
miércoles, 13 de abril de 2016
martes, 12 de abril de 2016
FESTA EN CONMEMORACIÓN DO LXXXV ANIVERSARIO DA II REPUBLICA
O próximo sábado dia 16, EU de Cambre, como ven sendo habitual nos últimos anos, celebrará a “IX Festa Republicana” co obxectivo de celebrar o 85 aniversario da proclamación da II República, o acto terá lugar no local social da S.D.C.R do Sporting Cambre en Quintán (Cambre) a partir das 13:30 horas.
Será unha festa pública e aberta a toda a cidadanía, na que compartiremos todas xuntas unha comida de confraternidade. No transcurso do acto, darase lectura a un manifesto de compromiso cos valores cívicos da II República, recordando o papel das demócratas, do movemento obreiro e da esquerda na súa loita pola recuperación da memoria histórica. Ademais, contaremos coa presenza da deputada de AGE e secretaria do PCG, Eva Solla. Dende EU Cambre entendemos que a República non só é memoria do pasado si non tamén, proxecto de futuro.
Como en edicións anteriores, serán sorteados libros e bandeiras Republicanas entre os asistentes.
Será unha festa pública e aberta a toda a cidadanía, na que compartiremos todas xuntas unha comida de confraternidade. No transcurso do acto, darase lectura a un manifesto de compromiso cos valores cívicos da II República, recordando o papel das demócratas, do movemento obreiro e da esquerda na súa loita pola recuperación da memoria histórica. Ademais, contaremos coa presenza da deputada de AGE e secretaria do PCG, Eva Solla. Dende EU Cambre entendemos que a República non só é memoria do pasado si non tamén, proxecto de futuro.
Como en edicións anteriores, serán sorteados libros e bandeiras Republicanas entre os asistentes.
Asdo: Consello Político Local de EU de Cambre
ESQUEDA UNIDA APOIA A
FOLGA DE ESTUDANTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E SUPERIOR CONVOCADA PARA O
MÉRCORES 13 DE ABRIL
Esquerda Unida aposta pola inmediata
derogación da lei Wert e do Decreto 3+2
Compostela, 12 de abril de 2016. A Área de Educación de Esquerda Unida expresa o seu total apoio á convocatoria de folga de estudantes de universidade e educación secundaria "convocada para este mércores 13 de abril a través de asembleas estudantís unitarias promovidas polo movemento estudantil galego en reivindicación da inmediata derogación da LOMCE e o Decreto 3 + 2.
Considerada de forma unánime pola
comunidade educativa como unha lei de corte extraordinariamente regresivo e
conservaddor, e precedida das maiores mobilizacións da historia da democracia
en España en contra dunha lei educativa, Esquerda Unida quere sinalar o
compromiso adquirido no seu momento pola totalidade das forzas parlamentarias
da oposición ao goberno do PP de derogar a LOMCE, polo que considera a
proposición de ley do PSOE aprobada no parlamento o pasado 5 de abril como
insuficiente, e propón a inmediata derogación da mesma.
De igual xeito Esquerda Unida, comparte
a proposta do estudantado galego en relación á inmediata derogación do Decrerto
3+2, que ao prolongar por dous anos os estudos de máster, profundiza na
progresiva privatización da universidade, ao tempo que dispara os custos para o
estudantado, facendo inasumible para cada vez sectores de poboación máis amplos
a finalización dos estudos superiores.
Gabinete
de prensa de EU
jueves, 7 de abril de 2016
Grupo Político Municipal . Praza de
Europa, 7 www.asembleacambre.es
ACdC DESMINTE AS DIFAMACIÓNS DO ALCALDE CO DOCUMENTO QUE
ACREDITA QUE PRESENTOU ATA 28 PROPOSTAS PARA INCLUIR NOS ORZAMENTOS 2016.
UXC
MINTE ÓS VECIÑOS CANDO DI QUE NON RECIBIU
NINGUNHAAPORTACIÓN D A OPOSICIÓN
Dende o
grupo municipal da ACdC, queremos manifestar o noso malestar polas constantes
mentiras e difamacións que se transmiten non só de forma individual ás veciñas
e veciños, senón tamén de xeito público a través dos medios de comunicación por
parte do goberno municipal, coa intención de encubrir a súa incompetencia.
Onde o goberno
de UXC-PSOE declara non recibir da oposición ningún tipo de proposta respecto
aos futuros orzamentos, dende o grupo municipal da ACdC, atopámonos en
condicións de demostrar estas falsas acusacións aportando como proba o
documento sellado co cuño do rexistro de entrada de 28 propostas para ser
incluídas nos orzamentos de 2016.
Consecuentemente
cos plazos de presentación e elaboracións dos orzamentos ditas propostas as
rexistramos con data de 10 de Novembro de 2015, co ánimo de non retrasar o
calendario de aprobación dos orzamentos que finalizou o último día de decembro
de 2015.
A incompetencia
do actual Goberno de Cambre, no só leva a presentar os orzamentos con 4 meses
de retraso, senón que pretenden facer corresponsables a grupos da oposición,
cando dende a ACdC nos mostramos en todo momento colaborativos e proactivos,
presentando propostas que enriqueceran o documento final.
Por si esto
fora pouco, dende novembro ata o día de hoxe, non tivemos resposta en ningún
sentido sobre o tratamento que se fixo con estas propostas, ou si se ían a ter
ou non en conta, sendo esta unha nova mostra da falta de diálogo que ten este
goberno coa ACdC.
Adxuntamos a
esta nota de prensa o documento orixinal co selo de rexistro como xustificación
documental da nosa acusación, e requerimos ó Alcalde a que desminta as
difamacións vertidas.
Olga Santos Voceira da ACdC
lunes, 4 de abril de 2016
viernes, 1 de abril de 2016
ESQUERDA UNIDA ESIXE A DEPURACIÓN DE
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS E PENAIS TANTO TURCAS COMO EUROPEAS POR CRIMES
CONTRA A HUMANIDADE
Compostela, 31 de marzo de
2016. O membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE
Xabier Ron denuncia que “o homicidio de persoas refuxiadas, entre elas
menores, por parte de Turquía coa complicidade da UE representa o ASASINATO DA
DEMOCRACIA”. Ademais, Esquerda Unida esixe a depuración de
responsabilidades políticas e penais tanto turcas como europeas por crimes
contra a humanidade.
“Se se confirman as informacións
extraídas polo Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos sobre os asasinatos
indiscriminados cometidos pola policía turca, e dados a coñecer esta tarde, reafirmamos
que este é un acordo criminal e esiximos non só o seu final, senón tamén a
depuración de responsabilidades políticas e penais por crimes contra a
Humanidade”, remata o deputado.
Grazas
pola vosa atención
Gabinete
de prensa de EU
Suscribirse a:
Entradas (Atom)