viernes, 20 de abril de 2012

NOTA PRENSA, MOCIÓN REDUCCION SALARIOS

O Grupo Municipal de EU de Cambre volverá a presentar a polémica Moción que, xunto con outras, foron causa de abandono do Salón de Plenos de todos os Grupos da Oposición o pasado mes de Marzo.


Según EU, o Alcalde, Manuel Rivas, no que consideran un abuso de poder, decidiu de xeito unilateral e sin fundamento legal, non permitir que se debatiran a Moción de EU nin a do PSOE, presentandas en tempo e forma seguindo o Regulamento Orgánico Municipal.

A Concelleira de EU, Olga Santos, coida que esta manobra do Alcalde obedeceu a unha medida desesperada por evitar que se debatise a Moción de EU na que se propón que o Concello, dentro das súas posibilidades en materia de emprego, cree unha Bolsa de Emprego municipal dotada con recursos como por exemplo, os aumentos de 33.000 euros de asignación ós grupos municipais ou a reducción dos soldos dos Concelleiros do Goberno ata alcanzar os salarios que tiñan o ano pasado e que nada mais tomar posesión do cargo subíronos 5.000 euros por Concelleiro.

Con esta Moción, o Grupo Municipal de EU pretende que os poderes públicos dean exemplo e cumplan coa sua obriga cos cidadáns tanto por parte do Goberno municipal como por parte da oposición por iso afirman que o consenso nesta inIciativa é fundamental. Esperan, en palabras de Olga Santos, que non se poñan novamente trabas para aprobar esta iniciativa, porque en caso contrario podería parecer que o Goberno está intentando poñer todo tipo de impedimentos para que os seus soldos non se vexan afectados, tal e como se están vendo os dos cidadans en paro ou os dos funcionarios e traballadores e demais colectivos sociais ós que, como pouco se lle conxelan os seus salarios, cando non se lles reducen. E indignante, en palabras da Concelleira: "Que os nosos gobernantes recorten para todos menos para eles". Confiamos que o Goberno de Cambre se diferencie do Goberno Central e demostre con feitos a súa preocupación pola crise e o desemprego."

Asdo: Grupo Político Municipal de EU de Cambre

miércoles, 18 de abril de 2012

Solidaridad
Cecebre acogerá el festival solidario Folk con Lola
La entrada costará 5 euros

A Coruña 18 de abril de 2012

El teatro da Xuventude de acogerá el próximo lunes, día 30 a las 20 horas, el festival solidario Folk con Lola. Está organizado por la asociación juvenil Bribeslyhills en colaboración con El Concello de Cambre y La Juventud de Cecebre. La entrada costará 5 euros.


CONTA SOLIDARIA:

NOVAGALICIA BANCO.- 20800036663000073012



jueves, 12 de abril de 2012

V FESTA DA REPUBLICA 2012

Como durante os últimos anos vimos facendo, e con obxecto da conmemoración do día da República, o vindeiro día 14 de Abril, celebraremos tan especial data cunha churrascada Popular.

Hoxe é mais importante que nunca recordar que nun 14 de Abril de 1931, proclamouse a II REPUBLICA ESPAÑOLA, e en todas as plazas de todos os pobos un clima de euforia invadía as rúas. Chegáralle ó pobo un réxime democrático no que poder confiar.

Alfonso XIII cometera moi graves erros, como aopiar o golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera así como aceptar unha dictadura durante 10 anos no noso país, que finalmente foi rexeitada de xeito contundente polo pobo así como tamén rexeitou a monarquía, e aínda que as eleccións do 12 de Abril do 31 foron unhas eleccións municipais, España deitouse monárquica e levantouse REPUBLICANA.

Durante este tempo España converteuse nunha República de traballadores de toda clase, na que se recoñecían para as clases desfavorecidas DEREITOS SOCIAIS E ECONÓMICOS, que hoxe en día están a ser dilapidados pola dereita gobernante no Estado e na Galiza.

A II República foi tan importante por realizar transformacións populares, democráticas, socialistas... As reformas políticas, educativas, económicas e civiles que a República conseguiu poñer en marcha, sacaron do atraso a este país. En solo dous anos construíronse 2.000 escolas e agora Mariano recorta 3.000 millons de euros en educación para poder darlles de comer ós tan famentosmercados dos que nos fan servos as políticas neoliberais do PP-PSOE.
Eso sí, mantense íntegra a asignación á Igrexa Católica e comeza a preparar 50.000 millóns de euros en axudas para a banca.

Por todo isto e moito mais, despois dun decretazo que nos deixa precariedade laboral e abaratamento do despido, despois de aportacións de diñeiro público a capitalistas e banqueiros, despois da privatización continuada de servizos públicos, despois dos recortes en sanidade e educación, despois de que non se poña freno á crecente exclusión social e desemprego... somos cada vez mais os que miramos cara atrás podendo comprobar que a II República traballou sen descanso para desenrrolar un proxecto de país que favorecía ós traballadores, non ós capitalistas e poderosos.

Por eso, e como decía ó principio, celebraremos este día da República con mais ganas e alegría que nunca, e esperamos que veñades a celebralo con nos.

Como dixera MANUEL AZAÑA, presidente da II República:
"LA LIBERTAD NO HACE FELICES A LOS HOMBRES,LOS HACE SENCILLAMENTE HOMBRES"


FESTA EN CONMEMORACIÓN DO LXXXI ANIVERSARIO DA II REPUBLICA

O próximo sábado dia 14, o Consello local de EU de Cambre, como ven sendo habitual nos últimos anos, celebrará a “V Festa Republicana” co obxectivo de celebrar o 8I aniversario da proclamación da II República, o acto terá lugar no local social da S.D.C.R do Sporting Cambre en Quintán (Cambre) apartir das 13:00 horas.

A mencionada festa comenzará coa animación de gaiteiros, seguido dunha comida de confraternidade. No seu transcurso intervirá Javier Ruiperez, Catedratico de Dereito Constitucional e republicano convencido, dando lectura a un manifesto de compromiso cos valores cívicos da II República, recordando o papel dos demócratas, do movemento obreiro e da esquerda na súa loita pola recuperación da memoria histórica. Pechará o acto o responsable local da organización Juan Fernández López.

Asdo: Consello Político Local de EU de Cambre