domingo, 24 de enero de 2010



ANTE O TERREMOTO, REACCIONA

¡COLABORA!


Haití, o país máis pobre de América, sufriu o peor sismo en 200 anos.
Producíronse centenares de vítimas mortais e miles de desaparecidos.

A poboación require axuda internacional. Teñen dereito a iso, como
calquera persoa. Para poder proverlles de auga potábel
e sistemas de saneamento, a túa achega é vital.


La Caixa 2100-0765-81-0200111128
Santander 0049-1806-91-2111869471
Caja Madrid 2038-8978-17-6000016604
Caixa Catalunya 2013-0500-16-0213198878
BBVA 0182-6035-49-0201502475
Banc Sabadell Atlántico 0081-7011-11-0001698879
CAN 2054-0300-56-9157938948
Triodos Bank 1491-0001-21-0010010201
Caixa Galicia 2091-0000-36-3040192126

martes, 5 de enero de 2010


NOTA INFORMATIVA DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” DE CAMBRE.


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A SITUACIÓN DE INESTABILIDADE NO GOBERNO QUE SE ESTA A PRODUCIR EN CAMBRE


Para o Grupo Municipal de EU-IU a sucesións de dimisións de concelleiros do Grupo socialista de Cambre, está orixinando un caos institucional deixando un goberno en precaria minoría, acentuando a degradación política no concello. Esta situación constata unha vez mais as “diferencias insalvables” no pacto de goberno municipal asinado no pasado mes de xullo, creando unha crispación política e de inestabilidade sin precedentes en Cambre.

EU-IU quere manifestar a súa preocupación polo descontrol político existente, como consecuencia desta caótica situación, que está afectando os veciñ@s de Cambre, dado que o Goberno está sumido nunha crise permanente, agravándose cada dia mais, sendo o propio Alcalde o máximo responsable da sinalada situación creada, que pode permanecer o resto de lexislatura.

O noso Grupo critica que o Alcalde estea entregado as diferencias existentes dentro do seu Grupo, lamentando o abandono das súas funcións e tratar de solucionar os múltiples problemas na súa obrigación de servizo os cidadáns, tratando de pactar cos Grupos da oposición as obra e proxectos que se teñen que aprobar próximamente, como son as obras do Plan E 2010 que debería ser decidido mediante criterios de máxima participación para o investimento de 2,5 millóns de euros.

Asdo: Grupo Municipal