miércoles, 9 de mayo de 2012


PREGUNTAS:

1.- O Plan de Cooperación coas Entidades locais e un dos principais instrumentos que ten a Administración Autonómica para estimular a formación e o emprego a nivel municipal. Este Plan contempla a creación de Escolas Taller ou Talleres de Emprego. Por diversos motivos nos últimos tempos o noso concello non se tivo en conta por parte da Xunta de Galicia para esta concesión. Por eso PREGUNTAMOS.

¿Ten o concello presentado algún proxecto para a inclusión do noso municipio en este instrumento para contribuir a creación de emprego e formación?

2.- Transcurridos mais de dous anos da finalización das obras de iluminación pública en San Lourenzo mediante un proxecto do FEIL, e recepcionadas polo concello en data de 21 de setembro de 2099. A dia de hoxe siguen sin prestar servizo co risco de deterioro das instalacións.

Varias foron as disculpas e xustificacións do goberno anterior e actual, pero a realidade é a que están a sufrir os veciñ@s que se ven privados dun servizo que debería estar en funcionamento fai moito tempo.

-Por esto PREGUNTAMOS pola situación actual desta infraestructura en San Lourenzo.

3.- A proposta do noso Grupo Municipal, en Cambre está institucionalizado o “Dia da festa do árbore”. O pasado día 21 de marzo celebrouse o día Forestal Mundial, e non tivemos coñecemento de ningunha iniciativa por parte do concello da celebración de algún acto encamiñado a promover valores de respecto á natureza e do indispensable papel das árbores no mantemento do ecosistema. Tampouco se levaron a cabo actos sobre a recuperación e celebración no concello da festa tradicional do “Día da árbore”.

-¿Cales foron os motivos para non realizar ningún acto na dita data, e non dar cumplimento o acordo plenario?

No hay comentarios: