martes, 14 de junio de 2011



CARTA DE ESQUERDA UNIDA AO COMITÉ DE EMPRESA DE MOLDURAS DO NOROESTE


A/A: Comité de Empresa de “Molduras del Noroeste”

Estimados Compañeir@s:

A Asamblea Local de Esquerda Unida de Cambre e os concelleiros da nosa formación política, fomos informados dos problemas existentes na vosa empresa, que recentemente se derivaron no despido de nove traballadores, supoñendo a eliminación de un turno completo na actividade productiva da fabrica.

Ante esta decisión unilateral da empresa, queremos manifestar a nosa solidariedade e o mais firme apoio, ofrecendo a nosa colaboración, no ánimo de contribuir co único obxectivo de evitar a perda de postos de traballo e a eliminación de un ben tan preciado como o emprego e o texido industrial do noso concello. EU ponse a vosa disposición para calqueira medida que estimedes oportuno plantexar en defensa dos vosos lexitimos dereitos laborais.

Asimesmo manifestarvos o desexo da nosa organización de manter unha xuntanza con vós, para coñecer de cerca o grave problema, e poder actuar en consecuencia. Así o fixemos no mes de novembro de 2008, e así o facemos agora. Baixo ningún concepto podemos permir que se siga destruindo emprego, e apoiamos e apoiaremos as posibles medidas que colectivamente decidades ante o que consideramos “un novo ataque os dereitos dos traballadores e traballadoras de Molduras.

Un saúdo solidario, ánimo e ¡SEMPRE ADIANTE!


En Cambre a 6 de maio de 2011

Asdo: Luis M. Taibo Casás. Voceiro en funcións do Grupo Municipal de “Esquerda Unida de Cambre”

No hay comentarios: