viernes, 29 de abril de 2011

1º DE MAIO

MANIFESTACIÓN AS 12 DA MAÑÁN, SAIDA DA PRAZA DA PALLOZA


ESQUERDA UNIDA mantén fronte á crise unha posición coherente e
combativa. Fomos os primeiros en reclamar unha Folga Xeral fronte ás
medidas do Goberno e seguimos defendendo un amplo paquete de
medidas para abrir unha saída de esquerdas á crise, centrado na
creación de emprego e no impulso dunha economía produtiva, non
especulativa, participada pola cidadanía.

Expomos con firmeza a nosa posición no Parlamento, a través de
propostas lexislativas, e na rúa mediante a convocatoria de actos e
mobilizacións. Pronunciámonos de forma firme e decidida fronte á
reforma das pensións, independentemente do acordo ao que puidesen
chegar os sindicatos, da mesma forma que nos comprometemos cos
sindicatos no éxito da Iniciativa Lexislativa Popular para derrotar a
reforma laboral imposta polo Goberno.

ESQUERDA UNIDA mantense firme coa xente de esquerda, cos
traballadores e traballadoras.

Vinte e dous días despois deste Primeiro de Maio van ter lugar eleccións
municipais e autonómicas. Participar nas mobilizacións convocadas o día
da Festa Internacional da Clase Traballadora é hoxe máis necesario que
nunca, votar nas próximas eleccións para lograr Concellos realmente de
esquerdas que sexan auténticos baluartes fronte á dereita e ás políticas
de dereitas é a mellor garantía para lograr unha saída de esquerdas da
crise.

POLO EMPREGO

POLOS DEREITOS SOCIAIS E SINDICAIS EN DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS

VIVA O 1º DE MAIO!

POR UNHA SAÍDA DE ESQUERDAS Á CRISE.

No hay comentarios: