viernes, 18 de mayo de 2012

RECOLLIDA DE SINATURAS

Este vindeiro Domingo de feira, ademas do que habitualmente vimos facendo, temos programada unha recollida de sinaturas para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular que esixirá a regulación da figura da Dación en Pago, consistente, como xa sabedes en que ante unha execución hipotecaria, a persoa poida liquidar a súa débeda pendente coa entrega da vivenda.

Outro dos aspectos que se plantean na ILP é a paralización dos desfiuzamentos sempre que se trate da vivenda habitual e o impago proveña dun motivo alleo á vontade do non pagador.

Ademais recóllese na iniciativa que as persoas que perdan a súa casa poidan permanecer na vivenda durante polo menos 5 anos en réxime de aluguer social que non supere o 30% dos seus ingresos mensuais.

O obxecto de facer coincidir a recollida de firmas coa celebración da feira en Cambre obecede tamén a unha labor informativa para que todos aqueles que se acheguen poidan solicitar información sobre os puntos e peticións recollidos na ILP, para a que se fan necesarias 500.000 firmas que, ademáis, por primeira vez, poderán ser asinadas de xeito electrónico en http://www.quenotehipotequenlavida.org/.

No hay comentarios: