martes, 24 de mayo de 2011



NOTA INFORMATIVA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE

O Consello Local de EU de Cambre, quere manifestar a tódo-los veciñ@s do Concello o seu agradecemento pola confianza depositada na nosa formación política, nas eleccións do pasado dia 22, acadando dous concelleiros, e quedando a moi pouca distancia (a penas unha docena de votos) para obter un terceiro concelleiro.

EU queré felicitar a tod@s os cambres@s, xa que nunhas eleccións son os cidadáns os que gañan, xa que elixen de forma democrática e libre ás persoas que queren que lles gobernen nos próximos 4 anos. Do mesmo modo felicitar ao resto dos grupos políticos que acadaron representación nestas eleccións, e de un xeito especial o PP, por ser a candidatura mais votada.

A confianza manifestada no noso colectivo por un importante sector do pobo de Cambre, reforza o propósito, que xa manifestamos reiteradamente durante a campaña electoral, de seguir traballando para mellorar a calidade de vida dos veciñ@s, especialmente daqueles mais desfavorecidos, facendo especial fincapé, nos aspectos de Creación de Emprego, Participación Cidadán, elaboración do Plan de Urbanísmo, Servizos Sociais, e unha atención decida os problemas da Xuventude.

No conxunto da nosa organización amosamos a nosa disposición a atender os problemas que os veciñ@s, tanto individual como colectivamente, consideren prantexarnos, coa total decisión de defender con todas as nosas forzas aquelas causas xustas que se nos encomenden, tratando de beneficiar a maioría dos cidadáns de Cambre.

Asdo: Consello político Local

jueves, 12 de mayo de 2011

SOLIDARIEDADE COA CIDADANÍA DE LORCA


DIANTE DA TRAXEDIA SUFRIDA EN LORCA , “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE SOLIDARIZASE COA POBOACIÓN E SUSPENDE TODOS OS SEUS ACTOS ELECTORAIS ATÉ O VENRES 13.

O CANDIDATO Á ALCALDÍA, LUIS TAIBO, QUERE MANIFESTAR O MAIS SENTIDO PESAR A CIDADANÍA DE LORCA, E AS CONDOLENCIAS OS FAMILIARES DAS VICTIMAS ANTE A LAMENTABLE TRAXEDIA, TRAS O TERREMOTO.

HOXE TOD@S SOMOS CIDADÁNS DE LORCA. DENDE CAMBRE O NOSO MAIOR ALENTO E APOIO FRATERNAL AS PERSOAS QUE ESTÁN SUFRINDO EN ESTAS HORAS DIFÍCILES PARA A REXIÓN MURCIANA.

miércoles, 11 de mayo de 2011





PROGRAMA ELECTORAL: ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011


COMPROMISO PROGRAMÁTICO DE “ESQUERDA UNIDA-IZQUIERDA UNIDA” DE CAMBRE

COMPROMISO CON CAMBRE…COMPROMISO COS VECIÑOS


Esquerda Unida de Cambre preséntase a estas eleccións con un firme compromiso cos veciños e veciñas, tentando conseguir a súa confianza, e sobre todo tratando de dignificar a vida política no Concello, dende unha prespectiva de esquerdas con políticas solidarias e de progreso que defendan a igualdade de oportunidades.

Cambre necesita outro xeito de gobernar, lonxe dos problemas internos dos partidos políticos e dos intereses persoais. Nós queremos aplicar políticas que normalicen a vida municipal, onde os seus representantes esteamos ó servizo do pobo, e non para beneficiarse del.

Esquerda Unida é unha forza política que ten como unidade un programa electoral, para demostrar que se pode gobernar para tod@s por igual, con máis humildade, máis transparencia e sobre todo con máis participación da cidadanía, co fin de abordar problemas que reclaman solucións urxentes.

O programa electoral é para Esquerda Unida o elemento primordial de cohesión da nosa organización. É o compromiso que esta forza política adquire coa sociedade cambresa.
Sabemos que a situación económica do Concello é delicada, polo que o programa elaborado trata de ser realista e realizable, sin levantar falsas espectativas. Farémolo dende a máxima austeridade e control no gasto.

Cuestións de importancia como: Urbanismo, Servizos Sociais, Emprego ou Participación Cidadán… son algúnhas das prioridades que marcarán a nosa liña de actuación na próxima lexislatura.
UN CONCELLO QUE APOSTE POLA RACIONALIZACIÓN ECONÓMICA E POR UNHA ADMINISTRACIÓN PARA OS CIDADANS(Administración local e fiscalidade)

Esquerda Unida-IU de Cambre propón unha maior contención e racionalización do gasto público, unha maior transparencia na xestión e na selección do persoal municipal, así como un plan de viabilidade económica que garanta o funcionamento dos servizos públicos, reducción das asignacións e retribucións dos cargos públicos. Unha administración ó servicio da cidadanía, un Concello aberto e participativo, un Concello para vivir, un Concello para
tod@s.

• Reducción dos emolumentos de cargos públicos e persoal de confianza.
• Racionalizar as dedicacións exclusivas e medias dedicacións.
• Reducir as dietas de cargos electivos ós órganos colexiados.
• Reducir os gastos protocolarios e de representación.
• Introducir mecanismos que aseguren unha maior transparencia na selección do persoal municipal.
• Só se percibirán as dietas por asistencias a comisións e a plenos ordinarios para acabar así cos soldos encubertos de moitos concelleiros.
• Axilizar os procesos de contratación para os servizos públicos.
• Desenvolveremos unha política de ordenanzas fiscais, taxas e prezos públicos o máis progresiva posible.
• Elaboración dunha ordenanza para a regulación de paneis e cadros de anuncios.
• Adoptar as medidas necesarias para asegurar o comportamento ético dos cargos públicos: Código ético e mecanismos de control.
• Unha regulación máis estrita das incompatibilidades e medidas contra o transfuguismo.
• Evitaremos as concesións administrativas por períodos longos, que imposibilitan controis municipais eficaces.
• Control do gasto corrente do Concello.
• Potenciación do software libre no Concello.
• Promover as medidas necesarias, co fin de reclamar ó Concello da Coruña o pago do imposto correspondente o IBI polos terreos ocupados na construcción do encoro de Cecebre no noso término municipal.
• Promover as medidas necesarias, co fin de que o noso Concello sexa compensado polo Goberno do Estado, pola bonificación fiscal do 95% do IBI, que se recoñece a empresa concesionaria da autoestrada AP-9 que discurre polo noso término municipal.

UN POBO RESPETUSO CO SEU MEDIO NATURAL, ECOLÓXICO E SOSTIBLE .
(Medio Ambiente)

Esquerda Unida-IU de Cambre defende un modelo planificado, equilibrado, con boas dotacións públicas, un Concello que sexa o motor do seu desenvolvemento e que prime o interese social colectivo fronte ós intereses privados ou particulares.
Un Cambre que queira ser espacio de convivencia e liberdade e que aborde a seguridade cunha garantía para o desenvolvemento dos dereitos e liberdades dos veciños.
Un pobo respetuoso co medio ambiente e comprometido co desenvolvemento sostible, capaz de romper as dinámicas de crecemento desaforado, apostando pola creación e recuperación de espazos naturais con un desenrolo sostible e racionalizado.

• Recuperación da Fraga e o Encoro de Cecebre,
• Saneamento dos regatos de A Gándara, San Pedro e San Benito e recuperación de pequenos servizos nos rueiros para espallamento e convivencia dos veciños e veciñas.
• Plan de prevención e loita contra os incendios forestais e fomento da repoboación con especies autóctonas.
• Creación dun Plan de Protección Medioambiental do Concello.
• Control e erradicación dos vertedoiros incontrolados, vertidos á Ría e ós Ríos.
• Acondicionamento de zoas de baño e espallamento nas ribeiras do río Mero
· Esixir ás Administracións competentes a conservación do paseo fluvial do río Mero.
• Recuperación do Castro de Cambre para uso público, previa negociación cos propietarios.
• Seguiremos traballando dende o consorcio, e contando coas asociacións e cofradías de mariscadores afectados pola rexenereción da Ria do Burgo, como única via de solución ó problema.
• Realización de campañas de sensibilización para fomentar a separación selectiva de RSU e a reciclaxe dos mesmos.
• Aumento da vixilancia e control nas empresas para que fagan un tratamento correcto do seu refugallo.
• Plan de Saneamento e rede de sumidoiros nos distintos lugares do Concello.
• Proxecto para o remonte de especies piscícolas na presa de Cecebre.
• Creación dunha Aula da Natureza para o estudo e coñecemento do medio rural.
• Declaración da Ria do Burgo como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) delimitando as súas áreas, según o contemplado na lexislación vixente.
• Defendemos e propomos unha política de uso social, racional e sustentable da auga, primando a eficiencia, o aforroe a súa reutilización.
• Impulsar e fomentar o uso das enerxias alternativas nas redes de alumeado público.
Recuperación e control da salubridade das fontes parroquiais para uso dos veciños.


UN CAMBRE QUE POR FIN DISPOÑA DUN PROXECTO URBANISTICO RACIONAL E ORDEADO
(Urbanismo, obras e servizos)

Para Esquerda Unida, o urbanísmo debe de satisfacer os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e a un medio ambiente sano e adecuado, que permita o progreso económico e social dos seus habitantes, pero que ao mesmo tempo, preserve e defenda o patrimonio e a identidade cultural do municipio, desterrando prácticas especulativas e pensando no interés xeral da cidadanía . Por eso e fundamental definir no PXOM como se vai a realizar ese crecemento, e que modelo de concello queremos para o futuro.

. Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Urbanística, fomentando o debate e a participación dos veciños e veciñas na súa elaboración, cunha maior transparencia e contra a especulación urbanística.
• Promover medidas que axilicen a desconxestión do tráfico.
• Proxecto de construcción de aparcamentos disuasorios avaliando as necesidades existentes.
• Creación dunha ordenanza reguladora de instalación de Antenas de Telefonía Móbil.
• Transparencia en todo o proceso da execución do proxecto da Vía Ártabra.
• Oposición ó trazado do Tren de Alta Velocidade A Coruña-Ferrol, potenciando o tren de proximidade, mellorando as frecuencias e habilitando novos apeadeiros.
• Xestionar a posibilidade de crear accesos dende A Barcala á autoestrada AP-9.
• Mellorar o mantemento e o asentamento das marquesiñas das paradas do transporte publico e revisión das mesmas.
• Promover, na medida do posible, a construcción de aparcamentos soterrados públicos.
• Creación de parques infantís biosaludables adaptados con mobiliario axeitado para nenos e maiores.
• Axilidade, transparencia e coherencia na aplicación de criterios para a concesión de licencias de obra e actividade.
· Dotación de infraestructuras no Polígono do Espíritu Santo para aparcamento de camións.

UN CAMBRE DE TOD@S E PARA TOD@S

(Servicios Sociais)

Propoñeremos e defenderemos políticas que atendan ás necesidades cotiáns dos nosos maiores, da mocidade, dos nen@s, das persoas dependentes, das mulleres que padecen o maltrato, dos que teñen escasos recursos económicos e das persoas con discapacidades físicas ou psíquicas.

• Incrementar a dotación orzamentaria na Concellería de Servicios Sociais, coa finalidade de dar unha maior atención e mellores servicios ós nosos veciños e veciñas.
• Recuperar para os casos mais necesitados, dependendo da renda familiar, un servizo de transporte adaptado mellorando o actual 065.
• Realizar estudos periódicos que detecten posibles barreiras arquitectónicas en edificios ou espazos públicos e posterior eliminación das mesmas.
• Mellora e acondicionamento dos locais da terceira idade no Concello.
• Creación e posta en funcionamento dun Centro de Día Público para maiores.
• Reivindicar ante o resto das Administracións, as transferencias e recursos necesarios para o desenvolvemento dos Servizos Sociais municipais e a xestión pública da Lei de Dependencia.
• Realización dun Plan Integral para favorecer a autonomía das persoas con algunha necesidade específica.
. Convocatoria anual de axudas de ata 1.200 euros por nacemento ou adopción. Estas axudas serán proporcionais ós ingresos familiares, tendo que ser investida en establecementos do Concello de Cambre.


UN CAMBRE HABITABLE.
(Vivenda)

Para Esquerda Unida-IU de Cambre é fundamental garantir o DEREITO Á VIVENDA para o conxunto da cidadanía, como elemento básico de autonomía persoal e de dignidade. Por iso é necesario romper co modelo especulativo que se instalou no noso Concello e fomentar a intervención pública mediante a promoción de vivendas.

• Creación dun Rexistro de solicitantes de vivenda para valorar as necesidades existentes cunha normativa que a regule.
• Promoción de vivenda pública en réxime de aluger con prezos alcanzables, en función da renda percibida.
• Políticas de vivenda que fomenten a solidariedade e a cohesión social.
• Plans de vivenda en réxime de aluguer ou propiedade dirixidos a mozas e mozos.
• Regular e controlar a construcción de vivendas con fin de evitar, na medida do posible, a especulación urbanística.

UN CAMBRE PARTICIPATIVO(Participación Cidadá)

Esquerda Unida-IU de Cambre propón un modelo dende a participación para que ésta poida levarse á practica en toda a súa amplitude, cunha plural participación dos veciños e veciñas.
Cremos que afondar na democratización é un reto e que a participación cidadá achega á xestión municipal a opinión e a corresponsabilidade da cidadanía, axudando ó artellamento social a través dos medios de participación que se recolleran no Regulamento de Participación Cidadán e terá a súa máxima expresión na elaboración dos ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS onde os veciñ@s teñan voz na súa execución.

• Crear e impulsar os distintos Consellos Sectoriais de Educación, Cultura, Saúde, Deportes, Xuventude, e aqueles que se poidan crear.
• Consolidar a Concelleria de Participación Cidadán.
• Poremos en marcha modelos de elaboración de orzamentos participativos destinando unha parte dos mesmos no capítulo de inversions para que as xestione o tecido asociativo de Cambre a través do Consello de Participación Cidadán.
• Facilitar ó cidadán a información mais salientable da actividade do Concello.
• Garantir a participación do movemento asociativo aproveitando os recursos das asociacions xa existentes con convenios en vigor e potenciando a utilizaciòn das súas instalaciòns.
• Achegar a xestión municipal á cidadanía, garantindo o equilibrio e solidariedade entre as distintas parroquias do termo municipal.
• Promover o uso das novas tecnoloxías nas relacións co Concello
• Crear un servizo de asesoramento xurídico ás asociacións do Concello.

UN CAMBRE CON BOA SAÚDE.
(Sanidade)

Dende Esquerda Unida-IU de Cambre, sabemos que a SAÚDE e un eixo importante na vida dos cidadans, cremos imprescindible a planificación sanitaria co fin de facilitar o acceso a tódolos veciños e veciñas á saúde, cunha atención medica de calidade, e sempre facilitando os espazos públicos necesarios para asentar os Centros de atención primaria que fosen necesarios.

· Liberar de espacio as instalacións do Centro de Saúde para uso exclusivo Sanitario.
· Axilizar as xestións para a construcción do novo Centro de Saúde no Temple.
· Desenvolver programas de prevención e educación para a saúde.
· Mellorar e ampliar os servizos de Atención Primaria.
· Xestionar a implantación de novas especialidades en función das necesidades e demandas nos Centros de Saúde de Cambre e do Temple, como a dotaciòn dun equipo de presoterapia.
· Desenvolvemento dun programa en materia de Educación e Atención afectivo-sexual.


UN CAMBRE QUE APOSTE POLO FUTURO.
(Infancia e Xuventude)

Para Esquerda Unida-IU de Cambre son unha preocupación permanente as inquedanzas que ten este colectivo. O noso Concello conta cunha importante poboación menor de 30 anos, o que xustificaría de por sí a aplicación de políticas municipais tendentes a satisfacer as súas necesidades. Por iso, calquera plantexamento dun goberno de progreso debe ter unha especial sensibilidade cara o colectivo dos xóvenes, que padecen dunha maneira especial parte dos problemas que afectan ó noso Concello.

· Dotar ó festival “Rock in Cambre” dun horizonte máis amplo, para sacalo do actual atascamento.
· Dar voz ós mozos e mozas de Cambre para informarnos das súas necesidades e demandas e que sexan eles os protagonistas.
· Desenvolvemento de programas específicos para a participación xuvenil na elaboración dos orzamentos municipais, especialmente naqueles apartados que incidan directamente sobre a súa realidade (dotacións de mocidade, presupostos, actividades...).
· Xerar espazos xuvenís municipais que xestionen os propios moz@s.
· Apostar polo programa de identidade cultural xuvenil no que enmarcar todos os proxectos de dinamización cultural para a poboación nova.
· Poñer a disposición das actividades culturais xuvenís os locais dos centros de ensino fóra das horas escolares.
· Desenvolvemento de servizos municipais de asesoramento e orientación laboral, en contacto e cooperación coas oficinas de emprego.

UN CAMBRE CUN ENSINO DE CALIDADE QUE APOSTE POLOS VALORES.
(Educación)

Dende Esquerda Unida-IU de Cambre cremos na EDUCACIÓN PÚBLICA como un medio necesario e un ben a protexer. É necesario fomentar a formación integral, para nenos, xoves e adultos, facéndoos cidadans libres e igualitarios, facilitando a participación dos pais e nais no proceso educativo, mediante os Consellos escolares e AMPAS.

· Fomentar políticas de previsión das necesidades educativas a medio prazo buscando terreos públicos e demandando á Conselleria de Educación a construcción de novos centros, escolas infantís, co fin de evitar a falta de prazas escolares e tentando conciliar a vida laboral e familiar.
· Facer as xestións coa Consellería de Educación e valorar a posibilidade da construcción dun centro de Formación Profesional que imparta a ensinanza de novas profesións.
· Esixir á Xunta de Galicia a ampliación das prazas de comedor e transporte nos centros educativos de Cambre.
· Proxectar a creación de novas escolas infantís para cubrir a demanda existente.
· Traballar xunto cos equipos docentes desenrrolando programas educativos que vaian encamiñados á futura eliminación de problemas graves como a violencia de xénero ou escolar, fomentando valores de solidariedade, convivencia e respeto polos demais.
· Aposta por unha escola Laica e sin ningun tipo de vencellamento a ningunha crenza relixiosa.
· Fomentar as escolas deportivas públicas.
· Ampliar as actividades extraescolares que oferta o Concello, consensuada coa oferta das propias AMPAS dos centros, e prestando un interese especial ó coñecemento das nosas tradicións.
· Coordinación das actividades deportivas e culturais cos centros escolares de educación primaria e secundaria.
· Axudas ó transporte público para o traslado de Universitarios ata as Facultades.



UN CAMBRE QUE COIDE E TRANSMITA A SUA CULTURA E O SEU PATRIMONIO.
(Cultura e patrimonio)

En Esquerda Unida-IU de Cambre, valoramos A CULTURA como o medio de enriquecemento dos cidadans e da convivencia entre eles, e que todo esforzo que se realice sexa inducido cara a unha sociedade libre e igualitaria. Pensamos que a promoción da cultura debe realizarse dende unha dobre perspectiva: como espectáculo, coa programación de actividades como o teatro, festivais de música tradicional e actual, cine e outros eventos e a cultura como práctica , como experiencia, promovendo escolas das distintas artes potenciando certames literarios para nenos e adultos, recuperando os contos tradicionais dos nosos maiores, pintura e graffitis como unha nova maneira de expresión cultural a cal temos que reconducir dotando de lugares axeitados para estes fins.

Para EU a cultura debe ser un eixo vertebrador das políticas municipais:

Como espazo de socialización e de prestixio do colectivo, educando á cidadanía nun lecer crítico e creativo fronte ao patrón consumista e individualista.

Como elemento de procura e reafirmación das raíces de identidade dos nosos pobos e cidades en momentos de aculturación global.
Como garantía da protección, divulgación e gozar colectivo do noso patrimonio histórico e artístico, tentando poñer en valor o triángulo cultural que estaría formado pola Casa Retoral convertida en Museo de Cambre Historia e Vida, Xacemento Romano e Castro de Cambre.

É por isto que propoñemos:

· Potenciar as asociacións culturais do Concello así como mellorar os locais de ocio existentes.
· Recuperación e potenciación das festas tradicionais, como o magosto e noite de San Xoán, garantindo e colaborando co movemento asociativo na elaboración dos programas.
· Propoñer festivo o Día de San Xoan como festa cultural de gran aceptación popular.
· Negociar co Arcebispado a cesión da casa rectoral de Cambre para convertila nun Museo Municipal e arquivo do pobo de Cambre.
· Adquisición dos terreos da Fundación Tenreiro, na parroquia de Cela, para uso e disfrute dos/as veciños/as (según a Moción presentada e aprobada por EU na presente lexislatura).
· Construción de Centros Socioculturais nas parroquias de Cela e Meixigo.
· Dotar ós centros Socioculturais de pequenas bibliotecas renovables periódicamente.
· Creación dun Centro Cívico en Villa Concepción que contemple a celebración de eventos para a xuventude.
· Apertura das bibliotecas as fins de semana en épocas de exame, para facilitar o estudo.
· Realización de tódolos actos públicos, homenaxes, entrega de premios, e outros actos protocolarios en locais públicos, fomentando a austeridade.
· Recuperar e conservar a memoria e a historia de Cambre fomentando a súa investigacion.
· Habilitar lugares no Concello para desenvolver e regular o arte do GRAFFITI en lugares públicos, e contando coa opinión das asociacións e artistas locais, potenciando esta expresión cultural.
· Elaboración dun Plan de conservación de bens de Interese Cultural como fontes, cruceiros, muíños e outros, que pola súa importancia formen parte das sinais de identidade do noso pobo.
· Creación da “Parede Creativa” enfocada á libre expresión artística das veciñas e veciños con vontade de expor de forma provisional a súa creación artística.


UN CAMBRE QUE APOSTE POLO DEPORTE.
(Deporte)

Para Esquerda Unida-IU de Cambre, o DEPORTE é unha necesidade social no mundo de hoxe, á marxe do seu carácter formativo e socializador, xa que potencia e mellora a saúde dos veciñ@s, polo tanto e unha obriga fomentar a actividade física e deportiva na poboación, facendo ofertas de actividades en todos os tramos de idade.

· Implantar gradualmente unha rede de equipamentos deportivos no conxunto do Concello en función de demandas e necesidades.
· Promoción e mantemento dos deportes tradicionais como a Chave, coma un valor da nosa cultura, e xogos tradicionais que coexionan a interrelación das familias coa participación de maiores, moz@s e nen@s.
· Plan especial do fomento da práctica deportiva feminina no noso Concello.
· Dotar ós complexos deportivos do Concello de mais instalacións co fin de cubrir as necesidades deportivas.
· Plan de mellora e reparación de infraestructuras deportivas.
· Cubrimento das pistas polideportivas do Concello co fin de optimizar o seu uso.
· Mantemento preventivo das instalacións polideportivas.
UN CAMBRE ABERTO E SIN LOCALISMOS.(Inmigración e Solidariedade)

Cambre non está fóra do mundo. Pertencemos a un mundo global no que a maioría da poboación vive ó borde da miseria. Por iso a cooperación ó desenvolvemento convértese nunha obriga para o primeiro mundo ó que pertencemos. Unha obriga ética e de xustiza que implica o apoio ó desenvolvemento dos pobos e ó recoñecemento dos seus dereitos, unha obriga de respecto á súa historia e a súa cultura e un compromiso coa paz. Para iso actuaremos en diferentes ámbitos:
Esquerda Unida-IU de Cambre, defende un modelo de POBO ABERTO e solidario nun mundo globalizado, dende a xustiza e o respecto.

· Asumir o compromiso de xerar políticas que integren ós inmigrantes, aportando as axudas necesarias para facilitar a súa integración no noso Concello.
· Compromiso de Cooperación e Solidariedade con outros pobos con dotación orzamentaria específica do presuposto Municipal.
· Potenciar o Comercio xusto e o consumo responsable.
· Crear sistemas de atención a inmigrantes, para a súa orientación en todos os ámbitos (administrativo, laboral, cultural...).

UN CAMBRE TAMÉN PARA TRABALLAR.
(Emprego)

En Esquerda Unida-IU de Cambre, consideramos que a falta de EMPREGO é un problema social de gran magnitude. Dende o noso programa apostamos por dar prioridade ó desenvolvemento económico como condición básica para a creación de postos de traballo, instaurando un Pacto Municipal para o Emprego, contando coa participación das asociacións empresariales do Concello, os sindicatos, e outros axentes sociais que contribuian a mellorar a situación actual e fomentando un emprego de calidade no Concello.
A pesar das limitadas competencias do Concello en materia de Emprego, o problema do paro será para EU unha das principais prioridades na xestión municipal nos próximos catro anos.

· Plan de Emprego e formación para os desempregados/as sin subsidio.
· Programas de orientación, formación e inserción laboral así como reciclaxe para colectivos especiais en risco de exclusión.
· Acordos de inserción coas asociacións empresariais e sindicais.
· Plans de apoio ós autónomos e pequenas empresas.
· Creación e posta en funcionamento dun viveiro de empresas.
· Dotar dun maior orzamento á Axencia de Desenvolvemento Local.
· Creación de Escolas-Taller e de Casas de Oficios como instrumentos de inserción xuvenil, mellora da cualificación profesional e apoio á consecución de Patrimonio Público.
· Incluír a cláusula social nas licitacións do Concello, priorizando ás pequenas empresas e autónomos locais, nunha firme aposta polo mantemento e a creación de emprego.
· Creación de emprego local apoiando o autoemprego, fomentando as actividades laborais no marco da economía social .
· Desenvolvemento de políticas locais, para crear novos xacementos de emprego, para persoas discapacitadas.
· Fomentar o pequeño comercio local como forma de manter a coesion social, frente ás grandes superficies comerciais.
· Mellorar a información ás PEMES sobre as súas obrigas e posibilidades de axudas fiscais.
· Axilización dos trámites para a concesión de licenzas de apertura,permisos de obra ou calquer outra autorización administrativa.

UN CAMBRE QUE DEFENDA AS PERSOAS SEN DISTINCIÓN E EN IGUALDADE.(Igualdade de xénero e Integración social)

Desde Esquerda Unida debemos garantir que ningún colectivo quede excluído da sociedade nin fora do acceso ó mundo laboral, achegando as medidas necesarias para garantir que todos os colectivos teñan as mesmas oportunidades sociais, así como de acceso e condicións profesionais.
Avanzar polo camiño da igualdade esixe unha perspectiva integral dende unha política de progreso, implicando a todas as Concellerías co fin de abordar as dimensións da desigualdade. Debe ser un obxectivo presente nas políticas municipais facilitando a integración as persoas con risco de exclusión social.

· Desenvolvemento de programas destinados á atención de mulleres en situación de marxinación e exclusión social.
· Inclusión de cláusulas sociais nos pregos de condicións dos contratos que realicen o Concello coas empresas, dando prioridade ás que xeren máis emprego e de mellor calidade, e inserción de mulleres, e outros sectores en risco de exclusión laboral/ social e para que eviten, na medida do posible, a subcontratación dos servizos.
· Creación dun teléfono municipal específico dirixido a atención de mulleres que se atopen en situacións problemáticas no fogar así como de marxinación e exclusión social, prestando asesoramento e información.
· Elaboración de plans integrais de actuación nos distintos sectores de intervención como inmigrantes, mulleres maltratadas, desenvolvendo políticas de integración.
UN CAMBRE QUE APOSTE POLA MOVILIDADE. UN CAMBRE TRANSITABLE E SEGURO.(Movilidade, transporte e infraestructuras)

Desde EU queremos solucións que sirvan para optimizar adecuadamente os recursos destinados a atender a demanda de movilidade dentro do noso Concello, incluíndo a comunicación mais axeitada no conxunto do mesmo, superando con actuacións concretas os problemas que padece a estructura do Concello, apostando dunha maneira seria e responsable polo transporte público e de calidade.

· Supresión de barreiras arquitectónicas e plans de accesibilidade.
· Regulación de lugares de estacionamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida.
· Mellorar as frecuencias nas liñas de autobús en todas as parroquias.
· Potenciar, e na medida do posible, subvencionar o transporte público nocturno entre a xente xoven de Cambre para velar pola seguridade dos veciños en xeral e dos mozos e mozas en particular.
· Seguimos apostando polo tren de cercanías (mellorando as frecuencias e horarios, habilitando novos apeadeiros etc) como un transporte de calidade non contaminante, rápido e eficiente, combinando ás súas frecuencias e paradas co bus interparroquial.
· Estudo, creación e posta en marcha de plans de seguridade vial e de mellora de infraestructuras viarias municipais contando coa participación de todos, prestando especial atención á construcción de beirarrúas axeitadas.


UN CAMBRE QUE SEXA TRANSITABLE E SEGURO.
(Seguridade Cidadá)

Para Esquerda Unida a seguridade pública é un dereito indiscutible que ten cada cidadán.
Por iso, traballaremos xunto coas forzas de orde público para que Cambre sexa cada día un lugar mais seguro onde vivir.Un concello preparado para prever e atender posibles emerxencias que poidan supoñer un perigo real para os nosos veciños, e que teña deseñados e consensuados plans e protocolos de actuación específicos para as distintas situacións de risco que se puideran dar en Cambre.

· Elaboración dun estudo co obxectivo de detectar as deficiencias en materia de seguridade cidadá coma son as bocas contraincendio, accesos en situación de emerxencia, perigo de inundacións ou calquer outro tipo de eventual circunstancia.
· Facilitar a labor do grupo de Protección Civil.
· Impulsar a coordinación coas forzas de orde público (Policía Local, Garda Civil) co obxectivo de resolver os distintos problemas de seguridade que existan ou se produzan puntualmente no noso Concello.
· Potenciaremos a Xunta de Emerxencia Local de seguridade cidadá para velar por que se cumplan os protocolos establecidos ante os incidentes ou catástrofes de todo tipo, que se poidan producir no noso Concello.
· Garantir a seguridade veciñal a través da presenza policial necesaria nas rúas e no conxunto do Concello.


Maio de 2011












viernes, 29 de abril de 2011

1º DE MAIO

MANIFESTACIÓN AS 12 DA MAÑÁN, SAIDA DA PRAZA DA PALLOZA


ESQUERDA UNIDA mantén fronte á crise unha posición coherente e
combativa. Fomos os primeiros en reclamar unha Folga Xeral fronte ás
medidas do Goberno e seguimos defendendo un amplo paquete de
medidas para abrir unha saída de esquerdas á crise, centrado na
creación de emprego e no impulso dunha economía produtiva, non
especulativa, participada pola cidadanía.

Expomos con firmeza a nosa posición no Parlamento, a través de
propostas lexislativas, e na rúa mediante a convocatoria de actos e
mobilizacións. Pronunciámonos de forma firme e decidida fronte á
reforma das pensións, independentemente do acordo ao que puidesen
chegar os sindicatos, da mesma forma que nos comprometemos cos
sindicatos no éxito da Iniciativa Lexislativa Popular para derrotar a
reforma laboral imposta polo Goberno.

ESQUERDA UNIDA mantense firme coa xente de esquerda, cos
traballadores e traballadoras.

Vinte e dous días despois deste Primeiro de Maio van ter lugar eleccións
municipais e autonómicas. Participar nas mobilizacións convocadas o día
da Festa Internacional da Clase Traballadora é hoxe máis necesario que
nunca, votar nas próximas eleccións para lograr Concellos realmente de
esquerdas que sexan auténticos baluartes fronte á dereita e ás políticas
de dereitas é a mellor garantía para lograr unha saída de esquerdas da
crise.

POLO EMPREGO

POLOS DEREITOS SOCIAIS E SINDICAIS EN DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS

VIVA O 1º DE MAIO!

POR UNHA SAÍDA DE ESQUERDAS Á CRISE.

miércoles, 27 de abril de 2011


INICIATIVAS DO GRUPO UNICIPAL DE "EU" AO PLENO MUNICIPAL DO DIA 28 DE ABRIL DE 2011



ROGOS:

1.- Un dos efectos mais evidentes do problema do Graxal é o do tráfico, e mais concretamente o das prazas de aparcamento, dado que a demanda das mesmas e amplamente superior a actual oferta, así a maioría das edificacións, concebironse para aproveitar o máximo o espacio dispoñible, é non se previron espacios de aparcamento ó aire libre e apenas prazas de garaxe nas propias construccións.

O resultado son rúas sobresaturadas de vehículos, con unha grave carencia de lugares para estacionamento dos residentes e para as persoas que diariamente acuden a facer as súas compras os establecementos da zona. Este non é un problema aillado no Graxal, e un problema de moito tempo que estará presente en calqueira actuación que se faga, considerando o noso Grupo que é unha obriga do Goberno local buscar solucións intermedias que perxudiquen o menos posible o conxunto dos veciñ@s.

-Por esto, o noso Grupo PREGA o Goberno que antes de executar ningún proxecto na rúa Pígara e Padre Feijóo, manteña as xuntanzas precisas con veciñ@s e empresarios da zona, escoitando as súas demandas, co fin de dar solucción o problema.


2.- A falta de menos de catro meses para as festas de Santa Maria en Cambre. PREGAMOS se nos informe si existe a programación de ditas festas así como o cartel do Rock in Cambre.

3.- En algúns lugares do concello existen problemas coa entrega no servizo de correos. Ante as protestas dos veciñ@s afectados, ós responsables da empresa manifestan que as rúas non están debidamente sinalizadas co seu nome. Sirva como exemplo a travesía da Cautelana.

-Por esto PREGAMOS se proceda a realizar unha sinalización correcta do mencionado lugar.

PREGUNTAS:

1.- A protección do medio ambiente debe constituír unha das preocupacións especiais da Administración Local, competencia que debe asumir de xeito mais amplio posible.

A agresión que está sufrindo o entorno natural en algunhas zonas do concello obríganos a
tod@s a facer o máximo esforzo para reducir, e se é posible, recuperar o deterioro medio ambiental. O concello debe asumir un papel de control derivado de situacións como a producida recentemente nas inmediacións da fraga de Cecebre.
EU-IU, considera que actuacións tan negativas como a tala dos árbores, unido o progresivo deterioro do conxunto da fraga, evidencian unha vez mais a falta de políticas de control na preservación do noso patrimonio natural.
Ante esta situación o noso Grupo PREGUNTA:

-¿Que medidas ten tomado o Goberno respecto do problema, e si existe algún expediente aberto por parte da Consellería de Medio Rural ou do propio concello?

2.- ¿Poden informarnos do motivo ou motivos polo cal non se teñen adquiridos por parte do concello os terreos na parroquia de Cela, destinados a construcción de instalacións socioculturais e de recreo, demandadas polo noso Grupo en varias ocasións o longo da lexislatura?

3.- ¿Qué xestións ten realizado o Goberno ante a Deputación Provincial para acometer a poda selectiva dos árbores da estrada da Estación, e que motivos impediron levar a cabo tal actuación?

Asdo. Grupo Político Municipal

jueves, 14 de abril de 2011

TALA INDISCRIMINADA DE ÁRBORES EN “CECEBRE”


O Consello Local de EU rexeita a lapidación de decenas de árbores localizados nas inmediacións da fraga de Cecebre, este feito producese de un xeito indiscriminado destruindo parte da vexetación natural existente, deixando un impacto cheo de desolación producindo un paisaxe lamentable.


Para EU de Cambre, éste asunto merece unha atención especial, calqueira persoa con unha mínima sensibilidade e respeto co medioambiente, non pode quedar impasible ante a forma con que se está levando a cabo esta actuación.


A nosa formación política, quere manifestar den un xeito rotundo o noso malestar e rexeitamento polo deterioro dos valores naturais que debemos protexer; e non entendemos que, quenes teñen a obrigación de conservar e defender a natureza, permitan a destrucción do noso paisaxe natural.


Dende EU, facemos un chamamento o respeto, a educación é a profesionalidade na defensa dos bens naturais e denunciamos as actuacións que se veñen levando a cabo na mencionada zona; solicitamos o máximo respeto e sensibilidade a vexetación da fraga de Cecebre, que forma parte do noso patrimonio insustituible.


Os árbores deben ser protexidos para o disfrute da colectividade. A tal obxeto EU, demandará do Goberno Municipal de Cambre, que aborde este problema de forma inmediata, esixindo unha intervención radical, é se faga un requerimento as distintas administracións públicas que teñan competencia na materia para evitar a destrucción de tan preciado valor ecolóxico.


EU considera que actuacións tan negativas como a tala dos árbores, unido o progresivo deterioro da fraga, evidencia unha vez mais a desfachatez e prepotencia na realización dunha política nefasta na preservación de un dos nosos patrimonios mais preciados.


Consello Local de EU de Cambre