martes, 5 de enero de 2010


NOTA INFORMATIVA DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU-IU” DE CAMBRE.


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A SITUACIÓN DE INESTABILIDADE NO GOBERNO QUE SE ESTA A PRODUCIR EN CAMBRE


Para o Grupo Municipal de EU-IU a sucesións de dimisións de concelleiros do Grupo socialista de Cambre, está orixinando un caos institucional deixando un goberno en precaria minoría, acentuando a degradación política no concello. Esta situación constata unha vez mais as “diferencias insalvables” no pacto de goberno municipal asinado no pasado mes de xullo, creando unha crispación política e de inestabilidade sin precedentes en Cambre.

EU-IU quere manifestar a súa preocupación polo descontrol político existente, como consecuencia desta caótica situación, que está afectando os veciñ@s de Cambre, dado que o Goberno está sumido nunha crise permanente, agravándose cada dia mais, sendo o propio Alcalde o máximo responsable da sinalada situación creada, que pode permanecer o resto de lexislatura.

O noso Grupo critica que o Alcalde estea entregado as diferencias existentes dentro do seu Grupo, lamentando o abandono das súas funcións e tratar de solucionar os múltiples problemas na súa obrigación de servizo os cidadáns, tratando de pactar cos Grupos da oposición as obra e proxectos que se teñen que aprobar próximamente, como son as obras do Plan E 2010 que debería ser decidido mediante criterios de máxima participación para o investimento de 2,5 millóns de euros.

Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: