domingo, 22 de diciembre de 2013


                 GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL .  Praza Europa,nº 7.  15660 (CAMBRE)
                                                                eu@cambre.org   Tlf.- 981-613313  

          UN CENTRO DE DIA PARA MAIORES  EN CAMBRE
                      ¡UNHA NECESIDADE URXENTE!

Para os que defendemos que a solidariedade debe ser un dos principios básicos de calquera actuación política responsable, parécenos fundamental que os cartos públicos teñan como principal destino a creación e mantemento de servizos que axuden a cubrir as carencias mais importantes dos colectivos sociais desfavorecidos ou con maiores problemas.

Para o Grupo municipal de Esquerda Unida, resulta verdadeiramente lamentable a desproporción entre a dimensión do Concello e a dos servizos sociais que presta . E, por poñer un exemplo, falaremos da carencia dun Centro de día para  persoas maiores.

¿Qué é un Centro de día?. De xeito resumido podería decir que é unha instalación onde as persoas maiores (a chamada “terceira edade”) podería asistir dende a mañán ata a noite, pero non só para permanecer alí pasivamente senón, sobre todo, para recibir todo tipo de atencións sociosanitarias. Así, o Centro de día disporía de comedor, terapia ocupacional, enfermería, asistencia social, etc. Sería preciso tamén crear un servizo de transporte para que poidan asistir a él persoas de zonas alonxadas do lugar onde estivese situado o centro, ou as que se atoparan con problemas de movilidades.

A diferencia fundamental entre un Centro de día e os chamados centros da terceira idade,é que estes últimos limítanse a ser lugares  onde as persoas van mentras o seu estado físico lle lo permite e cumplen  a función de proporcionarlles un espacio para pasalo ben. Pola contra, o Centro de día atende ás mesmas persoas prestandolles un maior grao de atencióne de servizos, pero a mais dalles a seguridade de seguilas asistindo cando ainda que vaian perdendo facultades físicas ou psíquicas e axudáas a manterse nas mellores condicións, evitando que teñan que acudir a unha residencia xeriátrica. Así pode prolongarse durante mais tempo a permanencia da persoa no seu propio medio ata que, polo seu deterioro, precisara unha atención especial sanitaria ou psiquiátrica. Co Centro de día resolveríanse importantes necesidades das persoas maiores: proporcionarlles unha atención especial que non é posible darlles individualmente nas súas casas, así como tamén aliviar problemas como a soedade e a limitación de medios económicos que moitas veces sofren.

O Grupo Municipal de EU, entende que a laboura do concello debe ser de atender os problemas reais das persoas. Non abonda con organizar festas  e excursións para as persoas maiores. Hai que poñer en marcha servizos necesarios para que os veciñ@s de Cambre teñamos asegurado unha vellez digna dentro do noso propio ambiente. A construcción deste Centro non é unha utopía irrealizable, sinón un servizo no que dispoñen no noso Pais moitos concellos de igual ou menor dimensión que o noso.

En definitiva, o Centro de día de Cambre pode construirse, ningún Goberno municipal debe ser alleo a esta necesidade longamente demandada. Dende o noso Grupo Municipal,  facemos da súa existencia un obxectivo común irrenunciable.
                                                                 
                                                                   

                         Asdo: Grupo Municipal de “EU” de Cambre

sábado, 21 de diciembre de 2013

BON NADAL

                               



                          COS MELLORES DESEXOS DE FELIDADE:
         
         

                                     SAÚDE,  PAZ E  E  SOLIDARIEDADE                        


viernes, 20 de diciembre de 2013





INICIATIVAS PRESENTADAS O PLENO E COMISIÓNS DO MES DE DECEMBRO

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA CONTRA A LOITA  A LOITA  DO VIH/SIDA.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

En España estímase que cada ano contraen o virus entre 3.500 e 4.000 persoas, afectando xa a un total de 150.000 persoas. Dos novos diagnósticos, un 45% son tardíos, o que complica non só a posta en marcha do protocolo sanitario senón a recuperación da propia persoa. Na actualidade, prodúcense anualmente máis de 1.000 mortes ao longo de todo o Estado español por enfermidades asociadas á Sida. Ademais, unhas 50.000 persoas que contraeron o virus descoñece que o ten, supondo un terzo do total, o que aumenta as posibilidades de infección a terceiras persoas, sendo de feito este descoñecemento o causante de máis do 70% das novas transmisións.

Fronte ao que supón un problema de saúde pública de primeira orde atopámonos cun recorte orzamentario na dotación do Plan Nacional sobre a Sida dun 80%, pasando dos 4,5 millóns de euros cos que contaban as entidades implicadas en 2011 a tan só 1 millón de euros para 2013. Esta importante redución leva inexorablemente á desarticulación dos servizos de atención ás persoas que viven con VIH, así como dos servizos e campañas de prevención que viñan desenvolvendo tanto a nivel estatal, autonómico e local, sempre baixo o paraugas do Plan Nacional sobre a Sida.

Aos recortes en prevención súmanse as carencias no control da infección por VIH, estratexia fundamental de cara a frear a pandemia e alcanzar o obxectivo dunha xeración sen VIH/Sida. Por unha banda exércese a desprotección fronte ás persoas afectadas, cos riscos derivados en canto á súa saúde e a da súa contorna, posto que fronte ao descontrol e a desinformación as posibilidades de transmisión do virus a outras persoas increméntase exponencialmente, o que supón un anunciado incremento na incidencia de VIH na poboación. Cabe lembrar neste senso que os custos en tratamento sempre serán moito maiores que os custos en prevención e control, non só nun sentido estritamente económico, senón tamén en termos de saúde pública e calidade de vida.




POLO EXPOPSTO O GRUPO MUNICIPAL DE “EU” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1.- Solicitar ao equipo de goberno deste Concello o desenvolvemento dunha campaña informativa de prevención de VIH no ámbito municipal que fomente o uso do preservativo e conciencie á poboación sobre a necesidade de facerse a proba de detección, pois un diagnóstico precoz do VIH asegura unha mellor calidade da saúde e abarata os custos sanitarios. Esta campaña debe ir especialmente dirixida á mocidade, así como á poboación máis vulnerable: os homes que teñen sexo con homes (HSH), e á poboación máis exposta, como é o caso das mulleres e homes que exercen a prostitución.

2.- Solicitar ao Concello o apoio e colaboración coas entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos ás persoas que viven con VIH afincadas no municipio, co fin de suplir as carencias derivadas do drástico recorte de financiamento ao Plan Multisectorial sobre a Sida.

3.- Solicitar á Consellería de Sanidade o reforzo e promoción do Proxecto de detección precoz do VIH, por medio das probas anónimas de detección rápida de VIH, nos centros debidamente autorizados pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. De igual maneira, que garanta a asistencia sanitaria e o acceso ao tratamento antirretroviral a todas as persoas afectadas de VIH, incluídas as persoas refuxiadas e inmigrantes, xa que este colectivo supón unha parte relevante dos novos diagnósticos.

4.- Instar á Consellería de Sanidade a que retire o copago sanitario dos fármacos de dispensación hospitalaria, medida que repercute negativamente tamén nos pacientes con VIH/Sida, posto que algúns destes fármacos son necesarios no tratamento de enfermidades asociadas ao VHI/Sida. En tanto esta modificación non é adoptada, emprázase ao Concello a adoptar as medidas que considere oportunas para evitar unha situación de fracaso terapéutico e exclusión socio-sanitaria daquelas persoas que non poidan asumir o copago sanitario.

5.- Solicitar ás Consellerías de Sanidade e Educación desenvolver conxuntamente co concello un plan de concienciación e prevención da infección do VIH nos centros sanitarios e educativos. Devanditos plans deben facer fincapé na educación sexual das beneficiarias, en especial as persoas novas, ao caracterizarse este como o medio máis eficaz e económico de prevención de riscos na transmisión do VIH e outras ITS.


6.- Emprazar á Consellería de Sanidade a que adecúe a catalogación da infección por VIH como enfermidade infecto-transmisible en lugar de enfermidade infecto-contaxiosa, de cara a evitar situacións discriminatorias no acceso a bens e servizos das persoas que viven con VIH/Sida.

7.- Dar conta deste acordo a todas as persoas e grupos de interesados, en particular as ONGs implicadas na loita contra o VIH/Sida.

Da presente moción darase traslado:
-Ao Goberno central (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ministerio de Educación, Ministerio do Interior).

-Ao Goberno autonómico (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Consellería de Sanidade, Consellería de Traballo e Benestar)

- Ás organizacións de loita contra o VIH/Sida e de atención ás persoas que viven co VIH, de Galicia e do concello.



ROGOS:

1.- Na sesión ordinaria do Pleno do 28 de Febreiro aprobouse unha moción do GM de EU pola que se deberían dar, por parte do Goberno Municipal, as ordes oportunas para publicar na Web as declaracións de bens e actividades dos membros da Corporación Municipal. A aprobación da Moción por unanimidade nos termos nos que foi presentada, supuña que dita publicación tería que facerse sin mais dilación dacordo co disposto ó respecto no ROM.
Baseándonos no anteriormente exposto

PREGAMOS
Se nos informe das xestións realizadas para a publicación das declaracións de bens e actividades dos membros da corporación, posto que xa pasaron 9 meses e ditas declaracións son documentos que están en poder da Secretaria do Concello e temos unha recén estreada páxina web na que ten cabida dita información.

2.-  1.- Veciñ@s da parroquia de San Lourenzo, manifestaron o noso Grupo a necesidade da ampliación do percorrido da linea de autobús de transporte circular do concello, co fin de prestar  servizo as familias que residen  no lugar  de Os Coruxos e favorecer  a mobilidade no municipio.

-Por esto PREGAMOS, que o Goberno local se dirixa a empresa responsable, co fin de modificar  e ampliar a linea 177 Cambre-Meixigo, ata o lugar de Os Coruxos

3.- Un dos lugares de maior tráfico rodado do concello, localizase na glorieta do centro de Cambre, onde  camións e autobuses teñen problemas para realizar o xiro na rotonda, existindo un continuo risco de accidentes e retencións do tráfico.

Unha vez mais PREGAMOS nos informen das medidas previstas  para resolver os problemas e correxir as deficiencias  existentes na mencionada rotonda.


PREGUNTAS:

1.- En varias ocasións,  O noso Grupo municipal ten plantexado a carencia na sinalización nas instalacións deportivas de titularidade pública do concello. A pesar  do tempo transcurrido e das promesas dos responsables do goberno,  na actualidade ainda non se procedeu a dar cumprimento o solicitado.

Polo exposto PREGUNTAMOS  ¿cando teñen previsto a instalar  sinais informativos indicando as instalacións deportivas  que carecen das mesmas?

2.- O noso Grupo ten  denunciado as deficiencias existentes nas instalacións deportivo-culturais  de Meixigo,  e as consecuencias negativas para  realizar as actividades nas mellores condicións de seguridade co conseguinte perigro para as persoas e  danos materiais, motivadas pola choiva no interior do local social.

Desde o Grupo de EU entendemos  que, sendo  estas infraestructuras de titularidade municipal, non abondan mais disculpas, e deben dar unha resposta a demanda dos usuarios que se sinten abandonados polos responsables municipais, poñendo unha vez mais de manifesto o malestar da veciñanza.

-¿Para cando pensa o Goberno municipal subsanar as deficiencias  das mencionadas instalacións, garantindo o seu dereito o uso nas mellores  condicións de seguridade?

3.- Según informacións do Goberno, existe unha memoria valorada sobre a seguridade viaria na estrada AC-214.

-¿Ten  enviado o Goberno municipal  algún  proxecto a Axencia Galega de Infraestructuras para dotar de medios de  seguridade a mencionada estrada?

                    


COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS SERVIZOS E URBANÍSMO

1.- Na rúa Cruceiro existe un solar ( antiguo cine), que de non evitalo vai camiño de convertirse nun basureiro incontrolado de depósito de lixo de todo tipo. Este feito no centro da Vila, desmerece o propio lugar e urxe tomar as medidas.

-PREGAMOS ao Goberno actúe de forma inmediata, e procedendo a dictar as medidas correctoras a quen corresponda, para a súa limpeza e valado de dita parcela.


PREGUNTAS:

1.- ¿Poden informarnos das razóns da demora e cumprimento do compromiso adquirido polo goberno para instalar as medidas preventivas de seguridade na praza Manuel Lugrís?

2.- O Consorcio das Mariñas ten informado sobre  a instalación de recipientes para a recollida de aceites usados.

-¿Pode informar o Goberno,  para cando ten  previsto  prestar o servizo no Concello, e os lugares da súa ubicación?

3.- ¿Poden informarnos dos criterios establecidos para a instalación do alumeado de Nadal?

                   


COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE, CULTURA E TURISMO.

ROGO:

1.- No camiño que transcurre entre As Pereiras e Estorrentada,  un autobús de transporte escolar, ten establecido o seu percorrido por dito  vial, este feito produce retencións no tráfico  e problemas na circulación, o que ten  motivado as correspondentes   queixas dos veciñ@s

-Tendo en conta as limitacións de dito camiño, PREGAMOS se proceda a tomar as medidas oportunas en relación ao problema.



                         En CAMBRE, a 14 de decembro de 2013

                      Asdo: Grupo Municipal de "EU" de Cambre



martes, 17 de diciembre de 2013

CAMBRE

La Xunta admite que la escuela infantil no deja espacio para el centro de día

EU reclama al alcalde que "no sacrifique" la instalación en O Temple - Pedirá en pleno que la firma del convenio para la guardería quede de nuevo sobre la mesa para replantear el proyecto

17.12.2013 | 02:28
Parcela que acogerá la guardería y donde la Xunta descarta el centro de día. / la opinión
Parcela que acogerá la guardería y donde la Xunta descarta el centro de día. / la opinión
Benestar niega la existencia de un compromiso para construir la residencia, que no ve prioritaria
La Xunta confirma que, como temía la oposición cambresa, el proyecto presentado para la construcción de la escuela infantil en O Temple, que financiará la Fundación Amancio Ortega, no deja espacio suficiente para el centro de día que el Concello preveía en la misma parcela. La Consellería de Traballo e Benestar afirma, además, que no existe ningún compromiso formal para la creación del centro de día, más que la cesión de la parcela por parte del Ayuntamiento. EU reclama al alcalde que "no sacrifique" la instalación para mayores y pide que se replanteen los proyectos para no renunciar a ninguno.
Benestar explica que las dimensiones previstas para la escuela infantil, "de las más grandes, con seis módulos y 82 plazas", excluyen otro edificio en la misma parcela, en la que se ubicará también el centro de salud. La Consellería aclara, además, que ese proyecto nunca contó con dotación presupuestaria, ni plazos y que no existe ningún compromiso formal acerca de su construcción, más que la cesión de una parcela, iniciativa del Ayuntamiento.
El departamento autonómico aclara que no descarta el proyecto del centro de día, pero reconoce que no es prioritario y que lo único que hay es la cesión del terreno, como ocurre en "muchos" otros casos, afirma.
El Gobierno local aseguró que estudia ubicaciones alternativas para la construcción del centro de día y afirmó, aunque sin fijar plazos, que el proyecto se ejecutará.
El grupo municipal de EU exige al alcalde, Manuel Rivas, que "no sacrifique" el centro de día y reclama que se revise el proyecto de la guardería, para lo que pedirá, avanza, que la firma del convenio con la Fundación Amancio Ortega se deje otra vez sobre la mesa en el pleno de esta semana, como ya se hizo el mes pasado, cuando la oposición demandó revisar el diseño de la guardería y sospechó de una renuncia al centro de día.
EU aclara que defiende la construcción de la guardería pero reivindica "el acuerdo plenario en el que quedó plasmada la necesidad de un centro de día y un centro de salud".
EU ESIXE A RIVAS QUE NON SACRIFIQUE A CONSTRUCCION DO CENTRO DE DÍA EN CAMBRE.

De cara ó Pleno que se celebrará o vindeiro 19 de Decembro, EU vai solicitar ó Goberno presidido por Manuel Rivas, deixe novamente enriba da mesa a firma do Convenio coa fundación Amacio Ortega para a construcción dunha escola infantil no Temple.

A cesión do terreo no que a está proxectada a ubicación da escola infantil, está suxeta a un acordo plenario de 2008 no que, se acordara que nese solar ubicaríase ademais dunha escola infantil, un centro de saúde e un centro de día.

A construcción do centro de saúde segue entre os plans do equipo de Goberno, e a da escola infantil tamén, grazas á aportación da Fundación Amacio Ortega, pero o centro de día queda excluído deste proxecto, polo que o que, aparentemente é un proxecto beneficioso para Cambre, esconde o sacrificio dun moi necesario centro de día no Concello.

En opinión de EU, é necesario que se volva a replantear a configuración dos servizos que van ser ubicados e construídos no terreo destinado ó efecto. Na proposta que prantexará o executivo cambrés no vindeiro Pleno, proporase a modificación do acordo plenario de 30/10/2008, o que significará que a construcción do centro de saúde e do centro de día non se incluirá neste proxecto.

A petición de EU, non pasa polo rexeitamento da construcción da escola infantil, coa que estamos totalmente a favor, senón a consideración e cumprimento do acordo plenario no que quedou plasmada a necesidade que actualmente ten o concello de dotar dos servizos de centro de día e centro de saúde.


Afirmamos dende EU de Cambre,que o actual goberno municipal, non está a defender os intereses dos veciños senón que aceptan, sin rechistar, o proxecto que a Fundación Amacio Ortega prevé para construir unha escola infantil, uitilizando todo o terreo para dito usa, cando un solar de 2000 metros cuadrados, sería suficiente para albergar dita gardería como o centro de saúde e o centro de día. Coidamos que é obriga do Goberno, loitar por defender que se cubran as actuáis necesidades existentes no Concello, entre as que é prioritaria a consideración da dotación dun lugar onde os nosos maiores poidan disfrutar dun espazo onde poidan cubrir necesidades propias da súa idade, que non poden ser, na maioría dos casos, facilitadas de xeito individual nas súas casas.

martes, 10 de diciembre de 2013

         

   


D. Luis Miguel Taibo Casás voceiro do grupo de Esquerda Unida do Concello de Cambre e en representación deste grupo político, con enderezo a efectos de notificación en Parque Europa nº 7 15.660 Cambre, enterado da RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS, pola que se somete ao trámite de información pública o Proxecto de trazado da obra de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña Conexión DP 1706-AP 9 en A Barcala e San Pedro de Nós-AP-9 (clave AC/09/029.01) publicado no Diario Oficial de Galicia nº 208 do 30/10/2013 presenta a seguinte


ALEGACIÓN


No proxecto de trazado da obra de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña Conexión DP 1706-AP 9 en A Barcala e San Pedro de Nós-AP-9 (clave AC/09/029.01) proponse unha solución no viario de nova creación que non ten en conta a realizade do núcleo urbano de O Temple e produciría un efecto nada beneficioso aos cidadáns deste núcleo de poboación e de todo o Concello de Cambre, ao tempo que non se cumpre con toda a normativa de apliación. Son varios os motivos que levan a estas afirmación e que se relacionan a continuación:

-          Con respeto á normativa de aplicación non se ten en conta o Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro, polo que se aproba ou Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade Autónoma de Galicia nin a Orde VIV/561/2010, do Ministerio de Vivenda, de 1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidad e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados (BOE núm 61, 11 de marzo de 2010), que establecen como ancho mínimo de beirarrúas 1,8 metros libres de todo obstáculo que non aparece reflectido no proxecto e que empeoraría a situación creada pola contrución da cubrición do polideportivo do CEIP de Portofaro.


-          Tampouco se aplicou o Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Evaluación de Impacto Ambiental de proxectos (BOE 26 de enero de 2008), modificado pola Lei 6/2010, de 24 de marzo (BOE 25 de marzo de 2010) que establece no seu artigo 3.1. que “Los proyectos, públicos y privados, consistentes en la realización de obras, instalaciones o cualquier otra actividad comprendida en el anexo I deberán someterse a una evaluación de impacto ambiental en la forma prevista en esta ley.” Este proxecto estaría incluido no Anexo I do Grupo 6.a.1. “Construcción de autopistas y autovías, vías rápidas y carreteras convencionales de nuevo trazado” polo que ten que someterse á avaliación do impacto ambiental.


-       Non se ten en conta como se afecta con este proxecto á zona incuida no ámbito do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia que é de aplicación..


-    entronque entre o novo viario e a DP-1706 realízase no medio do solo urbano polo que seguiranse mezclando tráficos de circulación interna con aqueles outros que son de recorrido máis amplio o que mermaría a eficacia da proposta.


-      No proxecto non se ten en conta a incidencia no tráfico provocado pola proximidade do Colexio CEIP de Portofaro. Este colexio ao estar nun borde do núcleo urbano e dar servizo a todo o Concello fai que nesta zona á hora de deixar e recoller aos nenos prodúcense grandes retecións que afectan todos os días de colexio á estrada DP-1706. Coa implantación da rotonda ao carón deste Colexio este problema vai empeorar e mais se temos en conta que se vai expropiar e ocupar parte do aparcadoiro que utilizan os pais dos nenos para deixar o vahículo mentras os acercan ás aulas.


-          No CEIP de Portofaro realizouse no ano 2013 a obra de cubrición da pista polideportiva que parece estar afectada pola expropiación que se vai a realizar na parcela na que se localiza o colexio polo que se modifica o proxecto ou se expropia a totalidade da obra executada.


-          Non se ten en conta con esta rotonda ao carón do colexio o tráfico peonil nesta zona urbana pois é interrompido pola rotonda plantexada.


-          Non se tivo en conta no diseño ao usuario de bicicleta ao non dar unha alternativa a este tipo de vehículos tendo que utilizar o mesmo que os vehículos a motor.


-          O impacto da trincheira producida polos taludes que se formarán ao carón do colexio é demasiado grande e o efecto non é nada desexable na imaxe da cidade.


-          Estase afectando a unha área de oportunidade, que xa ten en conta o Plan Xeral de Ordenación en tramitación, na zona da contorna da ligazón de O Temple coa AP-9 pois nesa zona conflúen iniciativas tanto públicas como privadas de transformación da natureza do polígono industrial de O Temple baseadas en procesos de terciarización e integración urbana que é necesario compatibilizar coa incorporación como espazo verde dunha zona contigua que se vería afectada pola expropiación e que se sinala na seguinte imaxe adxunta en cor verde.






  

No Plan Xeral de Ordenación en tramitación plantéxase un novo Sistema Xeral
Viario no que se xustifican parte dos novos desenvolvementos e áreas de oportunidade, apóiase na rede das grandes infraestruturas de comunicacións, e na realidade física e orográfica do territorio. Para a posta en valor de novos solos na contorna de Cambre e A Barcala é imprescindible reforzar a estrutura viaria actual coa creación dun novo viario que circunvale ditos núcleos e os conecte tanto con O Temple como coa AP-9. Deste xeito, esta nova infraestructura nacerá na confluencia do vial de conexión da Vía Ártabra coa DP-1704 e disporá dun enlace coa estrada DP-1706, ao sur de A Barcala, núcleo que é circunvalado polo este ata confluir de novo coa DP-1706. Con esta actuación transformaríase o eixo de tráfico que é hoxe día a estrada O Temple - Cambre nun verdadeiro eixo urbano. Por iso hai que humanizar a estrada, semaforizala, domesticala, alfombrala de verde e convertela nunha rúa, nun bulevar urbano. E á calor urbana dese bulevar é onde deben localizarse novas dotacións e equipamentos e novos crecementos residenciais, sen que o anterior implique unha conurbación estrita e lineal. Para iso é necesario desviar o tráfico pasante, de modo que o espazo urbano o sexa para a localización e a interacción de actividades urbanas, sacando cara ao exterior do devandito espazo as funcións estritamente ligadas ao transporte, desviando desta maneira as externalidades negativas derivadas de tales actividades. Para iso proponse a disposición dunha Vía Colectora externa ao núcleo que desvíe o tráfico pasante, enlazando o acceso á Vía Ártabra desde o núcleo de Cambre até o núcleo de O Temple, nas proximidades da nova solución incorporada para o acceso á AP-9 desde á DP-1706. Na seguinte imaxe aparece reflectido este novo viario que debería de terse en conta no proxecto en exposición en cor morada.

-








 


 Por todo o dito con anterioridade, este grupo político, considera que se debería de modificar o trazado do viario proposto debéndose trasladar o enlace coa 
DP-1706 cara o sur, fora do solo urbano tendo en conta as previsións do Plan Xeral de Ordenación Municipal en tramitación. Proponse a seguinte solución baseada na proposta de data de Setembro 2004 do Plan sectorial da rede viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo que era máis adecuada que a actual e que se adapta máis ás necesidades do presente e do futuro do Concello de Cambre.





                                                                                                               Proposta para a zona


Por todo o exposto SOLICITAMOS que se teña en consideración o indicado para modificar o Proxecto de trazado da obra de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña Conexión DP 1706-AP 9 en A Barcala e San Pedro de Nós-AP-9 (clave AC/09/029.01) en exposición pública.

Cambre, 5 de decembro de 2013



Asdo.: Luis Miguel Taibo Casás


AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

XUNTA DE GALICIA

lunes, 9 de diciembre de 2013

                ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE: INFORMA

ESQUERDA UNIDA PARTICIPARÁ NA MANIFESTACIÓN CIDADÁ QUE TERÁ LUGAR O DÍA 10 DE DECEMBRO DENDE A CASA DO MAR ATA O KIOSCO ALFONSO ÁS
20:00H

“ANIMAMOS A TODA A POBOACIÓN A ACUDIR Á MANIFESTACIÓN DO DÍA 10 POLA DEFENSA DUNHA SANIDADE PÚBLICA, GRATUITA, UNIVERSAL E DE CALIDADE”

A Xunta de Galicia e o Goberno central están impulsando todo tipo de privatizacións; nunca un goberno en tan pouco tempo fixo tanto dano á Sanidade Pública e as súas usuarias e usuarios.

O Partido Popular ataca de cheo á Sanidade Pública e o seu persoal con privatizacións, con repagos nos medicamentos e cos continuos recortes salariais, de días libres, coberturas de baixas médicas, minguando os cadros de persoal, non repoñendo as xubilacións; non contratan, e priman a voluntariedade en atención primaria, as horas extras en atención especializada e a concertación coa sanidade privada. Evidentemente o PP pula polo beneficio privado.

Esquerda  apoia e difunde a folga xeral na Sanidade Pública Galega os días 9 e 10 de decembro convocada polos sindicatos. Asemade, facemos un chamamento á veciñanza en apoio a esta folga.

Lembramos que o desmantelamento da sanidade xa está poñendo barreiras ao acceso da poboación aos servizos asistenciais, obrigando a pagar os medicamentos a pensionistas, a pacientes tratados por enfermidades graves como o cancro, as próteses, ambulancias ou alimentos especiais. O seguinte paso recoñecido pola Xunta é que os enfermos paguen unha parte da asistencia que reciban no momento de ser atendidos e por último a privatización mediante as áreas de xestión clínica o que repercutirá moi negativamente
no doente.

Estamos en tempos de excepción nos que cómpre loitar conxuntamente polos dereitos adquiridos e que se empeñan en despoxarnos. Por iso, Esquerda Unida participará na manifestación cidadá que terá lugar o día 10 de decembro dende a Casa do Mar
ata o Kuiosco Alfonso ás 20:00h. Creemos que debemos saír manifestarnos en toda Galicia, xunto cos traballadores e traballadoras da sanidade en folga, pois é tempo de promover unha grande alianza entre poboación e traballadores da sanidade.

Coa coartada de reducir o gasto público para pagar a bancos e especuladores internacionais a Xunta de Galicia está pechando hospitais, centros de saúde, laboratorios, servizos de ambulancias, reducindo persoal sanitario e precarizando as condicións de traballo nos centros sanitarios. Temos que defendernos por medio da mobilización social, sindical e institucional coma resposta ante as políticas que tentan lucrar a uns poucos a costa de privar dos seus dereitos ao conxunto da sociedade.

Finalmente “animamos a toda a poboación a acudir á manifestación do día 10 pola defensa dunha Sanidade Pública, gratuíta, universal e de calidade”.

Esquerda Unida de Cambre

domingo, 8 de diciembre de 2013

LA GRAN CORUÑA

Críticas en Cambre y Oleiros al trazado diseñado por la Xunta para el Vial 11

Partidos políticos de los dos concellos presentan alegaciones al proyecto, en las que coinciden en afirmar que generará aún más atascos sobre todo en torno al colegio Portofaro

08.12.2013 | 02:15
Trazado del Vial 11 en el municipio de Cambre. / la opinión
Trazado del Vial 11 en el municipio de Cambre. / la opinión
Denuncian la falta de pasos para ciclistas y la ausencia del trámite de evaluación ambiental
Un núcleo de población aislado; molestias por los rodeos que tendrán que realizar los vecinos para llegar a sus casas; falta de accesos peatonales y para ciclistas; y aumento de los problemas de tráfico sobre todo junto al colegio Portofaro, son algunas de las cuestiones que critican partidos políticos de Cambre y Oleiros, los dos concellos afectados por el trazado que ha diseñado la Xunta para el Vial 11 con el que pretende reducir la intensidad de tráfico en Costa da Tapia.
En Oleiros el Concello anunció la presentación de alegaciones a este proyecto y el PSOE ya lo hizo; y en Cambre ya las han presentado tanto Esquerda Unida (EU) como el Partido Socialista. El proyecto supondrá la demolición de dos casas, una en cada concello, así como el derribo de numerosos cierres y cobertizos y expropiaciones de fincas. Esta nueva vía además atravesará Cambre con tres calzadas de 41 metros de altura.
Esquerda Unida de Cambre. El portavoz de EU, Luis Taibo, afirma que este proyecto produciría un "efecto nada beneficioso" en Cambre. Señala que "incumple toda la normativa", tanto la ley de accesibilidad que fija el ancho mínimo de las aceras en 1,8 metros libres; como la ley de evaluación de impacto ambiental, porque este trazado no se sometió a evaluación ambiental. Taibo dice que "no se tiene en cuenta la incidencia del tráfico a causa del colegio Portofaro", que ya registra mucha circulación y con la ejecución de una rotonda al lado la situación "va a empeorar". Añade que la glorieta prevista interrumpirá el tráfico peatonal; denuncia que no se tuvo en cuenta al usuario de bicicleta y critica el impacto "de trinchera" de los taludes". Plantea "humanizar" esta zona convirtiéndola en un bulevar, desviando el tráfico por un vial de circunvalación que enlazaría el acceso a la vía ártabra desde el núcleo de Cambre hasta O Temple.
EPSOE de Cambre. El Partido Socialista cambrés explica que "ha firmado la alegación por responsabilidad con los vecinos". Al igual que EU, considera que un enlace delante del colegio Portofaro "agravaría los problemas de tráfico en la zona de O Paraugas, punto crítico de circulación". También coincide con Taibo en que el proyecto carece de estudio de impacto ambiental. Los socialistas además demandan que se "dé continuidad al vial municipal de A Gándara a A Seara". El PSOE rechaza el Vial 11 pero defiende el 17, la modificación del trazado actual y refuerzo del ramal de la autopista AP-9 que llega hasta la glorieta de O Temple. Reprueba que el Concello cambrés no participase en la redacción del proyecto ni "negociase" con la Xunta.
Concello de Oleiros. El Gobierno local, Alternativa dos Veciños, denuncia que este vial no deja "paso ninguno" y solicitará un túnel para peatones con el fin de evitar que los vecinos tengan que dar rodeos porque se cortará la carretera de A Seara para unirla con la autopista.
EPSOE de Oleiros. El partido considera "acertada y necesaria esta obra" aunque precisa "modificaciones" para que sea más "sostenible" y agilice el tráfico rodado. Plantea una glorieta para el tráfico procedente de A Seara (Nós) porque sino este proyecto generará "un muro de división" entre este núcleo y el de O Temple, "obligando a los vehículos y peatones a desplazarse hasta la glorieta de Findevila". el PSOE cree que como en el vial inferior del trazado habrá una "intensidad de tráfico muy baja", sería una buena zona para una glorieta que solucionase el cruce de la carretera de A Seara con el vial inferior y evitaría el impacto visual y paisajístico que genera el talud propuesto". Propone, en coincidencia con el PSOE y EU de Cambre, un carril bici y un andén peatonal, "no necesariamente por el trazado del vial" sino que podría seguir el curso del río para dar servicio a las viviendas. "Estos carriles deben de tener continuidad desde la glorieta de A Veiga hasta O Temple y el río Mero, dando sentido integral a la movilidad de vehículos, peatones y bicicletas".

sábado, 7 de diciembre de 2013

Cayo Lara lamenta “profundamente” la muerte de Nelson Mandela “sin duda alguna uno de los referentes políticos más sólidos y admirados por su incansable lucha”


       



Para Lara, “Mandela está hoy más vivo que nunca. En estos momentos en los que la coherencia política y la musculatura ideológica parece que son valores que no cotizan en ninguna bolsa, un luchador como él por las libertades y contra el racismo, con cerca de 25 años de prisión a sus espaldas, merece que reflexionemos sobre su vida. Estamos ante una personalidad capaz de trascender su sufrimiento personal y de los suyos, y proyectar el escenario de reconciliación del pueblo sudafricano a todo el mundo”.

El máximo dirigente federal de IU subraya que Nelson Mandela “consiguió materializar en Sudáfrica y hacer realidad antes que nadie el ‘sí se puede’, con naturalidad, con sencillez y sin dobleces al defender aquello en lo que creía: la dignidad de la política y la dignidad de su pueblo”.

“Hombres como Mandela –indica Lara- contribuyen a perseverar en la idea de que existen causas por las que merece la pena luchar hasta el último día. Las conquistas sociales, laborales, democráticas, nunca fueron regaladas ni llegaron solas. Es cierto que en ocasiones el precio es muy alto, pero también lo es que, como decía el clásico, ‘el motor de la historia es la lucha de clases’.

En su opinión, “hubo quien pensó que el poder acabaría moldeándole, pero fue el quien moldeó al poder y, con ello, a todo un país y, en buena medida a todos nosotros, porque lo suyo era lo de todos”.

Cayo Lara recuerda que “fue el propio Mandela quien expresó mejor nadie que ‘ser libre no es solamente deshacerse de las propias cadenas sino vivir de una forma que respete y mejore la libertad de los demás’. Pues bien, después de tanta lucha y de tantos sacrificios nadie puede cuestionar la veracidad y los valores que transmite el legado que nos ha dejado ‘Madiba’”.

viernes, 6 de diciembre de 2013