viernes, 6 de diciembre de 2013
jueves, 5 de diciembre de 2013
IMPORTANTE
|
---|
O día 10 de decembro haberá manifestacións en toda
Galicia en defensa da sanidade pública. Para máis información, preme aquí.
A seguir, indicamos as horas de saída e os percorridos:
- A Coruña: saída ás 20 h da Casa do Mar (avenida do Exército) e remate no Obelisco
- Ferrol: saída ás 18 h da praza de España e remate na praza de Armas
- Santiago de Compostela: saída ás 20 h da praza Roxa e remate na praza das Praterías
- Burela: saída ás 20:30 h do Hospital da Costa e remate na praza do Concello
- Lugo: saída ás 20 h do edificio da Xunta (rolda da Muralla) e remate diante da Dirección Provincial do Sergas
- Monforte de Lemos: concentración ás 20 h na praza de España
- Ourense: saída ás 20 h do Pavillón dos Remedios e remate na Subdelegación do Goberno
- O Barco de Valdeorras: saída ás 20 h do Hospital Comarcal e remate na praza do Concello
- Pontevedra: saída ás 20 h do Hospital Provincial e remate na praza de España
- Vigo: saída ás 20 h do Hospital Xeral e remate na Porta do Sol
martes, 3 de diciembre de 2013
SANIDAD
AGE presentará una moción en el Parlamento contra la posible privativación del servicio de mantenimiento del Chuac
Los trabajadores critican la contratación de una empresa externa para realizar un plan de eficiencia energética
02 de diciembre de 2013 10:49
Yolanda Díaz, viceportavoz de AGE en el Parlamento gallego, se reunió esta mañana con un grupo de trabajadores del área de mantenimiento del Chuac para conocer su situación ante la posible contratación de una empresa privada para poner en marcha un plan integral de eficiencia energética en las instalaciones sanitarias coruñesas. «Isto é unha estratexia absolutamente deliberada da conselleira de Sanidade, é un pasiño máis buscando nichos de negocio en todas as áreas da sanidade pública. Están privatizando absolutamente todo, e un exemplo é o contrato por 86 millóns da alta tecnoloxía. O que nunca un país debería facer é poñer en mans privadas a tecnoloxía e a radioloxía», apuntó Díaz, que anunció que su partido presentará varias mociones para saber en qué consiste el plan de ahorro para el Chuac.
Por su parte, los trabajadores afirmaron que se temen que este nuevo plan sea un pretexto para privatizar el mantenimiento del hospital -donde trabajan cerca de 70 personas-, «porque se quixeran facer eficiencia enerxética xa o incorporarían nas novas obras e instalacións que se están facendo e non é así. Se se está facendo un mal aforro enerxético e un mal mantemento é moi fácil que logo veña unha empresa privada e o mellore», señaló Ignacio Campo, mecánico do complejo hospitalario.
viernes, 29 de noviembre de 2013
Amigas e amigos do país de Nunca Máis:
Grazas por asistirdes a unha nova convocatoria da
Plataforma Nunca Máis.
O noso país segue á deriva, sen goberno de seu con
competencias propias para enfrontar novas catástrofes marítimas. Galiza segue á
intemperie. Os tribunais de xustiza seguen a ditar a inxustiza nas súas
sentenzas. E mentres tanto, o mar segue aí, fronte ás nosas costas, bruando
inverno tras inverno o seu canto desesperado, a súa soidade, temendo -como
non?- que outro petroleiro como o Prestige
se adentre nel e invada as súas augas de negrura, de alcatrán, de morte.
Non é tempo de quedar na casa, de resignarse, de
renunciar á xustiza, ao dereito e á loita. Por iso estamos aquí, en Compostela,
en Vigo, na Coruña, en Foz, en Lugo, en Ourense, en Ferrol, en Pontevedra, no
país enteiro, dando, máis unha vez, un exemplo cívico de compromiso coa nosa
Terra, coa xustiza, coa verdade. Todo o que non fan os que nos desgobernan, Os que nos guían / e non teñen ollos,
como di Bernardino Graña nun dos seus poemas.
Fronte a nós navega aínda un petroleiro cargado de
mentiras: o petroleiro da burocracia e do poder, esa inmensa marea negra que
intenta afogar o clamor da xente sen saberen eles que nin o alcatrán todo do
mundo calará a nosa voz, a nosa esixencia de dignidade e de xustiza, o noso
berro de Nunca Máis.
Todas e todos nós lembramos aquela marea negra do
Prestige que cubriu de petróleo o noso mar e as nosas praias, aquela marea
negra que trouxo tanta dor aos nosos corazóns e que tanta carraxe nos provocou
ao contemplarmos con estupefacción aquela xestión política do goberno do Estado
e da Xunta de Galiza, cada día e a cada hora máis disparatada.
Mais, fronte ao tópico da resignación do pobo
galego, Nunca Máis foi a resposta dunha sociedade viva, dun país que puxo de
manifesto a súa propia forza como pobo e que nos fixo sentir o orgullo de
sermos galegas e galegos. Foi aquela a maior mobilización social do mundo
diante dunha catástrofe ecolóxica. E fixémola nós, aquí, en Galiza. A bandeira
de Nunca Máis percorreu o planeta como símbolo da nosa loita e da nosa
dignidade contra a marea negra, contra a manipulación e contra a mentira.
E aquí estamos de novo, reclamando xustiza,
lembrando o que aínda queda por facer e esixindo solucións concretas:
1. Os medios necesarios para facerlle fronte a
calquera outro accidente marítimo que se poida producir nas nosas costas;
2. a xestión definitiva
para o fuel do pecio Prestige;
3.
o seguimento da saúde das persoas que
limparon o chapapote;
4.
as competencias propias en seguranza e
salvamento marítimo;
5. o retorno da Seguridade
Marítima á xestión pública;
6. o control efectivo do
Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra;
7. e medidas lexislativas
que rematen coa impunidade dos que contaminan
O Goberno de Rajoy e a Xunta de Feijoo van presentar
recursos perante do Supremo para acalar as nosas voces e as nosas conciencias
da dignidade con trinta moedas de ouro, mais Galiza non ten prezo e a
Plataforma Nunca Máis, ademais de demandar que quen contamina pague, vai ir
máis aló dando un paso nos tribunais para que os responsábeis políticos da
xestión daquela crise sexan finalmente condenados por provocar unha das maiores
catástrofes ecolóxicas do mundo, porque ese delito non pode ficar impune. Once
anos despois seguen a existir razóns para a indignación, a reivindicación e a
contestación social.
A Plataforma Nunca Máis acordou, por unanimidade,
presentar Recurso de Casación perante o Tribunal Supremo. Non por ter confianza
na xustiza española, pois xa vimos que o xuízo foi unha farsa, o proceso unha
fraude e a sentenza un insulto. O noso obxectivo é saír do labirinto do
aparello da xustiza española e seguir até o Tribunal Europeo de Dereitos
Humanos de Estrasburgo, até conseguirmos unha sentenza exemplar que sinale un
antes e un despois no delito ambiental.
Durante a longa travesía xudicial do Prestige, o
conxunto da cidadanía galega estivo persoada no caso a través de Nunca Máis -e
tamén hai que dicilo-, grazas ao esforzo e á xenerosidade da Comisión Xurídica
de Nunca Máis. Mais agora, o longo camiño que queda por percorrer na vía
xudicial, no Tribunal Supremo e no Tribunal de Estrasburgo, témolo que facer
como pobo galego autoorganizado en Nunca Máis, asumindo colectivamente, coa
axuda económica de todas e todos nós, os custos que leva consigo a presentación
deses recursos. Este ten que ser o recurso de Galiza, o recurso do pobo galego,
ao que temos que contribuír cada un e unha de nós cos seus propios euros, cada
quen co que libremente desexe. Ou recorremos nós esta inxusta sentenza ou
ninguén o vai facer por nós. Nin Rajoy nin Feijóo van procurar que se faga
xustiza; iso sabémolo ben.
Nunca Máis á incompetencia política!
Nunca Máis mareas negras de chapapote!
Nunca Máis mareas negras de manipulación e de mentiras!
Nunca Máis outro petroleiro estendendo a morte!
Nunca Máis!!!
Galiza, 1 de decembro de 2013
O próximo sábado día 30 de novembro de 2013, ás 11:30h, terá lugar unha
charla - coloquio na Casa - Museo: "Casares Quiroga" , Rúa Panaderas nº12, baixo
o lema " por unha sociedade libre de violencia de xénero", no que intervirán
Yolanda Díaz (coordinadora nacional de EU), Mariluz Canal (avogada e feminista)
e Laura del Río ( Consello comarcal de EU).
Esperamos cotar coa vosa presenza.
INICIATIVAS
Estado das rúas: Martin Códax, Abeleira e Estanque, na parroquia do Temple, que o Grupo de EU solicitou a súa reparación e acondicionamento.
Estrada do Canal en (Cecebre) na que pedimos a instalación de biondas ou guardarrailes de protección
INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU” AO PLENO E COMISIÓNS DO MES DE NOVEMBRO
MOCIÓN DE OPOSICIÓN Ó PROXECTO
DE LEI DE RACIONALIZACIÓN E SOSTENIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
EXPOSICION DE MOTIVOS
Os Alcaldes e Alcaldesas de todos os grupos políticos, exceptuando o
Partido Popular, mostraron o pasado 13 de outubro en Madrid, a súa posición
radicalmente contraria ó Proxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade da
Administración Local, lendo un manifesto do que algún dos seus extractos
conforman a presente exposición de motivos:
“O Goberno presenta esta reforma co único obxectivo de dar cumprimento
á Lei Orgánica de Estabilidade Presupostaria. E pretende basearse no argumento
da carga financeira e económica que as corporacións locais significan para a
economía do país. Trátase dunha afirmación sen fundamento, posto que o
endebedamento público das entidades locais está en torno ao 4% do PIB, mentres
que o seu déficit conxunto público total alcanzou en 2012 o 0,3% e será do 0%
para o período 2013-2015. Estamos ante unha apreciación errónea dos fins
constitucionais da Administración Pública, que non son outros que servir
eficazmente aos intereses dos cidadáns e onde as restricións presupostarias
constitúen unha limitación que se respecta totalmente polas corporacións
locais, e non un fin en sí mesmo.
Pero ademais, son as administracións locais as únicas que están a
diminuír o seu nivel de endebedamento, de modo que en 2012 máis de tres mil
concellos tiveron superávit nas súas liquidacións presupostarias.
O cidadán, que é a quen nos debemos, acode a quen lle presta mellor os
servizos e se a este fin acode aos municipios, en lugar da outros entes de
maior ámbito territorial, é porque percibe que da proximidade na prestación se
proporcionan servizos onde as súas necesidades particulares teñen mellor
acomodo.
A ampliación do ámbito territorial do Ente prestador provoca,
indubidablemente, a perda de atención á particularidade; por outro lado, a
eliminación de alternativas ao cidadán non provoca maior benestar a este, senón
pura prestación monopolística dos servizos e a clara tentación a privatizar a
súa xestión e/ou a requirir maiores pagamentos ou copagamentos polo acceso a
estes, o que indubidablemente redundará nuns servizos de menor calidade e maior
custo para o cidadán.
Ésta vai ser a consecuencia ineludible da nova lei: servizos de moita
peor calidade cun custo máis elevado que terán que custear os cidadáns.
O texto presentado, e que se pretende entre en vigor o 1 de xaneiro de
2014, erosiona a autonomía local non respectando as competencias municipais,
non ten en conta os principios de proximidade e de equidade na prestación dos
servizos públicos, non respecta as competencias das Comunidades Autónomas nin
as distintas peculiaridades e realidades históricas recoñecidas nos respectivos
Estatutos de Autonomía e pon en perigo a prestación dos servizos sociais
básicos que tanto necesitan os cidadáns nestes momentos de dura crise
económica.
Pero ademais, supón obviar os compromisos internacionais adquiridos por
España coa firma da Carta Europea de Autonomía Local en 1985, que establece que
o contido do compromiso adquirido coa adhesión se manifesta en que as Entidades
locais teñan "liberdade plena" para exercer "a súa iniciativa en
toda materia que non estea excluída da súa competencia ou atribuída a outra
autoridade". Este desprezo en pouco coadxuva a manter unha credibilidade
exterior imprescindible en momentos de crise como a actual, máxime cando
claramente o modelo proposto non é nin máis eficaz nin máis económico.
Ao contrario, o modelo proposto polo goberno significará unha grande
ineficiencia na prestación de servizos básicos (recollida e tratamento residuos
sólidos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario auga potable, acceso aos
núcleos de poboación e pavimentación das vías) pero tamén nas prestacións
sociais fundamentais para millóns de cidadáns. Servizos de atención domiciliaria,
teleasistencia, menores, minusvalidez, inclusión de inmigrantes, infancia,
dependencia, maiores... deixarán de ser prestados dende o coñecemento que
proporciona a proximidade, perderán a súa calidade e eventualmente poderían
deixar de dar cobertura a moitos cidadáns.
Por todo o anterior o pleno do Concello asume os seguintes:
ACORDOS
1.- O Concello de Cambre mostra
o seu rexeitamento á reforma da administración local e solicita ao Goberno da
nación que, co fin de evitar a intervención do Tribunal Constitucional, retire
o seu Proxecto de Lei e elabore un novo sobre a base dos principios de consenso
e dos compromisos políticos básicos, debendo contar coa participación das
administracións locais, tanto directamente como a través das Comunidades Autónomas
no ámbito das súas competencias.
2.- Dar traslado dos acordos aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos
Deputados e ao Presidente do Goberno.
ROGOS.
1.- No pasado pleno municipal, ante
unha iniciativa do noso Grupo sobre as perdas de auga potable no concello, o concelleiro
responsable informaba dos problemas e
das conseguintes derramas en varios depósitos e
na propia rede de distribución polo mal estado. Para o Grupo Municipal de EU, resulta necesario e
urxente realizar un estudo sobre o estado da rede de instalacións do suministro de auga no
municipio, para coñecer os lugares
precisos onde se encontran as fugas e as cantidades perdídas, co fin de actuar
para correxir a situación.
-Polo exposto, PREGAMOS o
Goberno nos facilite os informes existentes,
e as actuacións que se están levando a cabo para dar solución os
problemas.
2.- O PXOM e
un documento imprescindible para o
futuro desenrolo do noso concello, xa se puxo de manifesto o incumprimento por parte das empresas
redactoras respecto os prazos e irregularidades existentes na súa elaboración e
trámite, que sin duda vai influir
directamente en que Cambre non teña aprobado o Plan de Urbanísmo na presente
Lexislatura.
Respecto a este grave problema, o noso xuizo existe pouca información
pública por parte do Goberno, dun tema que traerá graves consecuencias para o
concello e os seus veciñ@s,
-Polo exposto, PREGAMOS nos
informen da situación actual, e do mesmo xeito o Goberno facilite información a cidadanía mediante os medios
dispoñibles no concello.
3.- Tendo coñecemento das
queixas que os veciñ@s fan
chegar o noso Grupo municipal motivado o estado de inseguridade que se
produce no camiño que transcurre entre Cela e O Canal, que presenta lugares que
comportan perigro para a circulación rodada e peonil, consideramos que se debe correxir esta
situación e non teñamos que lamentar
ningún accidente, debido a que os vehiculos poden sairse da estrada, ou
atropellar algunha persoa.
Por esto presentamos o seguinte ROGO:
-Que o Goberno local adopte as medidas necesarias
con carácter urxente para que se
instalen quitamedos ou biondas, nos
lugares do camiño mencionados onde exista risco para a circulación de persoas e
vehiculos, co fin de evitar o perigro que supón polo reducido ancho do vial e
falta de visibilidade.
PREGUNTAS:
1.- Veñen sendo frecuentes as queixas sobre os
desperfectos existentes no Parque Infantil situado ó carón da Casa das
Palmeiras. De feito, froito dunha solicitude do noso Grupo Municipal,
recentemente téñense sustituído elementos de xogo que estaban en mal estado.
Hoxe voltamos a denunciar que, neste mesmo parque, hai, debaixo dos columpios
sendas pozas tan grandes que coa choiva se forman unhas charcas que os
inutilizan para o xogo. Sabemos que colocar un chan de “corcho” como nos novos
parques supón un desembolso determinado, pero neste caso, únicamente se trata
de levar algo de recheo para nivelar o chan e que se poida desfrutar dun parque
que, aínda que é pequeño, alberga gran cantidade de nenos.
-En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGUNTA :
¿Cando pensa o Goberno tomar as
medidas necesarias para proceder a tapar e rechear as pozas dos columpios do
parque das Palmeiras?
2.- En
relación a Moción presentada polo concelleiro de Obras e servizos no pleno de setembro pasado, sobre a
supresión do paso a nivel en Cela, e a execución de beirarrúas na estrada
DP-1704. A petición do noso Grupo incluiuse solicitar a ADIF a execución dunha
senda peonil ou beirarrúa no camiño 0085.
-¿Poden informarnos en que situación se encontra dita
tramitación, e os posibles acordos?
3.- Veciñ@s das rúas Abeleira, Martin
Codax e Estanque, teñen denunciado a situación de abandono dos mencionados
viales por carecer de asfaltado e
pronunciados baches que dificultan a circulación. En este mesmo sentido
o noso Grupo ten presentado unha iniciativa nas Comisións Informativas do mes de outono do 2011.
Transcurridos mais de dous anos, a situación
de deterioro aumentou, sin que se teña feito ningunha actuación para
solucionar o problema
Polo exposto, o noso Grupo Municipal
pregunta:
¿Cal é o motivo polo que a dia de hoxe estas
rúas atopanse sin asfaltar, e para cando pensa o goberno levar a cabo a
reparación do problema?
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS,
SERVIZOS E URBANÍSMO.
ROGOS:
1.- Tendo en conta os problemas de perigrosidade no camiño que transcurre entre Drozo e
Estorrentada a altura do número 34-A, é según consta no informe emitido pola
Policía local en relación a existencia de un montículo de terra que soporta un
poste do tendido eléctrico, impedindo a visibilidade aos vehiculos para a súa
incorporación o dito vial.
-PREGAMOS O Goberno local adopte
as medidas necesarias con carácter urxente, para para evitar o perigro de accidentes nunha via pública de
titularidade municipal.
PREGUNTAS:
1.- ¿Que medidas ten tomado o
Goberno, en referencia a solicitude presentada polo noso Grupo, sobre a seguridade
no cimeterio municipal de Cambre?
En CAMBRE, a 23 de
novembro de 2013.
Asdo: Grupo Municipal de “EU”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)