lunes, 10 de marzo de 2014







ESQUERDA UNIDA CELEBRA HOXE O 10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA, CUN CHAMAMENTO Á DEFENSA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA EN GALICIA

Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE e coordinadora nacional de EU participa na movilización polo 10 de marzo en Ferrol acompañada de membros da executiva nacional lembrando que asistimos a “unha demolición de dereitos laborais sen parangón nos últimos 30 anos”

EU lembra que cada vez son máis os convenios colectivos que non son renovados co risco da ultraactividade e a perda de dereitos contidos neles. Este feito por en relevancia as loitas do 72, loitas que tiveron como eixo mobilizador a negociación colectiva e os dereitos laborais.

En Galicia e no conxunto do estado non é posible para EU acordos marcos de negociación colectiva ao atoparnos cunha patronal disposta a todo para abaratar dereitos e salarios e polo tanto apostamos por un sindicalismo de mobilización sostida que remate nunha folga xeral coa participación activa da cidadanía expulsada do mercado laboral.

EU considera ilustrativas as receitas que reiteradamente ven mandando o FMI sobre a necesidade de “radicalizar a reforma laboral”, feito que coincide coa estratexia da patronal de dinamitar a negociación colectiva e o papel garantista do sindicalismo de clase, estratexia que últimamente ven a estar alentada dende medios de comunicación para laminar o derradeiro baluarte contra a desregulación total do mercado laboral.

Yolanda Díaz lembra que, tal e como figura no cartel conmemorativo de EU para este 10 de marzo, vindicar a memoria dos homes e mulleres que con audacia foron quen de poñer en pé ao pobo de Ferrol contra a ditadura e as leis laborais franquistas e vindicar hoxe a non renuncia aos nosos dereitos conseguidos tamén con sangue como a verquida por Amador e Daniel na rúa naqueles tempos.

Esquerda Unida, que participará activamente nas MARCHAS POLA DIGNIDADE, que partirán de 9 puntos do estado con destino Madrid, aproveita este 10 de marzo para pedir a participación activa dos galegos e galegas nesta marcha, que no noso país concretarase nun tren con saída dende Galicia o 22 de marzo



Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida

jueves, 6 de marzo de 2014

MANIFESTO 8 MARZO 2014: CONTRA O ATAQUE
AOS NOSOS DEREITOS INSUBMISIÓN FEMINISTA

Asistimos a un dos momentos históricos de maior ataque aos dereitos das mulleres. A dereita ataca as bases da democracia, como a aspiración á que temos dereito todas as persoas a da liberdade, a autonomía persoal, o acceso aos recursos e a igualdade entre todos os seres humanos.

Esta grave regresión maniféstase de modo categórico respecto aos dereitos humanos das mulleres, froito das posicións máis retrógradas do sistema patriarcal, que, coa escusa da crise económica, viu as posibilidades abertas para destruír o acadado.

A retrógrada formulación sobre o dereito ao aborto e aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres que representa o anteproxecto da lei que defende o Goberno do Partido Popular, deixa ao descuberto a especial saña do emprego da política contra os dereitos das mulleres. O intento de forzar a maternidade ou que se aborte clandestina e perigosamente, é a expresión máis cruenta da consideración patriarcal, androcéntrica e misóxina do goberno e do seu Ministro de Xustiza.

A lista das normas segregadoras e sexistas, tanto a nivel estatal como autonómico, é abrasadora: a reforma laboral, a recente lei de educación, a lei de familia do goberno galego. Os recortes en sanidade e na asistencia a dependencia, a provisionalidade nos empregos, a privatización do público; son medidas que producen un impacto de xénero que se traduce no incremento da feminización da pobreza e a intensificación dos valores represores da autonomía das mulleres.
A materia de relixión na escola pública e a exclusión da educación sexual e reprodutiva dela, no é só consecuencia da inxerencia da xerarquía eclesiástica herdada do franquismo nas decisións gubernamentais, senón que pretende instaurar un modelo xa caduco, de mulleres obedientes e submisas.

Dende Esquerda Unida chamamos á insurrección e insubmisión feminista contra todo intento de volta ao pasado, contra todas aquelas decisións que pretendan manternos ás mulleres como seres subordinados, contra calquera tentativa de represión da nosa sexualidade e contra o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas.


martes, 4 de marzo de 2014






Esquerda Unida
Secretaría de Organización
R/. Dublín, 8 baixo 15707 Compostela
Tfno./Fax: 981 589 099 – 681 015 134
organizacion@esquerdaunida.org
www.esquerdaunida.org
R. Dublín, 8 baixo 15707 Compostela / Tfno.-Fax: 981589 099 – 681 015 134/organizacion@esquerdaunida.org
www.esquerdaunida.org

CIRCULAR ORGANIZACIÓN 061/04032014
Compostela, 04/03/2014

MÁXIMA PRIORIDADE: PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN
DE ESQUERDA UNIDA NA MARCHA POLA DIGNIDADE A
MADRID

Estimado compañeiro/a:
Como sabedes EU apoia a MARCHA GALEGA A MADRID do 22 de marzo dentro das MARCHAS
POLA DIGNIDADE que sairán de varios puntos do estado.

Para ir a Madrid existe un tren que por 45 euros ida e volta foi contratado gracias ao esforzo e
mediación do SINDICATO FERROVIARIO. O custe de este tren é fixo polo que temos que garantir a
máxima presencia dos homes e mulleres de EU neste 22 de marzo, É UN COMPROMISO que todos
e todas temos que contraer coa nosa organización e os compañeiros e compañeiras que están
dando a batalla para o bo fin desta marcha.

Dende a secretaría de organización pedímosvos que chamedes ou comuniquedes esta implicación
a tódolos militantes de EU e que participen na viaxe do tren e na marcha en Madrid.
Para que teñades información adxuntamos circular Nº1 de organización con acordos acadados
onte en Compostela para levar a bó porto o tema da marcha a Madrid en tren.

O tempo se nos vota enriba e, nin que dicir ten, que iste ten que ser un tema prioritario para
todos e todas pola responsabilidade adquirida. PARA APUNTARSE TEDES TODA A INFORMACIÓN
NA CIRCULAR ADXUNTA

PEDÍMOSVOS MÁXIMA IMPLICACIÓN NO TREN, os que teñades problemas para afrontar os 45
euros da viaxe falade directamente con organización xa que estamos batallando unha
subvencion interna dende EU nacional para que ninguén se quede sen poder asistir.

Apertas
Rubén Pérez
Secretario de Organización


http://marchasdadignidade.blogspot.com/
MARCHAS DA DIGNIDADE Circular de organización Nº1/ 03/03/14

Na primeira reunión técnica hoxe, en Compostela, acadamos os seguintes acordos:
Asumimos a contratación dos dous trens cos itinerarios e horarios que se adxuntaron
na Proposta de Loxistica para a viaxe en tren S-730 a todas as organizacións con
anterioridade a esta reunión. 520 plazas distribuidas en dous trens de 260 plazas (un
con saída de A Coruña e outro con saída de Pontevedra) con un prezo acordado por
plaza de 45€. Isto supón un desembolso de 23.400€ que temos que abonar a Renfe
como data límite o día 14 de marzo. 11.700€ por cada tren que temos que recadar nas
respectivas comarcas nun prazo máximo de 10 días.

Entendendo esto como unha situación de urxencia, e máis co sondeo feito a día de
hoxe, donde constatamos que na Coruña temos anotadas a 133 persoas, e na zona de
Pontevedra 120, acordamos como PRIORIDADE ABSOLUTA a consecución das 267
plazas que quedan por vender para completar a totalidade das plazas contratadas, a
sabendas de que si non se venden, de algunha forma teremos que abonalas.
Para organizar o traballo, acordamos a seguinte distribución de tarefas.

Nun plazo de 48 horas os responsables de cada tren terán que saber o número de
plazas vendidas no seu ámbito, e o diñeiro recaudado que terá que ser ingresado nos
respectivos números de conta que se facilitaran a continuación. Estos responsables
teran que xestionar deica a o día 12 e traballar para garantizar a cobertura das plazas
que faltan hasta completar os trens. Caso de ter excedente nun deles, coordinará cos
responsables do outro, para ver a mellor forma de garantizar a plaza a todo o mundo.

Os responsables de cada tren confeccionarán un listado co nombre, cidade, e teléfono
de cada viaxeiro que abone o billete de tal xeito que se poidan intercambiar datos para
ver a mellor ubicación nun o noutro tren. (Cabe a posibilidade de que en Compostela se
apunte xente que pode coller o tren en Ourense ou en Vigo por exemplo, ou ao revés,
ou outros casos que poidadan darse. Temos que ver de contar e prever todo eso.)
Non se pode agardar a que nos chamen. Os responsables teñen que chamar a
xente de cada vila e de cada organización do ámbito demandando datos e
resultados. O tempo apremia.

NO TREN DO NORTE CENTRALIZARANSE AS RESERVAS DE A CORUÑA-FERROL E
COMPOSTELA . Nomeánse responsables de coordinación para este tren a :
Santiago (Frente Cívico A Coruña) Tfno. 654.629.190 frentecivicocoruna@gmail.com
Angel Valladares (CGT ) 696 903.890 sp.xeral@gmail.com

NO TREN DO SUR CENTRALIZARANSE AS RESERVAS DE A PONTEVEDRA-VIGOOURENSE/

LUGO. Nomeánse responsables de coordinación para este tren a :
Manolo Camaño (CUT) Tfno. 630.684.141 cut.cangas@gmail.com
JCCostoya (SF-Intersindical ) Tfno. 661.402.977 sf,pontevedra@sindicatoferroviario.com
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

En cada vila terá tamén que haber un responsable. A falta de máis datos que iremos
obtendo en breve, a día de hoxe, nomearonse as seguintes persoas:

A Coruña Santiago (Frente Cívico) Teléf. 654.629.190 frentecivicocoruna@gmail.com

Lugo Brais das XX.CC. - Teléf. 633.081.581

Compostela Rafa do MpB - Teléf. 669.277.160 rafa.dopico@gmail.com

Ourense Bernardo activista - Teléf. 687.958.161 988270876@telefonica.net

Pontevedra Fran da CUT- Teléf. 606.595.310 orevoltoso@gmail.com

Vilagarcía Ramón EU/IU Teléf. 680.560.310

Morrazo Maruchi da CUT Teléf 986 392.003 cut.cangas@gmail.com

Vigo Costoya do SF-IN. Teléf 661.402.977 sf.pontevedra@sindicatoferroviario.com
O día 5, ou 6, teríamos que ter concretadas xa o número total de plazas vendidas e
cobradas para cada tren, e si fora posible ingresadas as cantidades nas respectivas
contas. A comunicación nestes días ten que ser moi fluida.

Os ingresos teñen que corresponder a múltiplos de 45 e, para un mellor control, convén
facelos aportando datos no talón de transferencia. Por exemplo: para un ingreso de
135€ dende Ourense, anotar en observacions/concepto: “tres billetes Ourense”.
A OPERATIVA DE VENTA SERÁ A SEGUINTE:

 Co cobro de cada billete entregarase o recibo correspondente dos 45€ anotando no
mesmo o nombre e teléfono do viaxeiro e firma de quén efectúa o cobro.
 Cada recibo leva unha matriz donde tamen se anotará o nombre e o teléfono do
viaxeiro a quen se lle vendeu (si se quere tamén se pode poñer un número de serie
nas dúas partes que poida servir de control)
 Cos datos das matrices confeccionarese un listado en cada lugar de venta que será
o que se traslade aos coordinadores de cada tren.
 Por eses listados entregaránse, dous ou tres días antes da saida do tren, os billetes
aos puntos de venta para que se canxeen a cada viaxeiro polo recibo previamente
entregado.

AGORA TOCA , VENDER, VENDER, E VENDER. O día 12 temos que ter todo
rematado, e quedarannos 10 días para ver de que maneira podemos recaudar fondos
para devolverlle unha pequena parte dos cartos a cada un dos viaxeiros.
VENTA DOS BONOS DE 2, 5 e 10 € que acordamos hoxe, e outras iniciativas que
podamos acordar.

Todo isto salvo mellor opinión xa que todo é mellorable e sobre todo simplificable.
NA CONTA DE A CORUÑA Nº ES58 2080 5166 0030 0002 9394
Ingresará A Coruña, Ferrol, Compostela e todas as vilas de influencia

NA CONTA DE VIGO Nº ES29 2085 8160 3603 3025 4036
Ingresará Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, e todas as vilas de influencia
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
O día 11 de marzo ás 17 horas na sede da CUT de Compostela acordamos ter unha
nova xuntanza organizativa para valorar a situación.

En cada comarca haberá a liberdade para levar a cabo as iniciativas de recadación
económica, a mayores, como venda de bonos, das camisetas, concertos,…, que fagan
posible afrontar o reto económico da contratación do tren, e mesmo abaratar se é
posible o custe do billete do tren.

Saúdos fraternais.
Ado. JCCostoya



sábado, 1 de marzo de 2014

VOTE ESTA NOTICIA
    

Esquerda Unida recoge hoy firmas contra el servicio automático de petición de citas en centros de salud

01.03.2014 | 00:33
Esquerda Unida de Cambre instala hoy a las 12.00 horas en el paseo marítimo de O Temple una mesa para recoger firmas contra el servicio automático de petición de citas en centros del Sergas.