viernes, 13 de enero de 2012



Esquerda Unida critica o abandono de políticas de emprego no Orzamento de 2012 pero con elevadas retribucións dos membros do Goberno.




O Voceiro de EU de Cambre, Luis Taibo, afirmou que o seu Grupo Municipal está a analizar o orzamento elaborado polo Goberno Local para 2012, a pesares de non contar con mais documentación que a elaboración contable das partidas de Ingresos, Gastos e un pequeno borrador de investimentos e, por tanto, sin informe de Intervención Municipal nin de Secretaría.
Nun primeiro análise realizado polo Grupo Municipal, Taibo indica que detectaron bastantes aspectos cos que non poden estar mais en desacordo, entre eles, a moi notable reducción orzamentaria en materia de emprego que se ve diminuído en mais dun 18% respecto do ano anterior, sin partidas destinadas para as políticas de formación e inserción sociolaboral.




Non existe, según a opinión de EU ningunha forma de xustificar a irresponsabilidade do equipo de Goberno que na elaboración destes orzamentos se esquence totalmente dos 2.072 desempregados cos que xa conta Cambre.




Onde non existes recortes, sostén Taibo, é nas asignacións ós membros do Goberno que subiron os seus soldos con respecto ó ano anterior nun 20%, a pesares da situación de crise e desemprego actual. Este aumento de retribucións dos membros do Equipo de Goberno pon de manifesto a nula implicación cos desempregados do Concello e coa súa necesaria inserción sociolaboral, sendo o Goberno Local o que ten o cometido de intervir activamente na xeración de postos de traballo, apostando pola formación.




Esta realidade se contrapón coas manifestacións do Alcalde, Manuel Rivas, dos últimos días nos que insiste en que a prioridade do equipo de Goberno é impulsar unha efectiva creación de emprego, cando ó mesmo tempo reduce a dotación para tal fin. Algo parecido ocorre cos anunciados recortes en gastos correntes como telefonía ou alumbrado, posto que as dotacións orzamentarias se fan pola mesma cantidade que no exercicio anterior, de modo que, ditos recortes so se levan a cabo de palabra pero non no documento mais importante do ano para o Concello de Cambre, no que queda reflexado económicamente a que se van destinar os recursos económicos do Concello.




Por última afirma Taibo, que a pesares da falta de tempo e informes de Intervención e Secretaría, o seu Grupo Municipal ten intención de presentar alternativas ante o que consideran un Orzamento demasiado importante como para que non sexa debidamente analizado con anterioridade á súa aprobación, sobre todo cando se ve claramente que está elaborado sin ofrecer ós veciños de Cambre ningún tipo de gartantía de prestación dos servizos públicos e sociais, querendo, polo contrario, facer creer que sí.




Asdo: Consello Local de Esquerda Unida de Cambre

No hay comentarios: