miércoles, 17 de febrero de 2016





Los '8 de Airbus' absueltos, ¡enhorabuena compañeros! Gracias por vuestro ejemplo y lucha en la defensa de los derechos de todos/as

martes, 16 de febrero de 2016

¡Contigo, seguimos adelante!

Campaña de apoyo a IU
Como conoces, la situación económica de nuestra organización es sumamente complicada. La injusta ley electoral hace que una organización que representa a casi 1 millón de votantes tenga solo dos diputados, frente a otras que con cerca de cinco millones de votos logran 90 escaños. Además, el veto puesto por determinados partidos nos ha impedido poder formar un grupo parlamentario propio.

Todo ello afecta de manera directa a los recursos económicos de la organización, que tiene que adaptarse a ello para hacerle frente de la mejor forma posible. El Consejo Político Federal ha aprobado un Plan de Viabilidad Económica que asegura la continuidad de Izquierda Unida. Se han producido recortes en todas y cada una de las partidas de gastos (generales, bancarios, cuotas de partidos, apoyo a las federaciones y gastos de personal). Han sido decisiones duras y dramáticas, pero necesarias. Especialmente dolorosa ha sido la que afecta a los trabajadores y trabajadoras, y a sus salarios.

El momento actual es complejo pero vamos a afrontarlo poniendo en el centro la política: a pesar de la difícil situación, con el apoyo y el trabajo de todas las personas que formamos parte de IU seguiremos construyendo la alternativa.

Te informarmos para pedirte apoyo como militante y simpatizante. Iniciamos una campaña de solidaridad a la que esperamos que contribuyas en la medida de tus posibilidades. Como en otras ocasiones, con tu ayuda, con tu compromiso, contigo, ¡seguimos adelante!

Para contar con ese apoyo puedes realizar una aportación con la forma de ‘donación’ a tu organización. Te informamos de que estas donaciones puedes incluirlas en tu Declaración de la Renta (IRPF) y son objeto de desgravación.

El número de cuenta para realizar este tipo de donaciones, que deben realizarse por transferencia bancaria, es ES57 0075 0446 4306 0022 0197

No olvides indicar al realizar el ingreso tu nombre y apellidos, indicando en el concepto también tu DNI, para poder certificar posteriormente la cantidad de la donación y que ésta ha sido realizada. Si tienes alguna duda o consulta contacta con nosotros a través del correo electrónico jorge.administracion@izquierda-unida.es o el teléfono 91 722 75 00.

Muchas gracias :-)

viernes, 12 de febrero de 2016




CCOO denuncia o abandono do ferrocarril na comarca de Ferrol
  • O sindicato culpa da situación o Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia
O sector ferroviario de CCOO denuncia o «abandono» e o «desinterese» polo ferrocarril na comarca de Ferrol, situación da que culpan o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia. A situación do ferrocarril na comarca é «alarmante», tanto na rede de ancho métrico (antiga Feve) como no caso da liña Ferrol-A Coruña. Para o sindicato, asistimos ao «abandono total» da rede de ancho métrico, tanto no tocante á infraestrutura como aos vehículos ferroviarios. Como exemplo, en datas recentes decidiuse aumentar os tempos de viaxe oficiais no canto de facer as reparación necesarias para retirar as limitacións a 30 quilómetros por hora.
CCOO critica o abandono do servizo público ferroviario
CCOO critica o abandono do servizo público ferroviario
A situación vese agravada pola escaseza de persoal cada vez máis acusada, debido ás baixas vexetativas que quedan sen reposición. Esta cuestión, sumada á falta de mantemento adecuado dos vehículos e de investimentos, «obrigan a que, en moitas ocasións, se fagan servizos ferroviarios por estrada», censura o sindicato. Ademais, ao faltar persoal comercial, moitos trens van sen interventor, o que facilita a fraude. Tamén hai que salientar as recentes queixas dos usuarios pola inadecuada oferta.

No caso da liña Ferrol-A Coruña de ancho ibérico, a inexistencia de servizos axeitados ás necesidades da poboación, a redución de paradas e o peche de estacións están causando unha perda constante de usuarios. Este traxecto podería considerarse como unha liña de proximidade ferroviaria, como existen en todas as comunidades do litoral onde se concentran as maiores densidades de poboación. CCOO denuncia o «agravio comparativo» co resto de comunidades, xa que outras como moita menos poboación teñen liñas de proximidade cun número de servizos e cadencias moito maior que en Galicia.

Tamén se están a producir «situacións grotescas», como a falta de servizos directos de mañá entre A Coruña e Ferrol durante seis horas (de 08.45 a 14.31) e entre Ferrol e A Coruña durante sete horas e media (de 5.55 a 13.25); estacións en que só se ofrece un servizo ao día; ou a deterioración do Tren Hotel a Madrid. O sector ferroviario de CCOO coida que por tras desta situación está a pretensión dos Gobernos central e autonómico de deteriorar os servizos como escusa para suprimilos e pechar estacións.

Propostas de CCOO

Comisións propón unha serie de actuacións, tanto de carácter técnico como comercial, para a modernización deste trazado ferroviario. No ámbito do transporte de mercadorías cómpre un plan integral de potenciación deste tipo de transporte por ferrocarril, co obxectivo fundamental de aumentar a velocidade comercial dos trens de mercadorías e incrementar a cota de mercado, que en España está aínda moi por debaixo da media europea. A conexión ferroviaria do porto exterior é unha obra «fundamental» para potenciar as mercadorías ferroviarias e para o desenvolvemento económico da comarca, aínda o sindicato discrepa co trazado aprobado finalmente.

CCOO seguirá a insistir na necesidade dun ferrocarril convencional de calidade en Galicia, que garanta a mobilidade das persoas, os investimentos para modernizar as infraestruturas e ofrecer un mellor servizo, máis frecuencias e mellores horarios. Considérase «imprescindible» a aposta decidida por un ferrocarril público, seguro, respectuoso co medio e como elemento de cohesión social e territorial. 


9YRE7DL5

Esquerda Unida solidarízase coas víctimas da agresión homófoba en Compostela

Esta semana, Compostela volveu ser tristemente testemuña dunha das lacras da nosa sociedade: a homofobia. Un home foi agredido nun supermercado do Barrio de Galeras e, posteriormente, vexado e insultado polos seus agresores con insultos serofóbicos e LGTBIfóbicos.
“Unha vez máis temos que elevar a voz de alarma: as persoas LGTBI non están protexidas”, explica Noel Dopazo, coordinador da Área de Diversidade Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU). Segundo Dopazo “queda moito por facer, mais as políticas LGTBI non están sobre a mesa. As institucións teñen que poñerse mans á obra e, ademais de xestos simbólicos, o colectivo LGTBI necesita políticas para garantir a súa seguridade e poder ter unha vida digna”, explica.
“Dentro destas políticas destacamos, por exemplo, a creación dun plan integral de actuación para os casos de LGTBIfobia, así como formación específica para os corpos de seguridade ou promover a denuncia destas agresións, entre outras”, propón Noel Dopazo.
Dende Esquerda Unida queremos mostrar todo o noso apoio á parella e pedimos tanto ao Concello de Compostela como á Xunta que comecen a tomarse máis en serio o problema das agresións LGTBIfóbicas, para que isto non volva ocorrer nunca máis e para que non teñamos que lamentar máis agresións.


CTeTEI6WEAA-OaG

Esquerda Unida repulsa o asasinato machista ocurrido en Becerreá

Esquerda Unida, unha vez máis, manifesta a súa condena máis rotunda á violencia machista, que cobrouse onte unha nova vítima en Becerreá. Neste senso, a deputada de AGE, Eva Solla, traslada a súa solidariedade coa familia e cos menores testemuñas do asasinato e reclama que “dende os poderes públicos se loite de maneira real e prioritaria contra este problema”.
Tanto a Administración central como a autonómica son responsables de educar en igualdade e levar a cabo programas transversais neste senso, así como dar solucións reais para que as mulleres teñan ferramentas para abandonar as situacións de maltrato”, explica a deputada. “A pesar de que a violencia de xénero é rexeitada desde todos os ámbitos, é aínda unha secuela endémica que nos segue golpeando”, sinala Vanessa Angustia, coordinadora de EU Pontevedra e senadora de En Marea.
“Desde que comezou a crise, a violencia de xénero foi en aumento. Temos exemplos de violencia institucional soterrada que se exerce contra as mulleres a través dos recortes orzamentarios ou a diminución das poucas políticas de prevención, entre outros factores que seguen a fortalecer a desigualdade”, remata a senadora.

martes, 9 de febrero de 2016




A ASAMBLEA INSTA A UNIÓN X CAMBRE A PROPOÑER  E DIALOGAR CO RESTO DOS GRUPOS.

Na ACdC, solicitamos ao goberno que coa finalidade de conseguir un goberno estable en Cambre, inicie diálogo de propostas co resto dos grupos da corporación.
Dende a ruptura do pacto de goberno entre UxC e PSOE, na Asamblea se informou sempre ao goberno da nosa posición de diálogo. Posición, que seguimos mantendo polo ben do conxunto de veciñas e veciños de Cambre.

Entendemos, que debe ser o alcalde ou a persoa designada polo goberno para esta cuestión a que nos faga unha proposta, pois coñecen mellor a situación actual e as carencias que existen. Si isto chega a suceder, iniciaríamos as conversas para ver ata onde estamos dispostas a chegar.

A única proposta que se fixo por parte do actual goberno de cara á participación do resto dos grupos, foi a da Xunta de Goberno Local, un órgano que non ten capacidade de decisión, polo que dende ACdC nos pareceu algo insuficiente e motivado por unha falsa escusa de transparencia que actualmente xa existe posto que os grupos reciben as actas das Xuntas de Goberno Local. Por iso, instamos ao goberno a unha nova negociación cos grupos políticos representados no concello, posto que con 5 concelleiros e un 20% dos votos, UxC non te lexitimidade para gobernar en solitario, contratando a asesores que cubran a labor de concelleiros que non acadaron nas urnas, pois esa situación estaría máis preto de converter Cambre nun goberno de tecnócratas  que nun goberno democrático.
Levamos semanas asistindo a difamacións sobre a nosa postura de cara a un diálogo, por iso, queremos insistir en que por medio dos nosos concelleiros se informou a UxC, en persoa, por teléfono e mediante notas de prensa a nosa posición a dialogar de cara a establecer un pacto de goberno si se cumpren unha serie de garantías, tanto éticas como programáticas.

O que non pode ser, e que  a cidadanía de Cambre, sufra as consecuencias de ter un concello con áreas como servizos sociais ou facenda carentes de dirección política, mentres estamos á espera do que diga a executiva do PSOE en Madrid.

Ademais, dende a ACdC poñemos en cuestión a lexitimación que pode ter unha reedición do pacto entre PSOE e UxC, xa que non debemos esquecer que aínda que o Sr.Bao abandone a acta, dúas concelleiras do PSOE, mostraron o seu apoio expreso a este concelleiro no pleno do 23 de novembro, abandonando o salón de plenos con él.


Por todo o anterior solicitamos ao goberno de Cambre que inicie un diálogo de propostas ao resto dos grupos coa finalidade de consolidar un goberno estable que permita facer unha política responsable coas veciñas e veciños de Cambre.

lunes, 8 de febrero de 2016

Esquerda Unida chama a mobilizarse na defensa do dereito de folga.

A organización comarcal da Coruña de EU apoia a mobilización en defensa do dereito de folga e en solidaridade cos folguistas procesados convocada por CCOO e UGT diante da Delegación do Goberno na Coruña
08-02-2016 A Coruña

Dende o Consello Político Comarcal da Coruña de Esquerda Unida queremos achegar o noso apoio ás organizacións comarcais de CCOO e UGT polos actos reivindicativos en defensa do dereito de folga que van celebrase hoxe 8 de febreiro.

Nos sumamos ao chamamento á participción da cidadanía da comarca na concentración convocada para hoxe luns 8 de febreiro ás 12:00 horas diante da Delegación do Goberno, ao tempo que no Congreso dos Deputados a deputada de En Marea e coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, rexistrará unha batería de iniciativas para descriminalizar o dereito a folga no Código Penal, con outras deputadas do grupo parlamentar Podemos-En Comú Podemo-En Marea.
Coincidimos na denuncia da criminalización da actuación de trescentos sindicalistas en defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras durante as pasadas folgas xerais, como ocurre nos casos dos compañeiros Carlos e Seráfin en Vigo, os cinco traballadores de Arcelor, en Asturias, ou os oito traballadores de Airbus, en Madrid, para os que a Fiscalía pide en total 66 anos de cárcere.
Por estes motivos, os nosos representantes no Congreso dos Deputados, tanto de En Marea como de Unidade Popular-IU, xa están a traballar na derogación das restricións ao exercicio de dereitos democráticos e liberdades civís previstas no artigo 315.3 do código penal, que criminaliza á participación de folguistas, e da lei de seguridade cidadá que introduce máis recortes nos dereitos fundamentais. Concretamente, Yolanda Díaz xa ten previsto formalizar a presentación de iniciativas parlamentarias contra estas restriccións legais, co obxectivo de que perdan a súa vixencia criminalizadora da clase obreira mobilizada.

Dende a organización comarcal de EU nos comprometemos a colaborar en todas as iniciativas que se promovan neste senso, ata conseguir o arquivo das causas penais contra os compañeiros folguistas procesados e os cambios lexislativos que nos criminalizan por exercer dereitos constitucionais.