viernes, 29 de noviembre de 2013


 





Amigas e amigos do país de Nunca Máis:

Grazas por asistirdes a unha nova convocatoria da Plataforma Nunca Máis.

O noso país segue á deriva, sen goberno de seu con competencias propias para enfrontar novas catástrofes marítimas. Galiza segue á intemperie. Os tribunais de xustiza seguen a ditar a inxustiza nas súas sentenzas. E mentres tanto, o mar segue aí, fronte ás nosas costas, bruando inverno tras inverno o seu canto desesperado, a súa soidade, temendo -como non?- que outro petroleiro como o Prestige se adentre nel e invada as súas augas de negrura, de alcatrán, de morte.

Non é tempo de quedar na casa, de resignarse, de renunciar á xustiza, ao dereito e á loita. Por iso estamos aquí, en Compostela, en Vigo, na Coruña, en Foz, en Lugo, en Ourense, en Ferrol, en Pontevedra, no país enteiro, dando, máis unha vez, un exemplo cívico de compromiso coa nosa Terra, coa xustiza, coa verdade. Todo o que non fan os que nos desgobernan, Os que nos guían / e non teñen ollos, como di Bernardino Graña nun dos seus poemas.

Fronte a nós navega aínda un petroleiro cargado de mentiras: o petroleiro da burocracia e do poder, esa inmensa marea negra que intenta afogar o clamor da xente sen saberen eles que nin o alcatrán todo do mundo calará a nosa voz, a nosa esixencia de dignidade e de xustiza, o noso berro de Nunca Máis.

Todas e todos nós lembramos aquela marea negra do Prestige que cubriu de petróleo o noso mar e as nosas praias, aquela marea negra que trouxo tanta dor aos nosos corazóns e que tanta carraxe nos provocou ao contemplarmos con estupefacción aquela xestión política do goberno do Estado e da Xunta de Galiza, cada día e a cada hora máis disparatada.

Mais, fronte ao tópico da resignación do pobo galego, Nunca Máis foi a resposta dunha sociedade viva, dun país que puxo de manifesto a súa propia forza como pobo e que nos fixo sentir o orgullo de sermos galegas e galegos. Foi aquela a maior mobilización social do mundo diante dunha catástrofe ecolóxica. E fixémola nós, aquí, en Galiza. A bandeira de Nunca Máis percorreu o planeta como símbolo da nosa loita e da nosa dignidade contra a marea negra, contra a manipulación e contra a mentira.

E aquí estamos de novo, reclamando xustiza, lembrando o que aínda queda por facer e esixindo solucións concretas:

1.      Os medios necesarios para facerlle fronte a calquera outro accidente marítimo que se poida producir nas nosas costas;
2.     a xestión definitiva para o fuel do pecio Prestige;
3.     o seguimento da saúde das persoas que limparon o chapapote;
4.     as competencias propias en seguranza e salvamento marítimo;
5.     o retorno da Seguridade Marítima á xestión pública;
6.     o control efectivo do Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra;
7.     e medidas lexislativas que rematen coa impunidade dos que contaminan

O Goberno de Rajoy e a Xunta de Feijoo van presentar recursos perante do Supremo para acalar as nosas voces e as nosas conciencias da dignidade con trinta moedas de ouro, mais Galiza non ten prezo e a Plataforma Nunca Máis, ademais de demandar que quen contamina pague, vai ir máis aló dando un paso nos tribunais para que os responsábeis políticos da xestión daquela crise sexan finalmente condenados por provocar unha das maiores catástrofes ecolóxicas do mundo, porque ese delito non pode ficar impune. Once anos despois seguen a existir razóns para a indignación, a reivindicación e a contestación social.

A Plataforma Nunca Máis acordou, por unanimidade, presentar Recurso de Casación perante o Tribunal Supremo. Non por ter confianza na xustiza española, pois xa vimos que o xuízo foi unha farsa, o proceso unha fraude e a sentenza un insulto. O noso obxectivo é saír do labirinto do aparello da xustiza española e seguir até o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo, até conseguirmos unha sentenza exemplar que sinale un antes e un despois no delito ambiental.

Durante a longa travesía xudicial do Prestige, o conxunto da cidadanía galega estivo persoada no caso a través de Nunca Máis -e tamén hai que dicilo-, grazas ao esforzo e á xenerosidade da Comisión Xurídica de Nunca Máis. Mais agora, o longo camiño que queda por percorrer na vía xudicial, no Tribunal Supremo e no Tribunal de Estrasburgo, témolo que facer como pobo galego autoorganizado en Nunca Máis, asumindo colectivamente, coa axuda económica de todas e todos nós, os custos que leva consigo a presentación deses recursos. Este ten que ser o recurso de Galiza, o recurso do pobo galego, ao que temos que contribuír cada un e unha de nós cos seus propios euros, cada quen co que libremente desexe. Ou recorremos nós esta inxusta sentenza ou ninguén o vai facer por nós. Nin Rajoy nin Feijóo van procurar que se faga xustiza; iso sabémolo ben.

Nunca Máis á incompetencia política!
Nunca Máis mareas negras de chapapote!

Nunca Máis mareas negras de manipulación e de mentiras!

Nunca Máis outro petroleiro estendendo a morte!

Nunca Máis!!!


Galiza, 1 de decembro de 2013

O próximo sábado día 30 de novembro de 2013, ás 11:30h, terá lugar unha charla - coloquio na Casa - Museo: "Casares Quiroga" , Rúa Panaderas nº12, baixo o lema " por unha sociedade libre de violencia de xénero", no que intervirán Yolanda Díaz (coordinadora nacional de EU), Mariluz Canal (avogada e feminista) e Laura del Río ( Consello comarcal de EU).


Esperamos cotar coa vosa presenza.

INICIATIVAS

                                                                           



Estado das rúas: Martin Códax, Abeleira e Estanque, na parroquia do Temple, que o Grupo de EU solicitou a súa reparación  e acondicionamento.




Estrada  do Canal en (Cecebre) na que pedimos a instalación de biondas ou guardarrailes de protección                        






INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU”  AO PLENO E COMISIÓNS DO MES DE NOVEMBRO


MOCIÓN DE OPOSICIÓN Ó PROXECTO DE LEI DE RACIONALIZACIÓN E SOSTENIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL


EXPOSICION DE MOTIVOS

Os Alcaldes e Alcaldesas de todos os grupos políticos, exceptuando o Partido Popular, mostraron o pasado 13 de outubro en Madrid, a súa posición radicalmente contraria ó Proxecto de Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, lendo un manifesto do que algún dos seus extractos conforman a presente exposición de motivos:

“O Goberno presenta esta reforma co único obxectivo de dar cumprimento á Lei Orgánica de Estabilidade Presupostaria. E pretende basearse no argumento da carga financeira e económica que as corporacións locais significan para a economía do país. Trátase dunha afirmación sen fundamento, posto que o endebedamento público das entidades locais está en torno ao 4% do PIB, mentres que o seu déficit conxunto público total alcanzou en 2012 o 0,3% e será do 0% para o período 2013-2015. Estamos ante unha apreciación errónea dos fins constitucionais da Administración Pública, que non son outros que servir eficazmente aos intereses dos cidadáns e onde as restricións presupostarias constitúen unha limitación que se respecta totalmente polas corporacións locais, e non un fin en sí mesmo.

Pero ademais, son as administracións locais as únicas que están a diminuír o seu nivel de endebedamento, de modo que en 2012 máis de tres mil concellos tiveron superávit nas súas liquidacións presupostarias.

O cidadán, que é a quen nos debemos, acode a quen lle presta mellor os servizos e se a este fin acode aos municipios, en lugar da outros entes de maior ámbito territorial, é porque percibe que da proximidade na prestación se proporcionan servizos onde as súas necesidades particulares teñen mellor acomodo.

A ampliación do ámbito territorial do Ente prestador provoca, indubidablemente, a perda de atención á particularidade; por outro lado, a eliminación de alternativas ao cidadán non provoca maior benestar a este, senón pura prestación monopolística dos servizos e a clara tentación a privatizar a súa xestión e/ou a requirir maiores pagamentos ou copagamentos polo acceso a estes, o que indubidablemente redundará nuns servizos de menor calidade e maior custo para o cidadán.

Ésta vai ser a consecuencia ineludible da nova lei: servizos de moita peor calidade cun custo máis elevado que terán que custear os cidadáns.

