domingo, 29 de septiembre de 2013


El paro sube un 1.05 % durante AGOSTO ( 2013 ) en CAMBRE
Datos de AGOSTO del 2013 para el Municipio de CAMBRE.

Evolucion  de los datos de parados para el Municipio de CAMBRE hasta AGOSTO del 2013.
Agosto 2013Total
Parados
Variacion
MensualAnual
Absoluta
RelativaAbsolutaRelativa
Total
2207+231.05 %+1004.75 %
HOMBRES
1036-20-1.89 %+20.19 %
MUJERES
1171+433.81 %+989.13 %
MENORES DE 25 AÑOS:
115-7-5.74 %-17-12.88 %
HOMBRES
63-5-7.35 %-18-22.22 %
MUJERES
52-2-3.70 %+11.96 %
ENTRE 25 Y 44 AÑOS
1065+262.50 %-35-3.18 %
HOMBRES
452-12-2.59 %-58-11.37 %
MUJERES
613+386.61 %+233.90 %
MAYORES DE 45 AÑOS
1027+40.39 %+15217.37 %
HOMBRES
521-3-0.57 %+7817.61 %
MUJERES
506+71.40 %+7417.13 %
SECTOR:
     
AGRICULTURA
23-1-4.17 %-1-4.17 %
INDUSTRIA
368+216.05 %+10.27 %
CONSTRUCCIÓN
277-9-3.15 %-27-8.88 %
SERVICIOS
1417+130.93 %+1219.34 %
SIN EMPLEO ANTERIOR
122-1-0.81 %+65.17 %
ELIMINACIÓN DO PASO A NIVEL EN CELA


Ante o proxecto de respecto supresión do paso a nivel de Cela, o Grupo municipal de EU solicitou non pasado pleno municipal unha mellora nas condicións de seguridade, consistentes en dotar dunha beirarrúa ou senda peonil, o camiño que transcorre entre a ponte do ferrocarril e o camiño dá Igrexa, que conectaría coa beirarrúa prevista na estrada dá Deputación .

O Goberno accedeu a proposta do noso Grupo, polo que trasladará a ADIF está modificación, para garantir as melloras na seguridade e atenuar os riscos que poidan sufrir as persoas que diariamente circulan polo lugar ou verse obrigados a transitar por un camiño de titularidade municipal e unha estrada dá Deputación carentes de beirarrúas.

A preocupación dá nosa formación política e dos propios veciñ@s ante esta medida, que pretende a seguridade non tránsito ferroviario, debe de ir acompañada de alternativas que contemplen a seguridade viaria na comunicación entre os distintos núcleos de poboación afectados. 

Para EU, a nosa proposta supón unha mellora dás condicións plantexadas polo Goberno, e manifestamos a nosa satisfación para que sexa incluída non acordo que se presentará a operadora ADIF , e así cubrir a carencia en materia de seguridade viaria nunha zona con notable intensidade de tráfico rodado e peonil. 

                

                         Asdo: Grupo Municipal de “EU” de Cambre
O CONSELLO POLÍTICO COMARCAL ELIXE POR UNANIMIDADE NOVA EXECUTIVA QUE SE MARCA OS OBXECTIVOS DE AVANZAR NA CONSTRUCIÓN DUN BLOQUE POLÍTICO E SOCIAL ALTERNATIVO, POTENCIAR AS AREAS DE DESENVOLVEMENTO COLECTIVO ABERTAS Á CIDADANÍA E A EXTENSIÓN ORGANIZATIVA NOS CONCELLOS DA COMARCA

CÉSAR SANTISO RATIFICADO POR ACLAMACIÓN COORDINADOR COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA

O COORDINADOR COMARCAL DE EU, CÉSAR SANTISO, SALIENTOU QUE “O ESPECTACULAR INCREMENTO DE APOIOS POR PARTE DA CIDADANÍA, CONVÉRTENOS NA SEGUNDA FORZA POLÍTICA NA COMARCA E ESÍXENOS UN MÁXIMO ESFORZO PARA AFRONTAR OS RETOS DERIVADOS DA RESPONSABILIDADE DE GOBERNO QUE AS ENQUISAS AMOSAN NALGÚNS CONCELLOS COMO A CORUÑA OU CAMBRE”


A mediados do mes de xullo a afiliación de Esquerda Unida na comarca da Coruña, elixía un novo Consello Político Comarcal cun abafador apoio de todo o plenario a excepción de tres votos en branco.

César Santiso ratificado por aclamación coordinador comarcal de Esquerda Unida. O mesmo día da asemblea na que se elixiu novo órgano de dirección comarcal, este nomeou temporalmente a Santiso á espera da ratificación en xuntanza do Consello Comarcal. Con esta ratificación o coordinador comarcal, que tamén é o voceiro do grupo municipal de EU-V no Concello da Coruña, comeza o seu segundo mandato.

O Consello Político Comarcal elixe por unanimidade nova executiva que se marca os obxectivos de avanzar na construción dun bloque político e social alternativo, potenciar as areas de desenvolvemento colectivo abertas á cidadanía e a extensión organizativa nos concellos da comarca. Logo da ratificación de Santiso, o coordinador comarcal presentou a proposta para elixir os cargos de responsabilidade no CPC, que conxuga cadros políticos de máximo nivel como Alberto Vilariño ou Argimiro Doce, con novos cadros emerxentes como a moza Silvia Cameán, con cadros que veñen do mundo sindical como José Luís Burón (ex-secretario xeral do sindicato comarcal da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO), con cargos públicos de EU como Olga Santos (concelleira en Cambre), con cadros do mundo da cooperación solidaria como Laura Del Río (ex-responsable de finanzas da Coordinadora Galega de ONG) ou con recoñecidos activistas do tecidos social coruñés como Iván Louzan (Stop Desafiuzamentos, Amnistía Internacional, 15M, Marea cidadá, ex-Democracia Real). O reparto de responsabilidades quedou establecido da seguinte maneira:

Secretaría de Organización:          Jose Lúis Burón
Secretaría de Finanzas:                Laura del Río
Coordinación de Areas:                Argimiro Doce
Secretaría de política municipal:     Olga Santos
Secretaría de Comunicación:         Iván Louzan
Secretaría de Políticas Sociais:       Silvia Cameán
Responsable de Área Interna:       Alberto Vilariño

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, salientou que “o espectacular incremento de apoios por parte da cidadanía, convértenos na segunda forza política na comarca e esíxenos un máximo esforzo para afrontar os retos derivados da responsabilidade de goberno que as enquisas amosan nalgúns concellos como a Coruña ou Cambre”.

Consello Comarcal da Coruña

Esquerda Unida

viernes, 27 de septiembre de 2013





                            "PANCARTA DA DIGNIDADE"

EN DEFENSA DE PARTE DA  HISTORIA DO NOSO CONCELLO. A NOSA SOLIDARIEDADE, E APOIO NA SUA LOITA

ÁNIMO É SEMPRE ADIANTE!!

INICIATIVAS PRESENTADAS AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE OUTONO


MOCIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DE  ZONAS DE BAÑO E RECREO NAS RIBEIRAS DO RIO MERO.


XUSTIFICACIÓN:

O Grupo Municipal de EU de Cambre,   leva presentado distintas iniciativas que consideramos fundamentais para a restauración e aproveitamento do río Mero o seu paso pola nosa localidade.

As ribeiras do rio Mero en Cambre contaron o longo dos anos con moitos lugares que tradicionalmente foron utilizados como zonas de baño e recreo para os cambres@s, e moitos visitantes que disfrutaban do entorno e do paisaxe natural do rio, o que  debería convertirse   nun importante foco de atracción   turística que pode aportar importantes beneficios   económicos para o noso pobo. O Obxectivo da presente proposta  é o aproveitamento natural do río e recuperar para a cidadanía    as súas ribeiras   o seu paso polo noso concello, facilitando  o uso público dende a implicación municipal nas tareas de recuperación de este entorno.

Lugares como a Marisqueira, Pozo da Campana, Retorta, As Insuas, Muiños de Naia, O Noceiro, Cela;  ou a recentemente desaparecida no Muiño de Peiraio, forman parte da historia viva do noso concello utilizada e disfrutada por moitas xeneracións. Dende EU estamos convencidos que non abondan mais demoras nin disculpas, é o momento de facer unha aposta decidida para poder recuperar algún destes singulares lugares dende un compromiso serio e riguroso da Corporación Municipal, e dar resposta mediante un proxecto    respetuoso co rio e o seu entorno ambiental.

Facilitar o uso público,  promover a implicación social e poñer en valor a riqueza natural do noso río   e responsabilidade do Goberno e do conxunto da Corporación,  e por tanto correspondenos dar unha resposta as demandas da veciñanza cambresa, dotando  a Cambre de zonas de baño e espallamento aproveitando os espacios naturais de especial fermosura e riqueza paisaxística, recreativa, cultural e educativa,  compatible con outros aproveitamentos do río e as súas ribeiras.

Na actualidade asistimos con especial resignación a degradación e abandono da case totalidade das ribeiras do río, observando como en algúns lugares os propios veciñ@s tratan de habilitar pequenas zonas para poder bañarse en condicións precarias e incluso arriscadas.

Os cambreses, non podemos, non debemos e non queremos vivir de costas o noso río  que representa un patrimonio cultural e humano de gran valor, que deben disfrutar as xeracións presentes e futuras nas mellores condicións de uso.

POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE “EU” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:


PRIMEIRO.- O Goberno Municipal  Iniciará de inmediato os tramites e actuacións necesarias ante Augas de Galicia co fin de elaborar  un proxecto para a estudo e construcción das  zonas que poidan ser acondicionadas para o  baño e espallamemento nas ribeiras do río Mero.

SEGUNDO.- Que en consonancia co punto anterior, a Alcaldía en nome da Corporación Municipal de Cambre, inicie cantas   xestións sexan  pertinentes para  acadar dos organismos competentes e demais entes supramunicipais, a súa colaboración para a elaboración e execución do mencionado proxecto.

TERCEIRO.- Que, de toda resposta ou actuación posterior que se produzca en relación a presente moción, o Goberno Municipal manteña puntualmente informado os voceiros dos Grupos municipais con representación no concello.



                                        CAMBRE, a 21 de setembro de 2013


                       Asdo: Luis M. Taibo Casás. Voceiro do Grupo




ROGOS:


1.- O noso Grupo Municipal, presentou no ano 2008 unha Moción para  ADAPTACIÓN DE PARQUES DE RECREO PARA  ACTIVIDADES DE PERSOAS MAIORES. Os Parques de Maiores, son equipamentos adaptados  que unen a posibilidade de realizar exercicio saudable dunha forma entretida, coa creación de espazos que facilitan a relación persoal e social entre os maiores. Estes espacios públicos, estan formados por unha serie de elementos modulares adaptados para o seu uso ao aire libre.

Na actualidae en varios lugares do concello instalaronse   parques adaptados, con aparellos que posibilitan a realización de exercicio físico cun claro carácter terapéutico, baseados nos exercicios de rehabilitación que empregan os fisioterapéutas para mellorar a forma física e a saúde das persoas.

Na capital municipal carecemos de lugares con ditas características, tendo en conta que   corresponde a Corporación é a súa vez o Grupo de Goberno,  buscar alternativas de lecer para os nosos veciñ@s, que sexan á vez un elemento favorable para a súa saúde.

-PREGAMOS se realice un  estudio para o acondicionamento dun espacio para a instalación do mencionado parque, co fin de evitar desplazamentos a outros lugares e facilitar a actividade.

2.- Recentemente producironse diversos roubos e actos vandálicos no cimiterio municipal de Cambre,  a porta de acceso o recinto  permanece aberta permanentemente, facilitando a entrada en horario nocturno. Tendo en conta estes feitos, e co  fin de evitar (no posible) que se volvan a repetir, o noso Grupo  PREGA:

- Se tomen as medidas necesarias de vixilancia, e  procedan a pechar o recinto en horario nocturno, indicando con un cartel visible na entrada os horarios de apertura e peche.

3.- O acceso á estrada preto da igrexa dende o Campo da Feira, presenta dificultades para a incorporación dos vehiculos co risco  na seguridade motivado a falta de visibilidade.

-O noso grupo PREGA se proceda a instalación dun espello que permite observar a proximidad de  vehiculos para facilitar aos conductores a súa incorporación á estrada, e se faga un estudo para regular a entrada e saida da circulación  do Campo da feira



PREGUNTAS:


1.- No pleno municipal  de maio do 2012 o noso Grupo presentaba unha INICIATIVA solicitando que se realizara un censo de bens inmobles rústicos e urbanos que estean censados e rexistrados a nome da igrexa en Cambre, así como das súas entidades e asociacións afins, e  doutras confesións relixiosas. O Voceiro do equipo de goberno, comprometeuse a solicitar dita información ó catastro e á Deputación coa maior “brevidade posible”.

Dita pregunta foi contestada por escrito, manifestando que: “Actualmente non dispoñemos de nova información pàra poderlle transmitir ao seu Grupo Municipal”.

-En base o anterior, PREGUNTAMOS:

-¿Existe algunha novidade respecto do tema plantexado?

2.- Na confluencia dos camiños de Seoane A Rocha  e  San Lourenzo, existen unhas vallas de protección de unha obra que semella a recollida de augas pluviales das cunetas, ditas vallas levan varios meses no lugar, o que supón un perigro para a circulación rodada.

-¿Que información ten o Goberno respecto do asunto e cales son os motivos para non ter rematada dita obra?

3.- ¿Pode informarnos o Sr. Alcalde das xestións realizadas coas familias Molina-Caruncho, propietarias do terreos perto do concello, co fin de que procedan o seu acondicionamento e da posibilidade de utilizalo para aparcamento público?


                            CAMBRE, a 21 de setembro de 2013


                                             Asdo: Grupo Municipal



COMISIÓN INFORMATIVADE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA


ROGOS:

1.-No lugar de San Benito, un poste de madeira (da antigua liña telefónica), encontrase sin ningún tipo de suxección na súa base, con risco evidente  de caida, podendo ocasionar  desperfectos e danos de consideración, tanto para as persoas como a bens materiais.

-PREGAMOS se realicen as xestións oportunas ante quen proceda co fin de   retirar o poste do lugar.

2.- O tramo de aproximadamente 50 metros, do camiño que transcurre entre a vía do ferrocarril e a ponte do Noceiro, foi motivo da presentación de dúas iniciativas en sesións anteriores, a dia de hoxe é a pesar das promesas do Goberno, segue sin darse unha solución incrementando o problema para a circulación.
-Unha vez mais o noso Grupo PREGA se adopten as medidas para a reparación do camiño.


PREGUNTAS:

1.- Transcurridos 9 meses do remate das obras do Campo da feira, a actividade  previsiblemente voltará o seu lugar de orixe o próximo domingo dia 2 de outono.

-¿Poden informarnos como quedará a organización dos postos e  das medidas sobre a limpeza  e retirada do lixo da praza


2.- Tendo en conta o expediente de división da sección estadistíca 5ª do districto 1º, según consta na acta da Xunta de Voceiros do dia 11 de xuño, considerando que o asunto foi motivo dun amplio debate, solicitase polo voceiro de EU que se convoque aos veciñ@s para informar sobre o tema. Manifestando o resto de voceiros a sua conformidade, o responsable de Réxime Interior convoca por carta aos afectados para ter unha reunión.

Como resultado da reunión, ponse de manifesto o malestar de gran parte dos veciños polos cambios que se poidan producir, por sentirse perxudicados polo expediente en cuestión.

Por tal motivo o pasado dia 18, celebrase na Alcaldía outra xuntanza co fin de dar unha solución que sexa mais satisfactoria e menos perjudicial para os afectados, acordando facer unha consulta a Delegación Provincial de Estadística, que entre outras competencias ten a de: “asesorar aos concellos na realización de estos traballos e estudiará e resolverá as dificultades que poidan presentarse”

-Polo exposto, o noso Grupo PREGUNTA sobre as conclusións da consulta realizada e das determinacións que se pretenden levar a cabo.
                             


                                        CAMBRE, a 21 de setembro de 2013

                                                Asdo: Grupo Municipal








      REUBICACIÓN
     DA FEIRA XA!!

       BASTA DE   

       ENGANOS