jueves, 30 de diciembre de 2010

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DO MES DE DECEMBRO DE 2010
MOCIÓN HOMENAXE A MARCELINO CAMACHO

XUSTIFICACIÓN:

O pasado 29 de outubro morreu os 92 anos Marcelino Camacho, o histórico líder de CCOO, logo dunha longa enfermidade .

Camacho, dirixente obreiro e comunista, defensor da liberdade e dos dereitos dos traballador@s, viviu en primeira liña os momentos mais decisivos que protagonizou a crase obreira en España durande o século XX, dedicou toda a súa vida á conquista dunha sociedade máis xusta e solidaria. Tanto na guerra, no exilio, na ditadura e na liberdade sempre loitou xunto aos traballador@s. Foi un dos fundadores de CCOO na clandestinidade e, por iso, en 1967 detivérono no chamado “Proceso 1001” onde o condenaron a 20 anos de prisión. Saíu en 1975 por un indulto real, aínda que despois volveríano a deter.

En 1976 elixírono membro do Comité Executivo do PCE e Secretario Xeral da Confederación Sindical de CCOO, organización que dirixíu ata 1987.

En 1977 foi elixido deputado por Madrid pola lista do Partido Comunista, escano ao que renunciaría dous anos despois para evitar o conflito entre a disciplina de voto do partido e a súa fidelidade aos intereses dos traballador@s.

Como Secretario Xeral de CCOO convocou en solitario a primeira folga xeral en 1985. Ademais, tivo unha destacada presenza nas mobilizacións contra a OTAN en 1986 e nas estudiantís do curso 86/87.

Marcelino Camacho foi o líder sindical máis importante do século XX en España e un referente fundamental no movemento obreiro.

A súa vida estivo dedicada á loita polos seus ideais, polas liberdades deste país e pola defensa da crase traballadora.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O Concello de Cambre fai un recoñecemento á figura de Marcelino Camacho, referente da loita política e social da esquerda española.

SEGUNDO.- Considerando os méritos expostos, a súa contribución á defensa dos dereitos dos traballador@s, así como a súa loita pola conquista dunha sociedade mais xusta e solidaria, o Pleno do concello aproba a designación dunha praza ou rúa en homenaxe a memoria de MARCELINO CAMACHO.

TERCEIRO.- Dar traslado deste acordo a CCOO para que o traslade á familia do sindicalista.
MOCIÓN CONTRA AS MEDIDAS ANTICRISIS DO GOBERNO

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O pasado 1 de decembro o presidente do goberno anunciou un paquete de medidas contra a crise económica. En total son nove iniciativas que supóñen rebaixas fiscais para as PEMES, privatizacións parciais de aeroportos, loterías do Estado, e a supresión da axuda de 426 euros destinada aos parad@s que agotaron a súa prestación.

Todas estas medidas provocarán unha disminución dos ingresos da facenda pública e o aumento do déficit do Estado. Ademais, as privatizacións das compañías rendibles como AENA e Loterías, é un regalo ás empresas que supón o debilitamento do sector público.

A eliminación da axuda por parte do goberno os parados que agotan a protección por desemprego é unha terrible noticia con graves consecuencias, un ataque aos dereitos sociais que se suma a unha longa lista que está cometendo este goberno. De feito, eliminar a axuda de 426 euros ás persoas paradas sen prestación nin subsidio, provocará que moitas familias pasen da situación límite na que viven a outra bastante peor.

En Galicia, a retirada desta axuda afectará e condenará a exclusión social a unhas 10.000 persoas que actualmente cobran esa prestación, que de aquí a febreiro esta cifra aumentará, porque se lle sumarán todos aqueles traballador@s que perderán o seu traballo ou deixaran de percibir a axuda. A isto hai que sumarlle a insistencia do Goberno de continuar con políticas fiscais regresivas que só benefician aos que máis teñen.

O goberno do Estado, incumpriu ademais as condicións coas que aprobou esta axuda. Segundo votou o Congreso, estes 426 euros non podían eliminarse mentres o paro non baixase do 17%, e actualmente situase enriba do 20%.

A mais, o Goberno ben de facer público a súa vontade de reformar o sistema de pensións mediante a ampliación da idade de xubilación, plantexando tamén a modificación no sistema de calculo da pensión aumentando os anos; descargando así sobre os traballador@ o peso da crises económica.

Novamente encontramonos cun goberno que non fixo máis que plegarse ante as presións dos empresarios e darlle as espaldas aos traballador@s.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE EU-IU PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- O pleno do Concello de Cambre manifesta o seu desacordo coas novas medidas anti-crises do goberno do Estado.

SEGUNDO.- Instar ao Goberno a inmediata suspensión destas medidas, mantendo a axuda mensual de 426 euros os parados que agotaran o subsidio de desemprego.

TERCEIRO.- Solicitar ao Goberno que articule un plan alternativo de ocupación para os parad@s que non teñan prestación nin subsidio.

CUARTO.- O concello de Cambre expresa a súa oposición ante calqueira modificación dos sistemas de cálculo das pensións, que reduzcan as expectativas e os dereitos dos traballador@s en activo.

QUINTO.- Dar traslado destes acordos a:
-Presidente do Goberno
-A todos os Grupos parlamentarios do Congreso dos Diputados.


ROGOS:

Taller de emprego.

1.- Unha das preocupacións mais importantes de Esquerda Unida o longo da lexislatura é a crise económica e o aumento do paro no noso concello. Así, o noso Grupo ten presentado unha Moción no mes de xaneiro de 2009, para a restauración do noso patrimonio etnográfico mediante un Obradoiro de emprego, que posteriormente foi solicitado a Administración Autonómica.

O pasado mes de novembro a Xunta de Galicia deixou a Cambre sen Obradoiro de Emprego para o ano 2010. Unha vez mais o noso pobo sigue discriminado e os nosos veciñ@s negaselle a oportunidade de formarse para ter novas oportunidades de traballo.
Desde o noso grupo político consideramos que o Goberno do concello debe reprobar a actitude da Xunta de Galicia coa nosa localidade, adoptando unha situación claramente discriminatoria cos cidadáns do resto da comarca ao non ofrecérselle por parte da Administración Autonómica as mesmas oportunidades para adquirir a formación necesaria e poder ter unha mellor saída á crise que estamos padecendo.

-Polo exposto o noso Grupo PREGA o Goberno local, manifeste o seu rexeitamento a decisión da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, por desestimar a proposta do concello de Cambre, na súa actitude de deixar fóra á nosa localidade dos plans de formación e emprego previsto pola mesma para o ano 2010.

-Solicitar da Consellería de Traballo a sua rectificación para que incorpore a nosa localidade nos plans de formación e emprego previstos.


2.- Según informacións do concello e da dirección da escola infantil da Barcala, nos últimos tempos o sistema de climatización do centro está ocasionando graves averías e os problemas derivados das mesmas provocan situacións de desamparo para os nen@s e persoal que realiza o seu traballo nas instalacións.

-PREGAMOS nos informen das actuacións levadas a cabo e da situación actual do problema no centro de ensino da Barcala.

3.- O camiño que transcurre dende o Paraguas ata o Paseo dos Templarios, experimentou un aumento considerable na circulación peonil e rodada carecendo de sinalización que regule o seu tránsito.

-PREGAMOS nos informen si existe algún proxecto de utilización e regulación da circulación e uso do mencionado camiño


PREGUNTAS:

1.- Nos últimos tempos, estamos asistindo e non con pouca polémica o retraso da inauguración da Escola de Música de Sigrás, motivado (según parece) as filtracións de auga existentes nas instalacións.

¿Poden informarnos dos motivos que impiden a inauguración e das medidas tomadas para dar solución os problemas?

2.- O pasado tres de decembro nas instalacións do complexo “El Bosque” celebrouse a Gala Anual do Deporte.

-¿A canto ascendeu o custo económico para o concello de Cambre o mencionado evento?

3.- No presente mes producironse continuos fallos e cortes enerxéticos no alumeado público da rúa Constitución, o que provocou que veciños e empresarios denunciaran o problema no concello esixindo explicacións e solucións o problema.

-Poden informarnos das medidas adoptadas ante a situación.

Asdo: Grupo Municipal




COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS.

ROGOS:

1.- Fai uns meses o noso grupo preocupabase pola sinalización horizontal da estrada C.P.1706 Cambre o Temple, onde podemos observar a sinalización horizontal indicando a proximidade de pasos de peóns que non se corresponsde coas normas homologadas polos responsables de Tráfico. Este feito que foi denunciado pola nosa formación pero non compartido polo polo Goberno.

Confirmada a sua ilegalidade PREGAMOS :

Se realicen as xestións oportunas esixindo ao organismo competente a revisión de dita sinalización e proceda canto antes a correxir dito feito axustandoa a normativa correspondente correspondente.

2.- No remate da estrada de Cambre o Temple, nas cercanías do Paraguas, as ramas dos árbores situados na beirarrúa, tapán parcialmente as ventanas do edificio.

-E polo que PREGAMOS se proceda a realizar unha poda selectiva co fin de solucionar o problema os residentes nas ditas vivendas.



COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIO AMBIENTE, OBRAS E SERVIZOS.


PREGUNTAS:

1.- O parque infantil situado nas inmediacións do Paseo Maritimo do Temple atópase nun estado preocupante de abandono por falta de hixiene nas instalacións, motivado a crecente aparición de ratas, feito denunciado polas personas que frecuentan dito parque, afectando tamén os negocios que se encontran nas cercanías.

Ante ista situación o noso grupo municipal PREGUNTA:

¿É coñecedor o grupo de Goberno desta situación?
¿Qué medidas teñen pensado adoptar respecto do problema?

2.- As instalacións deportivas situadas nas inmediacións do parque Ramón Barba (piscina e pista de tenis) atopanse nun estado de infrautilización e deterioro notable, ante esta situación, o noso Grupo fai a seguinte PREGUNTA:

¿En que estado se atopa a reforma da piscina para a sua adaptación a normativa vixente e que uso se está dando a pista?

Asdo: Grupo Municipal

sábado, 18 de diciembre de 2010

ASESORAMENTO XURÍDICO LABORAL A PARAD@S

Unha das preocupacións mais importantes de Esquerda Unida o longo da lexislatura é a crise económica e o aumento do paro no noso concello, que na actualidade afecta a 1.809 persoas.

Como consecuencia da situación actual de crises e desemprego que están a sufrir moitas familias. O Consello local de EU-IU quere poñer en coñecemento dos veciñ@s, que a partir do mes de xaneiro no local municipal da praza Europa, 7 baixo, os xoves de 7 a 9 da tarde prestará un servizo de información e asesoramento a desempregad@s, sobre todo para os que non perciben ningún tipo de remuneración económica.

Este novo servizo supón un mecanismo importante para que calqueira persoa parada poida acceder fácilmente a información sobre axudas e tramitacións, incluido asesoramento laboral sobre xubilacións e procedementos administrativos na Seguridade Social

Esquerda Unida, como organización política defensora dos dereitos dos traballador@s, e ante a batería de medidas sociais que está arbitrando o Goberno queremos contribuir a facilitar información e mostrar o noso apoio tratando de ser útiles os cidadans.

O asesoramento sera a cargo dun abogado especialista nos problemas plantexados.

TALLER DE EMPREGO.

Unha das preocupacións mais importantes de Esquerda Unida o longo da lexislatura é a crise económica e o aumento do paro no noso concello. Así, a Corporación municipal aprobou por unanimidade unha Moción no mes de xaneiro de 2009 presentada polo noso Grupo, sobre a restauración do patrimonio etnográfico mediante un Obradoiro de emprego.

O pasado mes de novembro a Xunta de Galicia deixou a Cambre sen Obradoiro de Emprego para o ano 2010. Unha vez mais o noso pobo sigue discriminado e os nosos veciñ@s negaselle a oportunidade de formarse para ter novas oportunidades de traballo.
Desde o noso grupo político consideramos que o Goberno do concello debe reprobar a actitude da Xunta de Galicia coa nosa localidade, o adoptar unha posición claramente discriminatoria cos cidadáns do resto da comarca ao non ofrecérselle por parte da Administración Autonómica as mesmas oportunidades para adquirir a formación necesaria e poder ter unha mellor saída á crise que estamos padecendo.

Como consecuencia desta decisión o noso Grupo municipal, presentará unha iniciativa no próximo pleno municipal, para que o Goberno de Cambre manifeste o seu rexeitamento a esta medida, deixando fora a nosa localidade dos plans de formación e emprego previstos para o ano 2010; e solicitar a Consellería de Traballo a sua rectificación para que incorpore a Cambre nos plans previstos.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Españoles, ¿sois idiotas?
Jesús Sanz Astigarraga

Hay un problema laboral del colectivo de controladores aéreos que afecta al 1,2% de la población española (600.000 personas) y casi todos saltáis como energúmenos pidiendo hasta el linchamiento de ese colectivo cuando el día anterior hacen otra reforma del sistema laboral más restrictiva, quitan los 420 euros de ayuda a 688.000 parados que están en la ruina y anuncian cambios drásticos a peor en la ley de pensiones que afectan al 80% de la población y nadie se indigna ni dice nada. ¿Sois idiotas?
Estáis pidiendo a gritos al Gobierno que se apliquen medidas que quitan el derecho a la baja laboral, a los permisos retribuidos y a las horas sindicales, sacar militares a la calle ¿sois idiotas?
Estáis leyendo que mintieron en los vuelos de la CIA, en el caso Couso, que González era la X del GAL, que gente del PP cobraba de la trama Gürtel, que hay políticos que cobran más de 230.000 euros al año, pero que nos cuestan más de 3 millones de euros, que la corrupción en la política no es excepción, sino norma, que ellos mismos se adjudican el derecho a cobrar la jubilación máxima con pocos años en las Cortes y a nosotros nos piden 40 de cotización, banqueros que consiguen del gobierno medidas duras contra los trabajadores y que tenían que estar en la cárcel por delitos demostrados de fraude fiscal y no decís nada, os quitan dinero para dárselo a esa gente que cobra cientos de miles de euros año, especula con nuestro dinero, defrauda a Hacienda y seguís callados ¿sois idiotas?
Tenéis una monarquía que se ha enriquecido en los últimos años, que apoya a los poderosos, a EEUU, a Marruecos y a todo lo que huela a poder o dinero, hereditaria como en la Edad Media ¿sois idiotas?
En Inglaterra o Francia o Italia o en Grecia o en otros países los trabajadores y los jóvenes se manifiestan hasta violentamente para defenderse de esas manipulaciones mientras en España no se mueve casi nadie ¿sois idiotas?
Consentís la censura en los medios de comunicación, la ley de partidos, la manipulación judicial, la tortura, la militarización de trabajadores sólo porque de momento no os afecta a vosotros ¿sois idiotas?
Sabéis quién es toda la gentuza de las revistas del corazón, futbolistas supermillonarios pero jamás escucháis a nadie como Saramago o Chomsky u otros mil intelectuales veraces y comprometidos con vuestros problemas ¿sois idiotas?
Si mucha gente responde sí, aún nos queda un poco de esperanza de conseguir acabar con la manipulación de los políticos y poderosos.
Si la mayoría contesta no, entonces estamos jodidos.