miércoles, 18 de enero de 2012

NOTAS PRENSA XANEIRO 2012

EU PIDE O GOBERNO DE CAMBRE QUE ACTUALICE O PADRON DE HABITANTES PARA ACCEDER ÓS SERVICIOS MEDICOS NECESARIOS PARA O PAC DE CAMBRE-CARRAL

EU presentará ante o Pleno da Corporación unha Moción para que o Goberno do concello actualice os datos do Padrón, posto que o mais recente é de Xaneiro de 2010. Atendendo ós datos do INE, actualizados a Xaneiro de 2011, a suma de habitantes censados en Cambre e Carral ascende a 29.713 habitantes. Esta cifra é especialmente significativa, en opinión de EU, posto que o feito de superar os 30.000 habitantes suporía a posibilidade de acceder a unha maior carteira de servizos médicos. Son menos de 3300 persoas as que faltaban a comezos do ano pasado para superar ese ratio fixado para, por exemplo, destinar un médico mais para o Punto de Atención Continuada que asiste ós dous Concellos. É previsible que coa revisión do Censo de habitantes esa cantidade necesaria para acceder a mais prestacións sanitarias, se vexan superados os 30.000 habitantes entre os dous Concellos.

Precisamente no mes de Setembro pasado, EU xa presentara unha Moción para solicitar á Consellería de Sanidade que dotara dos recursos médicos necesarios para que no Centro de Saúde de Cambre se deixaran de producir determinadas situacións de indefensión motivadas pola existencia dun único facultativo na quenda de noite que debe deixar sen servizo médico o Consultorio no caso de ter que saír a facer unha visita domiciliaria. Dita Moción foi aprobada sen o apoio do Equipo de Goberno, precisamente, aducindo á falta de actualización dos datos censais.

Según o voceiro do Grupo Municipal de EU, Luis Taibo, a actualización do Padrón de Habitantes é algo sumamente importante para o Concello posto que a depuración dos datos existentes así como a súa actualización fanse necesarias para que o Concello poida acceder a determinadas axudas ou transferencias do Estado e da Xunta de Galicia, que se ingresan en función dos datos de poboación que rexistra o INE, así como a dotación de medios materiais e humanos que están a depender, neste caso concreto, de poucas ducias de habitantes.

Asdo: Consello Local de EU de Cambre

EU PIDE Ó GOBERNO LOCAL A REALIZACIÓN DUN INFORME PARA VALORAR O PREVISIBLE AUMENTO DE DENSIDADE DE TRAFICO E PROBLEMAS DE CIRCULACIÓN QUE ORIXINARÁ CONSTRUCCIÓN DA GASOLINEIRA DE AMIL.

Sendo unha das obras mais controvertidas e que provocan maior rexeitamento entre os veciños de Cambre, EU solicitará que os técnicos municipais así como a Policía Local realicen un informe para valorar o mais que probable aumento da intensidade de circulación e densidade de tráfico que provocará a instalación dunha gasolineira na zona de Amil, na mesma entrada a Cambre.

EU insta ó Concello a que realice dito informe aludindo á preocupación que dita instalación provoca tanto nos veciños como na totalidade dos membros da Corporación Municipal, así manifestado en múltiples ocasións. Recorda, Juan Antonio Fernández, Coordinador do Consello Local de EU Cambre, que as circunstancias nas que se valorou a disposición de gasolineira nesa zona son hoxe en día substancialmente distintas que no ano 1997, data da que parte dito proxecto, tanto en poboación, como en dotación de mais estacións de servizo nas inmediacións do Concello, como na intensidade de tráfico e densidade de poboación. Son estes factores, entre outros, que a citada gasolineira provoque constantes mobilizacións e protestas no Concello.

A solicitude, por tanto, deste informe ten como obxectivo, xustificar doutro xeito mais que os inconvenientes da gasolineira serán moitos mais que as vantaxes.

Asdo: Consello local de EU de Cambre

No hay comentarios: