domingo, 2 de enero de 2022

 EU critica la “dejadez” del Gobierno cambrés con la vivienda protegida prometida

Pide una comisión para esclarecer la situación y el alcalde accede a informar en la de Urbanismo

Sara Vázquez

Cambre | 02·01·22 | 04:00


0

EU de Cambre critica la “dejadez” del Gobierno local “en el cumplimiento del compromiso de garantizar 122 viviendas de protección oficial en un concello con 174 demandantes” de este tipo de residencias, según datos de la Xunta del pasado mes de febrero. La formación demandó en el último pleno municipal, celebrado el pasado día 30, que se convoque una comisión para informar sobre la situación de esta materia y de las urbanizaciones o unidades de ejecución en las que se preveía habilitar viviendas protegidas.


El alcalde, Óscar García Patiño, propuso tratar el tema en la comisión de urbanismo. El concejal de Urbanismo, Juan González Leirós, explicó que los cambios en el mercado han llevado a que los promotores de dos urbanizaciones prevean modificar sus proyectos. Aclaró, además, que el Concello apuesta por adquirir suelo para destinarlo a vivienda protegida y que intentará lograr convenios con la Xunta para que sea pública.



 


viernes, 31 de diciembre de 2021

 






 INICIATIVAS DE "ESQUERDA UNIDA AO PLENO ORDINARIO DO MES DE DECEMBRO

 

PRIMEIRO ROGO

 

            Cando un goberno utiliza recursos públicos para beneficio privado esta acción supón utilizar fraudulentamente recursos de tódalas veciñas e veciños sin necesidade de ter que tocalos. As maniobras que consiguen manipular e utilizar os medios de comunicación institucionais para sacar un rédito político partidista deberían estar contempladas como causas punibles incluso nos niveis mais pequenos que poidesen darse.

 

            Dentro dos códigos de boas prácticas, extendidos por moitos concellos de todo o territorio nacional, queda claro que si un Alcalde anuncia calquera acción baixo o lema do partido e non do Concello, está actuando como candidato e non como Alcalde. Si esto faise co capital propio do partido ou do propio Alcalde non ten nada que alegarse, si esto faino usando os mesmos medios que sufragan as arcas públicas, é calificada como MALA PRAXE, tanto así que si eso se produce en periódo de campaña electoral é susceptible de sanción.

 

            Actualmente moitas publicacións en RRSS teñen finalidad electoralista, supoñen a utilización dunha obra ou mellora, proxecto ou iniciativa formalizada e executada polo Concello de Cambre que encubre unha campaña encuberta na que o mérito desa actuación adxudícaselle ao partido do Alcalde, con silencio displicente do outro partido no goberno o PSOE, que lonxe de denuncialo parece conformarse coa súa presenza na coalición, e asumir este tipo de prácticas, a todas luces contrarias do que podería ser algún dos códigos éticos que históricamente teñen asinado.

 

            Somos coñecedores de que dende o Bipartito UXC+PSOE  levan dous anos e queda outro mais anunciando todas as actuacións que van realizar xusto ao final da lexislatura tendo ao Concello paralizado e abandoado en tanto chegan as eleccións, pero de aí a utilizar os fondos públicos para que todas as veciñas e veciños lles paguen a campaña anticipada, hai unha grande diferencia. Frear o crecemento do Concello ate que se aproximen as eleccións é propio de gobernos sen capacidade para enfrontarse limpamente a unas eleccións, pero usar fondos públicos para que a publicidade institucional convírtase en publicidade de UXC é propio de quen non ten medo a asumir a posible multa, a cambio do beneficio que presumiblemente lle aporte o uso obsceno de fondos públicos para dar pulo á imaxe do propio Alcalde ou algún dos "seus" concelleiros.

 

PREGAMOS: Sexa iniciado un expediente de instauración dun Código de Boas Prácticas na publicidade institucional do Concello de Cambre, que teña como obxecto a erradicación de calquera tipo de adxudicación discrecional e opaca de fondos públicos en materia de publicidade institucional, que regule as diferencias inobservadas actualmente no Concello de Cambre entre publicidade institucional e propaganda electoral, garantir a pluralidade na contratación de espazos publicitarios, limitar o uso da publicidade con fines partidistas, tal e como actualmente sucede, facer mais aberta e accesible a información municipal e establecer criterios mais transparentes para a publicidade institucional.

 SEGUNDO ROGO:

 Vimos de recibir un incremento de queixas relativas aos problemas de ruídos, afluencia nalgúns locais de hostalaría nocturna da Costa da Tapia. Ditas queixas, maioritariamente relatan a concentración de clientela diante dos locais, con impedimento de acceso aos portais, persoas sen mascarilla e ruído na propia rúa. Somos coñecedores de que dende a propia policía local e mesmo tamén unha patrulla da Garda Civil, nalgunha noite destas datas de Nadal tiveron que acudir ante o chamado de algúns veciños e veciñas. Tamén somos coñecedores de que dende o Goberno Local existe constancia destas situacións.

 

PREGAMOS

 

               Sexa incrementada a presenza policial durante as fines de semana e as datas festivas na que a concentración de persoas nas portas ou terrazas de ditos locais, provoca incomodiade, ruídos e inseguridade á veciñanza e o control do uso das medidas de distancia e protección de obrigado cumprimento consecuencia da normativa Covid.

 

 

TERCEIRO ROGO

 

            A carencia de vivenda social, ben sexa para a súa compra como no relativo aos alugueres sociais, é unha das maiores preocupacións da nosa formación dende hai xa moitos anos, algo que levamos trasladado ao Goberno Municipal a través de múltiples canais de comunicación.

 

            A día de hoxe, a vivenda social comprometida polo actual Goberno, non existe en Cambre. Que non exista solución habitacional para as familias que o requiran ou para aquelas que son solicitantes da mesma, non fai que a súa necesidade desapareza.

           

            Tanto é así, que no rexistro de demandantes de vivenda protexida Cambre ocupa o 4º lugar dos Concellos da Coruña de tamaño medio só superados por Narón, Oleiros e Culleredo. No noso Concello actualmente temos 124 familias que seguen inscritas no rexistro de demandantes de emprego.

 

PREGAMOS: Sexa convocada unha Comisión Especial Municipal sobre a dotación de vivenda protexida en Cambre ao obxecto de clarificar en qué situación se atopa actualmente o Concello de Cambre, relativa á reserva de vivenda de protección nas novas construccións así como o estado de execución e previsión da vivenda social e solucións habitacionais comprometidas.

 

 

 

PRIMEIRA PREGUNTA

 

            Cantas e cales son as propostas finalistas de todas as edicións anteriores do programa Decidámolo Xuntos que a día de hoxe están pendentes de execución, con especificación do ano ao que pertencen e data de previsión da sua execución?

 

            Sirvan como exemplos ilustrativos a esta pregunta a proposta gañadora do ano pasado denominada "eliminación da piscina no Temple e creación dun teatro para actuacións" ou tamén a proposta denominada "Dotar ao Temple dun espazo de lecer de maiores dimensións con espazo para a celebración de eventos e festas"

 

 

SEGUNDA PREGUNTA

 

 

               ¿Cantas e cales son as propostas finalistas do programa decidámolo xuntos 2021, a incluír nos orzamentos do 2022, que coinciden con propostas xa finalistas en períodos anteriores e comprometidas para os orzamentos de exercicios anteriores?

 

            Sirva como exemplo os aparcamentos de bicicletas proposta finalista en programas anteriores e sirva como engádega a resposta replicada a varios propoñentes, enviada dende o propio mail de alcaldía e que transcribo na súa literalidade...

 

"En canto á súa proposta debo comentarlle que se incluíu no bloque de propostas En desenvolvemento ou a curto prazo ou/ou previsto nos orzamentospolo que a súa demanda verase executada no XXXXXX." (2018,2019, 2020...)

 

 

 

TERCEIRA PREGUNTA

 

 

               ¿Cal é razón técnica ou política pola que o Concello renuncia a edificabilidade da parcela de equipamento na modificación puntual da N-VI en lugar de modificar a súa ubicación?

 

 

Asdo: Olga Santos

EU Cambre- Son en Común

 

 Dende Eu Cambre somos partidarios de explicar o sentido dos nosos votos.

Ese GRAN TRABALLO que levan a cabo dende o Goberno de Unión X Cambre e PSOE Cambre e que subiron de importe a 💲💲💲2️⃣9️⃣0️⃣ EUROS 💲💲💲corresponde a reunións que duran 15 minutos...
Exemplo: As tres últimas 👇👇👇👇👇👇
Moito traballo para as arcas públicas do Concello de Cambre.




viernes, 26 de noviembre de 2021

 





INICIATIVAS  DE "EU" PLENO ORDINARIO NOVEMBRO 2021

 

PRIMEIRO ROGO:

O Camiño da Patiña a Socampo (Camiño Real) atópase nun estado de abandono e falta de limpeza e mantemento que provoca que nalgún dos seus tramos prácticamente sexa inexistente. Ocurre neste camiño o mesmo que noutros do noso Concello e que xa temos denunciado neste salón de plenos: a falta de tratamento, mantemento, limpeza, conservación, sinalización e mesmo localización provocan que o seu uso sexa cada vez menor e que, como pode ser neste caso, corran o risco de desaparecer.

 

PREGAMOS: Sexa retomado o acordo plenario aprobado por unanimidade desta Corporación para a elaboración dunha ordenanza municipal de camiños públicos que permita regular o seu uso e aproveitamento, garantindo a súa sinalización, conservación e protección destes bens patrimoniais do noso Concello.

No relativo ao camiño descrito no Rogo, cabe deducir que as autoridades competentes do Concello de Cambre procederán a limpar e recuperar con urxencia o estado deste Camiño Real, tal e como xa debería de estar.






SEGUNDO ROGO:

O paso de peóns sito entre a Casa da Cultura e a cafetería Ten Xeito é foco de múltiples queixas por parte de veciñas e veciños e usuarios.

As queixas, por regla xeral obedecen as seguintes cuestións:

PEÓNS: Ante os atoamentos de tráfico en hora punta acontece que, en moitas ocasións, os peóns que se dispoñen a cruzar por dito paso non se ven correctamente polos vehículos.

 ILUMINACIÓN: Escasa iluminación que provoca agravamento na falta de visibilidade de peóns.

Como suxestión, tendo en conta que esta petición tería solución coa execución da obra de urbanización que corresponde á Casa da Cultura e que a día de hoxe segue cos mesmos visos de levarse a cabo que cando foi construída (ningunha) poderíamos propoñer como suxerencias actuacións destinadas á elevación do paso, o seu ensanchamento ou a súa remodelación con pintado de liñas con suficiente antelación como para que os coches non invadan o propio paso.

 PREGAMOS: Valoren a adopción de medidas no sentido das que propoñemos ou en calquera outro, no ánimo de dotar de maior seguridade a este paso de peóns sito no centro de Cambre.





TERCEIRO ROGO:

Na Estrada da Deputación DP.- 1706, fronte a gasoliñeira, na marxe esquerda da estrada entrando en Cambre, sobrepasan as ramas das árbores o muro ao carón da beirarrúa.

 PREGAMOS:

Tomen as medidas oportunas para a limpeza, recorte ou retirada da ramaxe que invade a propia beirarrúa.



PRIMEIRA PREGUNTA:

A partir da irrupción da Pandemia do Covid 19 nas nosas vidas a opción de Teletraballo veu instaurándose tanto no sector privado como nas propias administracións públicas.

 A regulación do teletraballo é relativamente recente polo que vista a evolución prevista da pandemia, a actual forma de prestación laboral a través da opción de teletraballo de varios traballadoras e traballadoras do Concello e o noso coñecemento de solicitudes de teletraballo pendentes de respostar, dende EU

PREGUNTAMOS: Cantas solicitudes de teletraballo de persoal laboral ou funcionario teñen a día de hoxe sen respostar ou tramitar con explicitación dos motivos de ausencia de resposta de cada unha delas?



SEGUNDA PREGUNTA:

Unha das queixas mais recurrentes que recibimos é a da existencia de deposicións caninas en parques infantís así como nos parques biosaudables.

Xa hai meses do inicio dunha campaña censal de mascotas que tiña, como unha das súas medidas, levar unha bolsa para a recollida dos excrementos e unha botella para a limpeza das miccións. Outra medida a aplicar a partir da modificación de ordenanza reguladora de limpeza viaria e ornato público é a imposición de sancións de ate 750 euros a quen non recollera de inmediato as dexeccións da súa mascota.

A cuestión é que pasado mais de medio ano daquela campaña, seguimos recibindo queixas da cantidade de excrementos que prácticamente a diario poden atoparse en parques, como pode ser por exemplo o biosaudable do Temple, ao caron do paseo o mesmo no Ramon Barba.

Consideramos dende a nosa formación que a valoración da eficiencia e eficacia dunha campaña non pasará tanto pola que faga quen a deseñou e implementou senón polos propios resultados da mesma. É dicir, se seguimos vendo que as queixas non diminúen, as miccións e dexeccións son frecuentes, ademais de traelo novamente a pleno, podemos suxerir unha deficiencia que detectamos: A falta de sinalización o suficientemente visible e disuasoria con indicación da posible sanción en todos aqueles lugares que soen ser de paseo para mascotas tales como parques, zoas axardinadas e lugares verdes de lecer.

PREGUNTAMOS: Pode o goberno local tomar en consideración a posibilidade de implementar algún tipo de sinalética disuasoria, tal e como están a facer outros Concellos con indicación expresa das sancións e mención a ordenanza que as recolle?




TERCEIRA PREGUNTA:

O 9 de Novembro de 2021, reunida a XGL, acórdase no seu cuarto punto a Recepción do Pavillón polideportivo no lugar da Rocha, Anceis e inscribilo no Catastro Inmobiliario e no Rexistro da Propiedade.

A concelleira que expón e suscribe esta pregunta leva indicando en numerosas ocasións anteriormente, e así queda manifestado polo Xulgado nº 7 da Coruña, que, incluso a día de hoxe o PEID segue sen executarse como consecuencia dos incumprimentos de lexislación urbanística na construcción do pavillón.

Atendendo ao contido no expresado na XGL referenciada, a legalización únicamente se ve limitada á parcela catastral 15017A09000030000MU e non a todo o ámbito do PEID.

 En base ao anteriormente exposto, dende EU Cambre preguntamos:

O proxecto de legalización do pavillón e a inscripción no Catastro e no Rexistro da propiedade únicamente da Parcela catastral referenciada (e non de todo o ámbito), axústanse á legalidade vixente aínda que o PEID siga sen executarse?


Novembro de 2021

Olga Santos López. Concelleira

 




 

🔴I N I C I A T I V A S P L E N O N O V E M B R O 🔴
➡Limpeza do Camiño Real da Patiña a Socampo.
➡Falta de visibilidade e iluminación no paso de peóns diante da Casa da Cultura.
➡Falta de limpeza tamén na estrada de Cambre.
➡Falta de medidas para evitar os excrementos de cans.
Podes seguirnos no relativo a estas e outras iniciativas o 25 de Novembro ás 20:00 en http://www.cambre.es/.../publicacions/plenos-municipais/...