COMUNICADO DE PRENSA
A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA
INADMISIBLE O RETRASO NAS OBRAS DOS
CENTROS DE SAÚDE QUE XA TIÑAN REDACTADO O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN
ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A DIMINUCIÓN DO NÚMERO DE CENTROS DE SAÚDE QUE
PRETENDE CONSTRUÍR O SERGAS
A COORDINADORA NACIONAL E CANDIDATA Á XUNTA, YOLANDA
DÍAZ, MANIFESTA QUE “NALGÚNS CENTROS DE SAÚDE A DIMINUCIÓN DE SUPERFICIE ÚTIL
CONSTRUÍDA, É ALARMANTE, EXEMPLO DE GONDOMAR CUNHA REDUCCIÓN DO 43%, CAMBRE O
37%,E TUI CUN 32%”
A sanidade pública continua o seu desmantelamento,
agora nos venden que se reducen os custes na construcción de centros de saúde e
non nos queren dicir que será á conta da reducción da dotación das
infraestructuras, do espazo útil e da consecuente reducción de consultas.
Esquerda Unida denuncia a
diminución do número de centros de saúde que pretende construír o SERGAS. Así se desprende do acordo da Xunta de Galicia do 1
de agosto de 2012, que se materializa no anuncio de licitación publicado o
pasado vernes no Diario Oficial de Galicia,
para a contratación conxunta da redacción de proxectos, dirección de obras,
mantemento e subministración enerxética de 15 novos centros de saúde. Hai que
lembrar que en outono do ano 2010 a conselleira de Sanidade Dª Pilar Farjas anunciaba
a próxima construción de 19.
Esquerda Unida considera
inadmisible o retraso nas obras dos centros de saúde que xa tiñan redactado o
proxecto de construcción. A revisión dos proxectos, para adaptalos aos novos plans
funcionais, a parte dun retraso na construción daqueles centros de saúde que xa
tiñan o proxecto redactado, vai a supoñer unha diminución das prestacións de
ditos centros, xa que a superficie útil dos centros cuxos proxectos se van a
revisar diminúe en case unha cuarta parte con respecto aos proxectos xa
redactados. Esto vai a supoñer a diminución de alomenos 36 consultas, ademais
de salas de educación para a saúde, de tomas de mostras entre outras.
.
A coordinadora nacional de
Esquerda Unida e candidata á Xunta, Yolanda Díaz, manifesta que “en
determinados centros de saúde a diminución de superficie útil construída é alarmante,
exemplo de Gondomar onde se reduce nun 43%, Cambre un 37% e Tui un 32%”. Para Esquerda Unida isto
supón unha diminución da calidade da asistencia sanitaria en atención primaria
e unha política errónea por parte da Xunta de Galicia por non potenciar a
atención primaria. Non é
comprensible este tipo de contrato, no que se fai un contrato para a redacción
e revisión de proxectos, así como a dirección facultativa das obras, xuntándoo
cun contrato de mantemento e de subministro de electricidade a ditos centros de saúde, aínda que sexa de
xeito opcional. Cabe destacar que a pesar da política propagandística dos
últimos gobernos da Xunta de Galicia,
aínda non foron licitadas as obras de construción de ditos centros, e
dende hai varios anos se leva anunciando a inmediata licitación deles. Isto si
que supón un despilfarro dos que fala Nuñez Feijoo, se ao final hai que
resicindir o contrato de subministro de electricidade, por habelo licitado
antes da contrucción dos edificios.
Esquerda Unida quere saber que vai a acontecer cos
Centros de Saúde dos que se anunciou a súa construcción ou dos que aínda que
non se anunciou a súa construcción se foron licitados os proxectos de obra, e
agora non se licitan as obras, como pode ser os de Ribadavia, Vinteún en
Ourense, Conxo ou Ames- Milladoiro.
Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario