lunes, 25 de octubre de 2010

INICIATIVAS QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DOS DIAS: 26 E 28 DE OUTONO.

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU SOBRE ADHERIRSE E INCORPORAR O “ROM” DO CONCELLO OS PRINCIPIOS, NORMAS E CONTIDOS DO CÓDIGO DO BO GOBERNO LOCAL, APROBADO POLA “FEMP”.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No pleno municipal do mes de de xullo de 2008, aprobouse unha Moción presentada polo Grupo Municipal de EU-IU, consistente na aprobación de un “Código Ético de Incompatibilidades dos membros da Corporación”, o obxectivo de este instrumento e conseguir impregnar a vida política de Cambre de ética, valores, honradez, transpariencia e honestidade.
Transcurridos mais de dous anos da aprobación da Moción, salvo tibios intentos de elaboración do documento, non se fixo absolutamente nada para dar cumplimento o acordo plenario, que podería contribuir a dotación de un documento de control no ámbito municipal de Cambre.

O 15 de decembro do pasado ano a Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias aprobou, por unanimidade de todos os grupos políticos, o CÓDIGO DE BO GOBERNO LOCAL, recollendo unha serie de principios sobre a transparencia e a ética pública, así como medidas de mellora na xestión, modernización e calidade da democrácia local.
O Código, como plantexaba o noso Grupo, recolle un decálogo de principios que van desde o respecto ao ordenamento xurídico e o compromiso coa ética pública e a calidade democrática, ata a defensa dos intereses xerais con honradez, obxectividade, imparcialidade, austeridade e proximidade ao cidadán. Proponse fomentar a transparencia e a democracia participativa, traballar pola inclusión social e o equilibrio territorial nos municipios. Do mesmo xeito, asume o Código de conduta política en relación co transfuguismo.

O texto aprobado, que foi remitido a todos os gobernos locais do Estado, merece o maior consenso posible e así debería plasmarse nun acordo unánime de tod@s os que representamos aos cambres@s nesta Corporación.

Ao noso entender, o Código da “FEMP” responde a unha vontade unánime de todos os grupos políticos representados na Federación que afecta a todas as Corporacións locais do Estado, e por eso crreemos que o noso concello debe ractificalo.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Concello de Cambre adhírese e ratifica o CÓDIGO DO BO GOBERNO LOCAL aprobado pola Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias o día 15 de decembro de 2009, velando polo seu cumprimento por parte da Corporación municipal.

SEGUNDO.- O Concello de Cambre incorporará ás súas prácticas e ao seu ordenamento a través dos seu Regulamentos Orgánico Municipal e outras normas de funcionamento específicas, os principios e normas contidos no referido CÓDIGO DO BO GOBERNO LOCAL.

TERCEIRO.- O Concello de Cambre informará á cidadanía do contido e existencia deste Código, e velará polo seu cumprimento.

Asdo: Grupo Político Municipal




ROGOS:

1.- O Real Decreto 1087/2010, polo que se aproba o Regulamento das Xuntas Locais de Seguridade, contempla no seu ártigo 13 que:

Con obxecto de lograr a máxima participación cidadá na mellora dos niveis de seguridae pública, poderán constituirse Consellos Locais de Seguridade, os cales serán invitados representantes de asociacións cidadáns, organizacións empresariais, sindicatos e outras institucións ou sectores que conformeno o texido social.

-O noso Grupo PREGA que na próxima xuntanza do mencionado órgano se teña en conta o ártigo mencionado, facendo extensible os voceiros dos Grupos municipais con representación na Corporación.

2.- Veciñ@s de Graduil manifestaron o noso Grupo a súa contrariede pola vexetación e maleza existente nunha finca nas inmediacións das súas vivendas, o que impide circular pola beirarrúa en condicións de seguridade, o ter que invadir a estrada, co conseguinte perigro de accidentes.

-Por esto o noso Grupo PREGA que con urxencia se proceda a tomar as medidas oportunas e dar solución o problema.

3.- O vial de servizo que transcurre dende a estrada CP-1704 paralelo a autovía A-6, existe abundante vexetación que invade parte do vial ocultando as sinais de circulación, o que ten ocasionado varios problemas de seguridade, sobre todo tendo en conta que non existen beirarrúas para peóns.

-O noso Grupo PREGA se den as órdenes oportunas para proceder a súa limpeza e desbroce no que atinxe o noso concello, e se fagan as xestións necesarias ante os responsables da autovía A-6 para que do mesmo xeito acondicionen o correspondente o seus terreos.


PREGUNTAS:

1.- En relación o proxecto de recuperación, restauración e finaciación da casa rectoral de Pravio para o uso e disfrute dos veciñ@s, mediante un obradoiro de emprego. O noso Grupo PREGUNTA:

-¿Cal é a situación actual na que se encontra o do dito proxecto.
2.- As redes de saneamento que discurren polo limites do noso concello e Oleiros, producen malos olores a causa dos verquidos producidos por algunhas empresas ubicadas no poligono do Espiritu Santo.

-¿Qué medidas se ten adoptado o Goberno local para dar solución os mencionados problemas?

3.- En relación o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o concello de Cambre para financiar as obras para a “construcción de novas instalacións para o servizo de protección civil” cunha dotación de 362.470,95 € e unha achega da Deputación de 289.352,05 €:

-O noso Grupo pregunta sobre a situación do mencionado convenio, e si conta o concello co lugar definitivo para ditas instalacións.

Asdo: Grupo Político Municipal


COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO E SEGURIDADE CIDADÁ

Vía Artabra:

1.- Pode informarnos o Sr. Alcalde sobre a xuntanza celebrada polos alcaldes do Consorcio das Mariñas o pasado dia 22, onde se debatiu sobre o trazado da vía Artabra o seu paso por Cambre.

Asdo: Grupo Político Municipal

No hay comentarios: