miércoles, 9 de diciembre de 2009




COMUNICADO DE PRENSA


ESQUERDA UNIDA PULA POLA DEFENSA DO FERROCARRIL DE CERCANIAS, POR CONSIDERALO UN SERVIZO PÚBLICO ESTRATÉXICO FUNDAMENTAL QUE SEMELLA VITAL PARA O DESENVOLVEMENTO DA MOVILIDADE SOSTIBLE


GASPAR LLAMAZARES, VOCEIRO PARLAMENTAR DE ESQUERDA UNIDA, REALIZA UNHA INTERPELACIÓN, A PROPOSTA DA EXECUTIVA NACIONAL GALEGA, PARA QUE EXPLIQUE O PECHE DAS LIÑAS DE CERCANIAS GALEGAS EN CLARO AGRAVIO CON OUTRAS PARTES DO ESTADO ONDE SE POTENCIAN


ESQUERDA UNIDA FORMULA UNHA BATERIA DE PREGUNTAS AO GOBERNO ESPAÑOL EN RELACIÓN AO ABANDONO DO TREN DE CERCANIAS GALEGO E SOLICITA QUE SE TRANSFIRAN AS COMPETENCIAS A COMUNIDADE GALEGA


Desde o inicio da obras da alta velocidade no eixe atlántico, o Ministerio de Fomento foi suprimindo as antigas estacións do eixe atlántico, aducindo que o tráfico das estacións era moi baixo e non cubría custos económicos, esquecendo que é un servizo público estratéxico. Sen embargo os meses anteriores ao peche das estacións desde Renfe se lles ordenou aos revisores que non subiran a picar na estación a pechar, para que non constasen os usuarios nas estatísticas.
Esquerda Unida expón que o peche destas estacións condenou a unha poboación cunha media idade elevada a desprazarse en taxi ou vehículo privado e incluso andando, xa que tampouco se dispón dun servizo regular de autobuses, porque só ofrecen servizos cos principais núcleos urbanos.


EU considera que esta situación non vai a solucionarse coa entrada en funcionamento da alta velocidade, xa que logo, as estacións pechadas van a ser substituídas por outras no monte, o que vai a facer dobremente caro o servizo.


Esquerda Unida denuncia que Galiza atópase discriminada en relación con outras comunidades que gozan de servizo de proximidades implantadas polo Ministerio de Fomento a través da subsidiaria Renfe-operedora e Galiza deberá establecelos a custa dos seus propios recursos e responsabilidade. Por todo elo esixe que se tomen cuanto antes las medidas oportunas para corrixir estes agravios, así como o traspaso das competencias á comunidade Galega, xa que co trazado de alta velocidade do eixe atlántico só solápanse 25 Km. sendo centos de km. que van a quedar sen uso.

Así pois, o voceiro do grupo parlamentar de Esquerda Unida no Congreso dos Deputados, Gaspar Llamazares, realizou as seguintes preguntas ao Goberno do Estado a proposta da Executiva Nacional galega:


1.- Por que, no mesmo estado ao que Galiza pertence, trece áreas metropolitanas pertencentes a nove comunidades autónomas gozan de servizo de proximidade implantados polo Ministerio de Fomento a través da subsidiaria Renfe-operadora e Galiza debería establecelos por e á conta dos seus propios recursos e responsabilidade?

2.- Cales son os criterios que aplicáronse e en que estudos técnico-económicos apoiáronse os establecementos de servizos de proximidades nas áreas metropolitanas de Cádiz, Santander e Donostia, polo Ministerio de Fomento e por que motivo o devandito criterios ou estudos técnico–económicos non serían de aplicación ás áreas metropolitanas da Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra?


3.- Que estudos- recentes realizou - e onde poden consultarse - o Ministerio de Fomento Renfe-operadora que avalen o rexeitamento e a desestimación da lexítima solicitude da implantación de servizos de proximidades nas áreas metropolitanas de Galicia polo titular do departamento de fomento?


4.- Por que razón Galiza había de considerarse excluída, como explicitou o señor ministro, na accesibilidade ás grandes urbes, da implantación de medios de transporte que contribúen á desconxestión viaria, evitan custosos investimentos e ocupación de solo en novos viarios, contribuíndo á redución da contaminación e de ruídos, aforran consumo de combustibles fósiles e, pola súa capacidade de transportar volumes considerables de persoas, resultan máis eficiente enerxética e laboralmente que automóbiles e autobuses.




5.- Por que a Galiza se lle desexa excluír das subvencións que o estado, conxuntamente coas comunidades autónomas afectadas, achega ao funcionamento dos servizos públicos de proximidades, como a Madrid ou Barcelona, se iso redundan nun beneficio incluso económico para o funcionamento conxunto de redes e vías de transporte que serven ás metrópoles.




6.- Como ten pensado o Ministerio de Fomento e- Renfe-operadora desprazar o tráfico de mercadorías entre Galiza e a meseta? Acaso pola mesma vía onde circula a AVE de pasaxeiros, por que correríalle un altísimo risco de accidentes?

7.- Ten pensado o Goberno tomar canto antes as medidas oportunas para correxir estes agravios , así como proceder ao traspaso das competencias á comunidade galega, xa que co trazado de alta velocidade do eixe atlántico só solápanse 25 Km. en todo o trazado e son centos os Km. que van a quedar sen ningún uso?


Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

martes, 1 de diciembre de 2009


PROPOSTAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "EU-IU" O FONDO ESTATAL PARA O EMPREGO E A SOSTENIBILIDADE



SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE

LUIS M. TAIBO CASÁS, VOCEIRO do Grupo Municipal de “EU-IU”,



EXPÓN:

PRIMEIRO.- Que o pasado 23 de outubro o Consello de Ministros aprobou o Real Decreto Lei 13/2009 polo que se crean novas medidas para intentar paliar, na medida do posible, os efectos tan negativos da crise que estamos padecendo.



SEGUNDO.- Entre estas medidas destaca a creación dun novo “FONDO ESTATAL PARA EL EMPLEO Y LA SOSTENIBILIDADA LOCAL” dotado con 5.000 millóns de euros dos cales corresponden ao noso municipio a cantidade de 2.475.658 euros, que o noso concello deberá investir de acordo a unha serie de criterios e proxectos determinados no mesmo decreto.

TERCEIRO.- Considerando que un dos obxectivos básicos do noso Grupo e colocar a loita contra o desemprego como unha prioridade, en consecuencia cos problemas e necesidades mais inmediatas dos veciñ@s; apostamos de unha maneira especial pola creación de emprego mediante as diversas obras e actuacións do FONDO en cuestión, dando prioridade os desempregados do concello en especial os parados de longa duración (mais de un ano no desemprego).

CUARTO.- Que en consonacia co escrito remitido polo Alcalde para a presentación de propostas para o programa, o Grupo Municipa de EU-IU dende a nosa coherencia e como organización que representa a un importante sector da cidadanía, e dadas as características do noso municipio e as súas necesidades mais inmediatas, estimamos que poden ser de hutilidade para o conxunto dos veciñ@s os seguintes PROXECTOS considerados no Real Decreto Lei:

PROPOSTAS:

1.- CONTRATACIÓN DE UNHA OU MAIS BRIGADAS DE OBRAS PARA REALIZAR TRABALLOS DE REPARACIÓNS E ACONDICIONAMENTO DE DIVERSOS TRABALLOS DE UTILIDADE COMÚN (patrimonio etnográfico, barreiras arqitectónicas etc.) NOS DIVERSOS LUGARES DO CONCELLO.

2.- PLAN DE RENOVACIÓN DE ALUMEADO PÚBLICO: SUSTICIÓN DAS LUMINARIAS MAIS ANTIGUAS POR NOVAS DE BAIXO CONSUMO.

3.- INSTALACIÓN DE BANCOS E FONTES NOS LUGARES ONDE DISCURREN AS RUTAS DE SENDEIRISMO DO CONCELLO.

4.- PROXECTO DE REHABILITACIÓN DA CASA “VILLA CONCEPCIÓN” NA PARROQUIA DO TEMPLE.

5.- POSIBILIDADE DE DE CONSTRUIR UN VIVEIRO DE EMPRESAS NO POLIGONO DE ESPIRITU SANTO, COMO FONTE DE CREACIÓN DE EMPREGO E CREACIÓN DE EMPRESAS.

6.- IMPLANTACIÓN DE EQUIPAMENTOS E PROGRAMAS NECESARIOS PARA QUE OS CIDADÁNS POIDAN REALIZAR TRÁMITES A TRAVES DE INTERNET MEDIANTE A PÁXINA WEB DO CONCELLO.

7.- PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DO ACCESO E ILUMINACIÓN DA PONTE VELLA DA RIA DO BURGO, NO TRAMO COMPRENDIDO NO CONCELLO DE CAMBRE, ELIMINANDO AS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS EXISTENTES.

8.- INSTALACIÓNS DE PEQUENOS PARQUES INFANTÍS E BIOSAUDABLES, COMO LUGARES DE ESPALLAMENTO DE PEQUENOS E MAIORES, TENTANDO QUE A IMPLANTACIÓN SEXA EN FUNCIÓN DA NECESIDADE E DEMANDA DOS VECIÑ@S .

9.- AREA RECREATIVA NAS INMEDIACIÓNS DA PONTE DE CELA (RIBEIRA DO RIO)

10.- PROGRAMA DE ACONDICIONAMENTO E REPARACIÓN DE COLEXIOS COORDINADOS COS RESPONSABLES E ANPAS E CONSELLOS ESCOLARES, MELLORANDO OS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO DO CONCELLO NA MEDIDA QUE O PERMITA O “PLAN”.

11.- PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO E LIMPEZA DE ZONAS NAS RIBEIRAS DO RIO MERO E ACONDICIONAR ZONAS DE BAÑO E ESPALLAMENTO, CON INSTALACIÓN DE BANCOS, MESAS, FONTES…

12.- RECUPERACIÓN E LIMPEZA DOS CAMIÑOS DO CONCELLO ONDE EXISTE IMPORTANTE MASA FORESTAL, TENDO EN CONTA A SUA IMPORTANCIA NATURAL.


Exemplos:

-Camiño de Graduil as Cobas e (Cela)
-Camiño Rocón a fonte de Amil
-Camiño real que discurre entre A Pabana e Cobelo.
-Camiño de Armental a Cela.
-Camiño de Armental a Castellana (Cambre)
-Camiño entre Baluco o Canal (Cecebre)

13.- DOTACIÓN DE SERVIZOS HIXIENICOS DE USO PÚBLICO NAS INMEDIACIÓNS DO PARQUE E POLIDEPORTIVA: Antonio Fernández Becerra en (Pravio).

14.- ILUMINACIÓN DA PONTE DA PRESA DE CECEBRE, TRAMO CORRESPONDENTE O CONCELLO DE CAMBRE

15.- ELIMINACIÓN DE BARRERAS ARQUITECTÓNICAS.

16.- POTENCIAR AS ENERXIAS RENOVABLES E O AFORRO ENERXÉTICO, INSTALANDO SISTEMAS DE CAPTACIÓN DE ENERXIA SOLAR EN EDIFICIOS MUNICIPAIS.

17.- LIMPEZA E REFORESTACIÓN DE MONTES PÚBLICOS PROPIEDADE DO CONCELLO.

18.- MELLORA E REPOSICIÓN DAS ARQUETAS DE SUMIDOIROS.

19.- NO QUE SE REFIRE O GASTO CORRIENTE, DOTAR DE RECURSOS OS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO, AMPLIANDO AS CONTRATACIÓNS DE PERSOAL DE ASISTENCIA DOMICILIARIA, CO FIN DE PRESTAR UN MAIOR SERVIZO AS PERSOAS NECESITADAS.

Polo exposto SOLICITA:

PRIMEIRO.- Que se teñan en consideración as seguintes medidas, que o noso grupo político ofrece, que teñen como obxectivo o investimento e a creación de postos de traballo e tan necesarios para paliar a actual crise acorde co mencionado Decreto.

SEGUNDO.- Que o reparto dos FONDOS en cuestión, na medida do posible, sexan consensuados cos Grupos Municipais da oposición, e non sexa decisión exclusiva do Goberno.


En CAMBRE a 23 de novembro de 2009

Asdo: Luis M. Taibo Casás.

sábado, 28 de noviembre de 2009

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU”, SOBRE O ACCESO PÚBLICO OS BENS E PATRIMONIOS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL.
XUSTIFICACIÓN:
A Lei 8/2007, de 28 de maio, do solo, modificou o artígo 75.7 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, onde os concellos teñen a obligación de facer público a declaración de bens de tod@s os representantes electos que compoñen a Corporación Municipal según a Lei do Solo. A declaración pública poderá materializarse a través do Rexistro Municipal ou da propia web do concello.
Considera o noso Grupo, que o desempeño de calqueira cargo de representación política aconsella a maior coherencia posible cos valores éticos do noso ordenamento xurídico, co fin de que a cidadanía recupere a confianza nos cargos públicos.
É evidente que o mellor patrimonio de todo representante institucional é a confianza que manteñen os cidadáns sobre a súa honestidade. O Grupo Municipal de EU-IU en consonancia coa transpariencia que debe predominar en todo cargo público, estima que é unha boa ocasión para transmitir unha imaxe positiva da xestión ante os veciñ@s sobre a utilización correcta do cargo para o que foi elexido, en beneficio común e non propio.
Indudablemente, para manter esta confianza non hai mellor método que dar a conocer de forma transparente, e en todo momento os bens e as actividades dos concelleir@s que teñan carácter lucrativo ou que afecten o ámbito de competencias da Corporación Municipal, para esto existe a páxina web do concello ou o propio Rexistro Municipal, que se constituien en vehiculo ideal para conseguir esta transpariencia.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Facer público, mediante a páxina web do concello ou mediante o Rexistro Municipal, nun prazo de dous meses a partir da data de aprobación desta proposta, as delaracións de bens patrimoniais e actividades dos membros da Corporación e cargos de confianza, que constituien o Rexistro de Intereses do concello de Cambre, iniciando a sua vez en paralelo, os cambios oportunos no Regulamento Órganico Municipal para consolidar de xeito definitivo esta práctica.
SEGUNDO.- Encomendar o alcalde e o goberno municipal a elaboración de novos modelos para formular as declaracións de incompatibilidades e actividades, así como dos bens e dereitos, axustados a nova Lei do solo.

CAMBRE, a 21 de novembro de 2009

NOTA INFORMATIVA DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU”

Transpariencia Municipal

Entre as iniciativas que O Grupo Municipal de EU-IU presentou para o seu debate no pleno ordinario do próximo xoves dia 26, destaca unha MOCIÓN e un ROGO que trata sobre a contribución a transpariencia municipal para que se facilite o acceso os cidadáns as declaracións patrimoniais dos concelleir@s inscritas no Rexistro de Acividades e Bens do concello.

Do mesmo xeito tamén solicitará se publiquen na páxina web do concello as cantidades que os membros da Corporación reciben polas súas tarefas públicas derivadas do seu cargo, en concepto de pagos e dietas por asistencia a plenos, comisións, xuntas de goberno, xunta de voceiros, mesas de contratación, xuntas de coordinación, etc. Asi como os gastos de atención protocolarias e de representación, de maneira que calqueira cidadán poida coñecer canto recibiu cada concelleiro individualmente e en concepto de que.

Entende o noso Grupo que quenes pagan teñen dereito a recibir toda información, tendo en conta que a transpariencia debe ser un dos pilares fundamentais do conxunto das administracións públicas, e neste caso o noso concello non está alleo a este principio de actuación política.

Trátase dunha medida que non deberían ser mal vistas por aqueles que realizan dignamente as súas labores públicos. Lonxe de entorpecer ou devaluar o exercicio político, a transparencia o que fai é dignificar a tarefa daquel que non ten nada que esconder posto que pode demostrar que o seu interese é o ben común e non o seu propio lucro.

Asdo: O voceiro do Grupo

miércoles, 18 de noviembre de 2009


“FONDO ESTATAL PARA EL EMPLEO Y LA SOSTENIBILIDAD LOCAL”


O Consello de Ministros aprobou o pasado 23 de Outubro de 2009 o Real Decreto polo que se aproba o Fondo estatal para o emprego e sustentabilidade local, dotado con 5.000 millóns de Euros, e destinado aos Concellos para financiar proxectos relacionados co novo modelo produtivo e de economía sostible que se quere impulsar no noso país. O concello de Cambre correspondelle 2.475.658 euro. Todos os veciñ@s poden achegar as súas ideas e suxestións ou ben a través da sección de contacto desta blog ou ao correo electrónico eu@cambre.org

jueves, 5 de noviembre de 2009

EU-IU” APOIA A MARCHA A FAVOR DA RECUPERACIÓN DA RÍA DO BURGO.

O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, quere manifestar o seu apoio a marcha convocada pola Plataforma para a defensa da ría do Burgo, para o próximo domingo día 8 as 12:00 horas, pola recuperación da ría, a dita marcha terá como punto de partida a casa das palmeiras no Temple.

EU-IU considera imprescindible a mobilización cidadán, e fai un chamamento a participación contra a situación de degradación ambiental e incertidume que está sufrindo o que foi un espacio natural o longo dos anos, e que actualmente está amenazada, polo acelerado deterioro do seu leito e a calidade das súas augas.

O problema da Ría de O Burgo, non é só un asunto ecolóxico, é tamén, un gravisimo problema económico para centos de personas que viven do que en outros tempos, foi un importante recurso económico, que de non remedialo pode perderse definitivamente.

Este asunto xa foi motivo dunha interpelación en maio do padasdo ano, no Parlamamento Europeo polo eurodiputado da nosa organización Willy Meyer, reclamando as autoridaes europeas que se situasen ante o “o lamentable estado” da ría do Burgo a causa dos verquidos de augas residuales sen depurar dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.

Para EU-IU de Cambre, non ten xustificación algunha o silencio ante as promesas incumplidas por parte das distintas administracions, sendo imprescindible poñer punto final a situación de desamparo.

Asdo: Grupo Municipal
EU-IU SOLICITARÁ MAIS CONTROL E TRANSPARENCIA NOS GASTOS DE ATENCIÓNS PROTOCOLARIAS E REPRESENTATIVAS DOS MEMBROS DO GOBERNO DE CAMBRE

O Grupo Municipal de EU-IU presentará unha iniciativa no próximo pleno ordinario do mes de novembro, sobre o control municipal dos gastos de “atencións protocolarias e representativas”, no ánimo de fortalecer a transpariencia política do concello tan deteriorada nos últimos tempos. O concello de Cambre destina en cada exercicio miles de euros a gastos protocolarios e representativos, que en algúns casos son motivo de polémica pola súa utilización.

EU-IU solicitará que o goberno municipal facilite os grupos da oposición, con unha periocidade de tempo non superior a tres meses, todos os gastos derivados das atencións protocolarias e gastos de representación realizados polos responsables municipais, así como os informes de intervención correspondentes.

No mesmo sentido o noso Grupo tamén solicitará información relativa os gastos de representación efectuados dende o comenzo da lexislatura polos responsables das distintas áreas de goberno, e o seu cumprimento coa legalidade vixente según o contemplado nas bases de execución do orzamento municipal en relación a xustificación dos gastos.

O noso Grupo pide tolerancia cero ante este tipo de prácticas, que unha vez mais poñen en duda a credibilidade e honradez dos políticos, lesionando gravemente as institucións democraticas.

Asdo: Grupo Municipal