miércoles, 26 de enero de 2011

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO DOS DÍAS 25 E 27 DE XANEIRO

ROGOS:

1.- Varias foron as iniciativas que ten presentado o noso Grupo sobre as vallas publicitarias instaladas no territorio do noso concello, tanto en espacios públicos como privados, descoñecendo o control municipal que debe exercer a administración local sobre a concesión de licencias.

O noso Grupo convencido que non pode empregarse de forma irregular ou ilegal a instalación e utilización de vallas publicitarias sin licencia nin control municipal, e transcurridos mais de dous anos onde solicitábamos mediante escrito se nos facilitaran os antecedentes relativativos a este asunto, a dia de hoxe non contamos coa información que por Dereito e de acordo coas normativas vixentes ten que facilitarnos o Goberno do concello.

Partindo da base, que parece da mais pura lóxica, de que os acordos e compromisos plenarios tómanse para ser levados á práctica, dentro dun prazo razoable:

-Unha vez mais o Grupo Municipal de EU-IU PREGA os responsable do Goberno nos informe sobre a instalación de vallas publicitarias, dando resposta as seguintes cuestións:

1.- Relación, número e lugar de ubicación de vallas publicitarias existentes en terreos do Término Municipal, instaladas por empresas de publicidade.

2.- Informes efectuados polos técnicos do concello, como consecuencia das obras realizadas.

3.- Relacción dos ingresos obtidos nos últimos catro anos, en concepto de licencias e taxas, facilitados polos departamentos correspondentes.

4.- Informe sobre o procedemento do ingreso das cuantías e forma de contabilizalo nos Orzamentos correspondentes.

5.- A quen corresponde emitir os informes para comprobar e aprobar os metros ocupados, tanto en terreo público como privado.


2.- Sobre o centro de Saúde do Temple.

Recentemente por iniciativa dunha veciña do Temple, presentabase no rexistro do concello un escrito avalado por 724 firmas, co seguinte texto:

Os abaixo asinates queremos denunciar a situación que se está producindo a diario no CENTRO DE SAÚDE DO Temple, como consecuencia da falla de persoal e carencia de especialidades médicas.

Iste feito provoca que ós veciñ@s estean a sufrir longas esperas na cita previa para ter o acceso a atención necesaria.

Por isto SOLICITAMOS ó goberno Municipal de Cambre que esixa de inmediato a dotación de maiores recursos nas instalacións sanitarias existentes, co fin de correxir ditas deficiencias e minimizar ó máximo posible os tempos de espera para a atención ós enfermos.

Asemade solicitamos como veciños e cidadáns, que o Concello reclame coa maior urxencia da administración competente, neste caso, a Consellería de Saúde da Xunta de Galicia, que acelere os trámites burocráticos necesarios e dote canto antes nos seus orzamentos a partida necesaria para a construcción do prometido Centro de Saúde.

-Por todo isto o noso Grupo Municipal e todas as persoas comprometidas coa súa firma PREGAMOS o Goberno local adopte unha actitude decidida respecto do problema, levando a cabo as reclamacións presentadas polos cidadán@s. Asimesmo no próximo pleno ordinario informarán puntualmente das xestións realizadas.
Negrita
3.- A conservación e poda do arborado en terreos públicos do concello é un dos procedementos mais comúns para eliminar as ramas enfermas ou infectadas, mellorando así a estructura dos exemplares e o mesmo tempo evitar que a proliferación das súas ramas causen molestias e problemas de seguridade as persoas, os seus bens e a propia seguridade vial. Esto debe implicar unha prevención específica periódica para cada caso según as necesidades.

Tendo en conta que este problema é competencia atribuida a Deputación Provincial, PREGAMOS que os responsables do Goberno soliciten coa máxima urxencia a este organismo, se realice unha poda selectiva do arbolado da estrada da Estación, permitindo mun desenrolo armónico e saudable para os árbores, prevendo os posibles accidentes e as molestias e perxuizos ocasionados os veciñ@s pola proliferación das ramas.


PREGUNTAS:
1.- Recentemente facilitousenos información co fin de dar nome a unha praza nas inmediacións das rúas Tapia e Maria Mariño. Tendo en conta os problemas existentes suliñados polo técnico municipal en relación a situación da mencionada praza, o asunto non foi resolto a espera da correpción das anomalías detectadas.
Por iso o noso Grupo PREGUNTA:
-Cal é a situación actual do problema.
2.-En consonancia con outras iniciativas presentadas, o noso Grupo plantexaba na Xunta de Voceiros do mes de novembro, a necesidade de habilitar zonas de baño e esparcemento nas ribeiras do río Mero. Tendo en conta a complexibidade do tema o confluir competencia doutras administracións na tramitación e concesión de ditas áreas, acordouse solicitar dos responsables da Xunta de Galicia información relativa sobre esta necesidade.
-¿Poden informarnos das xestións realizadas?
3.- A execución das obras da travesia do cementerio comenzaron no mes de maio pasado estando previsto o seu remate en seis meses. Ante os problemas xurdidos coa empresa adxudicataria por entrar nun concurso de acreedores, o noso Grupo PREGUNTA sobre os procedementos e actuacións levadas a cabo e da situación actual da obra.

Asdo: Grupo Municipal


COMISIÓN INFORMATIVA DE MEDIOAMBIENTE OBRAS E SERVIZOS.
ROGO:
1.- Veciñ@s da rúa Ramón Cabanillas teñen presentado no concello un escrito avalado con firmas de distintas comunidades veciñais, denunciando o mal estado dun local ubicado no número 5 da mencionada rúa. O pasado dia 22 de setembro foron informados da tramitación dun expediente sobre o problema.
Transcurrindo un tempo prudencial dende a notificación, e tendo en conta que a situación non experimentou ningún cambio para correxir as deficiencias, PREGAMOS nos informen con detalle do estado actual do mencionado expediente.

Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: