viernes, 9 de septiembre de 2011

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" PRESENTADAS AS COMISIÓNS INFORMATIVAS E PLENO MUNICIPAL DOS DIAS 6 E 8 DE SETEMBRO




MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE EU, SOBRE AS DEFICIENCIAS NO SERVIZO NOCTURNO DE URXENCIAS NO CENTRO DE SAÚDE DE CAMBRE.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Centro de Saúde de Cambre foi pioneiro na sua modalidade na área sanitaria de Galicia. A profesionalidade e eficacia do seu persoal, é motivo de orgullo para a maioría dos veciñ@s de Cambre e a súa área de influencia. A denominación de Punto de Atención Continuada, leva implicito que as instalacións permanecerán abertas as 24 horas e ofrecerá atención médica permanente.

Sendo a Sanidade o servizo máis necesario e que mellor debe funcionar nun estado de benestar, os nosos rexedores tanto Autonómicos como Municipais teñen a obriga de velar e traballar para conseguir que os seus cidadáns teñan cuberta esa necesidade do xeito máis adecuado, cómodo, eficaz e próximo a eles.

Nas Comisións Informativas do pasado 19 de Xullo o noso Grupo Municipal plantexou á Concelleira responsable a situación que nos foi trasladada por veciñ@s de Cambre. Dita situación é a insuficiente dotación de efectivos médicos para o Servicio de Atención Continuada que ten como consecuencia a posible falta de efectivos por un eventual desprazamento do facultativo de garda a un domicilio. A Concelleira responsable da área de Sanidade deu traslado da nosa petición ó director do Centro entregándonos a resposta que por email él lle facilitou. Nese escrito o propio Director do Centro, indica que únicamente hai un médico titular no Servicio de Atención Continuada de Cambre-Carral durante a noite, de modo que se un paciente acude ou chama no momento que este médico non se atope no centro, ou espera a que regrese ou tería que contactar co 061. Se informa ademáis que para as poboacions de menos de 30.000 habitantes esta situación entraría dentro do habitual.

O noso Grupo Municipal coida que é imprescindible o traslado desta situación á Administración competente por varios motivos:

O primeiro deles é que a poboación que atende este Servizo de Atención Continuada supera ós 30.000 habitantes. Non podemos esquencer que neste centro se atenden as urxencias tanto do Concello de Cambre como do de Carral, e a suma supera a citada cantidad de referencia.

Outro dos motivos é que non podemos deixar de ser conscientes de que estamos a falar dun servicio de atención de urxencias ou emerxencias efectivas que non poden ser demoradas por ser por definición alteracións da saúde que necesitan unha atención médica inmediata, que é un dereito da poboación.

POR ESTES MOTIVOS, O GRUPO MUNICIPAL DE “EU” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

PRIMEIRO.- Que o Goberno local se dirixa a Consellería de Sanidade e a Xefatura Provincial de A Coruña, para que dote dos recursos e medios necesarios, ó Centro de Saúde de Cambre co fin de evitar as situacións de indefesión en materia asistencial.

SEGUNDO.- Dar traslado do presente acordo aos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública e Dirección do Centro de Saúde de Cambre.

Setembro de 2011

Asdo: GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA"


ROGOS:


1.- SOBRE O DEFICIENTE FUNCIONAMENTO DO 065.

Son moitas as denuncias e queixas dos usuarios/as do Servizo Galego de Transporte Adaptado. Un modelo que o anterior goberno da Xunta de Galicia considerábao pioneiro e modélico, convertíndose agora nun servizo mediocre e conflitivo.

No noso concello temos veciños/as que teñen que empregar este servizo para realizar os seus desprazamentos. Eles mesmos están a ser testemuñas da precariedade do funcionamento do transporte, sendo este un dos pilares para o desenrolo das necesidades para persoas dependentes, con movilidade reducida.

As Administracións Públicas deben ser sensibles as demandas e necesidades do conxunto da poboación, esta actitude en relación coas persoas con discapacidade débese traducir na adopción de medidas concretas e na posta en funcionamento de plans de actuación dirixidos á súa plena integración, así como a garantir a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a accesibilidade universal.

Ante isto o noso Grupo considera que unha das responsabilidades do Goberno local é velar pola calidade de vida de todos os veciños/as e especialmente aqueles que teñen máis problemas, sendo a súa obriga facilitar apoio a estas persoas. Na actualidade as queixas en Cambre acentúanse sen que os usuarios/as obteñan unha resposta encamiñada a cubrir as súas necesidades.

Por todo isto Grupo Municipal de “EU”, PREGA ao Goberno e á súa concelleira responsable:

-Realicen todo tipo de xestións, mobilizando e se fose necesario denunciando este servizo e o seu mal funcionamento, así mesmo, procedan de maneira urxente e prioritaria a paliar con recursos propios, e dentro das súas posibilidades, as carencias e deficiencias deste servizo, atendendo ás distintas necesidades dos veciños/as, neste caso afectados por problemas de mobilidade.

2.- Veciños e usuarios do parque infantil ubicado na praza Miguel A. Blanco, denunciaron ante o noso Grupo o lamentable estado das instalacions, polo deterioro dos elementos de xogo e mobiliario urbano, incumplindo así a normativa vixente, preocupando dunha maneira especial un elemento de xogo que debido o seu estado atópase precintado pola policia local.

Logo de presentar distintos escritos por rexistro a dia de hoxe seguen sin ter resposta, feito que incomoda e molesta os usuarios de dita instalación.

E por todo isto o noso Grupo
PREGA:

-Se proceda coa maior urxencia a reparar e acondicionar as deficiencias denunciadas.
-Dar cumplida contestación os escritos presentados polos veciñ@s.

3.- O noso Grupo Municipal ten recibido múltiples demandas por parte de veciños do Temple solicitando unha reorganización do sentido da circulación da rúa Estanque de Abaixo. As dimensións de dita rúa, con prazas de aparcamento a ambos marxes fai imposible a ordenación do tráfico en dobre sentido, posto que si dous vehículos se cruzan, un deles ten que retroceder para que o outro circule. Esta situación, fai que os atascos nesta rúa sexan constantes e en algúns casos con perigro de accidentes.
-En base a esto, PREGAMOS se de traslado ós técnicos competentes para realizar un estudo de reorganización do sentido de circulación na citada rúa.


PREGUNTAS:


1.- En varias ocasións, o noso Grupo municipal ten plantexado a falta de sinalización das instalacións deportivas de titularidade pública do concello. A pesar do tempo transcurrido e das promesas dos responsables do goberno anterior, na actualidade ainda non se procedeu a dar cumprimento o solicitado.-¿Pode informarnos o responsable da área, si nas actuacións inmediatas está contemplado dotar o noso concello de carteis informativos indicando as instalacións deportivas que carecen de sinalización?

2.-Veciños do Drozo, Freande e Bellavista, presentaron no Concello un prego de firmas solicitando a instalación de un paso de peóns, frente o bar “Casa Manuel”, para tratar de resolver os problemas de perigro que se ven sometidos diariamente as persoas o ter que cruzar a estrada no lugar.

-¿Ten previsto o goberno algunha actuación, co fin de dar solución a tan demandada petición veciñal?

3.- No Pleno do pasado día 21 de Xullo preguntamos pola frecuencia na limpeza dos contenedores. A esta pregunta o Concelleiro de Obras nos resposta que o Consorcio realiza limpeza mensual durante os meses de verán e de forma trimestral durante o resto do ano. Asimesmo tamén nos informa que o 27 de Xullo de 2011 terá lugar unha reunión co Consorcio onde tratarán diferentes temas entre os que se atopa éste mesmo.

Por tanto, desde o Grupo municipal de “EU” PREGUNTAMOS cal foi o contido de dita reunión respecto ó tema da limpeza dos contenedores. Asimesmo, solicitamos que se nos facilite un informe coas últimas limpezas realizadas e a previsión de limpeza que ten planificada o Consorcio según a reunión que mantiveron.


COMISIÓN INFORMATIVA DE RÉXIME INTERIOR, ECONOMÍA E FACENDA.


ROGOS:

1.- Na anterior lexislatura, Constituise con carácter permanente a mesa de contratación para asistir ao órgano de contratación na adxudicación dos contratos por procedemento aberto e restrinxido en todos os expedientes de contratación que se incoen no concello. Na dita mesa estaban representados todos os Grupos presentes na Corporación.

-Pode informarnos o concelleiro responsable do motivo de non constituir con carácter permanente a mencionada mesa de contratación onde teñan representación os distintos Grupos representados no pleno do concello.


COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.

PREGUNTAS:

1.- Transcurridos case dous anos da recepción por parte do concello do alumeado público instalado mediante o FEIL na parroquia de San Lourenzo, na actualidade sigue sin dar servizo os veciñ@s.

-¿Que información ten o Goberno sobre o problema, e si ten tomado ou pensa tomar algún tipo de medidas legais para dar solución a situación?

2.- O saneamento en varios lugares do concello é unha das preocupacións que os distintos Grupos teñen plantexado con insistencia o longo da lexislatura anterior. Unha vez mais o noso Grupo PREGUNTA:

-¿Para cando está previsto poñer en servizo o saneamento en San Lourenzo, e Anceis?

3.- -¿Poden informarnos da situación dos proxectos do POS da Deputacion provincial previstos a realizar no presente ano?


COMISIÓN INFORMATIVA DE SEGURIDADE CIDADÁ, MOBILIDADE CULTURA E TURISMO

PREGUNTAS:

1.-¿Poden informarnos dos problemas existentes, que evitan que non se teña entregado o Local Social de San Lourenzo os veciñ@s para facer uso das instalacións?


COMISIÓN INFORMATIVA DE DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO.


1.- O pasado dia 2 produciuse un verquido de 36.000 litros de combustible na rede de pluviais do veciño concello de Culleredo, afectando de unha maneira importante a ría do Burgo.

-PREGAMOS nos informen da situación ante a gravedade do acontecido.


Setembro 2011


Asdo: GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA"


No hay comentarios: