sábado, 31 de enero de 2015


INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL AO PLENO DO MES DE XANEIRO


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU SOBRE A ELABORACIÓN  DUN PROXECTO PARA O  CERRAMENTO DO PAVILLÓN  POLIDEPORTIVO DO COLEXIO PORTOFARO.

Xustificación:

Un sistema educativo de calidade implica entre outros factores, que as infraestruturas escolares dispoñan das mellores condicións de uso para a súa utilización.

Entre os problemas que é necesario atender respecto do anterior, atópanse os relacionados coas  instalacións deportivas, para facilitar  a práctica do deporte en distintos niveis e modalidades, para os escolares do centro de ensino.

No colexio Portofaro, existen instalacións   deportivas cubertas, que limitan  de unha maneira importante a práctica deportiva e de outros eventos relacionados co ocio. A xuízo do noso grupo, o concello  debería aproveitar as inversións realizadas con anterioridade,  para poder rentabilizar o seu uso coa maior efectividade.

Fronte a esta realidade o noso Grupo Municipal, amósase decidido partidario dun compromiso firme por parte do Concello, para intervir no problema, mediante unha iniciativa política clara, e dar unha resposta a unha necesidade longamente demandada.

POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN O PLENO, A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:

UNICO.- O Pleno da Corporación, encomenda o Goberno Municipal a tarefa de elaborar un proxecto para dotar o pavillón polideportivo do colexio Portofaro dun cerramento perimetral, co fin de  permitir o desenrolo das actividades propias da instalación, con independencia das condicións climatoloxicas.

                          En  CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015



ROGOS:

1.- Unha das  cuestións básicas que deben ter os espacios para a circulación peonil, é unha correcta iluminación. O noso Grupo Municipal xa ten plantexado o problema que supón a falta de visibilidade na ponte vella da ría do Burgo.

-PREGAMOS nos informen sobre as medidas previstas para solucionar o problema.

2.- Con anterioridade, o noso Grupo xa ten denunciado a necesidade dun plan preventivo para a revisión e limpeza de sumidoiros e pluviaias, co fin de evitar os problemas derivados  como consecuencia das deficiencias no mantemento preventivo   nas redes de saneamento do concello, feitos como o ocurrido recentemente en Socampo, veñen producindose con demasiada frecuencia en distintos lugares  polo abandono do equipo de goberno no cumprimento das súas funcións en estes problemas.

Considera o noso Grupo, que cumpre  con urxencia realizar un plan de inspección na rede de sumidoiros, para evitar que sigan producindose estas situacións, e garantir o servizo nas mellores condicións de hixiene e danos  no medio natural.

-Por todo o exposto, o noso Grupo PREGA ao goberno, que coa máxima urxencia, se poña en marcha un plan de revisións na rede de sumidoiros e pluviais do sistemas  públicos  do concello, procedendo a limpeza da suciedade acumulada, e a súa reparación en caso necesario,  garantindo o bon estado de limpeza e hixiene nas instalacións.

3.- O vial que transcurre dende a estrada CP.- 1706 e  AC.- 214,  soporta unha importante circulación. Nas inmediacións da Casilla en Cela, as biondas de protección instaladas no limite coa liña do ferrocarril, presentan un importante estado de deterioro.   
 

-PREGAMOS   se adopten as medidas correctoras  necesarias para a mellora da seguridade no lugar.  
                       


                        En CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015




                                 Asdo: O Voceiro do Grupo






COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO


PREGUNTA:
1.- No pleno do mes de outono, EU denunciaba  a proliferación de  vertedoiros de lixo ilegais e incontrolados. Estes feitos foron posto en coñecemento  dos responsables do Goberno en reiteradas ocasións.
-Transcurridos tres meses, o noso Grupo PREGUNTA polas medidas que se teñen tomado respecto do problema, e si os servizos do Concello ten elaborado algún informe sobre a localización e eliminación de depositos de verquidos  incontrolados.



                               En CAMBRE, a 23 de xaneiro de 2015

                                Asdo:Grupo Municipal


CAMBRE

EU urge al Gobierno local a acabar las obras de la calle Martín Códax

31.01.2015 | 00:59
EU de Cambre urge al Gobierno local a terminar las obras de las calles Martín Códax, Estanque y Abeleira. La formación critica el "desinterés" del Ejecutivo municipal y recuerda que prometió que los trabajos, iniciados en diciembre, apunta, durarían 20 días.
La agrupación denuncia los "problemas y trastornos" que sufren los vecinos y la "prolongación excesiva" de la duración de la obra. Advierte, además, de "deficiencias en la ejecución del proyecto de urbanización", asegura, "estructurales de seguridad y accesibilidad" y reclama "diligencia" para acabarla.

jueves, 29 de enero de 2015





Concentración en el colegio Portofaro de Cambre para pedir una ATS para Alex.

Concentración en el colegio Portofaro de Cambre para pedir una ATS para Álex

miércoles, 28 de enero de 2015


2015-01-30 Asemblea
COMUNICADO DE PRENSA


Compostela, 26 de xaneiro de 2015.


ESQUERDA UNIDA MANIFESTA QUE A VITORIA DE SYRIZA AMOSA COMO AS ALIANZAS AMPLAS DA ESQUERDA PODEN GAÑAR

A executiva nacional de EU considera a vitoria de Syriza como a vitoria da esquerda en Grecia, porque supón un episodio histórico de suma e encontro de múltiples organizacións da esquerda a partir dos anos 90 e porque implica un golpe decisivo ás políticas da troika.

Esquerda Unida felicita ao pobo grego, a Syriza e ao resto de partidos integrantes do PARTIDO DA ESQUERDA EUROPEA, motor importante do programa alternativo da esquerda rupturista dende fai anos e que forma parte do sustrato propositivo de Syriza.

Para Esquerda Unida, sen extrapolar escenarios ao resto de Europa, Grecia amosa como a prioridade no actual contexto é conseguir a unidade que hoxe reclama unha ampla maioría social, desde unha “clase media proletarizada e precarizada” ata os sectores máis golpeados polos efectos da crise e as políticas de recortes.

Para EU, o exemplo de Grecia, con máis de 30 folgas xerais dende 2009, amosa que esta unidade se fragua en torno á necesaria mobilización e loita social. Unidade nos valores, nos principios, na convicción de profundizar nunha sociedade radicalmente democrática. Pero Unidade tamén nas institucións, sempre cun programa cidadán como sustento ideolóxico alternativo, como nexo de unión, como compromiso de cumprimento e como mecanismo de control do goberno.

Esquerda Unida trasladou formalmente hoxe unha felicitación á secretaría de relacións internacionais de Syriza.


Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.


domingo, 25 de enero de 2015

CAMBRE

EU denuncia que Rivas incumple el pacto para compensar el ´catastrazo´

Critica que no se ha convocado la comisión de Facenda y no hay noticias de los informes

25.01.2015 | 01:27
EU de Cambre denuncia el alcalde de Cambre, Manuel Rivas, incumple el acuerdo adoptado en pleno para revisar las ordenanzas fiscales en compensación por la subida derivada de la ponencia de valores del Catastro. La formación sostiene que no se ha convocado la comisión de Facenda en diciembre, uno de los puntos aprobados, y que no tiene noticias de la elaboración de informes técnicos sobre las ordenanzas para analizar las posibilidades de modificación.
Cierre en el Portofaro
EU presentará el próximo jueves una moción en pleno para exigir la construcción de un cierre perimetral para el polideportivo del colegio Portofaro. El grupo propondrá que se elabore un proyecto para las obras que, sostiene, pretenden "facilitar el desarrollo de actividades en las mejores condiciones".

miércoles, 21 de enero de 2015

INFORMACIÓN

Convocatoria de las subvenciones del Programa de ayuda al alquiler de viviendas del Plan estatal de fomento del alquiler de viviendas, la
rehabilitación edificatoria y la regeneración y renovación urbanas 2013–2016.

Prazo dun mes para a presentación das solicitudes desde o día seguinte á publicación no DOGA.
Mais información www.igvs.es e no teléfono 981 18 48 22