sábado, 18 de diciembre de 2010

ASESORAMENTO XURÍDICO LABORAL A PARAD@S

Unha das preocupacións mais importantes de Esquerda Unida o longo da lexislatura é a crise económica e o aumento do paro no noso concello, que na actualidade afecta a 1.809 persoas.

Como consecuencia da situación actual de crises e desemprego que están a sufrir moitas familias. O Consello local de EU-IU quere poñer en coñecemento dos veciñ@s, que a partir do mes de xaneiro no local municipal da praza Europa, 7 baixo, os xoves de 7 a 9 da tarde prestará un servizo de información e asesoramento a desempregad@s, sobre todo para os que non perciben ningún tipo de remuneración económica.

Este novo servizo supón un mecanismo importante para que calqueira persoa parada poida acceder fácilmente a información sobre axudas e tramitacións, incluido asesoramento laboral sobre xubilacións e procedementos administrativos na Seguridade Social

Esquerda Unida, como organización política defensora dos dereitos dos traballador@s, e ante a batería de medidas sociais que está arbitrando o Goberno queremos contribuir a facilitar información e mostrar o noso apoio tratando de ser útiles os cidadans.

O asesoramento sera a cargo dun abogado especialista nos problemas plantexados.

No hay comentarios: