lunes, 2 de enero de 2023

INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO ORDINARIO DO M,ES DE DECEMBRO PRIMEIRO ROGO Trasladan os veciños que o acceso á Fonte de Amil non quedou ben cando se fixeron as beirarrúas na estrada AC-214 visto que provocan risco de caída. PREGAMOS: Sexa trasladado aos técnicos competentes para avaliar e sopesar a posibilidade de actuar sobre dito acceso.
SEGUNDO ROGO Unha das consecuencias negativas da dixitalización e a tramitación electrónica é que deixa polo camiño a moitas persoas maiores que quedan relegadas a un illamento ou fenda dixital e como consecuencia, de tramitacións administrativas. No noso Concello recibimos xa de hai tempo queixas de persoas de aproximadamente 65 anos en adiante que trasladan que a fenda dixital podería verse aminorada coa posibilidade, entroutras, de poder acudir ao Concello de xeito presencial sen necesidade de concertar cita previa. PREGAMOS: Sexa avaliada por quen competa a posibilidade de que as persoas dun rango de idade (que como suxerencia nós indicamos que poderían ser os 65 anos), poideran acodir a realizar trámites ao concello de xeito presencial sen necesidade de concertar cita previa. TERCEIRO ROGO De tempo atrás existe un desnivel na beirarrua a carón do Paraguas, preto de Casa Leonardo. PREGAMOS sexa tida en conta necesidade de eliminar dito desnivel, obra, ao noso entender, non especialmente complexa nin custosa.
PRIMEIRA PREGUNTA Existen lousas levantadas na praza Manuel Murguía que nestes días de choiva provocan molladuras e inseguridade viaria PREGUNTAMOS: Teñen coñecemento desta situación e, como consecuencia, previsión de solventala? SEGUNDA PREGUNTA Esta pasada fin de semana no Apeadeiro, en Cecebre, poidemos observar un barrizal motivado como consecuencia do desbordamento da graveira, que se rechea con terra extraída da parcela onde vai ser instalado "Amazon".
PREGUNTAMOS: Existe no Concello algún proxecto relativo ao mencionado recheo así como as súas correspondentes licenzas por parte do Concello de Cambre e da Delegación de Minas? TERCEIRA PREGUNTA Observamos que no inicio da Rúa Francisco Añón con María Mariño, no paso de peóns fronte á beirarrúa de nova construcción, queda un escalón totalmente incompatible con cadeira de rodas, carro infantil ou persoas de mobilidade reducida. PREGUNTAMOS: Vai ser cambiada a ubicación do actual paso de peóns ou teñen prevista algunha actuación que cumpla coa necesaria accesibilidade e rebaixe da beirarrúa si se prevé conservar a ubicación
Asdo: Olga Santos