INICIATIVAS PLENO E COMISIÓNS: MES DE XULLO
MOCION
REXEITANDO O SISTEMA AUTOMATICO DE CITA ATENCION PRIMARIA TELEFONICA DO SERGAS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A privatización e deshumanización da Sanidade é unha
realidade que xa non admite ningún tipo de dúbida.
O dano que o Partido Popular lle está facendo ó
sistema sanitario é dunha envergadura tal que se ten convertido na única meta
do actual Goberno, que queda de manifesto, según as propias afirmacións dos Conselleiros de Sanidade de diferentes
Comunidades, en múltiples ocasións, declarando a súa vontade privatizadora da
Sanidade Pública.
Somos testemuñas de declaracións tan clarificadoras
como as de Fernandez-Lasquetti, ó que lle "preocupa un sistema sanitario
con funcionarios vitalicios” ós que non pode manexar á súa vontade, ou as de
Rocío Mosquera, manifestando a "necesidade de laboralizar ó persoal
sanitario."
Preocúpalle moito ó PP que un médico que non debería
ter que ocuparse mais que de exercer a súa profesión, non teña que rendir
contas a ninguén mais que ós seus pacientes, que non teña que pensar no custe
económico dun tratamento, que a súa profesión e vocación non dependa dunha
conta de perdas e ganancias.
A orientación do PP non é outra que instaurar un
sistema no que cada un se pague a sanidade que poida e deixar as partidas
orzamentarias para as cousas que consideran moito mais importantes que a
sanidade e que a saúde, tales como
pagar a unha lexión de políticos e asesores ou manter o Senado ou as
Deputacións.
A sanidade está sendo tan prostituída que as faltas de
respeto polos doentes en particular e polos usuarios en xeral chega a tocar
todos os ámbitos, incluído o tema que prantexa a presente iniciativa.
Despois do fracaso do intento de instaurar un 902 como
único número de teléfono para solicitar cita, provocado polas múltiples protestas que dita
medida suscitou, actualmente, o sistema automático de cita telefónica do Sergas, segue a ser unha
imposición que provoca situacións indesexables entre doentes que solicitan unha
cita médica.
EU de Cambre, iniciou unha campaña de recollida de
sinaturas moi exitosa e significativa, por dous motivos básicamente; o primeiro
deles, pola cantidade de firmas recollidas e o segundo polas conversas mantidas
cos veciños en relación a este tema. Como consecuencia de ditas conversas
atopámonos con xente moi descontenta, veciños que non son capaces de pedir unha
cita dende a súa casa, persoas que, atopándose nunha situación de saúde
delicada, teñen que discernir argucias para enganar a un contestador e
conseguir que os atenda persoal sanitario do centro. Actualmente temos
recollidas 1.038 firmas, cifra moi significativa, se a comparamos co total da
poboación de Cambre ou co número de votos acadados polo PP nas eleccións
europeas.
Non só EU de Cambre recollemos sinaturas; ante o
rexistro central do SERGAS hai presentadas case 7000 mais, correspondentes a
área sanitaria da Coruña. Sobra decir, que o PP fixo caso omiso a dita
recollida de sinaturas, ignorando, que detrás de cada unha delas hai un doente
descontento, desatendido e ignorado polos seus gobernantes.
Como en tantas outras ocasións o PP non se deixa
amedrentar porque a xente manifeste o seu descontento en forma de mareas
blancas, protestas, manifestacións, ou sinaturas. O proceso devastador de
mercantilización da sanidade, para enriquecer o peto das empresas que van
xestionar os servizos sanitarios, non se vai ver oscurecida porque os
doentes non poidan pedir unha cita
telefónica para acudir ó seu médico.
Non pode ser que deixen de beneficiarse desta
privatización persoas do PP como o marido de Rocío Mosquera, Agustín Hernández,
José Manuel Romay Beccaría, Enrique Castellón, Ana Palacio, Rosario Cospedal e
un longo etcétera dos auténticos beneficiarios da sanidade, políticos que teñen
a reventar os seus petos a costa da saúde dos cidadáns e do aniquilamento do
actual sistema de garantías sanitario.
Enténdese dita obsesión por privatizar a
sanidade, se recordamos os 57.000
millóns de euros que se destinan á saúde según os orzamentos de 2014, e que a
codicia do PP non vai permitir que se invistan en saúde senón en enriquecer
empresas privadas coa excusa de externalizar servizos, a través dunha
estratexia para facerse con todos eses miles de millóns de euros que o Estado
destina a sanidade.
A súa codicia chega tan lonxe que o que ata o de agora
era un trámite sinxelo e doado para os doentes, tal como, chamar ó seu centro e
que o persoal do centro atendera a chamada e lle dera cita, e poidera preguntar
se había sitio nunha franxa ou outra, converteuse nunha odisea na que é
necesario dar correctamente 14 pasos sucesivos para obter a citación.
Esto é así porque é un servizo que foi adxudicado á
empresa INDRA, que era unha empresa pública privatizada por Aznar e Rato.
Posteriormente Rato pasou a ser o seu principal accionista. Tralo crack de
Bankia, INDRA tamén foi saneada con diñeiro público, pero segue en posesión da
xestión privada, millonaria, da historia clínica electrónica e da receita
electrónica.
Este acceso por unha empresa privada ós datos dos
pacientes, supón, ademáis, unha desprotección de datos persoais, que se fan moi
interesantes para centros sanitarios privados vinculados a compañías
aseguradoras.
Rato, por outra parte, forma parte do Consello asesor
de Telefónica, empresa privatizada por él e Aznar e que actualmente controla as
telecomunicacións do SERGAS. Casualmente, o SERGAS, acaba de adxudicar á UTE,
INDRA-TELEFONICA o servizo de Hogar Digital Asistencia , que, de entrada supón
45.000.000 de euros mais para as empresas privatizadas por Aznar e Rato.
Con todo isto, e a efectos prácticos, de cada 10
chamadas, 4 non conseguen finalizar o proceso. 4 doentes de cada 10, non poden
pedir cita telefónicamente. E moitísimos deses doentes son persoas maiores, que
viven no rural, e que si se lles elimina a posibilidade de pedir cita
telefónicamente, están condenado a desplazarse
ó centro de saúde a primeira hora da mañán para ser atendidos persoalmente. Así
é que os centros de atención primaria
están cheos de xente a primeira hora para poder solicitar a tan ansiada cita.
No caso de Cambre, temos aproximadamente 4.500 veciños
maiores de 60 anos, que supón un 20% do total da poboación cambresa. 1 de cada
5 veciños de Cambre, son, por tanto, susceptibles de non poder conseguir unha
cita telefónica nun primeiro intento, de xeito que estamos condeando ós nosos
veciños a depender dun familiar ou a desplazarse ó centro de saúde. A
administración en lugar de facilitar as xestións, as complica e condena ós
doentes, sacrificio necesario para poder enriquecerse.
Entendemos que 57.000 millóns de euros é unha
cantidade que a avaricia, codicia e malignidade dos membros do PP non poden
deixar escapar, pero a nosa labor é defender a sanidade pública dos grandes
depredadores que están sacrificando a vida, a saúde, a comodidade e a calidade de vida de doentes,
para enriquecerse a costa de xente con enfermidades e un estado de saúde, en
moitas ocasións, moi delicado.
En base ó anteriormente exposto o Grupo Municipal de
EU propón ó Pleno da Corporación os seguintes,
ACORDOS:
PRIMEIRO.- Esixir á Consellería de Sanidade que retire o servizo
de contestador para solicitar cita en atención primaria, retornando ó sistema
de atención e cita telefónica polo persoal do centro, levado a cabo por persoal
funcionario do SERGAS. Acompañarase ó texto da presente moción as sinaturas
acadadas, e serán remitidas xunto co presente acordo á Consellería de Sanidade.
SEGUNDO.- Dar traslado da presente Moción e dos acordos
acadados aos coordinadores e responsables dos Centros de Saúde de Cambre.
MOCIÓN EN DEFENSA DO POBO
PALESTINO E DE CONDENA Á AGRESIÓN BÉLICA DE ISRAEL.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Co pretexto do secuestro
e do asasinato non aclarado de tres novos estudantes israelís das colonias en
Cisxordania ocorridos o 12 de xuño, o goberno Israelí lanzou unha vez máis
outra das súas operacións de castigo sobre a poboación palestina encerrada na
Franxa de Gaza. Mentres o goberno israelí incitou ás represalias, os lemas
racistas e ataques contra a poboación palestina estendéronse nos medios e nas
rúas de Israel, o que resultou no asasinato dun adolescente palestino que foi
queimado vivo en Xerusalén por uns israelís ultras o pasado 1 de xullo.
O martes 7 de xullo,
Netanyahu iniciou unha operación militar de gran envergadura contra a Franxa de
Gaza, satisfacendo así as esixencias do seu Ministro de Exteriores.
Os bombardeos foron
constantes e sacudiron día e noite todo o territorio da Franxa de Gaza. Os
brancos do Exército israelí foron os barrios máis poboados, golpeando centos de
casas, hospitais, ambulancias, unha mesquita á hora do rezo, un hospital
xeriátrico, un centro destinado ao coidado de persoas discapacitadas, o sistema
de saneamento e de distribución de auga, etc. Foron asasinadas cruelmente até a
data, medio milleiro de persoas, un 80 por cento delas nenos e nenas, mulleres
e persoas maiores. Milleiros de persoas feridas e centos de miles de
desprazadas.
A Franxa de Gaza é unha
das zonas máis densamente poboadas do mundo e unha operación de bombardeo
masivo non pode supor outra cousa que o xenocidio de poboación inocente. Unha
vez máis o Estado de Israel está a demostrar o seu carácter de Estado
terrorista cun dos exércitos máis
poderosos do planeta, armado pola artillaría e coa impunidade e o silencio
dunha comunidade internacional e uns organismos de dereitos humanos que só
alzan a súa voz e actúan en defensa dos verdugos. Parécenos extraordinariamente
grave que a comunidade internacional (EE.UU. e os países da Unión Europea,
España incluída) permita ao goberno de Israel este tipo de comportamentos
criminais.
Como en todos os
conflitos do mundo, a solución ao conflito entre o estado de Israel e o pobo
palestino virá pola vía do diálogo e a negociación, como reivindicaron desde o
pobo palestino miles de veces.
Pola súa banda, o
Consello de Seguridade da ONU chamou a israelís e palestinos a restaurar o cese
do fogo e a protexer á poboación civil en cumprimento da lexislación
humanitaria internacional, faino cando xa morreron máis de 200 palestinos e
palestinas nos últimos ataques.
Con todo Israel négase a
acatar as resolucións internacionais e a respectar os dereitos humanos máis
elementais da poboación palestina. A construción do muro en Cisxordania e o
bloqueo de Gaza, que dura máis anos, supoñen castigos colectivos para o
conxunto da poboación palestina.
Por todo iso, o Pleno do
Concello de Cambre adopta os seguintes
ACORDOS:
1º.- Este Concello mostra a súa máis rotunda condena á
agresión do Goberno de Israel ao pobo palestino.
2º.- Instar o Goberno español que condene o ataque e que
rompan todas as relacións con Israel.
3º.- Instar á ONU a que poñan ao Estado de Palestina baixo a
protección internacional.
4º.- Instar á ONU crear
unha comisión de investigación sobre os bombardeos israelís en Gaza.
5º.- Esixir ao Goberno de Israel para que en cumprimento da resolución 242 C.S. da ONU, 22 de novembro
de 1967 proceda ao retiro militar dos territorios árabes ocupados a Palestina
incluíndo Xerusalén Este, as alturas do Golán de Siria e o Sinaí de Exipto;
fixando as súas fronteiras internacionais.
6º.- Esixir o derrubo
do muro e que se reparen os danos
ocasionados polo bloqueo.
7º.- Promover desde o Concello unha campaña de axuda de
emerxencia para paliar a situación que se está vivindo na franxa de Gaza,
atendendo así ao chamamento de Cruz Vermella para pedir axuda humanitaria.
8º.- Dar traslado dos acordos ao Presidente do Goberno, ao
Ministro de Exteriores, ao embaixador israelí, a todos os grupos parlamentarios
do Congreso dos Deputados.
ROGOS:
1.- Despois de tres anos de lexislatura, o Goberno
municipal, segue a abonar mensualmente importantes cantidades de diñero a
empresas sen contrato. Ano tras ano, intervención segue facendo reparos ás
facturas relativas ás contratacións en precario. Ano tras ano, EU requerimos ó
Goberno municipal para que solvente esta situación que está a perxudicar moito
ós veciños de Cambre, e ano tras ano, non obtemos resposta sobre as xestións
realizadas para regularizar as contratacións en precario.
-PREGAMOS, se nos informe por qué motivo aínda non se nos ten
entregada a relación das empresas que prestan servizos en precario no Concello
de Cambre, solicitada en Marzo de 2014 así como o número, nome e situación de
todas e cada unha das empresas que prestan os seus servizos ó Concello sen
contrato, e cada un dos trámites realizados para regularizar a contratación de
ditas empresas.
2.- No transcurso da Lexislatura, o Grupo municipal de EU ten presentado
múltiples iniciativas en relación a
seguridade viaria no concello, mais
concretamente aos problemas existentes
derivados da carencia ou mala ubicación dos pasos de peóns.
Neste caso vamos a referirnos o paso de peóns ubicado
nas inmediacións da Ponte en Cela, en confluencia coa senda peonil do rio Mero,
un dos lugares de importante tránsitito peonil
e de ciclistas.
-Visto o risco que comporta a situación plantexada
para a seguridade viaria das persoas que transitan por dito lugar, PREGAMOS, que coa maior urxencia, o
Goberno do concello, e mais concretamente a concellería de Obras e
Servizos, proceda a tomar as medidas
correctoras técnicamente posibles, para trasladar a súa ubicación co fin de incrementar
e mellorar a situación de accesibilidade
e seguridade das persoas.
3.- No Pleno de Decembro de 2013, solicitamos se nos
informara acerca do incumprimento dunha moción do GM de EU pola que se acordou
publicar na web do Concello as declaracións de bens e actividades dos membros
da Corporación Municipal. O Alcalde comprometeuse, nese Pleno, a publicar
inmediatamente, no plazo dunha semana as citadas declaracións. Transcurridos 6
meses desde dito compromiso e 15 dende a aprobación da moción, non están
publicadas nin as declaracións de bens e actividades, nin o Alcalde, novamente
cumple as súas promesas nin palabras.
En base ó anteriormente
exposto
-PREGAMOS, nos informe o
motivo real polo que o Goberno non da cumprimento, entre outros , a este
acordo, aprobado democrática e legalmente polo Pleno desta Corporación, e
esiximos se lle de cuprimento e se publique inmediatamente.
PREGUNTAS:
1.- As rúas Martin Codax, Abeleira e Estanque presentan un
importante estado de deterioro e abandono dende fai moitos anos, motivo polo
que o Grupo de EU ten requerido o Goberno para solucionar o problema.
Por este motivo, veciñ@s
dos lugares recolleron e entregaron no rexistro do concello centos de firmas,
solicitando a urbanización e acondicionamento das mencionadas rúas.
-Poden informarnos da situación do proxecto de urbanización e
dos prazos previstos para o seu arranxo?
2.- Unha boa parte da estrada de Fraiz a Espiritu Santo,
soporta unha importante circulación de tráfico rodado e carece de alumeado
público.
-Pode
informarnos o Goberno si ten presentado
algún proxecto ou iniciativa ante a Deputación provincial para a
dotación deste servizo?
3.- A Xunta concedeu 277.000 euros ó Consorcio de As Mariñas
para un proxecto de eficiencia enerxética, polo que se pretende financiar a
renovación do alumeado
público nos concellos participantes.
-¿Poden
informarnos sobre cómo revertirá este proxecto en Cambre?
COMISIÓN
INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO
ROGOS:
1.- Na rúa Estanque existe un cuadro eléctrico que
permanece aberto a unha altura de 50
centimetros sobre a beirarrúa, sin ningún tipo de protección nin
advertencia de perigro para as personas que circulan polo lugar, quedando o
alcance dos nen@s.
-EU, solicita se tomen
as medidas correctoras necesarias para proceder a ubicación axeitada, dita actuación se faga extensible en todo o concello onde se
observen estes problemas de evidente perigro.
1.- Na actualidade
segue sen estar aberto ó publico o parque infantil situado nunha praza interior
na
rúa da Tapia correspondente a UE-23.
-¿Cal é o motivo ou motivos que impiden que os veciños non poidan facer
uso de ditas instalacións?
2.- Un veciño de Cambre, leva mais de tres anos
solicitando e reclamando mediante escritos, que por parte do concello se
procedera a localizar o propietario da finca colindante a súa, co fin de
proceder a limpeza da maleza que invade parcialmente a propiedade.
-No pasado mes de xuño operarios dunha empresa que traballa
para o concello, desbrozou parte da vexetación.
-Poden informarnos do motivo que impediu realizar os
traballos según indicacións do Goberno?
Xullo 2014
Asdo:
Grupo Municipal
A/A
CONSELLERÍA DE SANIDADE XUNTA DE GALICIA
RECOLLIDA DE SINATURAS POR UN SERVIZO PERSOAL DE PETICIÓN
DE CITA NOS CENTROS DE SAÚDE.
Por medio do presente, os abaixo asinantes queremos
manifestar o noso rexeitamento pola imposición por parte da Consellería de
Sanidade da Xunta de Galicia, do actual
sistema de contestador automático, para solicitude de cita previa nos Centros
de Saúde.
SOLICITAMOS tomen en consideración esta queixa cidadá e procedan
a mudar o sistema de solicitude de cita previa que nos están impoñendo dende a
Consellería de Sanidade, e se retorne á atención telefónica directa polo persoal
dos centros de saúde.
En Cambre, a 26 de xullo de 2014
O deputado de AGE Manuel Fajardo, visita a nosa localidade para coñecer
de primeira man os problemas no paseo fluvial do río Mero e acondicionamento de zonas de baño e recreo, a seguridade na estrada que une Cambre e Guísamo e mais o cerramento do colexio Portofaro, co fin de presentar iniciativas no Parlamento de Galicia para dar soluccións as demandas da cidadanía e do Grupo Municipal de Esquerda Unida de Cambre.