miércoles, 16 de marzo de 2011

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE.

O próximo venres dia 18 as 20:30 horas no local do Centro Sociocultural do Graxal (O Temple), Esquerda Unida fará un acto público para a presentación da candidatura ás próximas eleccións municipais do vindeiro 22 de maio. Intervirán Almudena Garcia Bravo membro do Consello Político Federal de IU, Olga Santos candidata número dous, e Luis Taibo.
EU presenta como candidato a alcaldía a Luis M. Taibo Casás, na actualidade concelleiro do municipio. A candidatura completa farase pública no devandito acto tras ser aprobada recentemente por unanimidade pola Asamblea Local. A lista está integrada por homes e mulleres afiliad@s e ciudan@s con experiencia na defensa dos intereses dos veciñ@s, que traballaron o longo dos últimos anos xunto co Grupo Municipal, nas súas mobilizacións e na elaboración de propostas que esta formación política ten presentado na institución municipal.

O programa electoral, estará articulado sobre unhas bases que reinciden en boa medida, nas propostas e xestións dos últimos anos. EU está tendo en conta a contribución dos cidadáns e distintos colectivos, tratando de articular un documento dende a maior obxectividade e do mais participativo posible, incidindo en cuestións tan importantes como:
Urbanismo, Participación Cidadán, Servizos Sociais, Emprego; etc.

EU presentase a estas eleccións de unha forma creible para tentar de cambiar a maneira de gobernar no concello. Estamos convencidos de que “outro Cambre é necesario” realizando políticas mais participativas, mais solidarias e con mais humildade e transparencia na xestión, onde os políticos ocupen o seu lugar, que non é outro que o de servir o conxunto da cidadanía.

Asdo: Consello Político Local de EU de Cambre

martes, 8 de marzo de 2011


MANIFESTO 8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER


No 8 de marzo do ano pasado, desde EU denunciabamos a crecente precarización da situación das mulleres, debido ás medidas de reforma laboral adoptadas polo goberno PSOE. Un ano despois só podemos sinalar que desgraciadamente o escenario empeorou a uns niveis insoportables.


O xa de seu fráxil estado de benestar e as inestables e ficticias medidas pola igualdade das mulleres, xunto a involución política do Goberno do PSOE, trouxeron consigo unhas taxas de paro cada vez máis crecentes con despedimentos abusivos e sexistas e unha taxa de actividade que ralla a indignidade dun Estado supostamente avanzado (segundo a EPA a taxa de paro masculina é do 19,95% e a feminina do 20,79% e a taxa de actividade masculina nun 60 % mentres que a feminina atópase nun 52,6 %). A menor taxa de ocupación feminina (o 41,5 %), a maior porcentaxe en traballos a tempo parcial (o 80,6 %), a desigualdade salarial (en máis do 20 %) e a vida laboral marcada pola precariedade e a feminización do coidado de fillas e fillos e familiares dependentes, son algunhas das consecuencias dos retrocesos.


O incremento de 15 a 20 anos o período de cálculo da pensión e de 38,5 anos para o cobro do 100 % da mesma, aumentará a discriminación e a pobreza das mulleres xa que estas seguen estando instaladas nun sistema patriarcal que perpetua nelas, a carga de traballos domésticos e de coidado, cos consecuentes baleiros de cotización que lles impiden ter un futuro digno.

España é o cuarto país de Europa en porcentaxe de mulleres excluídas do mercado de traballo por ter que coidar de fillos e familiares dependentes e na actualidade 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo o limiar da pobreza.

EU esixe ao Goberno do PSOE que:

-Incorpórense medidas efectivas para a integración das mulleres no mercado de traballo, en condicións de igualdade, tanto salariais como profesionais.

-Que se inclúa obrigatoriamente nos contratos públicos, medidas reais de igualdade na contratación e no emprego. -

-Articúlense medidas que consoliden a repartición familiar e social do coidado da infancia e as persoas dependentes universalizando os servizos públicos.

-A que recoñeza a contribución económica das mulleres nos traballos non recoñecidos como produtivos (crianza, coidado, tarefas domésticas, etc)

-Á asignación do 5 % do total do Orzamento a políticas muller específicas e transversais.

domingo, 27 de febrero de 2011

NOTA INFORMATIVA DE EU-IU DE CAMBRE

O Grupo Municipal de EU-IU insta o PSOE a cumplir e facer cumplir o Pacto contra o Transfuguismo, da mesma maneira que solicita do Alcalde a tomar medidas de carácter inmediato, e proceda a apartar do Goberno Local os ex-concelleiros do BNG, tras o abandono do seu Grupo de procedencia.

Do contrario o propio PSOE estaría incumprindo os acordos sobre o CÓDIGO ÉTICO DE CONDUCTA POLÍTICA EN RELACIÓN O TRANSFUGUISMO NAS CORPORACIÓNS LOCAIS, aprobado por todos os partidos con representación parlamentaria, co obxectivo de minimizar ou extinguir na medida do posible situacións como a que se está producindo no noso concello. Este documento recolle tanto a definición de transfuga como que as formacións políticas “se comprometen a non aceptar nos seus equipos de Goberno a membros da Corporación que se convirtan en transfugas con respecto os seus grupos de procedencia”

Asimesmo deixarían sin efecto a Moción sobre “O Codigo do Bon Goberno Local” presentada polo noso Grupo Municipal e aprobada pola maioria da Corporación salvo a abstención do Partido Galeguista.

EU-IU
esixe o PSOE que proceda en consecuencia e non contribuia a favorecer o transfuguismo na Corporación, solicitando do seu Alcalde a revocación da decisión adoptada no Pleno do dia de onte de manter no Goberno os ex- concelleiros do BNG, tendo en conta que as mesmas medidas que se aplican para os concelleiros transfugas, tamén son de aplicación para os membros do Goberno que se benefician desta conducta política.

O noso Grupo considera que unha maneira de eliminar o transfuguismo, é non aceptar este tipo de conductas que influien na xestión municipal, para a adopción de acordos que incidan na gobernabilidade local ou no réxime interno de funcionamento da Corporación.

De non correxir a situación actual, a nosa formación política trasladará o problema a Comisión Parlamentaria Antitransfuguismo, constituida para tal efecto.

Asdo: Grupo Municipal

miércoles, 23 de febrero de 2011

INICIATIVAS O PLENO E COMISIÓNS DO MES DE FEBREIRO

ROGOS:

1.- En varias ocasións o servizo de calefacción no Centro de Saúde de Cambre e dependencias anexas, é motivo de distintas averías e fallos no suministro.
PREGAMOS nos informen qué accions ten levado a cabo o Goberno Local para dar solución a estas incidencias que afectan aos ciudadan@s; tendo en conta que o problema repitese con demasiada frecuencia.

2.- Unha vez mais o noso Grupo PREGA o Goberno nos informe sobre o estado das obras de saneamento que se están executando en diversos lugares do concello.

3.- Veciñ@s de Cecebre teñen manifestado o noso Grupo a carencia de pasos de peóns na estrada AC-221 entre o Apeadeiro e a Ponte do Cubo, sendo unha zona de abundante circulación e tránsito peonil.

-Por isto PREGAMOS que por parte do concello se realicen os trámites necesarios para a instalación de pasos de peóns no mencionado lugar.


PREGUNTAS:

1.- O Pleno da Corporación é o órgano máis representativo do Concello e por iso, o de maior lexitimidade á hora de aprobar iniciativas, especialmente cando son por unanimidade, en consecuencia, os seus acordos non poden reducirse a aparecer na acta plenaria, é necesario e esixible que o Goberno municipal asuma o compromiso de respectalos mediante o cumprimento do aprobado.

En este caso estamos a referirnos a unha longa demanda plantexada polo noso Grupo e polos veciñ@s de Cela na procura da adquisición de terreos para equipamento, co fin de construir instalacións Socioculturais e de Recreo para o seu disfrute, recordando unha vez mais a discriminación que sufren respecto a outras zonas do concello por non contar coas infraestructuras mencionadas.

Por todo esto, o Grupo Municipal de EU-IU fai a seguinte PREGUNTA:

-¿Que xestións ten realizado o Goberno sobre a compra dos terreos da Fundación Tenreiro na parroquia de Cela?

-¿Cal é a razón para non ter resolto o problema de un modo definitivo?

2.- No pleno de outono de 2007 o noso Grupo preguntaba sobre a existencia dun Plan de Seguridade para coordinar as posibles emerxencias respecto o encoro de Cecebre. Recentemente a Consellería de Medio Ambiente iniciaba actuacións para a mellora da seguridade.

-¿Poden informarnos en que consiste ditas medidas?

3.- ¿Poden informarnos dos motivos que impediron a instalación dun paso de peóns en Freande para contribuir a unha maior seguridade vial na zona?


COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIOAMBIENTE OBRAS E SERVIZOS.

PREGUNTAS:

1.- ¿Ten previsto o Goberno algunha actuación para reparar e acondicionar o camiño que transcurre entre a estrada AC-220 e AC-213 no lugar da Telva?

2.- ¿Ten algunha información o Goberno sobre a instalación de iluminación da ponte do Burgo?


Asdo: Grupo Municipal

lunes, 21 de febrero de 2011

COMUNICADO DE PRENSA
O CONSELLO COMARCAL DE EU CORUÑA ALERTA DA POSIBILIDADE DO FUTURO PECHE DO AEROPORTO DE ALVEDRO E A CONSEGUINTE PERDA DE CENTOS DE POSTOS DE TRABALLO ENTRE TRABALLADORES DE AENA, CONCESIONARIAS E POSTOS INDIRECTOS

ESQUERDA UNIDA MANÉN UNHA REUNIÓN CO COMITÉ DE EMPRESA DE AENA EN ALVEDRO PARA VALORAR A SITUACIÓN LOGO DA IRRANCIONAL PRIVATIZACIÓN QUE PRENTENDE LEVAR A CABO O GOBERNO CENTRAL

CÉSAR SANTISO, COORDINADOR COMARCAL DE EU, “DIANTE DESTA NOVA AGRESIÓN, APOIAREMOS AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS NAS SÚA LOITA. LOITA QUE AMPLIAMOS A TODA A BISBARRA CORUÑESA DEBIDO AOS GRAVES PREXUIZOS QUE PARA O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO SUPORÍA O PECHE DO AEROPORTO”


Hoxe por espazo de máis de dous horas e media o Consello Comarcal de EU Coruña mantivo unha xuntanza co comité de empresa de AENA no aeroporto de Alvedro.

A representación de Esquerda Unida estibo formada polo seu coordinador comarcal, César Santiso, o representante de movementos sociais, Miguel Novoa, e o voceiro do grupo municipal de EU Cambre, Luís Taibo. Mentres que a delegación do comité de empresa, onde teñen representación as centrais sindicais CCOO, FSAI, UGT e USO estaba encabezada polo seu presidente Fernando Díaz.

No transcurso da reunión avaliouse a irracional política que está a desenvolver o Goberno central no sector aeronáutico, mediante a privatización dos aeroportos.

Os membros do comité de empresa transmitiron o seu temor sobre un futuro peche do aeroporto de Alvedro debido a que o aeroporto coruñés non produce os beneficios necesarios como para resultar atractivo aos investidores privados.

Xa que logo, o consello comarcal de EU Coruña alerta da posibilidade do peche do aeroporto de alvedro e a conseguinte perda de centos de postos de traballo entre traballadores de AENA, das distintas concesionarias que operan no aeroporto e os postos indirectos.

O coordinador comarcal de EU subliñou que é necesario que a cidadanía sexa consciente de que no estamos a falar do colectivo de controladores, senón do persoal de terra que perderan “por decreto” a súa condición pública, logo de haber superado a súa oposición correspondente. Unha enorme inxustiza cun colectivo de traballadores que, ao contrario do que pretende facer crer o Goberno non son uns privilexiados pois o seu salario fluctúa dende os 1100 aos 1700 €, senón que son os damnificados directos dun novo espolio que o Goberno do PSOE pretende realizar, deixando en a mans privadas un servizo público estratéxico.

Así, César Santiso indicou que “diante desta nova agresión, apoiaremos aos traballadores e traballadoras nas súa loita. Loita que ampliamos a toda a bisbarra coruñesa debido aos graves prexuízos que para o desenvolvemento económico suporía o peche do aeroporto”.

Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida

martes, 15 de febrero de 2011


ESQUERDAUNIDA DE CAMBRE SUMASE O APAGÓN XERAL NOS FOGARES, CONVOCADO PARA O DIA 15 DE FEBREIRO.

EU-IU de Cambre fai un chamamento a cidadanía para que participen neste acto de protesta cívico contra as abusivas subidas da tarifa eléctrica e para rexeita o sometemento do Goberno ás decisións das grandes compañías. Esquerda Unida apoia o apagamento xeral de electricidade de cinco minutos nos fogares convocado para o dia de hoxe, ás 22 horas, pola Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV). Esta acción realizarase en protesta pola subida da tarifa eléctrica e polas nefastas consecuencias para os usuarios domésticos e os pequenos consumidores pola liberalización do mercado enerxético.

Dende a nosa organización invitamos aos militantes e simpatizantes de e á cidadanía en xeral a participar neste apagamento cívico e rexeitar así o sometemento do Goberno de Rodríguez Zapatero ás decisións das grandes compañías eléctricas fronte ao abandono das economías domésticas, dos consumidores e das pequenas empresas que son ao final os que están pagando as abusivas subidas da electricidade e doutras fontes de enerxía.


Esquerda Unida coincide coas reivindicacións da CEAV xa que neste plan enerxético non haberá froitos sociais sostibles, só un substancial aumento de beneficios para as empresas eléctricas, mentres as economías domésticas seguirán pagando as consecuencias en tempos de crises. O mercado eléctrico, neste momento, está liberalizado e as multinacionais da electricidade aumentaron o seu negocio. É necesario mobilizarse para defender o dereito a unha subministración enerxética con criterios sociais e non unicamente mercantilistas.

Asdo: Consello político Local.

miércoles, 9 de febrero de 2011

ADQUISICIÓN TERREOS NA PARROQUIA DE CELA

O Grupo Municipal de EU-IU esixe o Goberno do concello, que resolva de unha maneira definitiva a situación do atraso na adquisición dun terreo na parroquia de Cela, para a construcción dun Centro Sociocultural e espacio de recreo para os veciñ@s.

No vindeiro pleno a nosa formación presentará unha iniciativa co fin de reclamar un compromiso do Goberno para dar cumprimento os acordos plenarios que en diversas ocasións ten plantexado o noso Grupo, co fin de dotar a Cela dunhas infraestructuras que permitan o desenvolvemento dun mínimo de actividades sin ter que desplazarse da súa parroquia.

Neste sentido o noso Grupo vai a requerir a esixencia de que se formulen datas de compromisos concretos para a compra dos terreos pertenecentes a Fundación Tenreiro, tendo en conta que na actualidade existen as partidas económicas necesarias aprobadas para tal fin. neste caso en particular

Para a nosa formación política A dilixencia e celeridade forman parte do bo facer das administracións públicas, circunstancia que non se cumpre neste caso en particular. Resulta tamén criticable a escasa sensibilidade e pouco interese por parte das autoridades locais na axilización dos trámites necesarios, cara os
veciñ@s de Cela, que se sinten totalmente esquencidos a hora de solucionar os problemas para dotar a parroquia das infraestructuras necesarias para mellorar a súa calidade de vida, e facer realidade o compromiso municipal.

Asdo: Grupo Municipal