DEBER DE ABSTENCIÓN DO SR. ALCALDE:
O Grupo municipal de EU-IU quere manifestar o seu rexeitamento a actitude manifestada polo Sr.Alcalde, por non ausentarse e absterse de participar no punto 6º do orden do dia do pleno do pasado xoves dia 30, referente a indemnización de 34.800 euros polos gastos xurídicos nos que incorreron o ex concelleiro de Facenda e o propio Alcalde, no exercicio do seu cargo.
Para garantir que na tramitación e resolución de todo procedemento ninguén poida arrogarse as posturas de xuíz e parte, as Leises tratan de impedir a intervención de quen poidan ter algún tipo de interese no asunto sometido a consideración. Razóns de moral e estrita xustiza fan rexeitar que unha persoa poida ser parte interesada e á vez que por razón do seu cargo interveña na súa tramitación ou resolución.
Razóns de equidad aconsellan en todo caso, que as decisións da administración se adópten con criterios de imparcialidade e obxectividade, circunstancias que se presupón non concorren nos interesados xa sexan directos ou pola súa vinculación.
O art. 76 LRBRL, dispón que, se a pesar da advertencia sobre a obrigación de abstención, un ou varios membros da corporación legalmente obrigados a absterse interviñese na formación da vontade e, en definitiva, na adopción dos acordos de xeito determinante, os actos en que interveñan, carecerán de validez.
En este sentido o voceiro municipal de EU-IU, solicitaba da Sra. Secretaria información respecto si concurría algún motivo de abastención, por estar tratando un tema relacionado directamente cun membro presente no Pleno da Corporación. Sin entrar a valorar as informacións da Sra. Secretaria, o noso xuizo non existen dudas respecto da presencia do Sr. Alcalde no pleno, que a pesar de que en estes temas debería existir a ética e moral que fai mención a actual Xurisprudencia, que recomenda a abstención en todo debate, ausentandose do pleno a persoa afectada pola situación. Do contrario o acordo ou acordos serán declarados de nulidade.
Coa actitude do O Sr. Alcalde permanecendo no pleno, o noso xuizo vulneranse os principios legais que deberían prevalecer para garantir a normalidade democrática no concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario