viernes, 6 de julio de 2012

NOTA INFORMATIVA DE ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE

O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia a falta de transparencia nalgunhas concellarías do equipo de goberno do Concello. Neste caso, e tras solicitar por escrito o pasado tres de maio o expediente cos acordos entre o concello e os organizadores do festival Brincadeira en relación os actos a celebrar entre os dias nove e doce de agosto en Cambre, dan traslado a información transcurridos mais de dous meses da petición, sin aclarar os pormenores nin corresponderse co solitado polo noso Grupo.

Para EU, estase incumprindo o artigo 77 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local que di “Todos os membros das Corporacións locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”.

EU critica que a falta de pouco mais de un mes para o “macrofestival” (como así o define o concello), onde esperan concentrar a mais de 40.000 persoas, non se teña informado os Grupos da oposición dos convenios firmados, e da súa repercusión económica para o concello, e sobre todo das medidas de seguridade establecidas na zona para este tipo de eventos que aseguren a prevención de calquera contratempo.

Asdo: Consello Local de EU de Cambre



No hay comentarios: