domingo, 4 de diciembre de 2011

TRANSCURRIDOS CATRO ANOS CUMPRIUSE A PROPOSTA DE "ESQUERDA UNIDA"






Moción do grupo municipal de EU-IU respecto da construción de instalacións para a práctica do deporte do deslizamento (Skate).

Rexistrada de entrada ao n.º 11.907 o día 19 de outubro de 2007. Consta do seguinte teor literal:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:


“Os deportes de deslizamento (monopatín, patíns,...) contan en Cambre cun gran número de afeccionados de diversas idades, que á hora de practicar o seu deporte favorito, ou ben o fan en plena rúa, ou teñen que desprazarse a outros concellos, por non contar cunhas mínimas instalacións adecuadas no noso concello.

O interese polo tema, xa foi amosado en varias ocasións ao concello polos propios afeccionados, que incluso fixeron unha manifestación para solicitar as infraestruturas deportivas, sen que a día de hoxe viran realizadas as súas demandas.

Son múltiples os lugares do concello onde a mocidade se dá cita para a práctica da súa actividade favorita, que nalgún caso causa pequenas molestias aos viandantes, á parte do perigo que supón para eles mesmos practicar ese deporte sen as debidas condicións de seguridade.

Considera o noso grupo municipal que esta afección pode e debe ser atendida dende o concello como unha alternativa máis de ocio e deporte, que a administración local ten a obrigación de prestar aos cidadáns.

Por todo o exposto, o grupo municipal de EU-IU, propón ao pleno municipal a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro: Encomendar ao goberno municipal, que de inmediato inicie os trámites e as actuacións para levar a cabo a construción dunhas instalacións axeitadas para o fin mencionado.

Segundo: Das actuacións que se deriven da presente moción, a Alcaldía ou no seu caso o responsable da área, informarán puntualmente á comisión informativa municipal correspondente, para o seu estudo, e remitiralas simultaneamente aos colectivos xuvenís, demandantes das instalacións mencionadas.”

No hay comentarios: