El paro sube un 1.84 % durante NOVIEMBRE ( 2013 ) en CAMBRE
|
jueves, 2 de enero de 2014
miércoles, 1 de enero de 2014
lunes, 23 de diciembre de 2013
domingo, 22 de diciembre de 2013
GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL .
Praza Europa,nº 7. 15660 (CAMBRE)
UN CENTRO DE DIA
PARA MAIORES EN CAMBRE
¡UNHA NECESIDADE URXENTE!
Para os que defendemos que a solidariedade debe
ser un dos principios básicos de calquera actuación política responsable,
parécenos fundamental que os cartos públicos teñan como principal destino a
creación e mantemento de servizos que axuden a cubrir as carencias mais
importantes dos colectivos sociais desfavorecidos ou con maiores problemas.
Para o Grupo municipal de Esquerda Unida, resulta
verdadeiramente lamentable a desproporción entre a dimensión do Concello e a
dos servizos sociais que presta . E, por poñer un exemplo, falaremos da
carencia dun Centro de día para persoas maiores.
¿Qué é un Centro de día?. De xeito resumido
podería decir que é unha instalación onde as persoas maiores (a chamada
“terceira edade”) podería asistir dende a mañán ata a noite, pero non só para
permanecer alí pasivamente senón, sobre todo, para recibir todo tipo de
atencións sociosanitarias. Así, o Centro de día disporía de comedor,
terapia ocupacional, enfermería, asistencia social, etc. Sería preciso tamén
crear un servizo de transporte para que poidan asistir a él persoas de zonas
alonxadas do lugar onde estivese situado o centro, ou as que se atoparan con
problemas de movilidades.
A diferencia fundamental entre un Centro
de día e os chamados centros da terceira idade,é que estes últimos
limítanse a ser lugares onde as persoas
van mentras o seu estado físico lle lo permite e cumplen a función de proporcionarlles un espacio para
pasalo ben. Pola contra, o Centro de día atende ás mesmas
persoas prestandolles un maior grao de atencióne de servizos, pero a mais
dalles a seguridade de seguilas asistindo cando ainda que vaian perdendo
facultades físicas ou psíquicas e axudáas a manterse nas mellores condicións,
evitando que teñan que acudir a unha residencia xeriátrica. Así pode
prolongarse durante mais tempo a permanencia da persoa no seu propio medio ata
que, polo seu deterioro, precisara unha atención especial sanitaria ou
psiquiátrica. Co Centro de día resolveríanse importantes necesidades das persoas
maiores: proporcionarlles unha atención especial que non é posible darlles
individualmente nas súas casas, así como tamén aliviar problemas como a soedade
e a limitación de medios económicos que moitas veces sofren.
O Grupo Municipal de EU, entende que a laboura do
concello debe ser de atender os problemas reais das persoas. Non abonda con
organizar festas e excursións para as
persoas maiores. Hai que poñer en marcha servizos necesarios para que os
veciñ@s de Cambre teñamos asegurado unha vellez digna dentro do noso propio
ambiente. A construcción deste Centro non é unha utopía
irrealizable, sinón un servizo no que dispoñen no noso Pais moitos concellos de
igual ou menor dimensión que o noso.
En definitiva, o Centro de día de Cambre
pode construirse, ningún Goberno municipal debe ser alleo a esta necesidade
longamente demandada. Dende o noso Grupo Municipal, facemos da súa existencia un obxectivo común
irrenunciable.
Asdo: Grupo Municipal de “EU” de
Cambre
sábado, 21 de diciembre de 2013
viernes, 20 de diciembre de 2013
%5B1%5D%5B1%5D.jpg)
INICIATIVAS PRESENTADAS O PLENO E COMISIÓNS DO MES DE DECEMBRO
MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE
ESQUERDA UNIDA CONTRA A LOITA A LOITA DO VIH/SIDA.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En España estímase que cada ano contraen o virus entre
3.500 e 4.000 persoas, afectando xa a un total de 150.000 persoas. Dos novos
diagnósticos, un 45% son tardíos, o que complica non só a posta en marcha do
protocolo sanitario senón a recuperación da propia persoa. Na actualidade,
prodúcense anualmente máis de 1.000 mortes ao longo de todo o Estado español
por enfermidades asociadas á Sida. Ademais, unhas 50.000 persoas que contraeron
o virus descoñece que o ten, supondo un terzo do total, o que aumenta as
posibilidades de infección a terceiras persoas, sendo de feito este
descoñecemento o causante de máis do 70% das novas transmisións.
Fronte ao que supón un problema de saúde pública de
primeira orde atopámonos cun recorte orzamentario na dotación do Plan Nacional
sobre a Sida dun 80%, pasando dos 4,5 millóns de euros cos que contaban as
entidades implicadas en 2011 a tan só 1 millón de euros para 2013. Esta
importante redución leva inexorablemente á desarticulación dos servizos de
atención ás persoas que viven con VIH, así como dos servizos e campañas de
prevención que viñan desenvolvendo tanto a nivel estatal, autonómico e local,
sempre baixo o paraugas do Plan Nacional sobre a Sida.
Aos recortes en prevención súmanse as carencias no control
da infección por VIH, estratexia fundamental de cara a frear a pandemia e
alcanzar o obxectivo dunha xeración sen VIH/Sida. Por unha banda exércese a
desprotección fronte ás persoas afectadas, cos riscos derivados en canto á súa
saúde e a da súa contorna, posto que fronte ao descontrol e a desinformación as
posibilidades de transmisión do virus a outras persoas increméntase
exponencialmente, o que supón un anunciado incremento na incidencia de VIH na
poboación. Cabe lembrar neste senso que os custos en tratamento sempre serán
moito maiores que os custos en prevención e control, non só nun sentido
estritamente económico, senón tamén en termos de saúde pública e calidade de
vida.
POLO EXPOPSTO O GRUPO MUNICIPAL
DE “EU” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
1.- Solicitar ao
equipo de goberno deste Concello o desenvolvemento dunha campaña informativa de
prevención de VIH no ámbito municipal que fomente o uso do preservativo e
conciencie á poboación sobre a necesidade de facerse a proba de detección, pois
un diagnóstico precoz do VIH asegura unha mellor calidade da saúde e abarata os
custos sanitarios. Esta campaña debe ir especialmente dirixida á mocidade, así
como á poboación máis vulnerable: os homes que teñen sexo con homes (HSH), e á
poboación máis exposta, como é o caso das mulleres e homes que exercen a
prostitución.
2.- Solicitar ao
Concello o apoio e colaboración coas entidades sen ánimo de lucro que prestan
servizos ás persoas que viven con VIH afincadas no municipio, co fin de suplir
as carencias derivadas do drástico recorte de financiamento ao Plan
Multisectorial sobre a Sida.
3.- Solicitar á
Consellería de Sanidade o reforzo e promoción do Proxecto de detección precoz
do VIH, por medio das probas anónimas de detección rápida de VIH, nos centros
debidamente autorizados pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde
Pública. De igual maneira, que garanta a asistencia sanitaria e o acceso ao
tratamento antirretroviral a todas as persoas afectadas de VIH, incluídas as
persoas refuxiadas e inmigrantes, xa que este colectivo supón unha parte
relevante dos novos diagnósticos.
4.- Instar á
Consellería de Sanidade a que retire o copago sanitario dos fármacos de
dispensación hospitalaria, medida que repercute negativamente tamén nos
pacientes con VIH/Sida, posto que algúns destes fármacos son necesarios no
tratamento de enfermidades asociadas ao VHI/Sida. En tanto esta modificación
non é adoptada, emprázase ao Concello a adoptar as medidas que considere
oportunas para evitar unha situación de fracaso terapéutico e exclusión
socio-sanitaria daquelas persoas que non poidan asumir o copago sanitario.
5.- Solicitar ás
Consellerías de Sanidade e Educación desenvolver conxuntamente co concello un
plan de concienciación e prevención da infección do VIH nos centros sanitarios
e educativos. Devanditos plans deben facer fincapé na educación sexual das
beneficiarias, en especial as persoas novas, ao caracterizarse este como o
medio máis eficaz e económico de prevención de riscos na transmisión do VIH e
outras ITS.
6.- Emprazar á
Consellería de Sanidade a que adecúe a catalogación da infección por VIH como
enfermidade infecto-transmisible en lugar de enfermidade infecto-contaxiosa, de
cara a evitar situacións discriminatorias no acceso a bens e servizos das
persoas que viven con VIH/Sida.
7.- Dar conta deste
acordo a todas as persoas e grupos de interesados, en particular as ONGs
implicadas na loita contra o VIH/Sida.
Da presente moción darase traslado:
-Ao Goberno central (Ministerio de
Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ministerio de Educación, Ministerio do
Interior).
-Ao Goberno autonómico (Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Consellería de Sanidade,
Consellería de Traballo e Benestar)
- Ás organizacións de loita contra o
VIH/Sida e de atención ás persoas que viven co VIH, de Galicia e do concello.
ROGOS:
1.- Na sesión ordinaria do Pleno do 28 de Febreiro
aprobouse unha moción do GM de EU pola que se deberían dar, por parte do
Goberno Municipal, as ordes oportunas para publicar na Web as declaracións de
bens e actividades dos membros da Corporación Municipal. A aprobación da Moción
por unanimidade nos termos nos que foi presentada, supuña que dita publicación
tería que facerse sin mais dilación dacordo co disposto ó respecto no ROM.
Baseándonos no anteriormente exposto
PREGAMOS
Se nos informe das xestións
realizadas para a publicación das declaracións de bens e actividades dos
membros da corporación, posto que xa pasaron 9 meses e ditas declaracións son
documentos que están en poder da Secretaria do Concello e temos unha recén
estreada páxina web na que ten cabida dita información.
2.- 1.- Veciñ@s da parroquia de
San Lourenzo, manifestaron o noso Grupo a necesidade da ampliación do
percorrido da linea de autobús de transporte circular do concello, co fin de
prestar servizo as familias que
residen no lugar de Os Coruxos e favorecer a mobilidade no municipio.
-Por esto PREGAMOS, que o Goberno local se dirixa a
empresa responsable, co fin de modificar
e ampliar a linea 177 Cambre-Meixigo, ata o lugar de Os Coruxos
3.- Un dos lugares de maior tráfico rodado do
concello, localizase na glorieta do centro de Cambre, onde camións e autobuses teñen problemas para
realizar o xiro na rotonda, existindo un continuo risco de accidentes e
retencións do tráfico.
Unha
vez mais PREGAMOS nos informen das medidas previstas para resolver os problemas e correxir as
deficiencias existentes na mencionada
rotonda.
PREGUNTAS:
1.- En varias ocasións, O noso
Grupo municipal ten plantexado a carencia na sinalización nas instalacións
deportivas de titularidade pública do concello. A pesar do tempo transcurrido e das promesas dos
responsables do goberno, na actualidade
ainda non se procedeu a dar cumprimento o solicitado.
Polo exposto PREGUNTAMOS ¿cando
teñen previsto a instalar sinais
informativos indicando as instalacións deportivas que carecen das mesmas?
2.- O noso Grupo ten denunciado as deficiencias existentes nas
instalacións deportivo-culturais de
Meixigo, e as consecuencias negativas
para realizar as actividades nas
mellores condicións de seguridade co conseguinte perigro para as persoas e danos materiais, motivadas pola choiva no
interior do local social.
Desde
o Grupo de EU entendemos
que, sendo estas infraestructuras de titularidade municipal, non
abondan mais disculpas, e deben dar unha resposta a demanda dos usuarios que se
sinten abandonados polos responsables municipais, poñendo unha vez mais de
manifesto o malestar da veciñanza.
-¿Para cando pensa
o Goberno municipal subsanar as deficiencias das mencionadas instalacións, garantindo o seu
dereito o uso nas mellores condicións de
seguridade?
3.- Según informacións do Goberno, existe
unha memoria valorada sobre a seguridade viaria na estrada AC-214.
-¿Ten enviado o Goberno municipal algún
proxecto a Axencia Galega de Infraestructuras para dotar de medios de seguridade a mencionada estrada?
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO
1.- Na rúa Cruceiro existe un solar ( antiguo cine), que
de non evitalo vai camiño de convertirse nun basureiro incontrolado de depósito
de lixo de todo tipo. Este feito no centro da Vila, desmerece o propio lugar e
urxe tomar as medidas.
-PREGAMOS
ao Goberno actúe de forma inmediata, e procedendo a dictar as medidas
correctoras a quen corresponda, para a súa limpeza e valado de dita parcela.
PREGUNTAS:
1.- ¿Poden informarnos das razóns da
demora e cumprimento do compromiso adquirido polo goberno para instalar as
medidas preventivas de seguridade na praza Manuel Lugrís?
2.- O Consorcio das Mariñas ten informado sobre a instalación de recipientes para a recollida
de aceites usados.
-¿Pode informar o Goberno, para cando ten previsto
prestar o servizo no Concello, e os lugares da súa ubicación?
3.- ¿Poden informarnos dos criterios establecidos para a
instalación do alumeado de Nadal?
COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE,
CULTURA E TURISMO.
ROGO:
1.- No camiño que transcurre entre As Pereiras e
Estorrentada, un autobús de transporte
escolar, ten establecido o seu percorrido por dito vial, este feito produce retencións no
tráfico e problemas na circulación, o
que ten motivado as correspondentes queixas dos veciñ@s
-Tendo
en conta as limitacións de dito camiño, PREGAMOS se proceda a tomar as medidas oportunas
en relación ao problema.
En CAMBRE, a 14 de decembro
de 2013
Asdo: Grupo Municipal de "EU" de Cambre
martes, 17 de diciembre de 2013
CAMBRE
La Xunta admite que la escuela infantil no deja espacio para el centro de día
EU reclama al alcalde que "no sacrifique" la instalación en O Temple - Pedirá en pleno que la firma del convenio para la guardería quede de nuevo sobre la mesa para replantear el proyecto
Sara Vázquez | Cambre 17.12.2013 | 02:28
Benestar niega la existencia de un compromiso para construir la residencia, que no ve prioritaria
La Xunta confirma que, como temía la oposición cambresa, el proyecto presentado para la construcción de la escuela infantil en O Temple, que financiará la Fundación Amancio Ortega, no deja espacio suficiente para el centro de día que el Concello preveía en la misma parcela. La Consellería de Traballo e Benestar afirma, además, que no existe ningún compromiso formal para la creación del centro de día, más que la cesión de la parcela por parte del Ayuntamiento. EU reclama al alcalde que "no sacrifique" la instalación para mayores y pide que se replanteen los proyectos para no renunciar a ninguno.
Benestar explica que las dimensiones previstas para la escuela infantil, "de las más grandes, con seis módulos y 82 plazas", excluyen otro edificio en la misma parcela, en la que se ubicará también el centro de salud. La Consellería aclara, además, que ese proyecto nunca contó con dotación presupuestaria, ni plazos y que no existe ningún compromiso formal acerca de su construcción, más que la cesión de una parcela, iniciativa del Ayuntamiento.
El departamento autonómico aclara que no descarta el proyecto del centro de día, pero reconoce que no es prioritario y que lo único que hay es la cesión del terreno, como ocurre en "muchos" otros casos, afirma.
El Gobierno local aseguró que estudia ubicaciones alternativas para la construcción del centro de día y afirmó, aunque sin fijar plazos, que el proyecto se ejecutará.
El grupo municipal de EU exige al alcalde, Manuel Rivas, que "no sacrifique" el centro de día y reclama que se revise el proyecto de la guardería, para lo que pedirá, avanza, que la firma del convenio con la Fundación Amancio Ortega se deje otra vez sobre la mesa en el pleno de esta semana, como ya se hizo el mes pasado, cuando la oposición demandó revisar el diseño de la guardería y sospechó de una renuncia al centro de día.
EU aclara que defiende la construcción de la guardería pero reivindica "el acuerdo plenario en el que quedó plasmada la necesidad de un centro de día y un centro de salud".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)