miércoles, 27 de febrero de 2019



INICIATIVAS ROGOS E PREGUNTAS DA "ACdC" O PLENO DO VINDEIRO XOVES 28 DE FEBREIRO.




ROGOS

1.- Dende a “ACdC” querenos denunciar unha vez mais a carencia de medidas de seguridade e situación de perigro na estrada CP.-1707, no tramo que comprende dene o núcleo de Armental a Castellana, motivado a carencia de beirarrúas, que fai imposible que as persoas poidan circular coas necesarias medidas que garantan mínimamente a integridade fisica dos viandantes.

Urxe unha actuación prioritaria por tratarse de un vial que une o centro de Oleiros con Cambre, onde existe gran intensidade de circulación rodada, que se acentúa cada pola carencia de outras vías alternativas que desconxestionen os viales tradicionais.
Lamentamos que o concello, a administración mais próxima os veciñ@s e a propia Deputación provincial (titular da estrada) non sexan capazes de darlle unha solución o problema, poñendo de manifesto a situación de indefesión dos cidadáns que con mais frecuencia ven mais difícil o seu desplazamento e desenrolo das súas activididades diarias ante a situación que teñen que soportar.
E unha vergoña, que unha estrada que une as capitales municipais de Oleiros e Cambre, presente esta situación. Tratase mais de vontade política que do gasto que pode ocasionar esta actuación. Parece que o nivel de protección dos peóns e suarios de bicicletas non parece ser una prioridade para concello e Deputación”.
Mentras os cidadans observan, como tanto administración Local e Deputación Provincial non dan resposta a unha necesidade fundamental en materia de seguridade viaria, unha demanda reclamada polo noso Grupo en dúas ocasións no Pleno do concello.
“ACdC”, quere denunciar a falta de interese do concello hacia os veciñ@s e usuarios en xeral da mencionada estrada, por considerar que debe ser unha actuación prioritaria e urxente para o Goberno municipal e tamén para a administración Provincial, que non son capaces de poñerse de acordo en un tema tan importante coma a seguridade das personas, e así atenuar a insostible situación de desamparo que están a sofrir.
Por todo o anterior PREGAMOS que se inicien do xeito mais apremiante posible, as actuacións precisas coas administracións que proceda, para dar solución a este problema.

2.- Dende o comezo da lexislatura, vimos en distintos plenos ao longo do tempo (outubro de 2015) denunciando diversos focos onde se acumulan lixos e desperdicios, unhas veces de obras, outras basuras ou restos vexetais. Sempre se deron rápida solución menos un, un dos mais perigosos ao noso paracer, xa que conten uralitas. Falamos do situado en Meixigo. En reiteradas ocasions o noso grupo viu facendo reclamacións ao respecto de como axudar aos veciños e veciñas do noso concello, a desfacerse correctamente do amianto que conteñen eses lixos, e a dia de hoxe e vindo como se seguen acumulando neste sitio, non podemos mais que PREGAR que procedan a establecer un convenio coa empresa que proceda para proceder a retirar eses residuos perigosos do noso concello.
3.- Nas derradeiras obras de mellora do campo do Dani Mallo, cando se cambiou o cespede, deixaronse os lixos resultantes amoreados fora do campo, constituindose nun herbideiro de culebras e animais que poden resultar dañinos para as nosas menores, tendo en conta a proximidade co campo de futbol e a alta probabilidade de que os rapaces vaian a buscar por ali un balon perdido.
Polo tanto o noso grupo PREGA que se proceda coa limpeza da zona dun xeito seguro e compatible co normal desenrolo das actividades que se levan a cabo nas inmediacións.

PREGUNTAS:

1.- Tendo en conta como foron as enteriores tempadas de desbroces de cara ao periodo estival o noso grupo, con tempo de abondo para atopar un xeito de xestionar esto dunha forma efectiva, se PREGUNTA: ¿como afronta o departamento de obras este tema de cara a este ano?

2.- O noso grupo ven demandando dende que comezamos a lexislatura pola mellora da seguridade viaria denunciando deficiencias, e propoñendo solucións ata onde os nosos coñecementos nos permiten. Un dos principais focos desta particular loita son os pasos de peons do noso concello en xeral e se por concretar se trata, dos presentes nos principais nucleos de Cambre, coma son os da barcala, o Temple e o mesmo centro de cambre. Dende fai anos vimos observando en distintas cidades como se implementan uns pasos de peons que estan dotados dun sistema que de noite de ilumina a propia pintura, sendo case imposible ignoralos. Por este motivo e vendo aqui unha mellora sustancial na calidad da seguridade dos nosos viandantes, o noso grupo se PREGUNTA se é posible a implementación deste sistema nun futuro non moi lonxano.

domingo, 24 de febrero de 2019

SOMOS REPUBLICA

La imagen puede contener: 5 personas
        ANTONIO MACHADO "SEMPRE NA MEMORIA"


La imagen puede contener: una persona, texto


O 10 de Marzo de 1972, dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, que se manifestaban polos seus dereitos, foron asasinados pola policía da ditadura franquista.


A importancia desta conmemoración fixo que o Parlamento galego, a instancias do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, aprobara por unanimidade o 5 de marzo de 1997 unha declaración institucional sobre o 10 de Marzo na que se recoñecía o significado histórico desta data como o Dia da Clase Traballadora Galega. 



O proximo dia 1 de Marzo presentaremos en Ferrol, os actos conmemorativos deste transcendental ano 2019.



La imagen puede contener: una o varias personas y texto








SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE

Moción do Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, para o Pleno Municipal correspondente ó día 28 de Febreiro de 2019.




MOCIÓN DE APOIO Á FOLGA FEMINISTA 8 DE MARZO 2019


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O vindeiro 8 de Marzo, día Internacional da Muller, o movemento feminista co apoio de organizacións políticas, sociais e sindicais convocan unha folga feminista que, tralo éxito do ano pasado, este 2019 acada unha dimensión internacional.

A folga feminista é unha convocatoria de 24 horas de denuncia fronte ás desigualdades, as discriminacións e as violencias estruturais que sofre máis da metade da poboación mundial, as mulleres, pero tamén de reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e igualitario.

A folga feminista resposta tamén de forma estrutural, contra o sistema capitalista e patriarcal que se basea en obter beneficios e privilexios das desigualdades e opresións que sofren as mulleres en toda a súa diversidade (migrantes, racializadas, trans, con capacidades diferentes, novas e maiores). A invisibilización dos traballos de coidados, a feminización da pobreza, as violencias machistas e a falta de liberdade nas identidades sexuais e/ou expresións de xénero son algúns dos síntomas da subordinación social á que nos vemos sometidas en todas as esferas da vida e fai ineludible tomar todos os espazos que tamén nos pertencen: as rúas, as institucións, os centros de traballo ou estudo, os mercados, etc. Para demostrar que se nós paramos, o mundo derrúbase.

Un mundo cuxo funcionamento, datos e prácticas nos engloba e debúxanos nos seguintes escenarios:

• En todo o mundo, as mulleres gañan só entre o 60 e o 75 por cento do salario dos homes en traballo similares. A longo prazo, esta fenda salarial afecta ás súas ensións. Ademais, as mulleres nos atopan cun maior risco de pobreza e exclusión social que os homes, instalándose especialmente nos fogares monomarentais. En Galicia a fenda salarial entre mulleres e homes sitúase nun 30%. Esta é a porcentaxe na que debemos incrementar os ingresos medios das mulleres para igualar o dos homes e conseguir equiparación retributiva. Así, segundo os últimos datos do Enquisa Anual de Estrutura Salarial do 2016, as mulleres ingresaron 5.480 € menos que os homes polo seu traballo asalariado.

• A práctica da interrupción voluntaria do embarazo non está garantida para todas as mulleres (migrantes ou mulleres entre os 16-18 anos). A lexislación existente permite que a clase médica máis reaccionaria poida negarse a realizar o IVE e que o Código Penal siga contemplando o aborto como un delito. Ademais esiximos que se realicen de forma gratuíta e dentro do Sistema de Saúde público. Denunciamos a represión cara a quenes encabezan a loita polos dereitos sociais e reprodutivos.

• A misoxinia percorre a cultura e a ciencia en todos os seus ámbitos. Na arte, na literatura, no cine, nas matemáticas, na bioloxía, na inxeniería ou arquitectura… as mulleres apenas existen no espazo público. Esta invisibilización elimina as mulleres da Historia e fai que todas as súas achegas foran e sigan sendo totalmente ignoradas. Esiximos unha memoria histórica feminista que reivindique e rescate o papel e a presenza imprescindible das mulleres en temarios e materiais docentes en todos os niveis educativos e en todos os espazos culturais.

• As mulleres están desprotexidas fronte ás agresións sexuais e as violacións; desde 2016 cometéronse 89 agresións sexuais múltiples no Estado Español. Esiximos unha educación afectivo-sexual desde a igualdade e a diversidade sexual, identidade e/ou expresión de xénero e que eduque aos homes nunha masculinidade non violenta.

• Os continuos asasinatos de mulleres deben traducirse nun rexeitamento frontal a esta inaceptable realidade, que consolide a construción dunha cultura antipatriarcal para erradicar esta violencia sistémica da vida das mulleres. O Pacto de Estado contra as violencias machistas -polo demais insuficiente- debe dotarse de forma inmediata de recursos e medios suficientes para o desenvolvemento de políticas públicas globais, reais e efectivas que axuden a conseguir unha sociedade libre de violencias contra as mulleres e nenas.

• A notoria expansión que está adquirindo o debate e a demanda dos ventres/ úteros de aluguer, non o esquezamos, de mulleres empobrecidas que son quen se ven obrigadas a esta forma de explotación capitalista e patriarcal, é un nicho de negocio que mercantiliza os corpos.

• As miles e miles de mulleres e nenas traficadas para consumo sexual dos homes e a súa irrefutable conexión coa “industria do sexo” e a prostitución, fai imprescindible a posta en marcha de políticas públicas e protocolos globais contra a Trata que implementen o Protocolo de Palermo para que as mulleres vítimas de trata e en situación de prostitución teñan alternativas formativas e laborais, asistencia social e mecanismos de asilo e protección reais.

• As mulleres migrantes sofren maiores violencias no proceso migratorio e discriminacions xenófobas e racistas. Por elo son necesarias unhas políticas de estranxeiría respetuosas cos dereitos humanos e unhas políticas públicas que creen alternativas para as traballadoras migrantes en situación administrativa irregular, que loiten contra a súa exclusión e abuso no mercado laboral.

Por estas e moitas máis razóns é imprescindible que o noso Concello apoie a Folga Feminista convocada para o 8 de marzo. Unha folga que irá enmarcada con grandes manifestacións onde as mulleres tomaremos as rúas para demostrar que non só hai que parar o mundo, senón que tamén hai que transformalo, cambiando os modelos patriarcais e capitalistas por modelos de igualdade, xustiza, paridade, liberdade, diversidade e democracia.

Por todo iso, o grupo municipal de Asemblea Cidadá de Cambre propón ao Pleno a adopción dos seguintes:


                                                             ACORDOS

PRIMEIRO. Apoiar a Folga Xeral Feminista, facilitando o seu desenvolvemento nesta Corporación.

SEGUNDO. Articular na práctica políticas globais con dotación económica suficiente, de xestión pública, con estatísticas e avaliacións, que cambien a realidade material das mulleres, en aras dunha igualdade real.

TERCEIRO. Facilitar con todos os medios materiais, persoais e de difusión as manifestacións, concentracións, actividades e actos que convoquen as asociacións de mulleres no 8 de marzo.



En Cambre a 22 de Febreiro de 2019 Asdo: Olga Santos López
Voceira Asemblea Cidadá de Cambre



¡¡¡ESTO É INCRIBLE!!!!
Coma sempre, o Alcalde toma calquera intento de solución dun problema como unha afrenta persoal.
Sr. Patiño, non é vostede o centro do Universo. 
Hai mais problemas en #Cambre que as súas liortas con Alcaldes, Veciños, Políticos e Asociacións.
A nos interésanos a CULTURA, a MÚSICA, a EDUCACIÓN, a PROMOCIÓN CULTURAL, a DEFENSA DO NOSO PATRIMONIO, AS NOSAS NENAS E NENOS, A NOSA BANDA E A NOSA ESCOLA DE MÚSICA.
Interésanos que Sementeira Cambre PERVIVA , e para iso só estamos intentando propoñer SOLUCIÓNS.
Sres. de Unión X CambrePSOE Cambre e BNG CAMBRE BAIXEN OS FUMES E SÉNTENSE A PENSAR, DIALOGAR E SOLUCIONAR.
AS NOSAS PORTAS SEMPRE ESTIVERON ABERTAS A FALAR, DIALOGAR, E AUNAR ESFORZOS PARA A DEFENSA DE #CAMBRE

Olga Santos.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.


La imagen puede contener: una o varias personas



La imagen puede contener: texto

lunes, 18 de febrero de 2019

CAMBRE

ACdC critica la falta de control de la participación en la encuesta del PXOM de Cambre

Critica que usuarios de cualquier parte del mundo pueden opinar sobre la ordenación

17.02.2019 | 00:52
Asemblea Cidadá de Cambre-Son (ACdC) denuncia que la encuesta de participación sobre el Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) impulsada que recaba datos sobre la "estructura territorial, ambiental y social de Cambre" no dispone de mecanismos de control sobre quién accede ni para garantizar que una misma persona manifieste sus opiniones varias veces. "Descubrimos, asombrados, que cualquier persona desde cualquier lugar del mundo puede opinar y decidir cuantas veces quiera sobre la configuración de la ordenación urbanística del concello de Cambre, aunque no tenga ni la menor idea de dónde se localiza geográficamente", denuncia ACdC.
La formación considera esta carencia "especialmente grave" después de que los grupos del Gobierno local -UXC, PSOE y BNG- aprobaran en pleno una iniciativa para instar a todos los grupos a que solo lleven en listas a residentes en el municipio, por lo que consideran al Ejecutivo "más localista y excluyente que nunca". Consideran "paradójico" este planteamiento mientras que no se aplica en la toma de datos sobre el plan general.