viernes, 12 de febrero de 2016


9YRE7DL5

Esquerda Unida solidarízase coas víctimas da agresión homófoba en Compostela

Esta semana, Compostela volveu ser tristemente testemuña dunha das lacras da nosa sociedade: a homofobia. Un home foi agredido nun supermercado do Barrio de Galeras e, posteriormente, vexado e insultado polos seus agresores con insultos serofóbicos e LGTBIfóbicos.
“Unha vez máis temos que elevar a voz de alarma: as persoas LGTBI non están protexidas”, explica Noel Dopazo, coordinador da Área de Diversidade Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU). Segundo Dopazo “queda moito por facer, mais as políticas LGTBI non están sobre a mesa. As institucións teñen que poñerse mans á obra e, ademais de xestos simbólicos, o colectivo LGTBI necesita políticas para garantir a súa seguridade e poder ter unha vida digna”, explica.
“Dentro destas políticas destacamos, por exemplo, a creación dun plan integral de actuación para os casos de LGTBIfobia, así como formación específica para os corpos de seguridade ou promover a denuncia destas agresións, entre outras”, propón Noel Dopazo.
Dende Esquerda Unida queremos mostrar todo o noso apoio á parella e pedimos tanto ao Concello de Compostela como á Xunta que comecen a tomarse máis en serio o problema das agresións LGTBIfóbicas, para que isto non volva ocorrer nunca máis e para que non teñamos que lamentar máis agresións.


CTeTEI6WEAA-OaG

Esquerda Unida repulsa o asasinato machista ocurrido en Becerreá

Esquerda Unida, unha vez máis, manifesta a súa condena máis rotunda á violencia machista, que cobrouse onte unha nova vítima en Becerreá. Neste senso, a deputada de AGE, Eva Solla, traslada a súa solidariedade coa familia e cos menores testemuñas do asasinato e reclama que “dende os poderes públicos se loite de maneira real e prioritaria contra este problema”.
Tanto a Administración central como a autonómica son responsables de educar en igualdade e levar a cabo programas transversais neste senso, así como dar solucións reais para que as mulleres teñan ferramentas para abandonar as situacións de maltrato”, explica a deputada. “A pesar de que a violencia de xénero é rexeitada desde todos os ámbitos, é aínda unha secuela endémica que nos segue golpeando”, sinala Vanessa Angustia, coordinadora de EU Pontevedra e senadora de En Marea.
“Desde que comezou a crise, a violencia de xénero foi en aumento. Temos exemplos de violencia institucional soterrada que se exerce contra as mulleres a través dos recortes orzamentarios ou a diminución das poucas políticas de prevención, entre outros factores que seguen a fortalecer a desigualdade”, remata a senadora.

martes, 9 de febrero de 2016




A ASAMBLEA INSTA A UNIÓN X CAMBRE A PROPOÑER  E DIALOGAR CO RESTO DOS GRUPOS.

Na ACdC, solicitamos ao goberno que coa finalidade de conseguir un goberno estable en Cambre, inicie diálogo de propostas co resto dos grupos da corporación.
Dende a ruptura do pacto de goberno entre UxC e PSOE, na Asamblea se informou sempre ao goberno da nosa posición de diálogo. Posición, que seguimos mantendo polo ben do conxunto de veciñas e veciños de Cambre.

Entendemos, que debe ser o alcalde ou a persoa designada polo goberno para esta cuestión a que nos faga unha proposta, pois coñecen mellor a situación actual e as carencias que existen. Si isto chega a suceder, iniciaríamos as conversas para ver ata onde estamos dispostas a chegar.

A única proposta que se fixo por parte do actual goberno de cara á participación do resto dos grupos, foi a da Xunta de Goberno Local, un órgano que non ten capacidade de decisión, polo que dende ACdC nos pareceu algo insuficiente e motivado por unha falsa escusa de transparencia que actualmente xa existe posto que os grupos reciben as actas das Xuntas de Goberno Local. Por iso, instamos ao goberno a unha nova negociación cos grupos políticos representados no concello, posto que con 5 concelleiros e un 20% dos votos, UxC non te lexitimidade para gobernar en solitario, contratando a asesores que cubran a labor de concelleiros que non acadaron nas urnas, pois esa situación estaría máis preto de converter Cambre nun goberno de tecnócratas  que nun goberno democrático.
Levamos semanas asistindo a difamacións sobre a nosa postura de cara a un diálogo, por iso, queremos insistir en que por medio dos nosos concelleiros se informou a UxC, en persoa, por teléfono e mediante notas de prensa a nosa posición a dialogar de cara a establecer un pacto de goberno si se cumpren unha serie de garantías, tanto éticas como programáticas.

O que non pode ser, e que  a cidadanía de Cambre, sufra as consecuencias de ter un concello con áreas como servizos sociais ou facenda carentes de dirección política, mentres estamos á espera do que diga a executiva do PSOE en Madrid.

Ademais, dende a ACdC poñemos en cuestión a lexitimación que pode ter unha reedición do pacto entre PSOE e UxC, xa que non debemos esquecer que aínda que o Sr.Bao abandone a acta, dúas concelleiras do PSOE, mostraron o seu apoio expreso a este concelleiro no pleno do 23 de novembro, abandonando o salón de plenos con él.


Por todo o anterior solicitamos ao goberno de Cambre que inicie un diálogo de propostas ao resto dos grupos coa finalidade de consolidar un goberno estable que permita facer unha política responsable coas veciñas e veciños de Cambre.

lunes, 8 de febrero de 2016

Esquerda Unida chama a mobilizarse na defensa do dereito de folga.

A organización comarcal da Coruña de EU apoia a mobilización en defensa do dereito de folga e en solidaridade cos folguistas procesados convocada por CCOO e UGT diante da Delegación do Goberno na Coruña
08-02-2016 A Coruña

Dende o Consello Político Comarcal da Coruña de Esquerda Unida queremos achegar o noso apoio ás organizacións comarcais de CCOO e UGT polos actos reivindicativos en defensa do dereito de folga que van celebrase hoxe 8 de febreiro.

Nos sumamos ao chamamento á participción da cidadanía da comarca na concentración convocada para hoxe luns 8 de febreiro ás 12:00 horas diante da Delegación do Goberno, ao tempo que no Congreso dos Deputados a deputada de En Marea e coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, rexistrará unha batería de iniciativas para descriminalizar o dereito a folga no Código Penal, con outras deputadas do grupo parlamentar Podemos-En Comú Podemo-En Marea.
Coincidimos na denuncia da criminalización da actuación de trescentos sindicalistas en defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras durante as pasadas folgas xerais, como ocurre nos casos dos compañeiros Carlos e Seráfin en Vigo, os cinco traballadores de Arcelor, en Asturias, ou os oito traballadores de Airbus, en Madrid, para os que a Fiscalía pide en total 66 anos de cárcere.
Por estes motivos, os nosos representantes no Congreso dos Deputados, tanto de En Marea como de Unidade Popular-IU, xa están a traballar na derogación das restricións ao exercicio de dereitos democráticos e liberdades civís previstas no artigo 315.3 do código penal, que criminaliza á participación de folguistas, e da lei de seguridade cidadá que introduce máis recortes nos dereitos fundamentais. Concretamente, Yolanda Díaz xa ten previsto formalizar a presentación de iniciativas parlamentarias contra estas restriccións legais, co obxectivo de que perdan a súa vixencia criminalizadora da clase obreira mobilizada.

Dende a organización comarcal de EU nos comprometemos a colaborar en todas as iniciativas que se promovan neste senso, ata conseguir o arquivo das causas penais contra os compañeiros folguistas procesados e os cambios lexislativos que nos criminalizan por exercer dereitos constitucionais.

viernes, 5 de febrero de 2016

Eu Cambre

Deputados de En Marea reuníronse cos/as mariscadores/as da Ría do Burgo para falar sobre as estratexias rexeneradoras para a zona e medidas compensatorias pola inactividade que causará o dragado da ría.

miércoles, 3 de febrero de 2016


 
   
 
 

 

AGE asegura que “a lei de acuicultura do PP é unha bomba atómica para Galicia”

·        O deputado Juan Manuel Fajardo denunciou as gravísimas consecuencias que tería para o noso país aprobar o texto lexislativo presentado pola Xunta de Galicia e que busca acabar co modelo tradicional de explotación para entregar todos os nosos recursos a multinacionais en moitos casos estranxeiras
·        O grupo parlamentar asegura que non chega coa paralización como anunciou o presidente do Goberno galego e esixe a retirada inmediata do anteproxecto como reclama o sector

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016.-  “O anteproxecto de Lei de acuicultura presentado pola Xunta de Galicia é unha bomba atómica para o noso país que só se explica polo descoñecemento absoluto de Galicia ou pensando en abrir novos espazos de portas xiratorias para o Partido Popular”. Así de contundente foi o deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Manuel Fajardo, na súa denuncia contra o anteproxecto de lei de  acuicultura que o Goberno galego ante a multitude de criticas e rexeitamentos xurdidos no sector anunciou que ía paralizar “ata que o sector entendese que está pensada para o seu beneficio”.

O deputado de AGE desmentiu un por un os supostos beneficios da norma repetidos polo goberno galego destacando as graves consecuencias que tería en Galicia entre elas a desaparición da explotación tradicional xa que da entrada as grandes multinacionais que competirían coas confrarías e mariscadoras pola explotación dos nosos recursos, estas últimas en clara desvantaxe tanto en recursos económicos como técnicos. O modelo de concesión administrativa elixido que pode chegar a ser por poxa suporía desprazar as nosas mariscadoras ao non poder competir coas grandes empresas, moitas delas estranxeiras.

Hai que engadir o forte impacto que tería no ecosistema galego ao permitir a entrada de especies esóxenas e carnívoras, especies que de se aprobar o Tratado de Libre Comercio que se está a tramitar en Europa, poderían ser transxénicas. Este tipo de instalacións, como explicou Fajardo, produce un importante volume de residuos procedentes non so dos insumos senón tamén dos antibióticos que se lle teñen que subministrar aos peixes criados nestas condicións. Deste xeito non só se desprazaría as especies autóctonas senón que se impediría que crecese nada nas nosas rías acabando co modelo de explotación actual.

O portavoz de pesca do grupo parlamentar do PP, José Manuel Balseiro, centrou o seu discurso no ataque e acusación aos grupos da oposición e máis concretamente ao grupo de AGE, afirmando que “o único que están a facer é desinformar”, unha acusación que queda desmentida pola mesma realidade xa que a propia Xunta co anuncio de paralización está a asumir que a Lei non é tan positiva como queren facer ver. “Son vostedes un barco á deriva”, “son un perigo para o país”, “un grupo sen éxito” foron algún dos ataques do voceiro do PP á o grupo de AGE durante a súa intervención na que pola contra non ofreceu nin un so argumento en defensa do anteproxecto  de lei. “ A súa intervención deixa en evidencia a incapacidade do PP de defender nin unha das cuestións que aparecen no texto porque sinxelamente, son indefendibles” replicou Juan Manuel Fajardo.

O deputado do PP por outra banda afirmou ata en catro ocasións que “o Goberno galego non aprobará unha lei de acuicultura sen ter o respaldo do sector” acusando á oposición dunha “hipocrisía política sen precedentes”. O deputado de AGE recomendou ao PP que “non tomen por parvo ao sector” e animou ao PP a votar a favor da iniciativa de AGE na que se pedía a retirada do anteproxecto se como en realidade din consideran o mesmo paralización que retirada como defendeu José Manuel Balseiro na comisión. “En realidade a súa estratexia pasa por facer tempo para gañar, todos sabemos cómo, a unha parte do sector do mar e poder dicir que contan co consenso necesario para sacar adiante esta norma” denunciou Fajardo. Así mesmo, salientou a publicación o pasado venres no Diario Oficial de Galicia dunha partida económica de 900.000 euros para publicidade e propaganda do sector do mar galego, algo que semella cando menos sorprendente tras o anuncio de paralización da norma o mércores de Núñez Feijóo na sesión de control e a repentina intención da Xunta de convencer ao sector de que o que se lles propón é polo seu ben.

O voceiro de pesca do PP insistiu en que “o anuncio de paralización do presidente supón que se puxo fin a este proceso administrativo” e asegurou que “é un feito obxectivo que isto non sigue adiante”. Pese a isto, o grupo parlamentar votou en contra da iniciativa de AGE na que se pedía a retirada de forma inmediata deste anteproxecto e elaborar un proceso de diálogo con todos os sectores do mar de Galicia para establecer as bases nas que se debe fundamentar un novo anteproxecto de lei de acuicultura para o noso país. Ante a actitude dos populares, o deputado de AGE reiterou a súa acusación ao PP por “dicir unha cousa e votar outra” coa única intención de gañar tempo.

Por todo isto, AGE mantén que o Partido Popular non ten a máis mínima intención de anular a lei de acuicultura que suporá entregar, unha vez máis, o noso país as grandes multinacionais, acabando por completo co xeito  tradicional de explotación das nosas rías e o noso mar, ao tempo que suporá un brutal ataque medio ambiental, paisaxístico e económico para o noso país.

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
Gabinete de comunicación do grupo parlamentario
Tania Porta e Daniel Salgado
606 675 524 / 619007734
tania.porta@parlamentodegalicia.es
daniel.salgado.garcia@parlamentodegalicia.es
twitter.com/alternativagz
http://www.youtube.com/user/HaiAlternativa?feature=mhee

martes, 2 de febrero de 2016




 PRESENTADO POLA "ACdC" NO PLENO DO PASADO MES DE XANEIRO.


 4.- As fontes do noso concello foron tradicionalmente puntos de gran importancia para o desenvolvemento das actividades diarias dos cidadáns, conservalas no mellor estado e unha tarefa necesaria que corresponde o Goberno municipal. Existen en Cambre aproximadamente 200 elementos en distintos lugares do termo municipal, de non remedialo e poñer en valor este patrimonio histórico, etnográfico e natural, estamos abocados a perdelo para sempre.

A fonte de “ maio” en Cela, pode considerarse de lamentable motivado o seu abandono.

-Por esto o noso Grupo PREGA se realicen os traballos necesarios para o acondicionamento da mencionada fonte e o seu entorno, do mesmo xeito solicitamos a conservación deste tipo de bens públicos nos diferentes núcleos de poboación do concello, tomando como exemplo a fonte anteriormente mencionada.