jueves, 14 de junio de 2012


COMUNICADO DE PRENSA

ESQUERDA UNIDA – OS VERDES ELIXIRÁ, NO CIRCO DE ARTESÁNS DENDE AS 10:30 H. DO VINDEIRO SÁBADO, A SÚA CANDIDATURA PROVINCIAL PARA AS VINDEIRAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA

ESQUERDA UNIDA DESENVOLVERÁ A SÚA CONVENCIÓN PROVINCIAL CUN ACTO PÚBLICO ABERTO E PARTICIPTATIVO SEN PRECEDENTES NA CORUÑA

O COORDINADOR COMARCAL DE EU, CÉSAR SANTISO, INDICOU QUE “SEGUIMOS COA NOSA DECIDIDA APOSTA POLA CONFECCIÓN DUNHA FRONTE AMPLA DE ESQUERDAS QUE SEXA QUEN DE PARAR A XEIRA DE AGRESIÓNS CONTRA A MAIORÍA SOCIAL DESENVOLVIDA POLAS POLÍTICAS NEOLIBERAIS DE PP E PSOE”


Hoxe o coordinador comarcal de EU, César Santiso, desenvolveu unha rolda de prensa para presenar a convención provincial que o seu partido desenvolverá na Coruña de maneira participativa, xunto co tecido asociativo e organizacións políticas e sindicais.

Os ataques contra os dereitos da cidadanía desenvolvidos polos nosos gobernantes requiren dunha resposta articulada e coherente dende a esquerda real, aquela que busca a transformación da sociedade para demostrar que hai alternativa.

Dende Esquerda Unida, conscientes da devandita situación, comezamos fai máis de dous anos co proceso de Refundación da Esquerda, un proceso aberto e plural para abrir a nosa organización a toda a cidadanía alternativa, aos movementos sociais e a outras forzas políticas de esquerdas e ecoloxistas que compartisen a nosa proposta de unidade de acción. Un proceso que se mantén no tempo e que foi enriquecéndose coas mesas de converxencia social, e coa convocatoria social na que a nosa organización apostou por construír dende a base da sociedade unha alternativa que cristalizou no programa electoral co que nos presentamos as pasadas eleccións xerais do 20 N.

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “seguimos coa nosa decidida aposta pola confección dunha fronte ampla de esquerdas que sexa quen de parar a xeira de agresións contra a maioría social desenvolvida polas políticas neoliberais de PP e PSOE, que actuando ao ditado dos mercados están a asfixiar ás familias traballadoras deste pais. Por iso agora máis que nunca é necesario a unión sinérxica da esquerda política e a esquerda social”.

Esquerda Unida desenvolverá a súa convención provincial cun acto público aberto e participtativo sen precedentes na Coruña, no que participarán múltiples organizacións do ámbito político, sindical, ecoloxista e movementos sociais, ademais do deputado do grupo parlamentario de EU-V a esquerda plural, Ricardo Sixto. Máis de 30 organizacións foron convidadas, respostando favorabelmente a meirande parte delas, das que unha quincena interviran activamente achegando a súa voz e as súas reflexións ao debate os secretarios xerais da unión comarcal de CCOO, UGT, o Sindicato Ferroviario en representación do sindicalismo alternativo da confederación intersindical, Sindicato Labrego Galego, Partido Humanista, Partido Comunista de Galicia, membros do 15M, Plataforma Galicia Mellor sen Touradas, novos republicanos 1905, hermandad obrera de acción católica, mundo sin guerra y sin violencia, asociación contra a violencia de xénero Ve-la luz, médicos del mundo ou asociación Fuco Buxan.

Esquerda Unida – Os Verdes elixirá, no Circo de Artesáns dende as 10:30 h. Do vindeiro sábado, a súa candidatura provincial para as vindeiras eleccións ao parlamento de Galicia. A elección da emblemática sociedade coruñesa para desenvolver o acto non é cuestión fortuíta, senón que responde a intención de EU-V de colaborar coa asociación na difícil situación económica que está a pasar, e porque este acto tan novedoso, aberto e participativo merece dun local histórico como este”.

Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida

No hay comentarios: