domingo, 17 de julio de 2011

NOTA INFORMATIVA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


O Grupo Municipal de EU de Cambre, denuncia o claro obxectivo recadatorio persoal que pretenten os membros do Goberno, cun escandaloso aumento do 25% respecto de anterior lexislatura, nas retribucións de seis medias dedicacións exclusivas, pasando de 23.239 a 29.000 euros. A esto esto hay que sumar unha media dedicación mais encuberta, para o concelleiro de Obras e Servizos que vai a percibir por asistencia a Xunta de Goberno de Goberno 450 euros, catro sesións mensuais (1.800 euros) a mais das Comisións Informativas, Plenos e Xunta de Voceiros, sobre 28.000 euros anuais.

O Alcalde vai a percibir 32.000 euros por media dedicación, cuestión que criticamos e reprochamos, o entender que un concello de 24.000 habitantes como Cambre, o máximo mandatario debería o noso xuizo, ter plena didicación o concello, e cobrar dunha maneira racional polas súas funcións.

A proposta dá Alcaldía pola que se establecen as retribucións foi aprobada exclusivamente cos votos a favor do Goberno e os tres concelleiros de UxC, votando en contra o resto dos Grupos dá oposición (PSOE, EU, BNG e PdC). Chama a atención, que solamente o concelleiro de Obras e Servizos defendera a asignación das elevadas cuantías, o PP pasou de puntillas e deixou o Sr. Marante estrellarse para defender o indefendible.

O Grupo Municipalo de EU de Cambre, considera un auténtico escandalo a decisión de aumentar o número dás medias dedicacións, e de marcar unhas retribucións para as mesmas equiparables a profesionais de alto nivel, co que se pon en evidencia que os Grupos que apoiaron esta medida, convirten os cargos de representación pública en postos de traballo excelentemente retribuidos para os seus membros, asegurando fidelidades personais por enriva dous intereses xenerais dos veciñ@s.

Este acordo lonxe de basearse en cuestións programáticas ou no interese do concello, centrase en intereses particulares, polo que deberían sentir un mínimo de vergoña ante o escandaloso mercadeo que demostrou o Goberno do concello, utilizando a demagóxia como argumento para xustificar as elevadas subidas de salarios e dietas de asistencia a órganos colexiados, como o caso dás Xuntas de Goberno que pasan de 190 euros (duas) ou mes e agora 450 euros (catro mensuais), demostrando ese afan recadatorio. “Si se revisan as actas dás Xuntas de Goberno anterior podemos comprobar como a media de duración foi de 18 minutos, polo que consideramos esta medida indignante e insultante para os case 2.000 desempregados do concello e para o conxunto dos traballador@s que están padecendo o drama social do paro e dá crises”.

Asdo: Grupo Municipal de EU de Cambre

No hay comentarios: