viernes, 22 de junio de 2012


COMUNICADO DE PRENSA

A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA UN GRAVE DÉFICIT DEMOCRÁTICO O VETO DO PP Á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR DA SANIDADE PRESENTADA POLA PLATAFORMA CIDADÁ SOS SANIDADE PÚBLICA

ESQUERDA UNIDA – OS VERDES SEGUIRÁ A DEFENDER UNHA SANIDADE PÚBLICA , UNIVERSAL E GRATUÍTA

A COORDINADORA NACIONAL DE EU, YOLANDA DÍAZ, INDICOU QUE “ESTAMOS ANTE UNHA DECISIÓN GRAVE, O VETO IMPOSTO POLO GOBERNO DO PP A ESTA INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR SUPÓN UN GRAVE ATAQUE Á CIDADANÍA”
 

Para Esquerda Unida a situación actual de Galicia en materia de servicios sociais, está a sufrir un ataque ata o de agora descoñecido. Os recortes aplicados polo goberno da Xunta de Galicia provocan unha verdadeira indignación na cidadanía, exemplo delo son as 45.000 firmas presentadas pola plataforma SOS Sanidade Pública.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera un grave déficit democrático o rexeitamento do PP á iniciativa lexislativa popular da sanidade presentada pola plataforma cidadá SOS sanidade pública. As ILPs son un dereito que os cidadáns temos recollido, para seren debatidas no Parlamento. Esta violación do dereito da cidadanía responde ás políticas de imposición e non respeto que se están a elaborar dende o Partido Popular.

Esquerda Unida – Os Verdes seguirá a defender unha sanidade pública, universal e gratuíta, loitando da man de colectivos e movementos sociais. A sanidade é un dereito que, coas políticas impostas polo goberno do PP, se está a privatizar querendo convertela nunha mercadoría máis.

Asemade, EU-V quere mostrar o seu apoio incondicional á Plataforma SOS Sanidade Pública, para seguir loitando polos nosos dereitos, que con unidade de acción conseguiremos que non nos sexan usurpados.

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, indicou que “estamos ante unha decisión grave, o veto imposto polo goberno do PP a esta iniciativa lexislativa popular supón un grave ataque á cidadanía”. Con este veto, o goberno de Feijóo vén de menosprezar o apoio e o descontento que a cidadanía quixo mostrar co respaldo de 45.000 sinaturas a unha ILP contra a privatización da sanidade pública.

Gabinete de Prensa
Secretaría de Comunicación
Executiva Nacional de Esquerda Unida

No hay comentarios: