viernes, 20 de abril de 2012

NOTA PRENSA, MOCIÓN REDUCCION SALARIOS

O Grupo Municipal de EU de Cambre volverá a presentar a polémica Moción que, xunto con outras, foron causa de abandono do Salón de Plenos de todos os Grupos da Oposición o pasado mes de Marzo.


Según EU, o Alcalde, Manuel Rivas, no que consideran un abuso de poder, decidiu de xeito unilateral e sin fundamento legal, non permitir que se debatiran a Moción de EU nin a do PSOE, presentandas en tempo e forma seguindo o Regulamento Orgánico Municipal.

A Concelleira de EU, Olga Santos, coida que esta manobra do Alcalde obedeceu a unha medida desesperada por evitar que se debatise a Moción de EU na que se propón que o Concello, dentro das súas posibilidades en materia de emprego, cree unha Bolsa de Emprego municipal dotada con recursos como por exemplo, os aumentos de 33.000 euros de asignación ós grupos municipais ou a reducción dos soldos dos Concelleiros do Goberno ata alcanzar os salarios que tiñan o ano pasado e que nada mais tomar posesión do cargo subíronos 5.000 euros por Concelleiro.

Con esta Moción, o Grupo Municipal de EU pretende que os poderes públicos dean exemplo e cumplan coa sua obriga cos cidadáns tanto por parte do Goberno municipal como por parte da oposición por iso afirman que o consenso nesta inIciativa é fundamental. Esperan, en palabras de Olga Santos, que non se poñan novamente trabas para aprobar esta iniciativa, porque en caso contrario podería parecer que o Goberno está intentando poñer todo tipo de impedimentos para que os seus soldos non se vexan afectados, tal e como se están vendo os dos cidadans en paro ou os dos funcionarios e traballadores e demais colectivos sociais ós que, como pouco se lle conxelan os seus salarios, cando non se lles reducen. E indignante, en palabras da Concelleira: "Que os nosos gobernantes recorten para todos menos para eles". Confiamos que o Goberno de Cambre se diferencie do Goberno Central e demostre con feitos a súa preocupación pola crise e o desemprego."

Asdo: Grupo Político Municipal de EU de Cambre

No hay comentarios: