VOTA EN CONTRA DOS ORZAMENTOS e así o manifestou na Comisión Informativa celebrada o dia de onte; por considerar que non se recollen minimamente as pretensións plantexadas pola nosa formación. Non é serio que os responsables municipais estean aprobando diversas iniciativas presentadas polo noso grupo, e logo non se transformen en realidade, e por outra banda observando como se vai invertir o diñeiro en mais dedicacións e aumentar as dietas por asistencias a órganos colexiados (plenos, comisións, xuntas de goberno, etc.); convertindo os cargos de representación pública en postos de traballo excelentemente retribuidos, observando como non se fai un mínimo esforzo orientado a combatir o desemprego mediante o desenrolo de plans locais. Lonxe de todo isto, algúns ignoran antecedentes políticos e electorais que, por honestidade, coherencia ou vergoña ouberan aconsellado unha maior contención salarial.

Para EU-IU non é menos importante a falta de confianza nos actuais gobernantes, que teñen o concello inmerso nunha convulsión política, onde a desconfianza e o desgoberno están sendo a dinámica existente, polo que para o noso grupo abondan razóns mais que suficientes para votar en contra do documento orzamentario.

Se nos presentan uns orzamentos en un momento de crise global, cuia característica mais relevante e a falta de partidas para investimentos, o que provoca que sexan tremendamente continuistas na súa práctica: escasos investimentos, simplemente gastos comprometidos, descendendo os gastos por inversións o 37% respecto o ano anterior.

De ningún xeito podemos asumir a responsabilidade de apoiar un goberno no cal non creemos e que é incapaz de gobernar. As propias negociacións mantidas polos actuales responsables do concello é un exemplo mais da falta de capacidade política para chegar a acordos, e sobre todo nos da unha visión xeral do desgoberno e da crises interna existente no PSOE, que busca a través das negociacións os apoios que non encontraba nos seus propios integrantes.

Estes orzamentos son o fiel reflexo da situación política da propia institución, que se pode resumir “na historia de dous fracasos: a dos partidos maioritarios na búsqueda de estabilidade”; a do partido do goberno, que non foi capaz en dous anos de ter un equipo cohesionado para dar resposta as múltiples necesidades de Cambre, e a do partido maioritario da oposición que en vez de buscar alternativas para reconducir a situación dedicouse a difamar e mentir, olvidandose da relación cordial que debe existir entre os grupos políticos o marxe das propias e lóxicas discrepancias que poidan existir coas demais forzas representadas no concello.

ACLARACIÓN SOBRE AS MANIFESTACIÓNS DO PP.

As manifestacións os medios de comunicación realizadas polo responsable do PP de Cambre hacia a nosa formación política son intolerables e tendenciosas, polo que deberían ser mais cuidadosos a hora de emitir xuizos de valor infundados. En EU-IU aceptamos todo tipo de críticas, pero difamacións e mentiras ningunha.


Asdo: O Grupo Municipal