COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANÍSMO
ROGOS:
1.- A recolloida selectiva de aceites usados, e unha actuación comprendida no marco da lexislación en materia de medioambiente. Na actualidade no noso concello non existe un sistema que facilite o seu reciclado, carecendo da información básica respecto da súa recollida nas proximidades do seus domicilios.
O noso Grupo Municipal manifestase decidido partidario dun compromiso firme por parte do concello para intervir en este problema. As razóns nas que fundamentamos esta iniciativa, son de tipo Ecolóxico, Económico e Laboral…etc.
Por esto PREGAMOS o Goberno:
-Promova a posta en marcha dun sistema de recollida de aceites usados no ámbito doméstico, e na propia hostelería.
2.- No acceso o parque infantil situado nas inmediacións da ponte da autoestrada na Barcal, existe unha rampa con desnivel no seu acceso, que pode ser prerigroso, sobre todo para os nen@s que diariamente acuden as súas instalacións.
-PREGAMOS procedan a dar as indicacións oportunas para correxir este problema.
3.- A colocación de carteis das administracións públicas anunciando o comenzo de obras, ofrecen en algún caso un aspecto de deterioro a través do tempo, convertindose en peligro sobre todo para integridade fisica das persoas, polo risco de desprendemento, contribuindo tamén o deterioro do paisaxe e impacto visual.
-PREGAMOS leven a cabo as actuacións correspondentes para retirar os carteis das obras que están rematadas, por non ser necesaria a súa presencia, e se proceda a súa reutilización ou reciclado.
4.- Co obxetivo de mellorar o tráfico e seguridade viaria na variante de Fraiz coa estrada AC-214.
-PREGAMOS se proceda a instalación dun espello de seguridade no lugar.
5.- Na entrada do conocido como Paseo Marítimo Vello do Temple, hai dúas árbores que, por motivos que descoñecemos están totalmente secas. Ditas árbores e con motivo da súa embergadura e grande ramaxe actualmente supoñen un perigo de desprendemento de ramas secas, que poden caer enriba de calquera das moitas persoas que diariamente pasan por baixo delas.
Por esto PREGAMOS o Goberno:
-Estime a posibilidade de realizar unha tala das árbores como medida a tomar de xeito inmediato así como que sopese a necesidade de sustituir ditas árbores secas por outra especie arbórea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario