domingo, 27 de abril de 2008


Adhesión de EU-IU-Cambre en solidariedade co encerro no concello, contra de REGANOSA
23 de Agosto do 2007
"Dende o Consello Local e o Grupo Municipal de EU-IU de Cambre queremos manifestar o noso apoio e solidariedade na loita que vides mantendo en defensa dos intereses dos cidadáns da comarca e contra a mole da amenaza permanente de REGANOSA. A vosa loita é exempla, e debería ser a loita de tod@s os ciudadans de Galicia.
Unha aperta, animo e ¡SEMPRE ADIANTE!"
MOCIÓN SOBRE A FORMACIÓN DUNHA COMISIÓN INFORMATIVA ESPECIAL POLO PROYECTO DE CONSTRUCCIÓN DA “VÍA ARTABRA”


XUSTIFICACIÓN:

Recentemente saiu publicada unha Resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental da obra da Vía Artabra, entre o poligono de Espiritu Santo, a autoestrada AP-9, e autovía A-6.

E previsible que iste feito supoña multiples trastornos e problemas, que unha obra desta envergadura vai ocasionar nas zonas polas que atravesa, especialmente cando, como sucede no caso de Cambre, tratase de territorios xa con unha certa densidade de poboación.

Para o Grupo Municipal de EU-IU non parece razoable permitir que os nosos veciñ@s afectados pola obra, tanto os que vexan expropiadas algunhas das súas propiedades como aqueles outros que se vexan dalgún outro xeito perxudicados por isa actuación, teñan que afrontar individualmente os problemas que se lles veñen encima, que van afectar a moitos deles de xeito moi importante.

Pola contra, un concello verdadeiramente solidario cos seus veciñ@s debe, necesariamente implicarse cos seus problemas e necesidades colectivas, ou ampliamente sentidas como é o presente caso, sen que iso supoña opoñerse ou obstaculizar a construcción que se vai a realizar. O papel do concello, entende o noso Grupo, debe ser o de contribuir a que se dea un verdadeiro equilibrio entre os intereses, por un lado, da construcción dunha obra pública que pretende beneficiar a cidadanía e á economía da zona en xeral, e por outro, a que os intereses concretos dos veciñ@s de Cambre afectados sexan defendidos e respetados ao máximo.


POR ISO, ISTE GRUPO MUNICIPAL PROPÓN O PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:


PRIMEIRO.- Que o Pleno Municipal acorde constituir unha Comisión Informativa Especial que terá funcionamento mentras se dean problemas relacionados coa construcción da Vía Artabra o seu paso polo noso concello.

SEGUNDO.- A devandita Comisión terá en conta os traballos realizados pola “Asociación de Veciños Afectados polas Infraestructuras no Municipio de Cambre”, e colaborará conxuntamente coas entidades sociais na realización dos traballos e outras actuacións relacionadas coa finalidade que se pretende.

TERCEIRO.- A Comisión iniciará de inmediato as xestións necesarias para requerir dos técnicos, é organismos competentes a máxima información sobre o proxecto de trazado, coa finalidade de incluir as propostas de modificación que se consideren necesarias para a súa mellora.









Abril de 2008



Asdo: Grupo Municipal de EU-IU de Cambre




ROGOS:



1.- Constituida a Plataforma en Defensa da ría do Burgo, unha das iniciativas acordadas foi a recollida de firmas para o seu acondicionamento e sanemento, que afectan as súas prais e os seus bancos marisqueiros, é tamén o medio ambiente en xeral.

-¿Colaborou ou está colaborando o noso concello en esta iniciativa, tendo en conta un Rogo presentado polo noso Grupo no Pleno Municipal do mes de febreiro?

2.- O noso concello conta con dous Centros de Saúde para dar servicio médico de familia e enfermeria, un en Cambre e outro na parroquia do Temple. Estes Centros médicos presentaron e presentan un servicio sanitario eficaz, pero sin embargo na actualidade, estas instalacións carecen de algunhas especialidades necesarias, que precisan darlle unha solución por parte das administracións responsables.

-O noso Grupo prega que por parte do concello se realice un analises e diagnóstico sobre a situación das infraestructuras e dos servicios sanitarios nos mencionados centros.

-Solicite da Consellería de Sanidade o aumento de especialidades e de persoal nos Centro de Saúde en función das necesidades urxentes detectadas.

3.- No lugar do Drozo, está en funcionamento unha gardería infantil, moi concurrida por escolares e personas que diariamente se desplazan o centro, resultando ser unha zona extremadamente perigosa, con proximidade de dúas curvas, unha pronunciada pendente, é o intenso tráfico rodado, carecendo de de sinais de precaución que indiquen a proximidade do centro infantil.

-Pregamos o Goberno Municipal realice un estudio da situación de perigo que supón dita zona, e se proceda por parte de quen corresponda a sinalizar o lugar advertindo os conductores da proximidade do centro, así como dos elementos técnicamente necesarios para evitar riscos de accidentes.



CAMBRE, a 19 de abril de 2008




PREGUNTAS:

1.-Veciños do Drozo, Freande e Bellavista, presentaron no Concello un prego de firmas solicitando a instalación de un paso de peóns, frente o bar “Casa Manuel”, para tratar de resolver os problemas de perigro que se ven sometidos diariamente o ter que cruzar a estrada no lugar. O problema segue sen solución, e os responsables tanto do goberno anterior coma o actual seguen sen dar contestación a petición veciñal.

-¿Cal foi o motivo de non contestar o escrito?
-¿Ten pensado o concello darlle unha solución a demanda veciñal?2.-O desenvolvemento urbanístico e de poboación do noso concello está xerando enormes problemas de mobilidade, pero especialmente na comunicación coa cidade e a súa área de influencia . As infraestruturas existentes son totalmente insuficientes para permitir unha mobilidade e comunicación áxil, fluída e sen obstáculos para as veciñ@s de Cambre que diariamente se ven obligados a realizar desprazamentos.

-¿ En que situación se encontra o proxecto de rotonda e acceso a autoestrada AP-9, no lugar de A Cautelana?

3.- Xa en outra ocasión plantexamos o Goberno local, o problema existente en moitos lugares do concello, sobre a dificultade que teñen os veciñ@s para poder depositar o lixo nos contenedores para tal fin, por atoparse a bastante distancia dos seus domicilios, e non poder acceder os camións do mencionando servizo.

-¿ Realizou o concello algunha xestión co Consorcio das Mariñas para dar solución o problema?.



COMISIÓN INFORMATIVA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS.

ROGOS:


1.- O Pasado dia 9 tivo lugar unha reunión entre representantes do concello e veciños do Graxal, para tratar sobre as obras de remodelación da praza Manuel Murguía.

- Pregamos se nos informe dos temas tratados, e dos posibles problemas existentes.

2.- A estrada autonómica que comunica Pravio co veciño concello de Bergondo, carece de beirarrúas no tramo dende Fraiz a Mota, o que a fai sexa unha das mais perigosas do concello para a circulación peonil

-O noso Grupo Municipal prega se solicite do Goberno da Xunta de Galicia, de forma urxente, a mellora da seguridade vial no mencionado tramo.



COMISIÓN INFORMATIVA DE EDUCACIÓN, BENESTAR SOCIAL, CULTURA E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


PREGUNTAS:


1.- Para o vindeiro mes de agosto celebraranse as festas patronais de Cambre .

-O noso Grupo prega os responsables do Goberno, poñan en marcha a celebración dun concurso de carteis para anunciar e promover as festas de agosto na capital municipal.

2.- A principios da lexislatura aprobouse a construcción de unha pista deportiva para a práctica de Skate, no lugar de Lendoiro na Barcala.

-Poden informarnos en que situación se encontra o proxexto de realización da área deportiva.

3- Rematado o prazo de solicitude para matricula escolar nos centros públicos do concello.

-¿ Cal e a demanda existente?.
¿Son suficientes as prazas para cubrir a dita demanda?

4.- ¿Qué actividades e actos ten previsto realizar o concello, con motivo da celebración do dia das Letras Galegas?



COMISIÓN INFORMATIVA DE PRESIDENCIA, RÉXIME INTERIOR, FACENDA E PROMOCIÓN ECONÓMICA


ROGOS.

1.- Cando se construi a presa de Cecebre, expropiaronse terreos no noso término municipal para a construcción do embalse. O noso Grupo municipal xa ten preguntado o Goberno do concello si por parte de EMALCSA se recibía algunha compesación económica, tendo en conta ademais o posible perigo que supón unha instalación destas características no noso concello.

O veciño Concello de Abegondo reclamou o da Coruña, os pagos do IBI polos terreos expropiados polo mencionado embalse.

-Pregamos que o Goberno de Cambre, por medio dos seus servizos xurídicos, e demais medios que considere oportuno, valore a posibilidade de reclamar a quen corresponda, é se realicen os tramites pertinentes para o pago do IBI correspondente as propiedades expropiadas.
-Que das xestións realizadas se informe a Corporación no vindeiro Pleno Municipal.

2.- ¿Pode informarnos o Goberno en que situación se encontran as negociacións co Arcebispado de Santiago, respecto do posible uso municipal da casa rectoral da parroquia de Bribes?



COMISIÓN INFORMATIVA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS.

PREGUNTAS:

1- ¿Cal e o motivo para non proceder a instalar a sinal no camiño que procede do Rocón hacia a casa do Concello, no seu ultimo tramo, na confluencia co Campo da Feira pequeno, plantexada nunha Comisión Informativa no mes de outono, e acaptada pola responsable da área

2- ¿Qué problemas existen no alumeado público no lugar de Fraiz, que leva mais de unha semana sin funcionar?



Asdo. Grupo Municipal de EU-IU de Cambre

miércoles, 23 de abril de 2008


Representantes de EU interrompen o pleno do Parlamento galego para pedir a reforma da Lei Electoral

Unha quincena de representantes de Esquerda Unida-Esquerda Unida, encabezados pola súa coordinadora, Iolanda Díaz, interromperon con berros desde a bancada a sesión do Pleno do Parlamento para reclamar unha reforma da Lei electoral que rebaixe do 5 ao 3 por cento de votos o mínimo legal para obter representación parlamentaria.


A presidenta da Cámara, Dores Villarino, interrompeu a sesión antes de proceder á votación da renovación do Consello da CRTVG e ordenou o desaloxou dos membros de EU, que portaban unha pancarta co lema 'Si á democracia participativa' e corearon lemas como ¡tres por cento, democracia?.

Unha vez desaloxados e xa no exterior do hemiciclo, Iolanda Díaz advertiu en declaracións aos medios de que "é a primeira acción que Esquerda Unida fai no Parlamento" para reclamar a reforma da Lei electoral e avanzou que continuarán con mobilizacións e propostas dentro e fóra da Cámara.

Así, recordou que presentaron unha iniciativa lexislativa popular para que se rebaixe a barreira legal para que os partidos poidan acceder ao Parlamento e explicou que antes do día 20 deste mes a Mesa da Cámara debe pronunciarse sobre a súa admisión a trámite.

En todo caso, a líder de EU en Galicia sinalou que a súa formación esixe a reforma íntegra da lei, desde a circunscrición electoral ata a fórmula de cómputo de votos, e recordou que PSDEG e BNG comprometéronse a levar a cabo esta modificación lexislativa no seu pacto de goberno.

Finalmente, reiterou que continuarán realizando accións deste tipo para lograr o seu obxectivo de que Galicia sexa plural e avanzou que solicitaron entrevistas cos portavoces parlamentarios e coa presidenta da Cámara para presentarlles as súas reclamacións.