O texto presentado, e que se pretende entre en vigor o 1 de xaneiro de 2014, erosiona a autonomía local non respectando as competencias municipais, non ten en conta os principios de proximidade e de equidade na prestación dos servizos públicos, non respecta as competencias das Comunidades Autónomas nin as distintas peculiaridades e realidades históricas recoñecidas nos respectivos Estatutos de Autonomía e pon en perigo a prestación dos servizos sociais básicos que tanto necesitan os cidadáns nestes momentos de dura crise económica.

Pero ademais, supón obviar os compromisos internacionais adquiridos por España coa firma da Carta Europea de Autonomía Local en 1985, que establece que o contido do compromiso adquirido coa adhesión se manifesta en que as Entidades locais teñan "liberdade plena" para exercer "a súa iniciativa en toda materia que non estea excluída da súa competencia ou atribuída a outra autoridade". Este desprezo en pouco coadxuva a manter unha credibilidade exterior imprescindible en momentos de crise como a actual, máxime cando claramente o modelo proposto non é nin máis eficaz nin máis económico.

Ao contrario, o modelo proposto polo goberno significará unha grande ineficiencia na prestación de servizos básicos (recollida e tratamento residuos sólidos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario auga potable, acceso aos núcleos de poboación e pavimentación das vías) pero tamén nas prestacións sociais fundamentais para millóns de cidadáns. Servizos de atención domiciliaria, teleasistencia, menores, minusvalidez, inclusión de inmigrantes, infancia, dependencia, maiores... deixarán de ser prestados dende o coñecemento que proporciona a proximidade, perderán a súa calidade e eventualmente poderían deixar de dar cobertura a moitos cidadáns.


Por todo o anterior o pleno do Concello asume os seguintes:

ACORDOS

1.- O Concello de Cambre  mostra o seu rexeitamento á reforma da administración local e solicita ao Goberno da nación que, co fin de evitar a intervención do Tribunal Constitucional, retire o seu Proxecto de Lei e elabore un novo sobre a base dos principios de consenso e dos compromisos políticos básicos, debendo contar coa participación das administracións locais, tanto directamente como a través das Comunidades Autónomas no ámbito das súas competencias.

2.- Dar traslado dos acordos aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados e ao Presidente do Goberno.


ROGOS.

1.- No pasado pleno municipal, ante unha iniciativa do noso Grupo sobre as perdas de  auga potable no concello, o concelleiro responsable informaba dos  problemas e das conseguintes derramas en varios depósitos   e na propia rede de distribución  polo  mal estado. Para o Grupo Municipal de EU, resulta necesario e urxente  realizar un estudo sobre  o estado da rede de  instalacións do suministro de auga no municipio, para  coñecer os lugares precisos onde se encontran as fugas e as cantidades perdídas, co fin de actuar para correxir a situación.

-Polo exposto, PREGAMOS o Goberno nos facilite os informes existentes,  e as actuacións que se están levando a cabo para dar solución os problemas.

2.-  O PXOM e un  documento imprescindible para o futuro desenrolo do noso concello, xa se puxo de manifesto  o incumprimento por parte das empresas redactoras respecto os prazos e irregularidades existentes na súa elaboración e trámite,  que sin duda vai influir directamente en que Cambre non teña aprobado o Plan de Urbanísmo na presente Lexislatura.

Respecto a este grave problema, o noso xuizo existe pouca información pública por parte do Goberno, dun tema que traerá graves consecuencias para o concello e os seus veciñ@s,

-Polo exposto, PREGAMOS nos informen da situación actual, e do mesmo xeito o Goberno facilite  información a cidadanía mediante os medios dispoñibles no concello.

3.- Tendo coñecemento das  queixas que os veciñ@s  fan chegar  o noso Grupo municipal  motivado o estado de inseguridade que se produce no camiño que transcurre entre Cela e O Canal, que presenta lugares que comportan perigro para a circulación rodada e peonil,  consideramos que se debe correxir esta situación  e non teñamos que lamentar ningún accidente, debido a que os vehiculos poden sairse da estrada, ou atropellar algunha persoa.


Por esto presentamos o seguinte ROGO:

-Que  o Goberno local adopte as medidas necesarias con carácter urxente para que  se instalen  quitamedos ou biondas, nos lugares do camiño mencionados onde exista risco para a circulación de persoas e vehiculos, co fin de evitar o perigro que supón polo reducido ancho do vial e falta de visibilidade.



PREGUNTAS:

1.- Veñen sendo frecuentes as queixas sobre os desperfectos existentes no Parque Infantil situado ó carón da Casa das Palmeiras. De feito, froito dunha solicitude do noso Grupo Municipal, recentemente téñense sustituído elementos de xogo que estaban en mal estado. Hoxe voltamos a denunciar que, neste mesmo parque, hai, debaixo dos columpios sendas pozas tan grandes que coa choiva se forman unhas charcas que os inutilizan para o xogo. Sabemos que colocar un chan de “corcho” como nos novos parques supón un desembolso determinado, pero neste caso, únicamente se trata de levar algo de recheo para nivelar o chan e que se poida desfrutar dun parque que, aínda que é pequeño, alberga gran cantidade de nenos.

-En base ó anteriormente exposto o noso Grupo Municipal PREGUNTA :

¿Cando pensa o Goberno tomar as medidas necesarias para proceder a tapar e rechear as pozas dos columpios do parque das Palmeiras?

2.- En relación a Moción presentada polo concelleiro de Obras e servizos  no pleno de setembro pasado, sobre a supresión do paso a nivel en Cela, e a execución de beirarrúas na estrada DP-1704. A petición do noso Grupo incluiuse solicitar a ADIF a execución dunha senda peonil ou beirarrúa no camiño  0085.

-¿Poden informarnos en que situación se encontra dita tramitación, e os posibles acordos?

3.- Veciñ@s das  rúas Abeleira, Martin Codax e Estanque, teñen denunciado a situación de abandono dos mencionados viales por carecer de asfaltado e  pronunciados baches que dificultan a circulación. En este mesmo sentido o noso Grupo ten presentado unha iniciativa nas Comisións   Informativas do mes de outono do 2011. Transcurridos mais de dous anos, a situación  de deterioro aumentou, sin que se teña feito ningunha actuación para solucionar o problema


Polo exposto, o noso Grupo Municipal pregunta:

¿Cal é o motivo polo que a dia de hoxe    estas rúas  atopanse sin asfaltar, e para cando pensa o goberno levar a cabo a reparación do  problema?

                       
                                

COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.

ROGOS:

1.- Tendo en conta os problemas de perigrosidade  no camiño que transcurre entre Drozo e Estorrentada a altura do número 34-A, é según consta no informe emitido pola Policía local en relación a existencia de un montículo de terra que soporta un poste do tendido eléctrico, impedindo a visibilidade aos vehiculos para a súa incorporación o dito vial.

-PREGAMOS O Goberno local adopte as medidas necesarias con carácter urxente, para  para evitar  o perigro de accidentes nunha via pública de titularidade municipal.


PREGUNTAS:

1.- ¿Que medidas ten tomado o Goberno,  en referencia  a solicitude presentada polo noso Grupo,   sobre a seguridade no cimeterio municipal de Cambre?


                   En CAMBRE, a 23 de novembro  de 2013.

                        Asdo:  Grupo  Municipal  de “EU”


miércoles, 27 de noviembre de 2013


A CORUÑA

El Consorcio trasladará a Fomento sus necesidades para el tren de cercanías

El presidente propondrá en pleno a los concellos estudiar las demandas de mejoras en las paradas y estaciones - Rivas justifica suspender la alta velocidad y recuerda las protestas por el trazado

27.11.2013 | 09:03
Protesta de los afectados por el trazado de la alta velocidad en Cambre en 2008. / carlos pardellas
Protesta de los afectados por el trazado de la alta velocidad en Cambre en 2008. / carlos pardellas
El ente reclama al Ministerio que impulse el servicio de proximidad en lugar de la alta velocidad
El Consorcio As Mariñas comunicará a Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), dependiente del Ministerio de Fomento, las necesidades de las estaciones y paradas de tren de los concellos consorciados. El presidente del ente comarcal, José Antonio Santiso, propondrá a los alcaldes de los ayuntamientos consorciados iniciar un estudio que detalle las demandas de mejoras en cada parada y cada estación, tras conocerse la renuncia de Fomento a construir la línea de alta velocidad entre A Coruña y Ferrol. Los alcaldes coinciden con la decisión de la cartera que dirige Ana Pastor en su apuesta por el tren de cercanías, por lo que remitirán al Gobierno un informe con los aspectos que requerirían mejoras para potenciar la comunicación ferroviaria de proximidad.

lunes, 25 de noviembre de 2013

Foto

AGE alerta de intereses privados en el trasvase de Meirama a Cecebre

25.11.2013 | 01:19
La Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) afirma que el proyecto para trasvasar agua de la mina de Meirama al embalse de Cecebre no está respaldado por el interés público si no, alerta, con la "única justificación de beneficiar a Gas Natural-Unión Fenosa". El diputado de AGE Antón Sánchez presentó la semana pasada las alegaciones a esta iniciativa, según informa, ante Augas de Galicia.
AGE advierte en sus reclamaciones que este proyecto debería ser sufragado de forma "íntegra" por la empresa, que es la que se beneficiará del trasvase, "dado que la Xunta señaló en 2008 que las obras para verter el agua del lago artificial de Meirama al río Barcés deberían ser ejecutadas por la empresa", apunta la agrupación en un comunicado.
Para Antón Sánchez resulta "inaudito" que mientras que el presidente de la Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, crítica la decisión de Gas Natural de construir gaseros en Asia, "la política de su gobierno es la de favorecer sistemáticamente a dicha sociedad, tanto en Sogama como en Augas de Galicia", sentencia. El diputado reclama al líder del Gobierno gallego que explique qué interés público tiene una obra que, apunta, fue "expresamente" rechazado en el Plan Seca, elaborado por Augas de Galicia. Antón Sánchez recuerda que se desechó esta alternativa porque no se consideró de "interés estratégico" el trasvase de Meirama a Cecebre.

jueves, 21 de noviembre de 2013





Na Coruña manifestación dende a Praza da Palloza até o Obelisco.
Hora de saída: 12:00.
O 23N. Á rúa! (Outra vez).


Na Coruña manifestación dende a Praza da Palloza até o Obelisco.
Hora de saída: 12:00.
O 23N. Á rúa! (Outra vez).

lunes, 18 de noviembre de 2013

Parabens a todos e a todas.



16 de Novembro, 2013

Imaxe do auditorio de Galicia o pasado sábado
A BANDA DE MÚSICA "SEMENTEIRA" DE CAMBRE CONSEGUE O 2º PREMIO NA SECCIÓN 2ª (70 MÚSICOS) DO VII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA

A AGRUPACIÓN CAMBRESA OBTIVO UNHA DAS PUNTUACIÓNS MÁIS ALTAS DA HISTORIA DO CERTAME, 340 PUNTO
A BANDA DE MÚSICA "SEMENTEIRA" DE CAMBRE CONSEGUE O 2º PREMIO NA SECCIÓN 2ª (70 MÚSICOS) DO VII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA, CELEBRADO O PASADO SÁBADO 16 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO DE GALICIA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

A AGRUPACIÓN CAMBRESA OBTIVO UNHA DAS PUNTUACIÓNS MÁIS ALTAS DA HISTORIA DO CERTAME, 340 PUNTOS, A TAN SOLO 4 PUNTOS DA PRIMEIRA CLASIFICADA, E A CASE 100 PUNTOS DO RESTO DAS PARTICIPANTES, EN TOTAL 5, O QUE DEIXA VER A IGUALDADE ENTRE A 1ª e 2ª BANDAS DE MÚSICA, E VER QUE BANDA SEMENTEIRA E CAMBRE ROZOU O 1º PREMIO.

A BANDA DE MÚSICA "SEMENTEIRA" DE CAMBRE REPITE ÉXITOS CADA VEZ QUE SE PRESENTA A UN CONCURSO NA SÚA TERCEIRA PARTICIPACIÓN NO CERTAME GALEGO, NO QUE XA CONSEGUIU O 1º PREMIO e MENCIN ÓDE HONRA NO ANO 2007 e 3º PREMIO NO ANO 2009, ADEMAIS DO 2º PREMIO NO CERTAMEN INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA CIUDAD DE


VALENCIA NO ANO 2010.

