jueves, 31 de mayo de 2018
lunes, 28 de mayo de 2018
SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE
Adxunto
ó
presente escrito, acompaño Rogos e Preguntas que o Grupo Municipal da Asemblea
Cidadá de Cambre, desexa que sexan incluídas para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó día 31 de Maio de 2018, de conformidade co disposto no
Artigo 97.2 do Regulamento Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e no propio Regulamento
Organico Municipal do Concello de Cambre.
Cambre
a 28 de Maio de 2018
Voceira do Grupo Municipal
Asemblea Cidadá de Cambre- Son
ROGOS
PRIMEIRO
ROGO
Coa chegada do verán, e de interese que os montes e soares
existentes no concello se atopen nun
adecuado estado de limpeza e coa masa vexetal rozada. Ainda que este é un
deber que teñen os propietarios de terreos durante todo o ano, nestas datas cobra unha
especial relevancia motivado o risco de incendios.
Distintas Normas e Leises regulan
estas obrigas, pero correspondelle o concello ordenar as execucións das obras necesarias para
conservar aquelas condicións.
-PREGAMOS
nos informen das medidas e campañas realizadas polo Goberno local, en base as
normativas establecidas polo Goberno Autonómico.
SEGUNDO
ROGO
Como
consecuencia das repetidas queixas das veciñas e veciños de Cambre dende o noso
grupo xa preguntamos en diversas ocasións polo estado dos tendidos, tanto telefónico
coma eléctrico do noso concello.
Volvemos a
interesarnos por esta cuestión, nun novo intento de facer ver a
responsabilidade que as compañías teñen no caso dun accidente porque un cable
está moi proximo a peons, casas ou coches.
PREGAMOS
se leve dende o Concello de Cambre un acordo con ditas entidades responsables
para que coma rutina obligada despois de tormentas ou de forma periódica no
tempo procedan á revisión e reparación de desperfectos nas liñas que sobrevoen
os termos no noso Concello.
TERCEIRO
ROGO
Despois de 3 anos pedindo que a
entidade responsable do mantemento do paseo fluvial, Augas de Galicia, fixera o
seu traballo de reparación
de desperfectos e limpeza do curso fluvial e arredores do Río
Mero, observamos que non só non se fixo nada, senón que agora no seu tramo mais próximo ao pantano, as camiñantes
deben abandonar o camiño
por mor dunha casa en estado perigoso.
O
noso Grupo considera
estes feitos absolutamente inaceptables e en base a elo
PREGAMOS
que dende o Goberno Municipal se proceda a actuar en consecuencia co fin de
asegurar o uso e disfrute do paseo fluvial dun xeito seguro.
PREGUNTAS
PRIMEIRA
PREGUNTA
No pleno ordinario de maio de 2017,
(fai un ano) o noso Grupo presentou unha Moción relativa a A SINALIZACIÓN CON PICTOGRAMAS
PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE DAS PERSOAS no ámbito do noso concello.
¿Poden informarnos do grao de cumprimento da Moción en cuestión?
SEGUNDA
PREGUNTA
No pleno ordinario do mes de
abril, o noso grupo municipal, trasladou ó Goberno a necesidade que, como
consecuencia do perigo na incorporación
á N-550 en Altamira de Arriba fronte A Fonte, entendíamos que existía de
instalar un espello convexo para facilitar dita incorporación. A Concelleira
responsable recoñeceu dita perigosidade e desaconsellou, asesorada pola policía
a instalación dun espello, aínda que sí, duns bolardos que impediran o
aparcamento de vehículos na marxe dereita da estrada, para así, facilitar a
visibilidade e incorporación.
Tendo
en conta que a perigosidade da saída foi observada polo noso
grupo a instancia dos usuarios e recoñecida pola propia concelleira, non
entendemos como un mes despois non teñen sido colocados os bolardos comprometidos
ou o espello demandado.
¿Poden
informarnos das causas da demora así como da previsión da instalación do
elemento de seguridade que consideren oportuno para reducir a perigosidade á incorporación
á vía?
¿Qué
actividades ten desenrolado o concello con motivo da celebración do día da
Festa da Arbore? En caso de resposta afirmativa, en qué lugares e con qué promoción?
TERCEIRA
PREGUNTA
Tendo en
conta que, segun informa o goberno, vaise proceder co repintado de diferentes
elementos de seguridade viaria coma pasos de peons, e ante a demanda veciñal de
repintado de lineas en xeral que delimiten a estrada, o noso Grupo Municipal
pregúntase si o Goberno contempla esta posibilidade e demanda veciñal e si ten
programada algunha actuación a este respecto.
Cambre a 28 de maio de 2018
Asdo:
Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
Suscribirse a:
Entradas (Atom)