lunes, 22 de septiembre de 2008

GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL . R/ Parque Europa,nº 7. 15660 (CAMBRE)
eu@cambre.org Tlf.- 981-613313 Móbil.- 654-204413 Fax.- 981-655456




MOCIÓN PARA INTRODUCIR NOS PLIEGOS DE CONDICIÓNS PARA AS EMPRESAS QUE SUBCONTRATEN SERVIZOS CO CONCELLO, UNHA CLAÚSULA QUE GARANTICE UN SALARIO MÍNIMO DE MIL EUROS MENSUALES.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


Existe a responsabilidade dos poderes públicos de garantir unhas condicións de vida dignas aos cidadáns. Unhas condicións de vida que radican, nunha boa parte da súa esencia, na garantía dunhas condicións laborais e unha capacidade adquisitiva que permita, non só a mera subsistencia senón a posibilidade de desenvolvemento dun proxecto vital.

No actual momento, existen colectivos sociais que dadas as suas difíciles condicións económicas, están nun réxime de subsistencia con situacións alarmantes tendo en conta o incremento xeneralizado dos prezos dos produtos básicos, como a vivenda e en definitiva cunha crise económica que afectará en primeiro lugar a estes colectivos mais vulnerables.

Pero dentro deste sector tamén existen diferenzas, os chamados mileuristas que foron cualificados socialmente como persoas con dificultades económicas, sitúanse nun escalón por encima doutras traballadores que non se achegan a esa cantidade e cuia situación resulta cando menos preocupante.

Neste sentido, o Concello de Cambre, dentro do ámbito das súas competencias, non pode permitir que existan traballadores cuias retribucións laborais estean por baixo deses umbrales económicos, como actualmente sucede en servizos externalizados e en empresas que contratan co Concello para a prestación de servizos públicos correspondentes ao Consistorio. Así, a ausencia de límites de salarios mínimos nos pregos de condicións das contrátas municipais fai que as empresas compitan nas súas ofertas económicas rebaixando ou mantendo na miseria as condicións económicas dos seus traballadores producíndose ademais unhas diferenzas económicas moi acentuadas entre persoas que desempeñan traballos equivalentes para o Concello pero dependentes da empresa concesionaria do persoal propio do consistorio.



Por iso, é preciso que o Concello de Cambre introduza cláusulas de salvagarda social en todos os pregos de contratos coa administración, de forma que ningunha empresa que opte a eses concursos poida facelo retribuindo aos seus traballador@s menos de mil euros brutos ao mes.

POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN O PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Concello de Cambre incluirá en todo tipo de contratos públicos, pregos de condicións de concursos ou instrumentos equivalentes, a garantía de remuneración mínima de 14.000 euros brutos anuais para os traballadores que, desempeñando as actividades contidas en contrátas, concurso ou instrumento similar, dependan da empresa ou entidade que opta a mesma.

SEGUNDO.- O Concello de Cambre procurará con todos os medios ao seu alcance, que as contratas en vigor de servizos públicos externalizados, inclúan a garantía de remuneración mínima de 14.000 euros brutos anuais para os traballadores que, desempeñando as actividades contidas en contrátas, dependan da empresa ou entidade que presta a mesma.



CAMBRE, a 19 de setembro de 2008


Asdo: Grupo Municipal de EU-IU

No hay comentarios: