viernes, 9 de julio de 2010


NOTA INFORMATIVA DE EU-IU DE CAMBRE

EU-IU DENUNCIA A CARENCIA DE MEDIDAS DE SEGURIDADE PARA OS PEÓNS NA ESTRADA DE CAMBRE A PRAVIO, NAS INMEDIACIÓNS DO CRUCEIRO EN PRAVIO E NOS LUGARES DE FREANTE E DROZO EN CAMBRE

O Grupo Municipal de EU-IU quere denunciar unha vez mais a situación de perigro na estrada de Cambre a Pravio, ante a carencia de pasos de peóns, que fai case imposible que as persoas poidan cruzar a estrada, por carecer das medidas de seguridade necesarias que garantan mínimamente a integridade fisica dos viandantes, observando como tanto administración Autonómica como o propio Goberno do concello non dan resposta a unha necesidade fundamental en materia de seguridade viaria, unha demanda longamente reclamada tanto polos veciñ@s como polo noso Grupo municipal.

Dous son os lugares onde urxe unha actuación prioritaria o tratarse de un vial eminentemente urbano, situanse nas inmediacións do cruceiro de Pravio, e nos lugares de Freande-Drozo en Cambre, onde existe gran afluencia de persoas e unha gran intensidade de circulación rodada, presentando un perigro continuo o ter que atravesar diariamente a estrada con permanente risco de accidentes, tendo en conta que os vehiculos en moitas ocasións circulan a mais velocidade que á permitida.

EU-IU que xa ten denunciado as deficiencias na seguridade vial do concello, e lamenta que a administración mais cercana os veciñ@s non sexa capaz de darlle unha solución o problema, poñendo de manifesto a situación de indefesión dos cidadáns dos mencionados lugares, que cada paso ven mais difícil o desenrolo das súas activididades diarias ante a situación que teñen que soportar.