PODEN CONSULTAR MAIS INFO NA WEB DA FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS DE MÚSICA: http://fgbmp.net/

jueves, 14 de noviembre de 2013


-Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para a realización de actividade físico-deportiva, non federada, durante o ano 2014
-Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia da Coruña, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento durante o ano 2014
-Convocatoria do programa de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro, con equipos en competición federada, para a participación dos equipos federados en competicións deportivas durante o ano 2014
-Convocatoria do programa de subvencións a federacións deportivas galegas para realizar actividades de promoción deportiva e formación de técnicos no ámbito provincial, na modalidade deportiva correspondente, durante o ano 2014
-Bases específicas convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades para investimentos de promoción económica durante o ano 2014
-Bases específicas convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades para actividades de promoción económica durante o ano 2014
-Convocatoria do programa de subvencions de agricultura dirixido as entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2014
-Convocatoria do programa de subvencions de agricultura dirixido as entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2014
- Convocatoria do programa de subvencions de fomento pesqueiro dirixido as confrarias de pescadores da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2014
- Convocatoria do programa de subvencions de fomento pesqueiro dirixido as confrarias de pescadores da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2014
-Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de servizos sociais durante o ano 2014
-Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos sociais durante o ano 2014
-Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios, durante o ano 2014
-Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero durante o ano 2014

VERGOÑA,RABIA E IMPOTENCIA

lunes, 11 de noviembre de 2013

Que pasará se se aproba esta Lei Anti-Concellos?


Todos/as sairemos perdendo: servizos privatizados, máis caros e de peor calidade. Servizos suprimidos. Haberá aumento do paro nos pobos e cidades polos despedimentos e porque os concellos perderán capacidade para dinamizar a economía local.


sábado, 9 de noviembre de 2013

CAMBRE

EU solicita mejorar la red de agua tras fugas de 400.000 metros cúbicos

Exige que se estudie si son pérdidas por el mal estado de la red o "tomas ilegales"

09.11.2013 | 02:00
El grupo municipal de Esquerda Unida (EU) de Cambre considera "necesario y urgente" realizar un estudio sobre el estado de la red de suministro de agua en el municipio, después de que un informe realizado por técnicos del Ayuntamiento constatase que existían pérdidas de "400.000 metros cúbicos de agua" que el Ayuntamiento "no cobra pero sí tiene que abonar a Emalcsa" con dinero de todos los vecinos, sea por "fugas o fraudes".
EU señala que el propio concejal de Obras y Servicios reconoció la existencia de diversos problemas derivados del mal estado de las infraestructuras relacionadas con el agua, "sobre todo en varios depósitos reguladores para la distribución".
El partido solicitará informes y pedirá información sobre las medidas que está tomando el Ayuntamiento para saber si hay fugas o tomas ilegales; y las actuaciones que realiza para corregir la situación de "malgasto" existente.

jueves, 7 de noviembre de 2013

« Voltar aos resultados

01 de Novembro, 2013
Imaxe do trazado

A Xunta somete a exposición pública o proxecto do trazado da conexión entre A Barcala, a AP-9 e San Pedro de Nós

Os afectados ou calquer persoa poderá no prazo de trinta días facer as súas alegacións a este trazado

A Consellería de Infraestruturas expón desde hoxe o proxecto de trazado da obra de actuacións no ámbito metropolitano da Coruña Conexión DP-1706-AP-9 na Barcala e San Pedro de Nós-AP-9 (clave AC/09/029.01) co obxecto de  sometala, segundo o determinado no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia
O trámite de información pública,  trinta días hábiles, conta a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante as oficinas da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela, as observacións que crean convenientes, relativas á concepción global do trazado da estrada. O Listaxe dos veciños afectados aparece na orde publicada hoxe no DOG. Póde consultar todo o expediente no enlace que aparece nesta nova.
Arquivos:
AnuncioG0181-161013-0003_gl.pdf
proyecto_barcala.pdf
proyecto_barcala_01.pdf

miércoles, 6 de noviembre de 2013

IzAb aclara que la participación de algunos de sus miembros en la Conferencia Política del PSOE es una decisión “unilateral y ajena a la organización”, contraria además a la línea política de Frente Amplio
Izquierda Abierta (IzAb) quiere aclarar que la participación de algunos de sus miembros en la Conferencia Política del PSOE, así como la suscripción de un manifiesto vinculado al mismo partido, es una decisión absolutamente ajena a los órganos de dirección de IzAb y tomada de forma unilateral, sin vínculo de decisión, ni información o debate algunos, en el seno de nuestra formación.
Izquierda Abierta también quiere dejar claro que su principal estrategia y objetivo políticos son el de ampliar social y políticamente la izquierda, lo que implica, entre otras cosas y necesariamente, una apuesta por el engrose y la pluralidad de Izquierda Unida, como principal partido de la izquierda política española, así como la conformación de un Frente Amplio de izquierdas que, en ningún caso, puede ser participado por un PSOE que es cómplice y muñidor del actual estado de cosas y de la deriva antisocial que desde hace años ha emprendido el Estado español, y en la que se enmarca su actuación en el gobierno andaluz justificando importantes recortes y el rechazo a la regeneración política en Asturias.
Por último, el tercer pilar de nuestra estrategia se basa en la regeneración política y la inclusión de herramientas de democracia participativa en la vida interna de los partidos. Estos preceptos también casan mal con un PSOE que guarda en su seno alguno de los casos de corrupción de mayor envergadura del Estado.  
Izquierda Abierta lamenta que de forma unilateral miembros de su dirección política hayan suscrito ese manifiesto, primero porque no se corresponde con las líneas de trabajo y objetivos políticos marcados por IzAb, que en ningún caso se encontraba con el hito de ayudar a la “refundación” del PSOE; y en segundo lugar, porque supone una falta de respeto a la consideración y participación de nuestros militantes y simpatizantes, que trabajan denodadamente por la creación de un Frente Amplio de izquierdas que consiga derrotar al bipartidismo.

¿Quién está detrás de la carta firmada por Garzón para hacer daño a Izquierda Unida?


Valenciano y Rosa Aguilar planearon en julio la carta abierta firmada por Garzón.

La carta abierta a la Conferencia Política del PSOE firmada este domingo por Baltasar Garzón, varios exdirigentes de Izquierda Unida y otras personalidades como Pilar del Río o el rector de la Complutense, José Carrillo, empezó a gestarse el pasado mes de julio en una reunión de Rosa Aguilar y tres antiguos compañeros de IU con la vicesecretaria general del PSOE, Elena Valenciano.
El encuentro tuvo lugar cerca del Congreso de los Diputados y acompañaban a Aguilar tres compañeros de antigua militancia en las filas IU: uno de sus colaboradores en el Ministerio de Medio Ambiente, Pedro Antonio Ríos, que fue asesor también de Alfredo Pérez Rubalcaba en Interior y coordinador del grupo parlamentario de IU entre 2000 y 2008; Rubén Fernández, secretario de Organización de Izquierda Unida con Gaspar Llamazares, y Félix Taberna, excoordinador de la coalición en Navarra entre 1992 y 2004. El encuentro con Valenciano, orquestado a través de la exalcaldesa de Córdoba, surgió de su propia iniciativa y a nivel particular, sin querer arrogarse ninguno de ellos la representación del colectivo Izquierda Abierta que lidera Llamazares y en el que militan varios de ellos.

Es más, el encuentro se organizó a espaldas del propio Llamazares.

Parece evidente que los sondeos que conocemos no son los reales. Muy probablemente el bipartidismo está cayendo en picado mucho más de lo que se nos da a conocer. En ese contexto y ante unas hipotéticas elecciones, europeas las más próximas, Izquierda Unida supone un gran problema para el PSOE, partido comprometido con el sistema y que, ahora, ponen en marcha, y no será la única, operación de imagen para darse un barniz de izquierda que nunca han practicado. 
La operación  ’Garzón’, ideada y organizada con sigilo y a espaldas de los dirigentes de Izquierda Abierta e Izquierda Unida, expresa no sólo el nerviosismo  de esta ala del bipartidismo que nos ha gobernado desde la transición. Es también un acto desleal, indecoroso y falto de la más mínima ética, aderezado con un cierto calor mediático y con el objetivo de dañar la imagen de Gaspar Llamazares y de Izquierda Unida.
Atentos, porque no es la primera ni será la última treta de quienes quieren seguir agarrados al asidero del poder político,  habrá más ataques ‘inteligentes’ a la única fuerza política de izquierda que teme el bipartidismo y los poderes fácticos: una Izquierda Unida inmersa en la construcción de un gran bloque alternativo, anticapitalista que pueda cambiar el rumbo neoliberal de este Estado.
advertisementHomenaxe a Anxo Guerreiro