martes, 31 de marzo de 2020

O mestre lobo-do-mar Serafín Mourelle - Palavra ComumLa Marea ya tiene broche final - La Opinión A Coruña



No día de hoxe, falleceu Serafín Mourelle Bugallo.
O mais sentido pésame a familia, amigos e camaradas.
Morreu un home de ferro que navegou nos mares de Irlanda en barcos de madeira.

A súa loita política e sindical foi exemplar,tanto no PCG, en EU e nas CC.MM.

Sempre estará presente na organización de "EU" de Cambre, onde foi candidato nas eleccións municipais do ano 1995.

Ata sempre amigo, ata sempre camarada....

Terra, mar e ceo.

lunes, 23 de marzo de 2020


Medidas urxentes e inmediatas contra a crise do Coronavirus


Galicia en Común – Anova Mareas trasladou  ao goberno da Xunta de Galicia na xuntanza que tivo lugar hoxe, un documento con máis de trinta medidas urxentes en materia sanitaria, social, económica, educativa e institucional non marco da crise do Coronavirus.
Unha renda básica de emerxencia, a suspensión do pago de taxas e impostos a familias en situación de vulnerabilidade, a posta en marcha de solucións habitacionais para as que estean en situación de emerxencia, incluídas as mulleres vítimas de violencia machista e o desenvolvemento dun plan para a acollida, asistencia e manutención de persoas e familias sen fogar.
En materia sanitaria, Antón Gómez Reino candidato de Galicia en Común-Anova-Mareas trasladou, entre outras estratexias urxentes e obrigadas, o reforzo con medios humanos e materiais de todo o sistema galego de saúde, a realización de tests rápidos de detección do  coronavius en todas as comarcas do país, a reapertura de camas e plantas hospitalarias pechadas en Galicia nos últimos anos, a medicalización inmediata de todas as residencias da terceira idade e centros de menores e dependentes, a posta en marcha dun plan para a subministración a domicilio de medicamentos a persoas maiores e dependentes, e a captación de plantas industriais en Galicia para a produción de material sanitario, de seguridade e desinfección.
Hai xa máis dez días, as candidatas da coalición advertiron en Compostela da urxencia de reforzar, desde a Xunta, equipos humanos e materiais. No concreto, Eva Solla alertaba das graves eivas de persoal da Consellería de Política Social en residencias de maiores e persoas dependentes e Martiño Noriega urxíu máis dotación humana e técnica para a atención telefónica e do teléfono de emerxencias 061, así como para os puntos de atención continuada a medios na Primaria
“Precisamente, hai semanas interpelabamos no Parlamento galego ao conselleiro de Sanidade pola falta de medios ante a propia gripe estacional e pedindo a equipación das camas que o Sergas mantiña pechadas nos centros hospitalarios para illamento e contención. A Xunta non se pode esquecer dos maiores e dependentes. Cómpre reforzo, información e protocolización”, dicía Solla o 12 de marzo.
En materia educativa para afrontar a paralización do sistema educativo do país, a coalición avoga por poñer en marcha un plan de seguimento do alumnado de Primaria e  Secudaria a través dunha programación específica nos medios  públicos da  Corporación de Radio e Televisión de Galicia; así como a realización dun informe sobre a situación do alumnado con necesidades educativas especiais destinado a adoptar medidas concretas e individualizadas, ademais de esixir reforzos de persoal e coberturas para os docentes interinos que poidan verse afectados polo peche da actividade escolar.
No ámbito económico, entre outras estratexias, a posta en marcha de axudas directas para PEMES e autónomos que se viron obrigados a cesar na súa actividade, liñas de crédito a interese cero para empresas e a simplificación dos procedementos burócráticos para acceder a elas, a atención inmediata das demandas de emprego das empresas que prestan servizos esenciais, así como o peche da actividade marisqueira a pé para permitir que as mariscadoras poidan optar a axudas e prestacións mentres o peche do sector hostaleiro lles impída comercializar o seu produto.
No ámbito institucional, Gómez Reino propuxo a activación inmediata da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia para permitir a función de control do Executivo autonómico. Neste contexto esiximos a comparecencia inmediata do Presidente da Xunta, e das conselleiro de Sanidade, a conselleira de Política Social e o conselleiro de Emprego e Industria para dar conta da situación.
Esquerda Unida de Cambre, lamenta o pasamento do compañeiro de CC.OO, JOSE LUIS PAZ PENA.
 
CCOO da Coruña

As CCOO da Coruña estamos de loito e moi tristes. O compañeiro José Luis Paz Pena deixounos esta noite por causa do coronavirus.
Infatigable compañeiro, non faltaba a unha mobilización, agora xa como xubilado, despois dunha longuísima traxectoria de responsabilidades sindicais, sendo o presidente do comite de empresa en Aluminios de Galicia, que despois sería Alcoa A Coruña,e tamén nos ámbitos da Federación de Industria de CCOO e das CCOO da Coruña, das que foi secretario xeral.

Paz Pena sempre será lembrado polo seu compromiso sindical dende a súa militancia nas CCOO Comisiones Obreras , nas que participou dende a clandestinidade, loitando contra o franquismo e construiendo a organización que agora é o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Imos botarlle moito de menos. O compañeiro Paz Pena era un dos imprescindibles, un home e un sindicalista bo e xeneroso.

Por esta razón, e porque na situación actual non podemos organizarlle a homenaxe que merecía, animamos os compañeiros, compañeiras, amigos e amigas de Paz Pena que deixen debaixo desta nota e da súa foto as mensaxes de despedida e de cariño, e tamén se poden enviar ao correo comunicacion.coruna@galicia.ccoo.es .

Compañeiro Paz Pena, que a terra che sexa leve!

Compañeiras e compañeiros,
.
Ante a situación de crise sanitaria na que nos atopamos, situación excepcional non vivida con anterioridade, non temos ningunha dúbida de que a nosa Sanidade Pública e a cooperación de todos e todas permitirá unha solución pronta a esta situación.
.
Porén, debemos esperar unha serie de repercusións económicas e sociais que afectarán a todos e todas, pero moi especialm...ente aos traballadores precarios, desempregados, pequenos autónomos e aos colectivos más desfavorecidos.
.
A través das nosas canles: mail, Whats App, Facebook, Twitter, etc., trasladaremos toda a información da que dispoñamos. Por outra banda, podedes chamarnos (tedes os nosos números) para trasladarnos calquera información da que dispoñades ou para solicitar calquera apoio que vos poidamos dar. 


 
 
 La imagen puede contener: texto que dice "esquerda unida da Coruña"
 
 
 
 

Merca no comercio local

La imagen puede contener: texto que dice "Protege la salud de los tuyos... también su economía. en el comercio local! iu izquierda erda unida Castilla-L"