NOTA INFORMATIVA
DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU” DE CAMBRE
O Grupo Municipal de Esquerda Unida, quere denunciar o mal
estado no que se encontra a Ponte situada no lugar de Brille na parroquia de Andeiro, onde un dos laterais está
desprendido, formando un socavón con un desnivel considerable, o que supón un
perigro, tanto para os viandantes como para os vehiculos que a
diario utilizan o vial.
Veciños da zona, (sobre
todo agricultores) denunciaron ante a nosa organización o mal estado da
infraestructura e o abandono, que a través do tempo se ven producindo. Por esta
razón EU solicita unha actuación inmediata para garantir a nseguridade e non
ter que lamentar, en un futuro ningún accidente.
En liña co exposto anteriormente a nosa organización presentará unha iniciativa no próximo pleno
municipal para demandar se realice unha actuación urxente; polo que, en ningún
caso podería xustificarse unha demora na realización das obras, que excedera do
tempo imprescindible para realizar o proxecto e os trámites legalmente necesarios.
Asimesmo, solicitamos que se proceda de inmediato a
proceder a sinalizar o lugar e apercibir do perigro existente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario