sábado, 4 de septiembre de 2021

Adeus a Serafín Mourelle, un histórico da pesca e o compromiso
MUROS Patrón de barco, amaba o Gran Sol, que describía cunha memoria prodixiosa 03 abr 2020 . Actualizado a las 10:32 h. Comentar · 0 Poucas son as persoas que, como Serafín Mourelle, poden definir mellor a ilusión pola pesca e o seu compromiso político. Coñecino en 1980, ano da miña entrada no laboratorio da Coruña do Instituto Oceanográfico. El era o patrón das embarcacións Volandeira, en Arousa, e Arola, en Muros, mentres que eu formaba parte do equipo de Pesquerías Demersais, dirixido polo biólogo-oceanógrafo, Álvaro Fernández, máis adiante director xeral do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Posteriormente, coa xubilación de Xesús Souto, en 1994, foi nomeado patrón do Lura, embarcación destinada a campañas relacionadas cos estudios costeiros de hidrografía, bentos e tamén como apoio loxístico ás tarefas da batea experimental de Lorbé e de monitorización para o control das mareas vermellas produto dun convenio de colaboración asinado coa Consellería de Pesca. Combinou ese labor como delegado sindical do persoal laboral, nunha determinada etapa da súa permanencia no laboratorio coruñés. En 1987, regresa como patrón de pesca de buques de arrastre ao que sempre foi a súa vida e que nunca esqueceu, o Gran Sol, para toparse coas mareas, as ondas e o vento encolerizado, como el o describía, e que coa súa prodixiosa memoria e coas súas dotes de gran conversador suscitaba sempre un espazo de preguntas e respostas sobre a dureza da pesca no Gran Sol. Cando desembarcaba nunca esquecía acercarse ao laboratorio para entregar aos investigadores estatísticas contendo datos de gran transcendencia para avaliar o estado dos stocks das principais especies de interese comercial: merluza, cigala, rape, gallo e bacaladilla. Mais, Serafín, representa tamén a sombra do compromiso político que se estendeu perante toda a súa vida. Militante do PCG e de CC.OO., non había conflito no que non estivera presente. A derradeira vez que coincidimos foi nun acto organizado opor un foro cívico relacionado cos movementos sociais, na sede da ONCE. Rematado o acto, pregunteille como lle ía a vida e comprobei como o desánimo e a desesperanza eran os sentimentos dominantes que nin tan sequera escribir poesía, outra das súas cualidades, lograban animalo. Máis adiante, souben polo seu fillo, tamén xubilado recentemente do Instituto Oceanográfico coruñés, do seu estado de saúde. Que alí onde esteas teñas o descanso que mereces.
Serafín Mourelle, sempre no recordó camarada e amigo. Homes de ferro en barcos de madeira. Sempre a barlovento.

miércoles, 25 de agosto de 2021

INICIATIVAS DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO MUNICIPAL DO MES DE AGOSTO PRIMEIRO ROGO: PUNTO VIOLETA No pleno do mes de xullo, dende a nosa formación foi presentada unha proposta de moción para levar a cabo a instauración dun punto violeta en calquera dos eventos de ocio nocturno que se levaran a cabo no noso Concello, como forma de visibilizar que Cambre oponse firmemente ás violencias contra as mulleres, que para desgraza de toda a poboación é cada vez mais preocupante entre a nosa mocidade. Os acordos propostos consistían na instauración dun punto violeta en cada festa, evento ou celebración que se leve a cabo no noso concello, a posta en marcha dunha campaña dirixida aos locais de lecer nocturno con protocolo de actuación e prevención ante unha agresión machista e a solicitude de financiamento que permita desenvolver estas accións concretas, entre outras posibles. Retiramos a moción ante a petición do Alcalde e a ausencia da Concelleira para consensuala e chegar a acordos no mesmo sentido. Tras poñer en común esta iniciativa entre a Concelleira de Benestar Social e eu mesma, chegamos ao acordo de traballar en conxunto nestas medidas. Neste medio tempo, o 27 de xullo o Consejo de Ministras e Ministros aprobou un catálogo de medidas urxentes do "Plan de Mellora e Modernización contra a Violencia de Xénero". Este conxunto de medidas é froito do traballo conxunto e acordo entre o Ministerio de Igualdade, Ministerio de Interior, Xustiza, Sanidade e Dereitos Sociais e Axenda 2030 para avanzar cara a erradicación das violencias estructurais contra as mulleres coa impliación do conxunto da sociedade de forma directa. Propóñense un conxunto de medidas encamiñadas á sensibilización da sociedade, do entorno das víctimas de violencia machista, detectar de xeito temperá a violencia en servizos públicos de proximidade, apoiar a autonomía das mulleres para que rachen coa violencia, protexer ás nenas e nenos fronte a violencia e reforzar a protección e a seguridade das víctimas en risco, con e sen denuncia. No desenrolo destas medidas, dende o Ministerio de Igualdade lanzouse o instrumento "Punto Violeta", para implicar ao conxunto da sociedade na loita contra a violencia machista. O obxectivo é extender, de forma masiva, a información necesaria para saber cómo actuar ante un caso de violencia contra as mulleres. Punto Violeta consta de tres puntos principais. Por un lado, busca implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia machista. Por outro quere achegar a información dos servizos integrais ás víctimas a través do seu entorno. Finalmente, ten como obxecivo facilitar información sobre cómo actuar ante un caso de violencia machista a establecementos, entidades, empresas, organismos públicos. Vistas as conversas mantidas, a moción retirada e a recente aprobación do catálogo de medidas arriba indicado e do que deixamos enlaces e material adaptable ao noso Concello para que a posta en marcha destas medidas sexa inmediata. PREGAMOS Que o Concello de Cambre se implique activamente nesta iniciativa, dando difusión e exposición aos distintos materiais da campaña tanto en RRSS como nos espazos de información municipal e atención cidadá, como poden ser centros socioculturais, equipamentos deportivos, oficinas municipais etc. Do mesmo xeito, e según conversas mantidas coa Concelleira responsable, pregamos que apoie expresamente a iniciativa a través da posta en marcha dunha campaña de difusión de "Punto Violeta" entre o comercio de Cambre e habilitalo en tódolos eventos municipais que se leven a cabo no Concello. https://www.igualdad.gob.es/prioridades/punto-violeta/Paginas/index.aspx https://www.igualdad.gob.es/prioridades/punto-violeta/Documents/GuiaPuntoVioletaMovil.pdf
SEGUNDO ROGO: ACTUACIÓNS URXENTES EN RUA MUÍÑOS Neste salón de plenos, e de xeito reiterado, o noso grupo presentou varias peticións e iniciativas para que o Goberno tomara en consideración unha das zoas mais abandoadas e esquencidas da área urbana do noso Concello, a contorna da rúa Muíños. Tódalas veces que trouxemos estas iniciativas, oralmente foron aceptadas polo equipo de goberno, pero a posta en práctica e a lamentable realidade pola que pasa a zoa, non fan mais que demostrar que o que se acepta, e mesmo celebra neste salón de plenos, non necesariamente ten traslado en feitos ou en actuacións reais que contribúan a solucionar os grandes problemas que asolagan a zoa e que cada vez son mais graves. Hai dous anos prácticamente (outubro 2019) LITERALMENTE o rogo que a Concelleira de Servizos, naquel momento, ACEPTOU NA SÚA TOTALIDADE decía o seguinte: "Hai ratas accedendo ás casas e garaxes provintes da finca colindante pertencente ó Concello de Oleiros, que está sin limpar. A marquesiña atópase nunha situación totalmente inapropiada para as persoas usuarias do servizo de autobús. As beirarrúas están cheas de suciedade e cunha ausencia de limpeza e mantemento constante. Tamén é demanda histórica a beirarrúa na marxe que falta, chegando á estrada DP-1706. Relatan os veciños que únicamente hai dúas papeleiras en toda a rúa, para varios centos de persoas". Pasados dous meses, DECEMBRO 2019, ante a falta de "movemento institucional" do Concello, e vista que a situación da rúa Muíños non melloraba, volvemos a presentar no pleno unha pregunta para consultar polas accións levadas a cabo vista a aceptación do rogo de dous meses antes. A resposta chegou por escrito 15 días mais tarde, e decía literalmente: "As xestións realizadas ata o de agora foron a desratización en varias ocasións da zona municipal a tratar, a comunicación ó concello de Oleiros de necesidade de limpeza e desratización da finca lindante,o desatasco en todalas tuberías existentes en dita rúa, debido a un grave problema procedente dos edificios, o pintado dos pasos de peóns de entrada e saída á Rúa Muíños, e a posta en contacto co propietario do solar donde están situados os contenedores de lixo, para proceder con debida autorización ao seu cerramento evitando así o acceso das ratas. Como tarefas pendentes xa ordenadas á Brigada de Obras pero aínda non acometidas, quedarían o pintado de marcas viais en Rúa muíños, o hidrolavado das beirrarúas, a colocación de novas papeleiras, así como o arranxo da marquesiña, pendente de orzamentar." Ate hoxe pasou un ano e medio, e a rúa dos Muíños segue non igual que estaba, senón peor. Sin medo de que este rogo pareza unha reportaxe fotográfica, seguidamente aporto galería fotográfica do que, a día de hoxe, podemos observar na contorna da Rúa dos Muíños, e que, a ningún dos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno lles resulta alleo. Son varios os problemas que, fundamentalmente, aglutinan as situacións e descontento entre gran parte da veciñanza da zona. - ACCESIBILIDADE: Numerosa e constante afluencia de vehículos estacionados ou directamente aparcados en lugares inapropiados, maioritariamente beirarrúas. - MOBILIDADE: Falta de beirarrúas . - LIMPEZA: Ausencia de mantemento de limpeza viaria que da un aspecto de abandono que non teñen rúas próximas a esta con malas herbas e suciedade. (Somos coñecedores dunha actuación de hidrolavado en 2020. A día de hoxe o aspecto é o mesmo que antes da actuación) - SINALIZACIÓN: Co pintado de dous pasos de peóns non se soluciona a total ausencia de sinalización tanto horizontal como vertical. (En decembro estaba comprometido según a Concelleira o pintado de marcas viais e dada a orde á brigada de obras.) - ILUMINACIÓN: Absoluta necesidade de levar a cabo un plan de iluminación para a zona. - COLECTORES: Non é posible que estando sobre terra o arredor dos colectores estea limpo e hixiénico, provocando isto, ademais, a afluencia das moi coñecidas ratas para todas as veciños e veciños da zoa. (Neste punto, non estaría de mais, información do Concelleiro ou Concelleira competente sobre os trámites feitos coa propiedade do solar, según afirmacións da Concelleira en Decembro de 2020 no ánimo de proceder ao pechado dos mesmos). (Igualmente mostramos incomprensión polo feito de que os colectores non poidan estar situados en chan público, en lugar de nun solar privado a expensas de que o propietario autorice ao pechamento... Non hai chan en Cambre?) - DESRATIZACIÓN: Ou é infrecuente, ou é insuficiente. A afluencia de ratas é unha constante na Rúa Muíños así como o desbroce do solar pertencente a Oleiros. É de todos coñecido que a suma de suciedade do solar e os cheiros e mal estado dos colectores provocan a aparición destes animais, foco de infeccións e insalubridade. - PAPELEIRAS: Tralo compromiso adquirido en Decembro de 2020, detectamos un par de papeleiras colocadas. Entendemos absolutamente insuficiente esta "dotación" e así nolo trasladan veciñas e veciños da zona. - PARQUE INFANTIL: Estado absolutamente lamentable e persistente dende hai moito tempo. Elementos inexistentes, perigo para persoas e animais de dano por ferros clavados no chan que de noite e mesmo de día, si un non se fixa, non se ven, bancos rotos, fontes sen auga, abandono absoluto dun espacio de lecer e espallamento. Todas estas cuestións, e moitas mais, fan que a zoa mal iluminada, suxa, con pouca presenza policial (ate non hai moito tempo), mal sinalizada, con lugares en semiabandono como o parque, atraigan situacións indesexables para os veciños e veciñas da zoa que constantemente e, dende xa hai moitos anos, quéixan de todas estas situacións e moitas mais. De todas elas son coñecedores todos os Concelleiros do equipo de goberno, vimos denunciando hai anos, os veciños queixándose, a prensa recollendo, a app con peticións, algúns concelleiros e concelleiras incluso visitando a zoa e prometendo un montón de actuacións que non se acometen. PREGAMOS: Que con carácter urxente sexa iniciada actuación dirixida ao acondicionamento ou a elaboración dun plan de actuación sobre toda a rúa dos Muíños e a súa contorna, que inclúa sinalización, accesibilidade, iluminación, limpeza, mantemento e adecentamento dos espazos comúns de lecer e espallamento.
TERCEIRO ROGO: BARANDILLA Ante o estado e a perigosidade da baranda da ponte da autoestrada AP-9, no lugar do Covelo en Pravio. PREGAMOS: Sexa arranxada á maior brevidade posible ou sexan tomadas as medidas precisas para que se proceda a dito arranxo.
PRIMEIRA PREGUNTA: GRAVEIRA CECEBRE Atendendo á contínua circulación de camións e vehículos pesados que proveñen da graveira de Cecebre, PREGUNTAMOS: Ten o Goberno coñecemento dalgunha actividade na graveira de Cecebre? SEGUNDA PREGUNTA: CAMIÑO PRAVIO A principios de ano publicaran en prensa o anuncio da limpeza e desbroce dunha senda en Pravio nas inmediacións da pista polideportiva, traballo supervisado polo Concelleiro de Patrimonio que declaraba trala súa supervisión que a intención do Concello é a "de seguir limpiando e rozando este tipo de senda, creando así novos espacios de espallamento y ocio para os veciños y veciñas”. A discrepancia con estas declaracións xurde no mesmo momento da actuación dos traballos, porque veciños e veciñas afirman que, a pesar de que a senda quedou efectivamente adecentada, non se pode decir que quedara transitable. A día de hoxe, a senda revertiu ao seu estado orixinal. Adxuntamos fotografías ilustrativas para o Concelleiro de Patrimonio que mostran como actualmente nin transitable, nin adecentada, nin limpa, nin rozada. A senda nin se ve. Deducimos, por tanto, que trala supervisión da obra feita polo Concelleiro, ate o día de hoxe, os veciños e veciñas non poideron dar satisfacción aos desexos expresados por este, relativos a ocio e espallamento. ¿Con canta frecuencia é intención deste Concello limpar e rozar este tipo de sendas, para poder decir a boca chea que son espazos de espallamento e ocio para os veciños e veciñas tódolos días do ano? TERCEIRA PREGUNTA: CORTE PASEO FLUVIAL Son moitas as queixas e dilatadas no tempo que recibimos respecto ao corte do paseo fluvial dende xa hai mais de dous anos. Poden informarnos e darnos previsións concretas no tempo sobre o seu arranxo e posta a disposición das veciñas e veciños?
La calle Muíños, la “gran olvidada”, según Esquerda Unida Esquerda Unida de Cambre denuncia que la calle Muíños, a medio camino de O Temple y A Barcala, es la “gran olvidada”, por el Gobierno local. La formación explica no tiene iluminación, está sucia, tiene ratas, carece de aceras, no tiene señalización y cuenta con lugares públicos abandonados y peligrosos, lo que sucita quejas por parte de los vecinos de la zona.

jueves, 29 de julio de 2021

Estas son as iniciativas que EU Cambre levará a #PlenosCambre 1.- SOLICITUDE PASO DE PEÓNS NA CASTELLANA ENTRE A BIBLIOTECA CENTRAL E O DROZO 2.- INCREMENTO DA FRECUENCIA DE AUTOBUSES E INCLUSIÓN DE PARADA EN CAMBRE NAS LIÑAS UNIVERSIDADE E MARINEDA 3.- PUBLICACIÓN CALENDARIO DESBROCES E AXILIZACIÓN NUN SERVIZO DESCOIDADO ANO TRAS ANO POLO GOBERNO 4.- NOVA PETICIÓN INFORMACIÓN SOBRE A CALIFICACION DE VPO NA PATIÑA, SEGUN O COMPROMISO ADQUIRIDO E NON CUMPLIDO DO ALCALDE. 5.- PETICIÓN INFORMACIÓN A SERVIZOS SOCIAIS SOBRE PERSOAS DA PATIÑA AFECTADAS POLA NOVA PROPIEDADE DO EDIFICIO A NOME DUNHA EMPRESA PROPIEDADE DOS IRMANS GARCÍA PATIÑO. 6.- RETRASO E SILENCIO NO PXOM. INCUMPLIMENTO DAS PROMESAS ELECTORAIS DE UXC E URBANIZACIÓN VELOZ SIN PXOM.

domingo, 25 de julio de 2021

25 de xullo. Esquerda Unida defende a reivindicación dos dereitos da clase traballadora como base para a emancipación social 25 Xullo, 2021 Destacados, Nacional Este 25 de Xullo vén marcado un ano máis polas duras consecuencias da Pandemia. Duras no marco sanitario onde individual e colectivamente continúa a sufrirse o impacto directo da enfermidade cun sistema sanitario adelgadazo durante doce anos a golpe de eliminación de persoal. Duras a nivel económico onde a ausencia de política industrial e de emprego ten como desenlace a imposibilidade de afrontar as consecuencias dunha crise coma esta, continuando a sangría industrial no noso país. Duras a nivel social, porque a pobreza continúa a incrementarse en Galicia, sen resposta institucional para dar saída ás necesidades de vivenda, enerxía e emprego da poboación. O día de Galicia é o día de reivindicar un modelo de país baseado na xustiza social, no que a clase traballadora non pague as consecuencias directas das crises capitalistas. O futuro país que queremos sostén os seus alicerces sociais na igualdade de dereitos de galegas e galegos no acceso a unha educación, sanidade e política de coidados de calidade e pública. O futuro país que debuxamos basea a construción dos servizos públicos nunha política impositiva redistributiva e xusta, que abandone as vacións fiscais para os máis ricos. A Galicia que Esquerda Unida defende, basea a súa soberanía na posibilidade de ter unha vivenda digna, un prato de comida na mesa e un emprego de calidade e con dereitos. Este 25 de Xullo máis que nunca Esquerda Unida defende a reivindicación dos dereitos da clase traballadora como base para a emancipación social. Para construírmos país. Para termos un futuro para vivir.

miércoles, 21 de julio de 2021

Cs y EU apoyan la protesta de la cambresa con dos dependientes | LA OPINIÓN Josefina Iglesias, la septuagenaria con dos dependientes a su cargo que reclama la reactivación del servicio de ayuda a domicilio, se plantó ayer de nuevo frente al Concello en su segunda jornada de protesta. Contó con el apoyo de allegados, una vecina que se puso también tras la pancarta, la concejala de Ciudadanos, María José García, (que ya acudió el lunes) y de representantes de Esquerda Unida. Los dos partidos de la oposición reclamarán explicaciones al Concello. Cs ha presentado ya una pregunta para su respuesta en comisión informativa y afea al Ejecutivo municipal su “falta de sensibilidad” por “no dirigirse en ningún momento” a esta vecina para “ofrecerle una solución” en estas dos jornadas de protesta a pie del Consistorio. La abogada de Josefina contactó con Servicios Sociales, que le comunicó que toda la documentación que remitió vía correo debe presentarla por Registro. La representante legal se mostró sorprendida y afirmó que el comunicación telefónica una funcionaria le había dicho que no era necesario.