sábado, 28 de noviembre de 2009

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU”, SOBRE O ACCESO PÚBLICO OS BENS E PATRIMONIOS DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL.
XUSTIFICACIÓN:
A Lei 8/2007, de 28 de maio, do solo, modificou o artígo 75.7 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, onde os concellos teñen a obligación de facer público a declaración de bens de tod@s os representantes electos que compoñen a Corporación Municipal según a Lei do Solo. A declaración pública poderá materializarse a través do Rexistro Municipal ou da propia web do concello.
Considera o noso Grupo, que o desempeño de calqueira cargo de representación política aconsella a maior coherencia posible cos valores éticos do noso ordenamento xurídico, co fin de que a cidadanía recupere a confianza nos cargos públicos.
É evidente que o mellor patrimonio de todo representante institucional é a confianza que manteñen os cidadáns sobre a súa honestidade. O Grupo Municipal de EU-IU en consonancia coa transpariencia que debe predominar en todo cargo público, estima que é unha boa ocasión para transmitir unha imaxe positiva da xestión ante os veciñ@s sobre a utilización correcta do cargo para o que foi elexido, en beneficio común e non propio.
Indudablemente, para manter esta confianza non hai mellor método que dar a conocer de forma transparente, e en todo momento os bens e as actividades dos concelleir@s que teñan carácter lucrativo ou que afecten o ámbito de competencias da Corporación Municipal, para esto existe a páxina web do concello ou o propio Rexistro Municipal, que se constituien en vehiculo ideal para conseguir esta transpariencia.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Facer público, mediante a páxina web do concello ou mediante o Rexistro Municipal, nun prazo de dous meses a partir da data de aprobación desta proposta, as delaracións de bens patrimoniais e actividades dos membros da Corporación e cargos de confianza, que constituien o Rexistro de Intereses do concello de Cambre, iniciando a sua vez en paralelo, os cambios oportunos no Regulamento Órganico Municipal para consolidar de xeito definitivo esta práctica.
SEGUNDO.- Encomendar o alcalde e o goberno municipal a elaboración de novos modelos para formular as declaracións de incompatibilidades e actividades, así como dos bens e dereitos, axustados a nova Lei do solo.

CAMBRE, a 21 de novembro de 2009

NOTA INFORMATIVA DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU”

Transpariencia Municipal

Entre as iniciativas que O Grupo Municipal de EU-IU presentou para o seu debate no pleno ordinario do próximo xoves dia 26, destaca unha MOCIÓN e un ROGO que trata sobre a contribución a transpariencia municipal para que se facilite o acceso os cidadáns as declaracións patrimoniais dos concelleir@s inscritas no Rexistro de Acividades e Bens do concello.

Do mesmo xeito tamén solicitará se publiquen na páxina web do concello as cantidades que os membros da Corporación reciben polas súas tarefas públicas derivadas do seu cargo, en concepto de pagos e dietas por asistencia a plenos, comisións, xuntas de goberno, xunta de voceiros, mesas de contratación, xuntas de coordinación, etc. Asi como os gastos de atención protocolarias e de representación, de maneira que calqueira cidadán poida coñecer canto recibiu cada concelleiro individualmente e en concepto de que.

Entende o noso Grupo que quenes pagan teñen dereito a recibir toda información, tendo en conta que a transpariencia debe ser un dos pilares fundamentais do conxunto das administracións públicas, e neste caso o noso concello non está alleo a este principio de actuación política.

Trátase dunha medida que non deberían ser mal vistas por aqueles que realizan dignamente as súas labores públicos. Lonxe de entorpecer ou devaluar o exercicio político, a transparencia o que fai é dignificar a tarefa daquel que non ten nada que esconder posto que pode demostrar que o seu interese é o ben común e non o seu propio lucro.

Asdo: O voceiro do Grupo

miércoles, 18 de noviembre de 2009


“FONDO ESTATAL PARA EL EMPLEO Y LA SOSTENIBILIDAD LOCAL”


O Consello de Ministros aprobou o pasado 23 de Outubro de 2009 o Real Decreto polo que se aproba o Fondo estatal para o emprego e sustentabilidade local, dotado con 5.000 millóns de Euros, e destinado aos Concellos para financiar proxectos relacionados co novo modelo produtivo e de economía sostible que se quere impulsar no noso país. O concello de Cambre correspondelle 2.475.658 euro. Todos os veciñ@s poden achegar as súas ideas e suxestións ou ben a través da sección de contacto desta blog ou ao correo electrónico eu@cambre.org

jueves, 5 de noviembre de 2009

EU-IU” APOIA A MARCHA A FAVOR DA RECUPERACIÓN DA RÍA DO BURGO.

O Grupo Municipal de EU-IU de Cambre, quere manifestar o seu apoio a marcha convocada pola Plataforma para a defensa da ría do Burgo, para o próximo domingo día 8 as 12:00 horas, pola recuperación da ría, a dita marcha terá como punto de partida a casa das palmeiras no Temple.

EU-IU considera imprescindible a mobilización cidadán, e fai un chamamento a participación contra a situación de degradación ambiental e incertidume que está sufrindo o que foi un espacio natural o longo dos anos, e que actualmente está amenazada, polo acelerado deterioro do seu leito e a calidade das súas augas.

O problema da Ría de O Burgo, non é só un asunto ecolóxico, é tamén, un gravisimo problema económico para centos de personas que viven do que en outros tempos, foi un importante recurso económico, que de non remedialo pode perderse definitivamente.

Este asunto xa foi motivo dunha interpelación en maio do padasdo ano, no Parlamamento Europeo polo eurodiputado da nosa organización Willy Meyer, reclamando as autoridaes europeas que se situasen ante o “o lamentable estado” da ría do Burgo a causa dos verquidos de augas residuales sen depurar dos concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros.

Para EU-IU de Cambre, non ten xustificación algunha o silencio ante as promesas incumplidas por parte das distintas administracions, sendo imprescindible poñer punto final a situación de desamparo.

Asdo: Grupo Municipal
EU-IU SOLICITARÁ MAIS CONTROL E TRANSPARENCIA NOS GASTOS DE ATENCIÓNS PROTOCOLARIAS E REPRESENTATIVAS DOS MEMBROS DO GOBERNO DE CAMBRE

O Grupo Municipal de EU-IU presentará unha iniciativa no próximo pleno ordinario do mes de novembro, sobre o control municipal dos gastos de “atencións protocolarias e representativas”, no ánimo de fortalecer a transpariencia política do concello tan deteriorada nos últimos tempos. O concello de Cambre destina en cada exercicio miles de euros a gastos protocolarios e representativos, que en algúns casos son motivo de polémica pola súa utilización.

EU-IU solicitará que o goberno municipal facilite os grupos da oposición, con unha periocidade de tempo non superior a tres meses, todos os gastos derivados das atencións protocolarias e gastos de representación realizados polos responsables municipais, así como os informes de intervención correspondentes.

No mesmo sentido o noso Grupo tamén solicitará información relativa os gastos de representación efectuados dende o comenzo da lexislatura polos responsables das distintas áreas de goberno, e o seu cumprimento coa legalidade vixente según o contemplado nas bases de execución do orzamento municipal en relación a xustificación dos gastos.

O noso Grupo pide tolerancia cero ante este tipo de prácticas, que unha vez mais poñen en duda a credibilidade e honradez dos políticos, lesionando gravemente as institucións democraticas.

Asdo: Grupo Municipal